- Só falta repoñer o pavimento afectado para completar a actuación
Ribeira, 4 de febreiro de 2012.- O Concello informa de que a actuación consistente na instalación de redes de auga potable, saneamento e pluviais en A Revolta, lugar situado na parroquia de Castiñeiras, xa está na recta final, e unicamente falta repoñer o pavimento dunha actuación que foi executada pola empresa Excavaciones Nima, S.L. O importe é de 76.856,92 euros. A zona obxecto de actuación carecía dos servizos de auga potable, saneamento e pluviais.
Co obxecto de solventar esta carencia, o Concello dispuxo unha actuación que inclúe, no que respecta ao abastecemento de auga potable, a colocación de 300 metros de tubaxe de polietileno de alta densidade, cun diámetro de 75 milímetro.
Polo que respecta ao saneamento, instaláronse 226 metros de PVC compacto de 315 milímetros de diámetro e 49 metros de tubaxe de polietileno de alta densidade de 90 milímetros.
En canto a pluviais, situouse unha tubaxe de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro e 115 metros de lonxitude. Tamén se dispuxeron 8 arquetas sumidoiro e cinco pozos de rexistro. Todas as canalizacións foron soterradas en gabia. O pavimento afectado vai ser reposto cunha mestura bituminosa tipo D-12. A actuación adscríbese ao canon de saneamento derivado da adxudicación do servizo de augas.
Boiro: Algo cheira a podre en Cabo de Cruz. Doadores ilegais ao PP gañaban contratos irregulares coa Xunta galiciaconfidencial.com/nova/13120.htm…
- Ribeira: entregadas máis de 6.000 sinaturas contra a lei de Wert
- Turismo náutico: a Guía de Servizos Náuticos recolle cinco portos destas bisbarras
- Ribeira: do 15 ao 17 de marzo, viaxe á neve
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario