Os tellados, logo de tantos anos de agarda, están desfeitiñosBoiro, 22 de decembro de 2010. A Comisión Territorial do Patrimonio Histórico Galego da Coruña, dependente da Consellería de Cultura e Turismo, aprobou onte martes, nunha sesión á que asistiu o alcalde de Boiro, D. Xosé Deira Triñanes, as primeiras intervencións de restauración no Pazo e a finca de Goiáns proxectadas polo goberno de Boiro. Trátase dos proxectos Recuperación paisaxística do contorno do Pazo – Torre de Goiáns e Substitución da cuberta do Pazo de Goiáns, que recollen unha serie de actuacións prioritarias para evitar, en primeiro lugar, o deterioro do edificio. Ambos proxectos, cuxa acometida se iniciará a principios de ano, unha vez que xa se conta co permiso de Patrimonio, están dotados de importantes partidas orzamentarias xestionadas polo goberno de Boiro diante doutros organismos.
Deste xeito, e a través dunha enmenda aos orzamentos xerais do Estado para o 2011, xa se consignou unha partida orzamentaria de 500.000 euros para executar o proxecto que inclúe a substitución da teitume de todo o inmoble, incluída a capela e os lagares. Esta primeira intervención recolle tamén a colocación de tódalas fiestras e portas, realizadas en materiais acordes co entorno, que preservarán a súa singularidade.
Por outra banda, o “Proxecto de Recuperación Paisaxística do Pazo- Torre de Goiáns” financiarase cos outros 204. 000 euros logrados da Deputación da Coruña, a través do Plan de Cooperación cos Concellos 2008 – 2011 (PCC), Esta actuación agrúpase en dous aspectos principais: - Tarefas de limpeza e desbroce da parcela sobre a que se centra a actuación, xa que polo paso dos anos, atópase claramente degradado. Esta actuación, que implica tarefas mecanizadas e manuais, en función da accesibilidade da zona, abarca case 48.000 metros cadrados, centrados na parte norte e sur do terreo do pazo. - Una vez limpo e con posibilidade de acceso, acometeranse as tarefas de renovación e de recuperación dos muros perimetrais da parcela, incluídos os elementos de forxa de portas e peches menores. Na actualidade, a parcela do pazo dispón de 1.972 metros lineais de muros de mampostería ordinaria de granito, con alturas variables entre os 1,5 e os 4,5 metros cadrados, obténdose unha superficie de case 5.000 metros cadrados. Deste total, preténdese a actuación nas partes que presentan derrubes parciais, para recuperar o seu aspecto orixinal. En total se pretende a recuperación de 700 metros cadrados de muros de mampostería de granito.
O desleixo actual (imaxe deste mes de decembro) asilvestrou moito pazo e xardíns - Recuperación dos xardíns orixinais, de traza afrancesada, principalmente mediante a recuperación dos setos de arbustos que delimitaban as áreas axardinadas. Preténdese a recuperación de 200 metros lineais de distintos tipos de arbustos. Igualmente, xunto coa actuación nos setos dos xardíns, preténdese a recuperación das trazas orixinais dos camiños, de clara influencia nos típicos tridentes dos xardíns franceses do século XVIII, recuperando así paisaxisticamente o pazo de Goiáns, facendo posible un percorrido a pé tal e como foi definido orixinariamente. Cómpre lembrar que, ademais destes investimentos logrados doutras administracións, o Goberno central destinou 4 millóns de euros ao Concello de Boiro para a compra do conxunto histórico, de tal xeito que non supuxo ningún desembolso ás arcas municipais do Concello, aclaran dende o equipo de goberno. Antes publicamos:

Pazo de Goiáns: xa é público. Discurso do alcalde
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia




















A Deputación da Coruña destinará 340.000 euros para financiar a construción dunha nave no polígono industrial de Espiñeira (Boiro), que se destinará a centro de formación e viveiro de empresas. Así se recolle no convenio subscrito na sede da institución provincial, polo presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde de Boiro, Xosé Deira, que acudiu acompañado polo tenente alcalde da localidade, Juan Jesús Ares.
