4.7.12

Ribeira: comezou o curso sobre a depresión, co director da UIMP en Galicia, o político Xosé Luis Barreiro Rivas na inauguración

 

 


 

Ribeira, 4 de xullo de 2012.- O Auditorio Municipal acubillou esta mañá a inauguración dun curso da Universidad Internacional Menéndez Palayo, que leva por título ““La Depresión: qué es y cómo tratarla”, organizado pola citada institución académica co patrocinio da Deputación Provincial de A Coruña e a colaboración do Concello.

 

Para dar inicio a esta acción formativa personáronse na instalación cultural o alcalde e deputado provincial, Manuel Ruiz Rivas; o director da UIMP en Galicia, o político e profesor Xosé Luis Barreiro Rivas; e o director do curso, o ribeirense Gualberto Buela-Casal, presidente da Asociación Española de Psicoloxía Conductual e profesor da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Granada.

 

O programa do curso abrangue un intenso programa que se prolongará ata o venres ás 18.30 horas co acto de clausura.

 

Este mesmo venres, a prestixiosa psicóloga María Jesús Álava Reyes impartirá de balde unha conferencia aberta a toda a cidadanía da comarca baixo o título de “A inutilidade de sufrimento”: mesma denominación que a do seu libro máis coñecido, con máis de 250.000 exemplares vendidos.


Onte, en Certo:

Venres 6 de xullo: conferencia "A inutilidade do sufrimento"

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Taekwondo: Ribeira aloxa 200 deportistas de 20 países no seu campamento "Soño olímpico"

  • Participan varios loitadores clasificados para os inminentes Xogos Olímpicos de Londres

 


Ribeira, 4 de xullo de 2012.- A falla dun mes para a inauguración dos Xogos de Londres, Ribeira converterase a partir do próximo luns no epicentro mundial do deporte do taekwondo a través da celebración do IV Campionato de Verán Internacional Soño Olímpico: unha iniciativa organizada polo Club Natural Sport coa colaboración do Concello, a Federación Galega de Taewondo e a Deputación Provincial, ademais de empresas privadas.

 

Uns 200 rapaces de 20 países nacidos entre 1994 e 2002 tomarán parte nesta acción, que ao longo de sete días (do 9 ao 15 de xullo) lles permitirá interactuar con combatentes e adestradores do máis alto nivel, algúns dos cales participarán na cita londinense. Entre as nacionalidades representadas figuran Italia, Suíza, Colombia, República Dominicana, México, Chile, Ecuador, Luxemburgo, Bélxica, Portugal, Marrocos, Papúa Nova Guinea, Holanda e Arxentina.

 

Para presentar esta acción compareceron hoxe no Consistorio o concelleiro de Deportes, Juan Luis Martínez; o presidente do Club Natural Sport, José Francisco Agrelo; Suvi Mikkonen, deportista finlandesa clasificada para Londres; e Jesús Ramal, adestrador da Selección Olímpica de Finlandia; ademais de tres deportistas que están axudando a preparar a Suri Mikkonen a súa participación olímpica: as suizas Nina Kläy (subcampiona de Europa absoluta) e Manuela Bezzola (campioa da Universiada e olímpica en Beijing) e a española Yaiza Soiza (campiona nacional).

 

O concelleiro de Deportes salientou o feito de que nunca antes en Ribeira albergaran tal cantidade de deportistas olímpicos: especialistas que perfilan a súa preparación cara os Xogos de Londres como a referida Suri Mikkonen, Gabriel Mercedes (República Dominicana, prata en Beijing), Theresa Tona (Papúa Nova Guineaa), Isaam Chernoubi, Sanaa Atrabrour ou Wian Dislam (estes tres, de Marrocos) ademais do brasileiro Diego Silva, quen requiriu os servizos como spárring dun dos máis laureados combatentes de Galicia e membro do Natural Sport, Raúl Bouzas.

 

O edil e tenente de alcalde ribeirense recordou tamén a vertente solidaria do campamento, que propiciou que nove deportistas de distintas procedencias puidesen ser becados ao cento por centro na súa estancia no campamento solidario.

 

Impacto económico

Por último, Juan Luis Martínez cifrou entre 60.000 e 80.000 euros a repercusión económica positiva que vai supor a celebración do campamento Soño Olímpico para o tecido empresarial do municipio de Ribeira.

 
O presidente do Club Natural Sport, José Francisco Agrelo, manifestou que o campamento de verán, que está totalmente autofinanciado, vaise dividir en dous grupos en función das idades: de iniciación, para os nacidos entre 2002 e 1998; e de perfeccionamento, para os que o fixeron entre 1994 e 1997.

 

Pola súa parte, tanto Jesús Ramal como Suri Mikkonen amosaron a súa compracencia de poder participar no campamento e subliñaron o gran nivel dos adestradores e deportistas que se van concentrar. A combatente finlandesa tamén salientou as semellanzas de clima existentes entre Galicia e Londres, o que lle axudará a afinar na súa preparación.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Música: The Lácazans gaña o I Certame "Curota Sound" para grupos de Barbanza

  • A final do certame organizado pola Asociación Cultural Borobó foi onte e puxo o colofón a tres meses de competición entre dezaséis bandas do Barbanza
  • 500 euros en material musical para os gañadores

Boiro, 4 de xullo de 2012. The Lázakans foi a banda que se alzou co premio gañador no certame Curota Sound que se celebrou na noite deste martes pasado na discoteca Tonos de Boiro e que se incluía dentro da programación das Festas do Verán.


Máis de trescentas persoas acudiron á esperada final do concurso que contaba con Agoraphobia, Belfastt, The Siberets e The Lákazans como os catro últimos clasificados. Os grupos noveis do Barbanza demostraron, unha vez máis, a gran cantidade de seguidores cos que contan. O segundo premio foi a mans da banda de Ribeira Belfastt; o terceiro premio para ás boirenses Agoraphobia; e o cuarto foi a parar a The Siberets.


En total repartíronse 1.100 euros en premios a través da entrega de cheques para gastar en material musical: 500 euros para a banda gañadora, 300 euros para o segundo clasificado, 200 euros para o terceiro e 100 para o cuarto clasificado do certame. O método de votación na final estableceuse a través dun total de sete votos, seis correspondentes aos membros do xurado e un séptimo que outorgaba o público asistente. O xurado estivo formado por Fran Velo, compoñente dos Heredeiros da Crus; Sonia Lebedynski, cantante de Fía na Roca; Juan Ciego, compoñente de The Covers e profesor de música; un representante da Escola de Música de Boiro; Nolo Romero, Concelleiro de Xuventude e Festexos e representante institucional do Concello de Boiro; e Alberto García, técnico de cultura do Concello.

Jorge Campaña, presidente da Asociación Cultural Borobó, agradeceu a colaboración de tódalas empresas que fixeron posible que este certame tivera un premio cunha cuantía económica, así como a propia participación dos grupos e a asistencia de todo o público durante estes meses. Asemade, Campaña quixo incidir en que “estamos vendo como o obxetivo deste certame, a promoción de grupos do Barbanza, se está cumprindo, pois as bandas concursantes están conseguindo bolos en diversos locais de concellos da comarca".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

3.7.12

Ribeira: este venres 6 de xullo, charla sobre sexualidade con Iria Aboi, secretaria xeral de Galiza Nova


Iria Aboi, nun acto da organización xuvenil do Bloque

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: continúa o curso sobre a depresión, que remata cunha conferencia aberta o venres dunha reputada psicóloga

Cartel_conferencia_da_depresin

  •  A conferencia é aberta a todo o mundo
  • María Jesús Álava Reyes dará as claves para unha vida máis harmónica e positiva, nunha ponencia titulada "A inutilidade do sufrimento", que tamén dá nome a un libro seu que xa vendeu 250.000 exemplares


Ribeira, 3 de xullo de 2012.- A doutora María Jesús Álava Reyes, unha das psiquiatras máis mediáticas e prestixiosas de España, vai a ofrecer este venres día 6 de xullo, ás 20 horas, unha conferencia aberta á asistencia de toda a cidadanía de Ribeira e da comarca. O seu título, “A inutilidade do sufrimento”, mesmo nome que o do seu libro de divulgación máis coñecido e aclamado, do que se teñen vendido xa máis de 250.000 exemplares e que está a servir de guía de cabeceira para moitísimas persoas que buscan mellorarse a si mesmas no mundo das emocións.

 

Esta acción está auspiciada pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo, que emprendeu as xestións encamiñadas a que a eminente doutora Álava Reyes se dirixa de xeito gratuíto e desinteresado ante a audiencia riveirense para incidir nas claves para desenvolver unha vida máis harmónica e positiva.

 

Curso da Universidade Menéndez Pelayo

Precisamente, hai que recordar que  a citada institución académica organiza dende martes e ata o venres un curso titulado “La Depresión: qué es y cómo tratarla”, que terá lugar no Auditorio Municipal.

 

Dirixido polo riveirense Gualberto Buela-Casal, presidente da Asociación Española de Psicoloxía Conductual e profesor da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Granada, o obxectivo deste curso reside en dar a coñecer os avances actuais no coñecemento sobre a natureza da depresión, os modelos explicativos e os distintos procedementos, tanto na avaliación e diagnose como nos distintos enfoques de tratamento (psicolóxico e psiquiátrico).

 

AVANCE DE PROGRAMA:

 

Mércores, 04 Xullo 2012

 

10:00 h.

Inauguración:

 

Raúl Quevedo Blasco

PDI Facultad de Psicología. Univ.de Granada

 

Gualberto Buela Casal

Presidente de la Asociación Española de Psicología Conductual.

Catedrático de Psicología Univ. de Granada

 

Xosé Luis Barreiro Rivas

Director de la UIMP en Galicia

 

10:15 h.

¿Cómo identificar la depresión?

Gualberto Buela Casal

 

12:00 h.

La naturaleza y modelos explicativos de la depresión

Wenceslao Peñate Castro

Catedrático de Psicología Clínica. Univ. de la Laguna

 

17:00 h.

¿Somos o estamos depresivos?

Gualberto Buela Casal

 

18:30 h.

¿Somos o estamos ansiosos?

Raúl Quevedo Blasco

 

Xoves, 05 Xullo 2012

 

10:00 h.

El deterioro cognitivo y la depresión de ancianos

Raúl Quevedo Blasco

 

12:00 h.

Qué pueden hacer los psicólogos clínicos con la depresión: un modelo empírico de tratamiento

Francisco José Santolaya Ochando

Presidente del Consejo General de Colegios de Psicólogos de España

 

17:00 h.

La reexperimentación emocional para el tratamiento de la depresión

Wenceslao Peñate Castro

 

18:30 h.

MESA REDONDA: La Depresión: ¿una consecuencia de la sociedad actual?

 

Gualberto Buela Casal

Wenceslao Peñate Castro

Raúl Quevedo Blasco

 

Viernes, 06 Xullo 2012

 

10:00 h.

Casos clínicos en depresión

Francisco José Santolaya Ochando

 

12:00 h.

Cambios en el estado de ánimo de los niños y adolescentes:Cómo identificarlos y cómo tratarlos

Mª Jesús-Natividad Álava Reyes

Directora de APERTIA CONSULTING

 

17:00 h.

Cómo puede ayudar la familia en el tratamiento de la depresión

Mª Jesús-Natividad Álava Reyes

 

18:30 h.

Clausura y entrega de diplomas

Gualberto Buela Casal

Raúl Quevedo Blasco

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: este sábado 7 de xullo, derradeira asemblea de peñas antes da Festa da Dorna


Xa quedan menos de 20 días para o acontecemento festeiro do ano

Ribeira, capital da Festa da Dorna, 3 de xullo de 2012. Este vindeiro sábado 7 de xullo, no salón de Actos da Casa do Mar, ás 21:03 terá lugar a cuarta e derradeira asemblea de peñas de cara á Celebración da LXIV Singladura da Festa da Dorna.
Alí pecharase o programa da Festa da Dorna, xa que quedan aínda xogos sen confirmar as peñas organizadoras e non está pechada toda a colaboración necesaria para as distintas actividades das que consta a Festa da Dorna.
As peñas con ganas de poñer o seu gran de area para levar adiante a Festa da Dorna 2012, están a tempo de facelo. Nesta asamblea poderán apuntarse peñas novas, que non o fixeran xa, coa fin de pasar o Exame de Patróns e tamén resolveranse todas as dúbidas sobre a pre-inscrición nos xogos que a precisan, tales como: Canción de Tasca, Enjalanamento de Fanequeiras, Facho Dorneiro e algún máis.

Ademáis recordaraselle a tódolos asistentes que xa están á venta as sudadeiras dorneiras en Podium Sport (agora na Rúa de Lugo). Informou, atenta e jalochamente, Arturo González Mariño, vicepresidente en sasón da A. C. R. e I. Cofradía da Dorna.


Dorna: "Carallos de Rei" e "A Nasa", peñeiros deseñadores








Cultura marítima: un libro sobre dornas, resucitado na Rede

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: Adega organiza unha xornada de voluntariado ambiental na praia da Corna este xoves 5

Relacionada:


Natureza: Adega denuncia a mala xestión das praias da Corna e Coroso


 

A Pobra, 3 de xullo de 2012. ADEGA organiza este xoves día 5, unha xornada de voluntariado ambiental na praia da Corna (Pobra do Caramiñal) dentro do programa “Conservando as nosas Dunas”. A asociación ecoloxista continúa a divulgar o problema das especies invasoras, e a importancia de conservar os ecosistemas dunares. Estas accións teñen por obxectivo aumentar a concienciación cidadá, divulgar e promover iniciativas de custodia litoral, facilitando para iso ferramentas de conservación. Outros dos obxectivos é acadar un mellor estado ecolóxico dos ecosistemas dunares.

 

A Fundación Biodiversidad seleccionou estas  actuacións propostas por ADEGA no marco da iniciativa Playas, voluntariado y custodia del territorio, xunto con outras 30 actividades en todo o estado.  

Este xoves o voluntariado traballará en labores de eliminación de flora exótica invasora e limpeza do areal. Esta praia ten un ecosistema dunar ben conservado mais conta con numerosas ameazas que poñen en perigo tanto a flora como a fauna alí presente. Atópase gran cantidade de lixo en toda a praia e ata o día de hoxe non foi retirado. É preciso realizar limpezas selectivas e manuais respetando deste xeito a vexetación dunar, o argazo e este hábitat onde aínda se pode atopar píllara papuda (Charadrius alexandrinus). A píllara é unha ave catalogada como vulnerable no catálogo nacional de especies ameazas e polo tanto precisa de protección real, e divulgación do seu valor ecolóxico. Aniña na area na parte baixa das dunas, polo que os seus ovos corren o perigo de ser pisados por bañistas ou cans.  

Estas actuacións darán continuidade aos traballos realizados por ADEGA no proxecto Corna, no que alén de eliminar flora exótica invasora, tamén se realizou unha campaña divulgativa sobre o valor deste ecosistema e a necesidade de protección da píllara.

En Porto do Son o 19 de xullo

Haberá unha segunda xornada de voluntariado o día 19 de xullo e se desenvolverá no concello de Porto do Son (na Praia de Areas Longas).

Serán actividades gratuítas onde o voluntariado contará con seguro de accidentes, alén de ter cubertos os gastos de transporte e comida. As voluntarias e os voluntarios que queiran participar en calquera das dúas xornadas poden apuntarse ou pedir información no seguinte enderezo.

Máis info:

Lucía Parente

Email: lucia@adega.info

Tlf: 981 57 00 99 - 669 80 69 08




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Etnografía: editan 25.000 trípticos para promover o vía crucis marítimo-fluvial do Ulla e Arousa

Cruceiros_xacobeos_1

  • Este sábado 7 de xullo terá lugar a Traslatio, con saída en Ribeira, unha celebración inventada para manter o espírito do Xacobeo
Ribeira, 3 de xullo de 2012.- O salón plenario do Consistorio foi escenario esta mañá da presentación duns novos trípticos informativos que, impresos pola Deputación Provincial de A Coruña, pretenden seguir promocionando o Camiño do Mar de Arousa e Ulla a través dos Cruceiros Xacobeos instalados ao longo do percorrido e que conforman o único vía crucis marítimo-fluvial do mundo.

Para informar desta acción estiveron presentes o presidente da Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, Javier Sánchez Agustino Mariño, e o alcalde de Ribeira e deputado provincial, Manuel Ruiz Rivas, quen informou que nunha primeira tirada editáronse 25.000 trípticos que serán repartidos polos sete municipios coruñeses que forman parte do padroado da citada Fundación: Ribeira, A Pobra, Boiro, Rianxo, Rois, Padrón e Dodro, así como Santiago de Compostela.

Ademais, segundo indicou Ruiz Rivas, nunha fase ulterior distribuíranse novos exemplares ata completar os 200.000, coa pretensión de abarcar tamén países veciños como Portugal ou outras nacións con tradición xacobea.

Javier Sánchez-Agostino incidiu no carácter turístico desta guía que está dirixida fundamentalmente ao visitante, ademais dun pretexto para que este coñeza cada unha das localidades litorais que rodean á ría de Arousa e ao río Ulla. O conxunto de cruceiros reflectidos na publicación datan dos anos de século do ano pasado, a excepción, precisamente, dos pertencentes á mancomunidade de municipios Arousa Norte (Riveira, A Pobra, Boiro e Rianxo), que se colocaron no ano 2004 con ocasión do Ano Xacobeo.

Os participantes no remonte que sairá este sábado dende o porto deportivo de Ribeira poderán acceder xa a estes novos trípticos informativos.




 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a firma noiesa Josoni investirá máis dun millón de euros no matadoiro mancomunado ata 2020

Matadoiro

Ribeira, 3 de xullo de 2012.- O Concello informa de que xa está en tramitación a licenza de apertura do Matadoiro Mancomunado situado no Polígono Industrial de Xarás, unha vez no pleno ordinario do pasado 25 de xullo se dese luz verde á contratación deste servizo á empresa Distribuciones Josoni, S.L. (con domicilio social no municipio de Noia), que prestará cobertura aos municipios de Riveira, A Pobra, Boiro e Rianxo.

 

Así, segundo consta no Boletín Oficial da Provincia con data de hoxe, a devandita licenza de apertura sométese á información pública por un período de vinte días hábiles que comezan a contarse a partir do día seguinte da publicación do edicto no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

 

De acordo coa oferta presentada por Distribuciones Josoni no período de licitación, a empresa ten programado investir en melloras no servizo e instalacións do matadoiro máis dun millón de euros de aquí ao 2020. Ditas inversións materializaranse, entre outras actuacións, na ampliación da infraestrutura en máis de 600 metros cadrados para instalar unha sala de despece e cámaras; na adquisición dunha caldera de vapor e dunha cuba de escalde; e na obtención de maquinaria e equipo de envasado e termoformado e nunha báscula etiquetadora co fin de permitir así o envasado e termoformado de despece, tanto de vacún como de porcino.

 

Ademais, propiciará a creación de dez novos postos de traballo: seis operarios de matadoiro, dous operarios de sala de despece, un transportista de animais, e un encargado da distribución dos canais/despece.

 

En virtude da adxudicación do servizo, a empresa abonará un canon anual de 3.100 euros. As cinco primeiras anualidades (15.500 euros) serán pagadas xa no 2012.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: este venres, 6 de xullo, presentación do novo disco de Jabon Blue

Jabonblue




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical