#8demarzo Gioconda Belli: "Amence con pelo longo o día curvo das mulleres/ Que pouco é un só día, irmás,/que pouco,...
— Certo (@Certo) March 8, 2013
#8demarzo ...para que o mundo xunte flores fronte ás nosas casas! Dende o berce onde nacemos ata a tumba onde durmiremos/ ...
— Certo (@Certo) March 8, 2013
#8demarzo -toda a atropelada ruta das nosas vidas- /deberían pavimentar de flores para celebrarnos (que non fagan como coa princesa Diana..
— Certo (@Certo) March 8, 2013
#8demarzo que non viu nin escoitou as floridas avenidas postradas de pena en Londres)/ Nosoutras queremos ver e arrecender as flores. /
— Certo (@Certo) March 8, 2013
#8demarzo Queremos flores dos que non se aledaron cando nacemos femias no canto de machos / queremos flores dos que nos cortaron o clítoris/
— Certo (@Certo) March 8, 2013
#8demarzo Flores do que se meteu na cama de noite e tapounos a boca para violarnos mentres nai durmía/queremos flores do que nos pagou menos
— Certo (@Certo) March 8, 2013
#8demarzo e do que nos despediu cando se deu conta da nosa preñez/ queremos flores do que nos condenou a morte forzándonos a parir con risco
— Certo (@Certo) March 8, 2013
#8demarzo queremos flores do que se protexe do mal pensamento obrigándonos ao velo/burka para cubrir o corpo/ do que nos prohíbe saír á rúa
— Certo (@Certo) March 8, 2013
#8demarzo Queremos flores dos que nos queimaron por bruxas e nos empecharon por tolas/ flores do que nos pega e do que se embebeda...
— Certo (@Certo) March 8, 2013
#8demarzo Do que bebe irredento o pago da comida do mes/ queremos flores das que intrigan e levantan falsidades/ flores das que se ensañan..
— Certo (@Certo) March 8, 2013
#8demarzo Flores das que se ensañan contra as súas fillas, súas nais e súas noras e acubillan veleno no seu corazón para as do seu xénero...
— Certo (@Certo) March 8, 2013
#8demarzo Tantas flores serían necesarias para secar os húmidos encoros onde a auga dos nosos ollos se fai lama; areas movedizas tragándonos
— Certo (@Certo) March 8, 2013
#8demarzo e cuspíndonos, das que, teimudas, unha a unha, teremos que xurdir. /Amence con pelo longo o día curvo das mulleres/ ...
— Certo (@Certo) March 8, 2013
#8demarzo Queremos flores hoxe. Cantas nos corresponden! (Gioconda Belli: es.wikipedia.org/wiki/Gioconda_…)
— Certo (@Certo) March 8, 2013
Equipo de Certo
O Xornal Dixital de Barbanza e Noia
http://latri.ca/certo
http://cabozo.com/user/certo
http://pinterest.com/xornalcerto/
http://www.facebook.com/xornalcerto
http://www.certo.gl
http://certo.posterous.com
http://www.flickr.com/photos/certo/
http://xornalcerto.blogspot.com
http://twitter.com/Certo
http://friendfeed.com/certo
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario