- O novo tramo de rúa, que prolonga a Cristóbal Colón, terá 65 metros de longo, dobre sentido, servizos urbanos, alumeado e beirarrúas nas dúas marxes
Ribeira, 15 de marzo 2013.- O Concello informa de que a última xunta de goberno local deu luz verde á licitación da apertura dun novo tramo da rúa Cristóbal Colón que vai enlazar esta vía á altura do cemiterio municipal de Santa Uxía co lugar de Fafián.
Esta actuación supón unha inversión de 397.033 euros, dos cales 325.701 van ser aportados pola Deputación de A Coruña en virtude dun convenio de colaboración subscrito a finais do pasado decembro entre Manuel Ruiz e Diego Calvo. O prazo de execución é de catro meses.
Na actualidade, na zona obxecto de actuación unicamente existe un camiño de paso para persoas, sendo imposible a circulación de calquera tipo de vehículo. Ademais, a rede de abastecemento existente é de pequeno diámetro e está feita en fibrocemento; non hai rede de alcantarillado e o alumeado público é insuficiente.
Solución a problemas de tráfico
O proxecto elaborado vai permitir abrir un novo tramo duns 65 metros de lonxitude entre o cemiterio municipal e a rúa Blanco Amor (Fafián), o que posibilitará dar continuidade á circulación de vehículos e solucionar así os relativamente frecuentes problemas de tráfico producidos polo feito de que os coches teñen que dar forzosamente a volta fronte ao camposanto, que se erixe en fondo de saco.
A zona de calzada proxectada contará con dous carrís de circulación e anchura variable. O firme estará formado por unha base de zahorra artificial de 35 centímetros de espesor sobre o que se estenderá unha capa de 15 centímetros de espesor de bituminosa en quente tipo D-12.
Muro de contención
Ademais, instalaranse beirarrúas en ambos marxes cunha anchura de 1,50 metros e, debido ao desnivel existente entre o camiño actual e as fincas colindantes por unha das bandas, será necesario tamén construír un muro de contención de 64 metros de lonxitude e unha altura variable que irá dende os 5,20 aos 4,50 metros. Esta estrutura será de formigón armado.
En canto aos servizos, colocaranse unha nova liña de abastecemento consistente nunha tubaxe de fundición dúctil de 95 metros de longo e 150 milímetros de diámetro; para o saneamento disporase unha tubaxe de PVC compacto de 118 metros de longo e 315 milímetros de diámetro; e en canto á pluviais haberá unha tubaxe de PVC corrugado de 118 metros e 315 milímetros de diámetro. Por outra parte, dotarase á zona de cinco novos puntos de luz e unha liña de alumeado de 90 metros.
Ribeira: ás 14:00, colisión na rúa do Norte de Palmeira sen feridos. Choque por alcance entre dous vehículos. Olliño! twitter.com/Certo/status/3…
— Certo (@Certo) March 15, 2013
Ribeira: o Liceo Marítimo rematou o seu obradoiro de bailes de salón post.ly/AHJoh
— Certo (@Certo) March 15, 2013
Ten Pescanova un Bárcenas ou +? Quen é a súa Cospedal? Como o PP, toma "represalias" contra prensa galiciaconfidencial.com/nova/13622.html vía @gconfidencial
— Certo (@Certo) March 15, 2013
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario