13.3.10

Ribeira: a fervenza de Balteiro tamén está impresionante nesta época

Imaxe de Paco do Martelo, outro namorado das fervenzas.
A cascada está ao pé do cámping Ría de Arousa II

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Fotografía: impresionante colección de cancelas dun flickeiro portugués

E nós temos catro perdidas entre somieres e curiosidades! Este si que é un traballo de catalogación ben feito dun usuario de Flickr que vive en Chaves, Portugal.

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Sanidade: o Valedor do Pobo insta no seu boletín a que se cree a categoría de celadores no Hospital da Barbanza

Download now or preview on posterous
Valedor do Pobo.pdf (308 KB)

Non se queden co do "Boss": lean a segunda páxina...

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: composta a nova executiva local do Partido Socialista Obrero Español

12.3.10

Internet: Barbanza-Noia On Line, un blog multisectorial para promocionar estas bisbarras

Benvidos!!!

04/02/2010 a 9:44 AM · Archivado en Benvidos and etiquetado: , , , , , , , , , ,

Benvidos ao novo blog das comarcas do Barbanza e Noia.

Neste novo blog poderedes estar enterados de todo o que acontece na voso comarca: actividades, ofertas, promocións, …, así como coñecer un pouco máis a nosa península. Para todo isto ofrecémosvos 4 apartados diferentes:

  1. Barbanza-Noia Eventos e Promocións

  2. Barbanza-Noia Natural

  3. Barbanza-Noia Creación

  4. Barbanza-Noia Pasatempos

 

(Fai click en cada un dos puntos para acceder a cada un deles.)

Comentarios

Con fondos públicos, suponse... Así que a aproveitalo!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: máis contedores soterrados en García Bayón e na avenida do Malecón dende o sábado 13 de marzo

Contedores soterrados que xa funcionan na avenida do Malecón, na altura do cruce deste paseo coa rúa Campo de Marte


    Ribeira, 12 de marzo de 2010.- A Concellería de Medio Ambiente local informa de que, no marco da política municipal de minimizar o impacto estético na recollida de residuos, mañá sábado entrarán en servizo os novos contedores soterrados instalados, por unha parte, no parque García Bayón e, por outra, na avenida do Malecón á altura do seu cruce coa rúa Linares Rivas (fronte ao chamado edificio da Caixa de Aforros).

 

    Ademais, no transcurso da próxima semana vai estar operativa a outra das novas illas de contedores soterrados dispostas no Malecón (concretamente, a que está situada fronte á pastelería Fina, entre as rúas Rosalía de Castro e M. Lustres Rivas), así como os que están na rúa Rosalía de Castro.

 

    Cada unha destas catro illas disporá de seis bocas, tres das cales estarán destinadas a residuos orgánicos, máis unha dirixida a cartón, outra a vidrio e unha terceira á denominada bolsa amarela (envases). Cada contedor terá unha capacidade de 1.000 litros, agás os de cartón e vidro, que terán tres metros cúbicos cada un.

 

    Estas catro illas de contedores soterrados súmanse a que xa está en funcionamento na rúa Mariño de Ribeira e ás que están na avenida do Malecón, por unha parte a altura do cruce deste paseo coa rúa Campo de Marte (fronte ao Bulevar) e por outra parte diante do palco da música (fronte ao Albatros).

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: feito e enviado ás asociacións o borrador de regulamento da Casa da Xuventude local

Reunión na Casa da Xuventude de hai dúas semanas

 

    Ribeira, 12 de marzo de 2010.- Cumprindo cos prazos pactados e quince días despois da xuntanza acaecida na Casa da Xuventude de Riveira entre o Concello -por unha parte- e as asociacións e mozos e mozas do municipio que quixeron asistir a título individual -por outra-, a Concellería de Xuventude está a enviar xa aos participantes na devandita reunión un borrador do regulamento das instalacións que serva de base sobre a cal os colectivos e particulares interesados aporten as súas suxestións ao respecto.

 

    De igual xeito, o Concello colgará este borrador na páxina web institucional (www.riveira.es) a fin de que poidan participar outros mozos e asociacións que non acudiron á xuntanza do pasado 25 de febreiro. Cómpre lembrar a este respecto que poden facelo por correo electrónico a xuventude@riveira.com .

 

    Á volta das vacacións de Semana Santa e despois de engadir os cambios pertinentes, os colectivos xuvenís e particulares serán convocados a unha nova reunión para consensuar o contido do documento. Acto seguido, será levado a pleno da Corporación Municipal para a súa eventual aprobación.

 

Máis información en Certo sobre a Casa da Xuventude, aquí

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Faranji: o capítulo "Rastafari" aborda os delirios de grandeza dun cacique africano

Estes delirios, noutras escalas, noutras terras, son habituais. A quen non lle sonan? Xurxo Ayán compara de novo Etiopía con Galicia, e canto máis avanza, máis semellanzas atopa:
"Baixiño, levaba unha barba mesiánica e unha ollada de tolemia na faciana. Home pequeno, fol de veneno. Recorda bastante ao perfil de Francisco Franco, un home acomplexado, feo, con voz de pito e apariencia escasamente autoritaria. Ámbolosdous acadaron o poder por medios truculentos e se aferraron a el como un cravo ardendo. O culto á personalidade, o glamour estrambótico da corte..."
Léao todo en http://certo.es/index.php?page=rastafari

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Mar: a matanza dos tiburóns, a debate nun documental de denuncia

O trailer do documental do que falan os rapaces de Axena: http://www.youtube.com/watch?v=ggtxA4wuXzY
Se chanas inglés, xa o podes ver enteiro en YouTube (nove partes): http://www.youtube.com/watch?v=Vog3z1NsMYU

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

11.3.10

A Pobra: aprobada no Parlamento proposta socialista para que o pazo Torre Xunqueiras cumpra a lei como BIC

A proposta socialista, presentada por Lage Tuñas, incide en que se abra ao público os días que corresponde, como todo Ben de Interese Cultural




-
O Viceportavoz do Grupo Socialista, José Manuel Lage defendeu hoxe na Comisión 4ª do Parlamento (Educación e Cultura) unha proposición non de lei para facilitar a apertura ó conxunto da poboación do Pazo de Torre de Xunqueiras, un Ben de Interese Cultural (BIC) recoñecido dende o ano 1981.

-Lage Tuñas propúxo un acordo aos grupos do BNG e PP “para que se pida á Xunta que faga cumplir a lei, favorecendo a dinamización turística da comarca do Barbanza ao incorporar as visitas ao Pazo ás rutas e aos programas turísticos”

-O deputado do PSdeG expuso a proposta baseandose na necesidade de combinar o respecto á propiedade privada co cumprimento da lei de patrimonio cultural de Galicia que di que “os propietarios, posuidores e demais titulares de bens declarados de interese cultural deberán de facilitar a visita pública ós mesmos nas condicións que se determinen, que en todo caso será gratuíta durante catro días ó mes, en días e horario prefixado. Esto é o que pedimos, que se cumpla a lei”

-”Quero agradecer a cooperación dos grupos do BNG e PP que apoiaron a nosa iniciativa. O acordo ao que chegamos na comisión é importante porque é unánime, sendo un claro mandato ao goberno galego para que se poña as pilas e faga cumplir a lei 8/1995 do Patrimonio Cultural de Galicia”, afirmou José Manuel Lage ao rematar o debate da súa Proposición Non de Lei.

-Lage Tuñas recordou que ”o único que pedimos os socialistas galegos é que se facilite a existencia dun calendario con datas e horarios prefixados para que os cidadáns coñezan de antemán cando poden visitar este ben de interese cultural.”

-Dende o PSdeG tamén defenden a necesidade de que A Xunta de Galicia “implemente un programa de difusión e coñecemento dos bens de interese cultural que temos en Galicia, facilitando a súa promoción nos circuitos de turismo cultural”.

Se se achegan ao pazo e non poden velo, non se vaian sen mirar o cruceiro de Xunqueiras, unha auténtica marabilla. Está a uns metros á esquerda, segundo miran para as Torres.


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical