- Saíulle un saldo positivo de 701.658 euros
- Aproveitou para arremeter contra o goberno bipartito anterior
Dodro, 15 de marzo de 2013. No pleno desta mañá foi presentada, polo goberno local do Partido Popular, a liquidación orzamentaria de 2012. O resultado orzamentario obtido foi un resultado positivo de 701.658 euros, o cal, segundo salienta en nota de prensa a tenente de alcalde Marisol Boga, "contrasta notablemente co resultados dos anos anteriores, con presupostos do goberno bipartito E QUE LEVARON Ó CONCELLO DE DODRO A CONVERTIRSE NUN DOS TRES CONCELLOS CON PEOR RESULTADO ORZAMENTARIO NA PROVINCIA DE A CORUÑA, EN CONCELLOS DE ATA 3.000 HABITANTES".
Segundo explica, as cifras dos últimos cinco anos foron éstas:
2011: -224.564 euros.
2010: -256.709 euros.
2009: -98.360 euros
2008: -135.310 euros.
"En termos absolutos a DIFERENCIA ENTRE O RESULTADO DE 2012 E 2011 É DE NADA MÁIS E NADA MENOS QUE 925.000 EUROS, o que pon de manifesto as notables diferenzas na xestión entre o goberno do PP e o goberno bipartito PSOE-BNG A PESAR DAS DIFICULTADES ORIXINADAS POLA CRISE ECONÓMICA", argumenta a tenente de alcalde.
Remanente de máis de 90.000 euros fronte aos case medio millón en negativo en 2010
"Pero máis importante é se cabe a evolución do REMANENTE DE TESORERÍA, E QUE MIDE REALMENTE A CAPACIDADE ECONÓMICA DO CONCELLO. NO ANO 2010, O CONCELLO DE DODRO CHEGOU A TER -469.199 EUROS, E NO 2011 A CIFRA CHEGARÍA ATA A CANTIDADE DE -413.732 EUROS, OCUPANDO O ÚLTIMO LUGAR ENTRE TODOS OS CONCELLOS DA PROVINCIA DE A CORUÑA. NO ANO 2012, POR PRIMEIRA VEZ NOS ÚLTIMOS 5 ANOS, O CONCELLO DE DODRO ACADOU UN REMANENTE DE TESORERÍA DE 91.429 EUROS, SUPERANDO NOTABLEMENTE TODAS AS PREVISIÓNS", remarca Boga, quen ofrece estes datos dos últimos anos:
2008: -29.995 EUROS.
2009: -198.574 EUROS.
2010: -469.199 EUROS.
2011: -413.732 EUROS.
"Pagando facturas antes dos 60 días", di o alcalde
Pola súa banda, o alcalde Valentín Alfonsín louva "os excelentes resultados obtidos tendo en conta as dificultades económicas que se atopou cando tomou posesión, e agradezo a colaboración da veciñanza, dos empregados e os membros do goberno municipal que foi decisiva para sacar ao concello da situación de creba, e poder manter os servizos básicos tan importantes na situación actual. Decir que cando o Alcalde Valentín Alfonsín tomou posesión, tivo que facer fronte ao pago urxente de enerxía eléctrica para evitar o corte de lús (sic) mesmo nas oficinas xerais, e a día de hoxe, o Concello de Dodro está pagando as facturas antes dos 60 días".
Na súa nota, o goberno local remata asegurando que "o actual goberno de Dodro demostra ben ás claras que como sempre veu denunciando dende a oposición, existe unha forma responsable de xestionar e gobernar, mantendo os servizos realmente importantes do Concello sen que por iso se teña que por en perigo a supervivencia económica do mesmo".
Dodro tivo un resultado orzamentario positivo: 701.000 euros. Pasamos de -224.000 euros a +701.000 euros nu só ano!!
— Valentín Alfonsín (@V_Alfonsin) March 14, 2013
E Pasamos de ser o concello da provincia de A Coruña con peor remanente a telo positivo: de -413.000 euros a 91.000 euros nun só ano!
— Valentín Alfonsín (@V_Alfonsin) March 14, 2013
"@galiciaenfestas: Especial estrea Imaxe de Daira, a nova vocalista da orquesta Panorama: twitter.com/galiciaenfesta…" Venres 15 Escarabote
— Certo (@Certo) March 15, 2013
Noia: os do club de fútbol tamén se montaron un "Harlem Shake" para estar á moda youtu.be/Yx8gnuEbxeI Non tan currado como o de @juangimel
— Certo (@Certo) March 15, 2013
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario