- Foi no IES Número 1, con máis dun cento de rapaces observando
- Hai dez vacantes na Escola Municipal de BreakDance
Ribeira, 25 de xaneiro de 2013.- Máis dun cento de alumnos e alumnas do IES Número 1 contemplaron esta mañá a exhibición de breakdance que, a iniciativa da Concellería de Xuventude, ofreceron catro integrantes da Asociación Vella Escola de Noia no pavillón de deportes deste centro educativo.
A acción incardínase dentro do obxectivo municipal de promocionar a cultura urbana entre a mocidade a través da realización de cursos e outras accións. Precisamente, a exhibición de hoxe tivo como fin dar a coñecer e animar aos mozos do instituto a que se apunten na Ecola Municipal de Breakdance que terá lugar presumiblemente a partir do mes de febreiro na Casa da Xuventude. O prazo de preinscrición xa está aberto e hai dez prazas vacantes.
Tamén se celebrará en próximas datas un curso de grafitti no que os interesados xa se poden anotar.
Ribeira: o luns 28 abre prazo para anotarse en cursos de informática en Aguiño, Carreira, Palmeira e Santa Uxía. Son de balde. Do 4F a 11A. Ribeira: orde do día do pleno ordinario do luns 28 de xaneiro post.ly/A9U23 Ribeira: Toñito de Poi presenta o seu novo disco-libro "O soro da verdade" o venres 1 de febreiro post.ly/A9Sld
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario