Para celebrar a fin de curso, xuntáronse nas instalacións do Liceo Marítimo participantes dos tres grupos para ofrecer unha exhibición, baixo a dirección do que foi seu mestre, o coreógrafo riveirense Vicente Colomer Bussoms.
Tamén fixo acto de presenza Vicente Mariño de Bricio, concelleiro de Servizos Sociais e Promoción Social, área promotora da acción. Mariño de Bricio felicitou aos bailaríns polo seu bo facer o salientou a gran resposta que tivo a nova iniciativa, que se suma a outras accións dirixidas aos maiores, como os obradoiros de memoria, galego ou inglés ou as saídas culturais que se van dar a coñecer en breves datas.
O curso completo durou tres meses e celebrouse todos os xoves no Liceo con clases dunha hora de duración.
Ribeira: Ámbar recolleu na Deputación da Coruña o premio de fotografía contra a violencia de xénero post.ly/ABZrO O presidente da Deputación coruñesa, erre que erre coas fusións, pero sen mollarse, non vaia pisar calos do seu PP: dicoruna.es/dicoruna-notic… Se todo son marabillas, por que Feijóo non lle dá adiante á fusión de Noia con Lousame? xunta.es/notas-de-prens… #misteriosfeijonianos
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario