No pasado entroido, Leo Bassi fixo unha reinauguración cómica do Coliseo Noela, nun acto festivo e ao tempo reivindicativo desta instalación cultural Noia, 18 de marzo de 2013. A nota de prensa que a Xunta lanzou o pasado venres, logo da reunión do alcalde de Noia e o concelleiro de Cultura, co secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Educación, Jesús Oitavén, e a directora xeral do Patrimonio Cultural, María Carmen Martínez Insua, non lle sentou nada ben a Javier Rodríguez Vieites, responsable da concellería de Cultura en Noia.
Segundo aclarou esta mañá, a Xunta publica que van facela obra e hai que facer un novo estudo, para logo tramitar e sacar a concurso dicha obra "e non publican nin unha data aproximada. Eu quero aclarar que na reunión se nos prometeu que sería durante o 2013, e non me parece ben que se omita ese dato na nota que emiten". Salienta tamén que "me queda claro que durante 14 meses que pasaron dende que a empresa foi á creba, tiveron tempo máis que abondo para axilizar eses trámites, pero non quixeron". Subliña tamén o concelleiro de Cultura noiés que "o primeiro que se nos dixo na reunión é que non hai cartos para facela obra e pedíronnos cofinanciala, sabendo que nós non íamos aceptar por duas razóns moi evidentes: estamos co orzamento pechado e por outra banda temos un convenio asinado no seu día que deben cumprir". E, "mira ti, que cando ven que non aceptamos de repente hai cartos. Sinceramente: vin farois mellores nas timbas de póquer". "HAI POBOS AOS QUE LLES QUEDA GRANDE O TEATRO" Sinalou tamén con abraio o concelleiro de Cultura de Noia que "durante a reunión se dixo unha frase que quero pensar que non foi dita con maldade: "Hai pobos aos que lles queda grande o teatro". "Pois non só NON se nos queda grande senón que se nos queda pequeno. E non estamos de acordo para nada coa xestión que se fai dende a Xunta enchendo, por exemplo, a Cidade da Cultura de oficinas, alardeando de aforrar en alugueres. A Cidade da Cultura estase a converter nun complexo administrativo que para nada cumple coa función cultural para a que se fixo nin está dotada para tal labor".
QUENDAS DE ACTOS REIVINDICATIVOS Dende o Concello, e en concreto dende a concellería que dirixe Javier Rodríguez Vieites, vaise seguir coa quenda de mobilizacións culturais contra este retraso de máis de dous anos nas obras de mellora do Coliseo Noela. As datas e artistas previstos están contidos no seguinte cartel:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario