5.9.11

Turismo: últimos días para anotarse ao Curso de lnterpretación do Patrimonio sobre Ecoturismo

A Pobra: veciñas de Carral visitan o Museo Valle-Inclán e outras zonas do municipio

A Pobra, 5 de setembro de 2011. Un grupo de 35 veciñas da localidade coruñesa de Carral programaron unha xornada de lecer para o pasado sábado 3 de setembro que as animou a chegarse ás terras barbanzanas da Pobra do Caramiñal. Logo de subir á cima da Curota e coñecer o entorno das romarías e do curro das Canizadas, animáronse  a percorrer tamén as instalacións do Museo Valle-Inclán, onde unha vez máis foron recibidas e guiadas polas distintas dependencias e contidos, pola técnica Begoña Olveira Sanisidro.

Non rematou aquí no seu paseo pola Pobra do Caramiñal, posto que tamén quixeron achegarse ata a parroquia do Divino Nazareno, Santiago do Deán, e ás mostras fotográficas que estes días se exponen nas salas da Oficina de Turismo e na Casa da Cultura pobrenses.

Relacionada:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Política: o Psoe acusa a Feijóo de apoiar "co seu silencio" o recurso do PP ante o Tribunal Constitucional contra os matrimonios gais

  • O portavoz da área institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage Tuñas, participou en Cerceda (A Coruña) no III Xantar pola visibilidade Rural LGTB que organiza o Grupo LGTB do PSdeG-PSOE
  • Lage di que o modelo de sociedade que defendo o PP "priva de dereitos ás persoas en función da súa orientación sexual e nas eleccións do 20N están en xogo as conquistas dos últimos anos no terreo dos dereitos e liberdades dos cidadáns. O PP opúxose a todas as leis que significaron ampliación de dereitos sociais"
Media_httpfarm4static_ygarf

Visto en Chueca. Flickr de Brocco Lee

Barbanza-Noia, 5 de setembro de 2011. O grupo de Gais, lesbianas, transexuais e bisexuais do PSdeG-PSOE celebrou o seu "III XANTAR RURAL POLA VISIBILIDADE RURAL LGTB" no concello de Cerceda, na área recreativa de Portobrea, na parroquia de Queixas, a pasada fin de semana.

Con este acto o grupo LGTB do Partido dos Socialistas de Galicia quere tamén dar apoio a todalas mulleres lesbianas, homes gais e transexuais que viven o seu día a día nas aldeas e vilas do rural galego. Este Grupo do PSdeG quere revindicar a loita diaria que fan todas as persoas homosexuais, transexuais e bisexuais que viven no noso rural. En especial ás persoas que son acosadas pola homofobia.

O deputado socialista José Manuel Lage amosoulles o seu apoio “polo gran traballo que están a facer para que as leis e o traballo institucional teña reflexo real na sociedade e poder así superar vellas pantasmas e a rancia homofobia aínda existente en diferentes ámbetos sociais”.

Lage Tuñas durante a súa intervención no citado acto afirmou que “nas vindeiras eleccións do 20-N están en xogo as conquistas dos últimos anos no terreo dos dereitos e liberdades dos cidadáns. E cabe recordar que o PP opúxose a tódalas leis que significaron ampliación de dereitos sociais”

O deputado do PSdeG entende que “o modelo de sociedade que defende o PP priva de dereitos ás persoas en función da súa orientación sexual”. Nesta liña recordou que o actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo “apoia co seu silencio o recurso do PP ante o Tribunal Constitucional contra os matrimonios homosexuais”.

“O Sr. Feijóo e o Sr. Rajoy fixeron oídos xordos ás constantes peticións dos grupos LGTB de todo o estado para que o PP retirase o recurso diante do Tribunal Constitucional contra os matrimonios homosexuais”, explicou José Manuel Lage.

Pasos atrás do PP

Os socialistas galegos tamén foron moi duros coas decisións tomadas no ámbeto parlamentario galego pola maioría absoluta do Partido Popular “coa aprobación de lei como a da REDE MADRE, contraria aos dereitos das mulleres ou coa Lei de Familia, un paso atrás no recoñecemento da sociedade plural e diversa na que vivimos”.

Lage Tuñas recordou na súa intervención no III Xantar pola visibilidade Rural LGTB do PSdeG-PSOE que “en Galicia o Partido Popular aprobou unha lei de familia retrógrada, claramente involucionista, que mereceu a reprobación do Consello Económico e Social, por negar a realidade social e polo seu carácter regresivo e patriarcal, tentando recortar dereitos á muller”.

O dirixente socialista destacou tamén que “nos últimos oito anos en España tense avanzado de xeito importante na ampliación e recoñecemento de dereitos, sempre da man do Partido Socialista”.

Así, destacou “a aprobación en Xuño de 2005 da Ley que modificou o código civil para permitir o matrimonio entre persoas do mesmo sexo e a adopción conxunta. Cabe recordar que máis de 20.000 parellas en España ya exerceron este dereito”.

“Tamén a aprobación da LOE, da asignatura de Educación para a Cidadanía, da Lei de identidade sexual que recoñece a dignidade das persoas transexuais ou a creación de Unidades e Servizos de Referencia para o cambio de sexo se teñen materializado nestes últimos oito anos”, rematou.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: a Avenida da Constitución ten varios sinais con deficiencias

Algunha semella que está camuflada para que non a vexan e outras medio deterioradas (hai moito túzaro destruindo patrimonio de todos, dálle o mesmo que sexa urbano ou rural). A ver se os responsables de coidar as estradas e os seus elementos remedian de contado esta situación.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Música:"Broncodilatador", novo traballo da esperanza negra da música muradá, Terbutalina

Barbanza-Noia (e arredores), 5 de setembro de 2011. Terbutalina, a esperanza negra da música muradá, presenta o seu novo traballo Broncodilatador. Despois do seu  disco de presentación "Live in Catoira"(2011), sacan un EP chamado Que-de-leite! que recolle tres temas do LP Broncodilatador, que será posto a navegar o próximo 8 de setembro en formato dixital para libre descarga, para que os amigos de Teddy Bautista non gañen un euro máis.

 

Os 15 temas do Broncodilatador son unha mostra do variado da súa aposta, unha proposta que levan amosando desde a súa formación nos concertos que teñen ofrecido o longo da xeografía galega, nos que mesturan velocidade, diversión e empanada.

Bailen, hostia! Bailen!



INFO BRONCODILATADOR.pdf Download this file

DOSSIER TERBUTALINA.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

4.9.11

Ribeira: 257 participantes na IX Andaina Popular de Ribeira

Ribeira, 4 de setembro de 2011. A IX Andaina Popular de Ribeira tivo lugar onte, e nela participaron 257 persoas. O primeiro andarín en completar os 50 quilómetros chegou ás 16.15 horas (saíuse ás 9:10) e o derradeiro pasadas as 19.30 horas.


A climatoloxía acompañou todo o día, prestándose ideal para esta actividade tan saudable.Os participantes pasaron por distintos puntos de control e avituallamento nos que se lle ofrecían bebidas, froitas, bocadillos e empanada (esto último só no ubicado no Dolmen de Axeitos -qm. 29-); e ao chegar ao polideportivo de Coroso -de onde se saíra- ademais de todo o anterior ofrecéuselles paella e mexillóns ó vapor. Tamén se sortearon distintos productos cedidos por un establecemento comercial de Ribeira.

O percorrido da andaina constaba de 50 quilómetros (aínda que se podía facer polo tramo "corto" de 36 km.) e levou aos sendeiristas por algún dos lugares máis destacados de Ribeira: Vixán, Sirves, Axeitos (dolmen), Espiñeirido, Tahume,  Balteiro, Moldes, e de volta para Coroso.

Salvo as incidencias típicas desta actividade (ampolas nos pés, calambres, ou falla de forzas) a organización non acusou ningún outro tipo de feito a destacar, salvo a excelente participación e comportamento de tódolos participantes e colaboradores das actividades organizadas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

3.9.11

Arqueoloxía: a asociación "Terra de Outes" pronúnciase a favor de que se preserve todo o achado en Taramancos

  • "A ninguén se lle pasa pola cabeza hoxendía que cando empezaron a aflorar os restos do castro de Baroña se taparan para construir enriba unha urbanización, un cámping ou unha estación de esquí acuático", argumentan no seu comunicado.


Noia, 3 de setembro de 2011. A asociación cultural "Terra de Outes" vén de pronunciarse sobre os recentes achádegos no poboado de Espiñeira ou Taramancos Vello, na parroquia noiesa de Boa, que corren perigo ao ir situado ao seu carón o viaducto e ponte da variante de Noia. Como é xa tradición en Certo, publicamos o comunicado íntegro:

"Terra de Outes cre que de proseguir coas obras de Taramancos tal como están trazadas se consumará un gravísimo atentado contra o patrimonio histórico galego e, en particular, da comarca Muros-Noia, e por conseguinte as consecuencias serán nefastas para un territorio, no que se inclúe o noso concello, que ten no turismo cultural unha importantísima fonte de ingresos.
Todo achado arqueolóxico debe ser preservado. A ninguén se lle pasa pola cabeza hoxendía que cando empezaron a aflorar os restos do castro de Baroña se taparan para construir enriba unha urbanización, un camping ou unha estación de esquí acuático, ou que se arrasara o dolmen de Axeitos para facer unha estrada máis ampla de Ribeira a  Corrubedo e os bañistas chegaran antes á praia, ou as mesmas dunas para ampliar o parking. por razóns de comodidade as propias murallas de Lugo estarían xa derrubadas.

Os gobernantes deben pensar non só en función das constructoras e a opinión pública debe empeñarse en que os representantes da nación non se aparten do cometido para o que foron elexidos".

Relacionadas:



Arqueoloxía: piden á Xunta modificar a variante para conservar o de Taramancos

Pode que lle interese:


Ponte da Chaínza: están a destapala. Dous metros de altura no arco!


Memoria histórica: quen era Luis Barrena?


Xardín da memoria: onde asasinaron a Barrena

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

2.9.11

Porto do Son: do mércores 7 ao domingo 11 de setembro, Festas Patronais do Son

Porto do Son: o muro máis afeado polos políticos, o da Arnela, xa loce novo aspecto

Certo

Imaxes: Paco do Martelo

O muro antes de que pintaran o fresco actual

Porto do Son, 2 de setembro de 2011. Ignoramos se era unha promesa electoral, se xa daba tanto noxo que alguén se compadeceu dos ollos dos veciños e visitantes que por alí pasabamos, ou se todo é froito da improvisación e a casualidade, como tantas accións humanas, pero por fin o muro de cemento-vista da Arnela xa ten un debuxo sobre o que agardamos non peguen nin pinten nada nunha boa tempada.

Se alguén coñece ao autor ou autora do debuxo, ou ao responsable de executalo (o debuxo, non ao pintor), que nos escriba a redaccion@certo.es

Antes, publicamos:


Porto do Son: o muro da desfeita urbanística, de novo enlixado por todos os políticos

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Medio Ambiente: "Serra do Barbanza" reciclou case o dobre de plástico con Punto Verde que Ecoembes

  •  A mancomunidade de concellos "Serra do Barbanza" leva reciclado no ano 2011 un total de 465,3  Toneladas de plástico film con Punto Verde, fronte ás 240 Toneladas recicladas (aproximadamente) por Ecoembes.
Media_httpfarm6static_nacue

Noia, 2 de setembro de 2011. Ante o incumprimento do convenio por parte de Ecoembes, no cal só se fai cargo dunha parte do film con punto Verde, a mancomunidade "Serra do Barbanza" decidiu pola súa conta proceder a reciclar o plástico film con Punto Verde recuperado na planta de Servia.

O actual presidente da Mancomunidade, o alcalde de Noia, Rafael García Guerrero, considera que ante a negativa de Ecoembes a facerse cargo do film con punto Verde, "non podemos permitir que este film acabe en vertedeiro, que era a opción mais doada para a Mancomunidade. Por iso a concesionaria da Mancomunidade FCC está encargándose de que este film de Punto Verde sexa correctamente reciclado para a súa reutilización".

"Para isto estamos a colaborar con empresas galegas, que reciclan e reutilizan este film con Punto Verde, de tal xeito que a actividade empresarial que conleva este ciclo reverta en Galicia, xa que Ecoembes recíclao fóra de Galicia", aclarou o alcalde socialista noiés.

Garcia Guerrero considera "unha obriga moral da Mancomunidade" garantir que este material con Punto Verde sexa recuperado, reciclado e reutilizado, xa que o consumidor está pagando o custe engadido dos materiais con Punto Verde. "E ante a deixadez de Ecoembes, que é a responsable, a Mancomunidade está xestionando este material para evitar a súa perda", afirmou.

A mellor xestión de residuos sólidos urbanos de Galicia

A Mancomunidade ten desde a sua creación "un claro compromiso co medio ambiente, dando servizo a preto de 80.000 habitantes e acadando en todos os parámetros os mellores resultados dos distintos sistemas de xestión de RSU en Galicia, chegando en algúns dos parámetros a ser líderes en España como no caso do reciclado de film con Punto Verde. Por iso decidiuse asumir a xestión deste material e non rachar a cadea de vida dos materiais", puntualizou García Guerrero.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical