Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
14.4.11
Boiro: o saneamento de Runs, adxudicado a Javasán, beneficiará a uns 25 veciños
Boiro: exhibición de skate e bicicletas bmx este sábado 16 de abril nas pistas de A Negral
Boiro, 14 de abril de 2011. Uns 50 membros da Asociación Xuvenil de Skate e BMX “Freestyle”, de Cangas, visitarán este sábado, día 16 de abril, o municipio boirense para realizar unha exhibición nas recentemente estreadas pistas de skate, situadas na Praza Boqueira de “A Negral”. A este colectivo sumaranse un grupo de afeccionados ao skate de Boiro, que igualmente amosará as súas habilidades nas pistas.
A esta festa deportiva únense tamén o Clube Ciclista Barbanza, que realizará unha ginkana ciclista, así como o colectivo fotográfico Olláparo, que se encargará de inmortalizar a xornada.
As actividades comezarán ás 12.00 horas e contarán coa asistencia do Alcalde, Xosé Deira Triñanes; a Concelleira de Deportes, Dores Torrado Ares, así como outros membros do executivo boirense. Outras convocatorias, este venres 15
O venres 15 de abril, o alcalde e outros membros do goberno realizan unha presentación conxunta coa Asociación Boirense de Empresarios para informar sobre novas normas coas terrazas dos establecementos hostaleiros. A mediodía.
Tamén o venres, 15 de abril, haberá unha audición a cargo dos alumnos da Escola Municipal de Música do Concello, na que intervirán uns 60 rapaces das especialidades de vento e metal. Será na Estación Leñaverde (sotos do Centro Social) ás oito da tarde.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: once obras compiten na terceira edición do certame de novela curta "Cidade Centenaria de Riveira"
O xurado cualificou de moi satisfactorio o número de novelas presentadas, que ten un primeiro e único premio de 3.000 euros, diploma conmemorativo da obra e publicación que será realizada por Edicións Xerais de Galicia.
Os comité encargado de dirimir quen será o gañador está composto pola profesora María Ángela Rodríguez Sampedro; o poeta e editor Antonio Piñeiro Fernández,; o mestre e escritor Xabier López Marqués; e o director da Xerais, Manuel Bragado Rodríguez. Exerce de secretaria Alicia Padín Otero, dinamizadora lingüística do Concello de Riveira, que ten voz pero non voto.
Cabe lembrar que este Concurso de Novela Curta ten carácter bienal e pretende potenciar e apoiar a literatura en lingua galega. Naceu co gallo de conmemorar a concesión do título de Cidade a Santa Uxía o 23 de marzo de 1906 e tivo como gañadoras nas súas dúas primeiras convocatorias as obras “As mellores intencións”, de Begoña Paz, e “Vertixes”, de Ignacio Silva.
O certame estivo aberto a todas as persoas maiores de idade, de calquera nacionalidade ou residencia, cun único traballo en lingua galega normativa de temática libre, orixinal e inédito. A obra debe ter unha extensión mínima de 80.000 caracteres e máxima de 120.000 caracteres.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
A Pobra: o performer Serafín Marcos representa "Cuspídeme enriba" no instituto este venres 15
Serafín Marcos, vixiando que non lle cuspan enriba -aínda-
“Cuspídeme enriba” é un achegamento á obra de Lois Pereiro e ás súas circunstancias vitais. Un espectáculo dinámico, ameno e participativo para tódalas idades. Un ouveo que reúne o amor e maila morte. Unha ponte dende a poesía ó corpo. Un río de vida que flúe entre os asistentes e os engule. Un golpe vital antes de que este soño derradeiro se mergulle no océano da nada, no secreto pacto co silencio. Un soño que prorroga a vida, un sortilexio para saír da morte. A imaxinación mergullada nas palabras, nas accións que van na procura dun rumbo dirixido ás imaxes nun mapa do tacto, das pegadas dos sons, do ecoar de recendos. Unha pinga pendurada sobre unha illa secreta no interior do corpo. “Unha mensaxe húmida de vida e de furia necesaria”.
Os asistentes participan sen descanso durante 50 minutos mergullándose no mundo das verbas-imaxes de Lois Pereiro, como adoita suceder en cada interpretación que Serafín Marcos fai dos autores aos que se lle adican as Letras Galegas.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
A Pobra do Caramiñal: a piques de rematar a segunda fase do saneamento da Ribeiriña-Conchido
A Pobra, 14 de abril de 2011. Unha vez posta en funcionamento a I Fase do Saneamento da Ribeiriña-Conchido por un importe de preto de 800.000 euros e xa a piques de rematar a II Fase por un importe de 676.312,93 €, entre as dúas obras suman máis de 1.500.000 euros, segundo explicou hoxe en nota de prensa o equipo de goberno do Concello. As obras do proxecto de saneamento da Ribeiriña na fase II, que leva a cabo a empresa Ferorsa de Ferrol, están a piques de rematar. O Concello da Pobra do Caramiñal di sentirse "moi satisfeito de que a Xunta de Galicia, e máis concretamente a Consellería de Medio Ambiente- Augas de Galicia, levara a cabo este proxecto, que contou cun orzamento de 676.312,93 euros". O obxecto deste foi a definición das actuacións necesarias para a dotación de servizos nos núcleos da Ribeiriña e Conchido que incluíse a construción da rede xeral de colectores. Pretendeuse completar o saneamento do núcleo da Ribeiriña, recollendo tamén as augas fecais do Conchido, para xuntalas coas recollidas na primeira fase xa executada e, posteriormente, levalas á rede municipal de colectores existente. Trátase dunha rede de conducións por gravidade, na que foi necesaria a construción dunha estación de bombeo co seu respectivo tramo de impulsión que levase as augas residuais ata a rede existente. As obras de saneamento consistiron principalmente na recollida de augas residuais, pero de xeito separativo para fecais e pluviais, para transportalas mediante colectores e impulsión ata o colector construído na primeira fase. As tubarias de impulsión realizáronse en PEAD PN-10 de 90 mm de diámetro, a rede de saneamento en PVC SM-8 corrugado de 315 mm e 2.109 metros de lonxitude e os colectores de recollida de pluviais tamén en PVC SN-8 corrugado de 315 mm e 807 metros de longo. O pozo de bombeo executouse en formigón armado de 2,4x5 metros de planta e cunha profundidade de 3,25 metros. Incluíu cámara de chaves, aliviadoiro e cestón de grosos. A vertedura do mesmo realizarase mediante tubaria de PVC de 315 mm. Todas as instalación van soterradas en zanxa, con recheo de material procedente da escavación, repoñendo o pavimento que resultou afectado ou demolido na execución das obras. "Con esta obra dámoslle un pulo importante ás nosas infraestruturas achegándonos á consecución do saneamento integral no noso concello e por riba de todo na zona da Ribeiriña e do Conchido, beneficiando aos seus veciños e que era un dos obxectivos fixados por este Equipo de Goberno e considerado como esencial xa que incide no benestar e na mellora da calidade de vida de todos nós", concluíu o equipo de Goberno.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Boiro: Verdegaia acusa de neglixencia á Consellería de Medio Ambiente polos portos deportivos de Escarabote e Cabo de Cruz
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
13.4.11
Rianxo: o Bng organiza un roteiro arqueolóxico para reivindicar a inclusión de parte do patrimonio como Ben de Interese Cultural
Rianxo está inzado de petróglifos. Na imaxe, os do Alto do Pelotiño
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: el alcaldable socialista se reunió con vecinos de Oleiros
Demandan mejoras en el saneamiento y un centro sociocultural
Ribeira, 13 de abril de 2011. Los vecinos de la parroquia de Oleiros, en Ribeira, demandan al candidato socialista a la alcaldía, Andrés Fariña, mejoras a corto plazo en el saneamiento de la zona y un centro sociocultural.
Fariña y el resto de la candidatura socialista para Ribeira continúan con sus reuniones con todos los colectivos y asociaciones de la ciudad, con el objetivo de explicarles su proyecto político y los planes del PSOE para los próximos cuatro años.
A la reunión de Oleiros asistieron, además de la asociación de vecinos, la comunidade veciñal de montes, el colectivo Amicos, la asociación de padres del colegio A Milagrosa, el Club Atlético Oleiros, la Asociación Promoción Saúde, el comité de empresa del Hospital de Barbanza y la Asociación Gandeiros de San Martiño.
Al margen del centro sociocultural y del saneamiento, un aspecto que preocupa en todos los barrios y parroquias de Ribeira, los vecinos de Oleiros demandan conexión a Internet, ya que se quejan de la falta de cobertura, y aceras de acceso al nuevo hospital.
Otros asuntos tratados en el encuentro fueron el Plan Xeral de Ordenación urbana, del que los vecinos solicitan información a la hora de su elaboración, y la petición de una mayor participación de la ciudadanía en la política municipal de Ribeira.
La candidatura socialista consideró el encuentro muy satisfactorio y se mostró de acuerdo con las peticiones de los vecinos de Oleiros. El próximo domingo, día 17, Andrés Fariña celebrará una reunión con las asociaciones de la parroquia de Artes.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: os veciños de Carreira fixeron un primeiro achegamento aos misterios da Costa da Morte
Ribeira, 13 de abril de 2011. Máis de cincuenta viaxeiros abarrotaron o autobús que a Asociación de Veciños de Carreira fletou esta pasada fin de semana para participar na primeira das dúas visitas que a entidade -presidida por Ana Gómez Hermo-, ten previsto organizar co título "Misterios da Costa da Morte". Así, a comitiva visitou lugares tan coñecidos e emblemáticos como o hórreo de Carnota, a fervenza de Ézaro, o faro de Fisterra ou o santuario da Barca.
Á parte de desfrutar da espectacularidade das panorámicas puideron impregnarse dos misterios destas terras, con lendas como as dos “bois de Gures”, do trovador da “furna buserana”, das propiedades fertilizantes da “cama de San Guillermo” ou da “cama dos namorados”, subir á “pedra de abalar de Muxía”, ou curar as dores de cadrís e de cabeza na coñecidas pedras muxianas, así como poñerse a tremer coas historias dos múltiples naufraxios acaecidos nesas veciñas costas.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia




















