- Na casa da cultura ás seis da tarde
- Lémbrase que a exposición de Nacho Costa Beiro, tamén na casa de cultura, estará colgada ata o Día de Reis (6 de xaneiro de 2013)
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 12 de decembro de 2012.- O Concello segue coas melloras no entorno da praza do Centenario e do barrio de Abesadas a través dun conxuntos actuacións que teñen como obxectivo unha maior prestación de servizos aos cidadáns que redunden na súa calidade de vida.
Así, se hai escasas semanas se completaba a colocación dunha pista polideportiva de 10x7 metros ideada para a súa utilización por nenos de 4 a 10 anos, nestes días se poden observar nas súas inmediacións como se están desenvolvendo os labores de instalación doutras dúas infraestruturas, ás que axiña se vai sumar unha terceira.Pode que tamén lle interese:



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
A Pobra do Caramiñal, 12 de decembro de 2012. Namentres no día de hoxe centos de institutos de Galicia homenaxearon con recitados en común e actividades nas praias o poema de Celso Emilio Ferreiro "Deitado frente ao mar", na Pobra parte do alumnado de 4º de ESO adicouse a indagar nas rúas do seu municipio aquelas que levan nomes de autoras e escritores cos que confeccionaron un mapa virtual.
"Rúas con literatura" é o título dunha secuencia de traballo desenvolvida en 4º da ESO durante as últimas semanas, inspirada en parte no proxecto Callejeros literarios. Trátase, segundo explican na web "Remexer na Lingua", "de coñecer e facer máis visíbeis os/as escritores/as que lle dan nome a rúas da nosa vila compoñendo un mapa ilustrado na web".
Este magnífico exercicio práctico consta de sete actividades:
Deste xeito, as alumnas e alumnos deste curso puideron coñecer de primeira man as rúas adicadas a escritores da súa vila, estudar a súa vida e obra, traballar en equipo para levar adiante o mapa -co conseguinte uso das novas tecnoloxías na escola- e darlle forma a un traballo que agora pode ver todo o mundo na Rede e partillar nas redes sociais.
Velaquí o mapa en Tripline
En pobra do caramiñal twitter.com/hackerman15/st… "@hadrianaordonez: Agora no IES FELIX MURIEL: coordinadoraendl.org/recitandocelso… #recitandoacelsoemilio 'Deitado fronte o mar'" LA GENTE QUE VOTÓ AL PP PARA MEJORAR SU SITUACIÓN LABORAL, AL MENOS VA A PILLAR BUEN CACHO EN EL REPARTO DE DOLOR DE GALLARDÓN.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
¡El papa lo ha pillado a la primera! Lleva tres tuits, 420 caracteres, y no ha dicho absolutamente nada.
— Julián Hernández (@JulianSiniestro) December 12, 2012
Jueces pidiendo a Gallardón que dimita, profesores a Wert, trabajadores a Bañez y médicos a Mato. Que bien disimula Rajoy que manda
— Armando el pollo (@Arma_pollo) December 12, 2012
A ver, os emocionados polo 12 do 12 do 12, hoxe é mércores, 28 de Muharram de 1434 no calendario islámico. E que? #VaiRascarOCarallo
— Certo (@Certo) December 11, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
[[posterous-content:pid___0]][[posterous-content:pid___1]]https://twitter.com/Certo/status/278427281653899264
Boiro: Pedro Campos gañou o torneo poético Slam Arousa na súa vila post.ly/9xPoZ
— Certo (@Certo) December 11, 2012
"@pau_arruti: Veña, despois de “Eu quero josar” todos a comprar DVDs, camisetas, tangas e calzoncillos!! twitter.com/pau_arruti/sta…" @tonhitodepoi
— Certo (@Certo) December 11, 2012
Cos das preferentes en Boiro twitter.com/bngboiro/statu…
— bngboiro (@bngboiro) December 11, 2012
Boiro: os de Aturuxo non lle van facer caso ao apocalipse maya e van facer o xantar tradicional de inverno o 22. Ala! aturuxa.blogspot.com/2012/12/xantar…
— Certo (@Certo) December 11, 2012
Alguén ten que dicilo: pode que o mellor uso que se pode dar aos ciberchiringuitos Cemit da Xunta non sexa falar cun tal Papá Noel...
— Certo (@Certo) December 11, 2012
Cultura: Celso Emilio Ferreiro é celebrado mañá, 12 do 12 do 12, en toda Galicia. vía @culturagalega culturagalega.org/noticia.php?id…
— Certo (@Certo) December 11, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Boiro: Pedro Campos gañou o torneo poético Slam Arousa na súa vila post.ly/9xPoZ
— Certo (@Certo) December 11, 2012
"@pau_arruti: Veña, despois de “Eu quero josar” todos a comprar DVDs, camisetas, tangas e calzoncillos!! twitter.com/pau_arruti/sta…" @tonhitodepoi
— Certo (@Certo) December 11, 2012
Cos das preferentes en Boiro twitter.com/bngboiro/statu…
— bngboiro (@bngboiro) December 11, 2012
Boiro: os de Aturuxo non lle van facer caso ao apocalipse maya e van facer o xantar tradicional de inverno o 22. Ala! aturuxa.blogspot.com/2012/12/xantar…
— Certo (@Certo) December 11, 2012
Alguén ten que dicilo: pode que o mellor uso que se pode dar aos ciberchiringuitos Cemit da Xunta non sexa falar cun tal Papá Noel...
— Certo (@Certo) December 11, 2012
Cultura: Celso Emilio Ferreiro é celebrado mañá, 12 do 12 do 12, en toda Galicia. vía @culturagalega culturagalega.org/noticia.php?id…
— Certo (@Certo) December 11, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Mondariz-Balneario, 11 de decembro de 2012.- O Balneario de Mondariz acolleu hoxe a presentación do libro Murguía y Mondariz, unha obra do profesor Xosé Ramón Barreiro Fernández, natural de Ribeira, editada pola Fundación Mondariz Balneario coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Real Academia Galega (RAG).
A obra, segundo afirmou no acto o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, é “o resultado dun traballo de integración de todo un conxunto de perspectivas que nos ofrece unha lectura completa dun tempo fundamental da nosa historia cultural e lingüística”.
Ao fío disto, indicou que o libro reúne “algúns dos elementos clave da construción galeguista, que marcou unha época histórica e que puxo os alicerces para a reflexión, o compromiso e a estima pola cultura propia de Galicia”. Faino a partir da relación entre Mondariz e Manuel Murguía, “figura que representou en boa maneira iso que hoxe denominamos un dinamización da vida intelectual, que marcou unha pauta para o cambio de século, como ponte entre o Rexurdimento e a Xeración Nós”, dixo.
Vinculación entre o cultural e o empresarial
Murguía y Mondariz afonda na súa parte introdutoria na relación do primeiro presidente da RAG cos Peinador (cos irmáns Ramón e Sabino Enrique Peinador Vela, e mais co fillo deste último, Enrique Peinador Lines), impulsores do Balneario de Mondariz. Ademais, a obra aborda a relación de Murguía con Mondariz e trata tamén da súa colaboración con La Temporada en Mondariz, publicación que se repartía gratuitamente entre os hóspedes do balneario.
En referencia a estas relacións, Anxo Lorenzo asegurou que exemplifican “unha vinculación entre o cultural e a actividade empresarial aínda con longo percorrido un século despois”.
Na segunda parte da publicación reprodúcense unha serie de artigos da autoría de Manuel Murguía, entre os que se inclúen o que orixina a creación da RAG e outros arredor de Mondariz e a súa comarca, xunto con artigos etnográficos, arqueolóxicos e biográficos, entre outros.
Finalmente, o secretario xeral felicitou ao profesor Barreiro Fernández “pola súa capacidade de traer ao noso presente os elementos esenciais da nosa vitalidade cultural e identitaria”, así como tamén á RAG, como parte imprescindible deste labor investigador”, e á Fundación Mondariz Balneario. “Para a Xunta de Galicia –concluíu– constitúe un orgullo tomarmos parte tamén, co noso apoio, deste traballo, que nos ofrece unha análise fundamental dunha época que marca a nosa historia cultural colectiva”.
No remate do acto –no que tamén interviron o propio autor da obra, o presidente da Fundación Mondariz Balneario, Javier Solano; e a concelleira de Cultura de Mondariz-Balneario, Cristina Rodríguez– fíxose entrega do diploma III Embaixador de Mondariz a D. Manuel Murguía, que recibiu o alcalde do Concello de Arteixo, terra natal do escritor.
De fascistas a reis e sultáns, ademais de comunicadores como Lecquio
Na lista de "personaxes ilustres" que colga da web do balneario de Mondariz dá mesmo arrepío ver que alí estiveron, entre outros, fascistas asasinos como José Millán Astray (en 1922 inda non estaba nos seus "mellores tempos") ou o golpista Miguel Primo de Rivera (en 1927), xunto a sultáns como Al Kaitoo. Mais na lista, o que predomina agora son personaxes do famoseo, como Alessandro Lecquio, disque comunicador, e presentadores de televisión como a nosa paisana Paula Vázquez, ou actores como Manquiña, Sancho Gracia (xa falecido) ou Natalia Verbeke. O século pasado a farándula estaba composta por escritores da talla de Ramón Cabanillas, Wenceslao Fernández Flórez, Vicente Risco ou Emilia Pardo Bazán. Os tempos mudaron moito neste aspecto, mais non no dos políticos, que seguen a encher este establecemento. Antes eran Castelar e os citados Rivera e Astray, namentres estes últimos anos pasaron Bono, Paco Vázquez, Aznar ou Javier Solana.
Relacionada:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Campaña Institucional de Cáritas
“Vive sinxelamente para que outros, sinxelamente, poidan vivir”
Ribeira, 11 de decembro de 2012. CÁRITAS PARROQUIAL DE AGUIÑO desexa facer público o seu agradecemento ás seguintes entidades colaboradoras co I Torneo Cáritas Parroquial de Aguiño: S.D. Xuventú Aguiño, Concello de Riveira, Deportes Estévez, Podium Sport, Deprtes Carlos Miguel, Frinsa, Aliprox Aguiño, Floristería Mimos, Florería Bonsai, Electrodomésticos Ruiz, Peluquería Ángela, Peluquería Manola e Pescados Ouviña; cunha mención especial para os árbitros que participaron no evento deportivo-benéfico.
Agradecemento que quer facer extensivo a tódalas persoas asistentes ao certame disputado no Campo Municipal da Tasca, durante a xornada do pasado día 6, e a mañá do domingo día 9, e que contribuíron co seu donativo a realizar una recadación de mil cen euros (1.100 €), destinados a atender e paliar as necesidades e realidades de pobreza da parroquia.
Reseñar que o equipo Campión en categoría Prebenxamín foi o Puebla, F.C.; en categoría Benxamín foi o S.D.V. Cabo de Cruz, e en categoría Alevín foi a S.D. Xuventú Aguiño B.
Gracias tamén, como non, aos clubes que participaron:
PORTO DO SON, XUVENTÚ AGUIÑO, ATL. RIVEIRA, CARREIRA C.F., SALVORA C.F., S.D.V. CABO DE CRUZ, PUEBLA F.C., ABANQUEIRO S.D., S.H. PALMEIRA, XUÑO S.D., unha aperta especial para todos eles.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
[[posterous-content:pid___0]]
Ribeira, 11 de decembro de 2012. O vindeiro domingo 16, ás 10.00 horas, sairá da rúa Industrial (Polígono Industrial de Xarás, detrás de Frinsa) unha andaina de 12 quilómetros aproximadamente que levará, a todos aqueles que se queiran anotar, por camiños de terra ata Bretal e Axeitos, onde pasarán polo monumento megalítico máis senlleiro da zona, o Dolmen de Axeitos, para regresar unhas dúas horas despois ó punto de partida.
Dificultade técnica: Baixa.Recomendacións:
- Levar roupa e calzado cómodo en concordancia coa actividade que se vai facer.
- Non se permiten animais.
- Prégase estar entre 5 e 10 minutos antes no punto de partida, xa que se sairá con puntualidade.
- Levar auga e alimento en función das necesidades de cada persoa xa que non haberá avituallamentos.
Cultura: docu sobre Celso Emilio, no que fan del un pandeiro. Tráiler xenial: vimeo.com/55263864 vía @magago Sae o dodrense Anxo Angueira. Música: Familia Caamagno canta polo Nadal! Xa podes baixar o seu ep de balde de familiacaamagno.bandcamp.com Estiveron en Boiro cos @terbutalina Boiro: Pedro Campos gañou o torneo poético Slam Arousa na súa vila post.ly/9xPoZ A ver se solucionan pronto o do facebook, que aínda lle vai dar á xente por ler libros ou algo.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Boiro: o mércores, 19 de decembro, curso de afectividade e autocoñecemento post.ly/9xPFG
— Certo (@Certo) December 11, 2012
Manuel Saco lembra o paso de Díaz Ferrán pola catedral de Santiago. Pura dobre moral católica. eldiario.es/_4a267a9 vía @eldiarioes
— Certo (@Certo) December 10, 2012
Boiro: Jorge Atán estará mañá coa Garda Civil. Haberá algún xornalista que lle pregunte por aqueles expedientes? galiciaconfidencial.com/nova/12309.html
— Certo (@Certo) December 10, 2012
Boiro: a Anpa Loureda organiza o seu festival o vindeiro sábado 15 no centro social de Cabo de Cruz post.ly/9x7kt
— Certo (@Certo) December 10, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia