4.2.13

Política: Manolo Seijas, coordinador comarcal de Compromiso por Galicia para a bisbarra Muros-Noia

Cxg

  • Lola Caramés será vicecoordinadora
Muros-Noia, 4 de febreiro de 2013. Logo de ter elixido os secretarios e secretarias locais, CXG iniciou na tarde do sábado pasado unha xuntanza aberta a cidadanía para constituír a súa executiva na comarca. O primeiro punto na orde do día era a elección do coordinador comarcal, a candidadatura de Manolo Seijas foi aprobada por unanimidade dos presentes. Na súa intervención Seijas agradeceu o apoio recibido “Grazas por confiar en min para encabezar este proxecto na comarca, aínda sendo moi novo”. Asegurou que “a mocidade no momento de crise non só económica senón tamén social, debe xogar un papel fundamental no mundo da política”. Recordou que “Compromiso non é patrimonio da militancia, nin tan sequera dos simpatizantes, Compromiso é e debe ser patrimonio de todos os cidadáns, que teñen que ver en nós un instrumento útil para resolverlle os seus problemas. Temos pois que escoitar aos nosos veciños e veciñas en xuntanzas abertas nas que poidan participar quen queira e se sinta cómodo”.

O mozo galeguista de 21 anos, Manolo Seijas, está a rematar os estudos de Ciencia Política no seu último ano, compaxina esta carreira universitaria cun ciclo superior en Administración e Finanzas. Galeguista convencido, Seijas comezou a militar no nacionalismo hai xa catro anos e ocupou o posto de vicecoordinador comarcal de Compromiso Por Galicia na anterior executiva comarcal. Actualmente pertence ao claustro da Universidade de Santiago e xunta de Facultade de Ciencia Política. Logo de ser nomeado coordinador, o propio Seijas propuxo a Lola Caramés como vicecoordinadora comarcal e foi ratificada polo conxunto dos participantes.

Executiva recén nomeada

Conformarán deste xeito a executiva comarcal de Compromiso Por Galicia en Muros e Noia as seguintes persoas. Como secretarios locais, María Sambade por Muros, Xosé Manuel Ramos por Outes, Xoán Ramos por Mazaricos, Xurxo Louro por Noia e Sonia Ares por Lousame. Como vicecoordinadora queda Lola Caramés, como coordinador Manolo Seijas e o membro representante da Mocidade Nacionalista Galega (mocidades de CXG) será Ricardo Alborés.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical