- Como é habitual, será á estación leonesa de San Isidro
- O custe é de 179 euros e o prazo para anotarse remata o luns 11 de febreiro
Ribeira, 1 de febreiro de 2013.- O Concello organiza para mediados de marzo un viaxe á neve. Concretamente, á Estación Invernal de San Isidro, situada na cordilleira cantábrica ao norte da provincia de León.
A concelleira de Xuventude, Aroa Fernández Cadórniga, e o edil de Deportes, Juan Luis Martínez, compareceron na Casa Consistorial para explicar as características desta saída, na que pode participar calquera veciño maior de idade e tamén os menores se van acompañados.
A acción terá lugar os días 15, 16 e 17 de marzo. Hai 50 prazas. A viaxe inclúe autobús, guía técnico acompañante desde a orixe, desprazamentos na actividade, aloxamento no Hostal Pico Agujas en réxime de media pensión, forfait para dous días, seguro de actividade e seguro de accidentes. O prezo é de 179 euros.
O técnico municipal de Xuventude, Mario Vidal –tamén participante na presentación- salientou que ao emprender esta actividade procurouse apoiar tamén o comercio local ao firmar un convenio cunha axencia de viaxes do municipio para a súa posta en marcha.
O prazo para anotarse xa está aberto e finaliza o día 11 de febreiro. Terán prioridade para asistir á viaxe os veciños de Riveira, pero se quedasen prazas vacantes poderán participar cidadáns doutros concellos.
Máis informacións e inscricións: na Oficina Municipal de Información Xuvenil (situada na Casa da Xuventude, número de teléfono: 981 835 289, email: xuventude@riveira.com) ou na Oficina de Deportes (no Complexo da Fieiteira, teléfono:981 873 646, email: deportes@riveira.com).
Relacionada:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario