Outro fermoso traballo de Vinte10, a televisión do instituto de Porto do Son.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
A Pobra do Caramiñal, 3 de xullo de 2010. A portavoz do Psoe da Pobra denunciou onte ante a policía local novas verteduras procedentes do polígono da Tomada, como se observa na copia da denuncia interposta. A concelleira socialista Teresa García Guillán explica no blog dos socialistas da Pobra que se aprobou "un regulamento municipal de vertidos pero non é máis que papel mollado. É evidente que hai grupos de presión neste pobo que teñen indulxencias, que poden contaminar, que poden prexudicar o medio ambiente e que as consecuencias derivadas das súas accións nin tan sequera teñen sanción económica algunha".
A socialista lémbralle ao alcalde "que leva mirando para outro lado durante 11 anos, que consinte, tolera e permite todo tipo de vertidos industriais. Que xa vai sendo hora de erradicalos, por conciencia e porque ten as ferramentas na súa man para poder facelo. Xa está ben de compadreo cas empresas, de palabras ocas e de representar ante os medios de comunicación un papel de Alcalde cumpridor que en realidade non cumpre".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Boiro, 3 de xullo de 2010. O vindeiro luns, día 5 de xullo, terá lugar no peirao de Cabo de Cruz, ás seis e media da tarde, a inauguración da ruta cicloturística das praias. Esta ruta é unha das cinco que forman a rede de itinerarios cicloturísticos do Concello de Boiro. O percorrido é circular, con inicio e fin no peirao de Cabo de Cruz, é de 17 km. e ten un tempo estimado de percorrido de unha hora e media. A ruta une as praias de Carragueiros, A Retorta e Mañóns, e ó seu paso circunvala interesantes recursos turísticos. As catro rutas restantes inauguraranse no vindeiro mes de agosto. A rede de itinerarios foi financiada totalmente pola Deputación Provincial.
A ruta comeza e remata no peirao de Cabo de Cruz
Na inauguración estarán o alcalde de Boiro, Xosé Deira; a concelleira de Turismo, Francisca Suárez; o deputado Xan Cabo, da área de Asistencia e cooperación cos concellos; e María Ramos, xerente de Aresta Ingeniería, empresa encargada da execución deste traballo. Os tres últimos farán o percorrido en bicicleta. A eles tamén se unirá a concelleira de Deportes, Dores Torrado. O Concello convida a todos os cidadáns a participar nesta marcha de inauguración da ruta. A marcha está organizada por Ricardo Riveiro, presidente do Club Ciclista Barbanza, e colaboran Coca- Cola e Daniel Ríos.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
O Viceportavoz do Grupo Socialista no Parlamento, José Manuel Lage Tuñas manifestou esta mañá que "Feijóo segue coa política do disfraz e a publicidade engañosa. O 22 de abril de abril anunciou a desaparición de 48 “chiringuitos” e un aforro de dez millóns de euros, pero a día de hoxe “rien de rien”
Santiago, 3 de xullo de 2010.- O Viceportavoz do Grupo Socialista no parlamento, José manuel Lage Tuñas dou a coñecer esta mañá a proposta rexistrada na cámara autónomica “para racionalizar a administración pública galega” e “proceder ao adelgazamento da administración paralela”.
Os socialistas galegos propoñen que “antes de que finalice o ano 2010 se proceda á disolución das 34 fundacións comarcais” e que o mesmo proceso se siga con outros entes, fundacións ou sociedades dependentes da Xunta recollidos no acordo do 22 de abril do consello da Xunta, entre os que se atopan a Autoestrada Alto de Santo Domingo Ourense S.A (Aceousa); e a Fundación Centro Superior Cinexético e Piscícola, a Fundación Milenio, a Fundación Galicia-Emigración ou a Axencia Humanitaria de Galicia.
O deputado socialista explica a proposta rexistrada e di que “dende o PSdeG tamén buscamos racionalizar a administración galega e por iso propoñemos un órgano máis áxil para a xestión do solo, superando o actual modelo das Xestures provinciais e autonómica, e a creación por fusión dun único organismo máis eficente, con menos gastos de funcionamento e maior axilidade nos seus traballos”.
“Esta decisión permitiría extinguir catro vellos organismos da administración paralela e facer “máis eficaz” o traballo na tramitación e xestión de polígonos industriais ou parques de vivenda de promoción pública.” afirma Lage Tuñas. Os socialistas galegos tamén propoñen “integrar no IGAPE as funcións, recursos, persoal e patrimonio do Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, S.A. (BIC Galicia), procedendo a súa disolución.”
O Viceportavoz do Grupo Socialista amósase moi crítico coa falta de iniciativa por parte do goberno galego e afirma que “temos un presidente que considera a Xunta un lugar de paso, porque a súa estación termini está máis alá do Padornelo, e a súa acción política móvese máis no terreo da estética, do anuncio fácil pero cunha ausencia clamorosa de xestión.”
Lage Tuñas considera que “a crise é unha oportunidade para racionalizar a administración pública, facela máis eficaz e prescindir de moitos organismos que non aportan nada á mellor xestión dos intereses públicos". O deputado do PSdeG recordou que “o goberno da Xunta de Galicia anunciou a bombo e platillo fai tres meses un plan para suprimir organismos pero a día de hoxe todo é fume”.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia, 3 de xullo de 2010. O próximo venres, 9 de xullo, vai ter lugar a presentación o libro Antítese nativa, do escritor noiés e socio de Terra de Outes, Manuel Lopes Rodrigues. No acto, que terá lugar na casa de cultura do Concello de Outes ás oito e media da tarde, estará acompañado do secretario desta asociación Ramón Blanco e do tamén socio Manolo do Río.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
O Viceportavoz do Grupo Socialista no Parlamento, José Manuel Lage Tuñas manifestou esta mañá a súa indignación "pola demagoxia do PP e do BNG, que agora falan da autonomía de Galicia para xustificar a súa posición contraria a unha inversión de tres millóns de euros para limpar a ría. É a primeira vez que vexo a alguén decindo que non queren que se fagan investimentos no pobo de Noia".
Lage chegou dicir que "a Historia xulgará aos que conspiran para impedir que se fagan inversións en Noia antes de maio de 2011"
Noia. 2 de xullo de 2010.- O viceportavoz do Grupo Socialista no parlamento, José manuel Lage Tuñas manifestou esta mañá a súa indignación "pola demagoxia utilizada polo PP e o BNG, que agora falan da autonomía de Galicia para xustificar a súa posición contraria a unha inversión de tres millóns de euros para limpar a ría.”
“É a primeira vez que vexo a alguén decindo que non queren que se fagan investimentos no pobo de Noia, é a primeira vez que escoito uns argumentos tan peregrinos para rexeitar que o Goberno de España invirta en Noia. Ou é que o PP considera que Noia non forma parte de España? Creo que a acción política do candidato do PP de Noia é un disparate permanente" aseguraba hoxe Lage Tuñas. Dende o PSdeG-PSOE reacciónase diante da “pinza PP-BNG” e anúnciase "unha ofensiva para sacar adiante o proxecto de limpeza e rexeneración da ría de Noia".
Peirao de Noia en 1925. Fotos da estadounidense Ruth Matilda Anderson
Lage Tuñas, viceportavoz do grupo parlamentario socialista, está en contacto permanente co alcalde de Noia e co grupo de goberno, para multiplicar os esforzos e as xestións institucionais dirixidas a “conseguir que Noia recupere maior protagonismo co impulso á economía local, co incremento da productividade marisqueira da ría e coa potenciación do turismo”.
O deputado noiés do PSdeG entende que “nunca ninguén foi tan lonxe como teñen ido PP e BNG para poñer os seus intereses electorais por riba dos intereses de Noia.”
“É unha mágoa que adiquen o seu tempo a tecer alianzas para intentar impedir un importante investimento do Goberno de España en Noia. Sería mellor que adicaron tempo a escoitar o sentir dos veciños e veciñas que non entenden que os concelleiros do PP e do BNG unan as súas forzas para impedir que se materialicen novos proxectos para Noia”, engadiu.
Lage Tuñas cree que “a alianza de PP e BNG polo de agora as consecuencias que tivo foron negativas para o pobo de Noia. Dende finais do ano 2008 levan impedindo que se aprobe un proxecto de saneamento, primeiro co PSdeG na Xunta, ata marzo do 2009, e agora co PP na Xunta.” O parlamentario socialista explica que “non podemos deixar pasar o tren dunha inversión do Estado, tan importante para o marisqueo, o turismo e a creación de riqueza no concello de Noia. Só dende a insensatez, a irresponsabilidade ou o infantilismo político se pode entender a “intifada” de PP e BNG para intentar impedir os investimentos na limpeza e rexeneración da ría".
Lage Tuñas afirmaba hoxe que "a historia xulgará aos que conspiran para impedir que se fagan inversións en Noia antes de maio do 2011. PP e BNG só pensan nas eleccións, e o que está en xogo é a limpeza da ría, que levan os veciños de Noia agardando 40 anos a que algún goberno se acordara de Noia, e agora que hai unha importante partida e un proxecto de Costas para executar, intentan impedilo”.
O Viceportavoz do Grupo Parlamentario Socialista, José Manuel Lage avanzou que “dende o PSdeG, temos como un obxectivo irrenunciables a limpeza e a rexeneración da ría de Noia. Entendemos que é o momento de darlle o impulso definitivo ao proxecto de Costas e que Noia aproveite esta oportunidade para potenciar a economía, a través do marisqueo e o turismo”.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Destes 23 rapaces, 7 incorpóranse á Policía Infantil por primeira vez, razón pola cal recibiron os seus carnés identificativos de mans do alcalde, José Luis Torres Colomer, quen estivo acompañado no acto polo edil Luciano Fernández Martínez e polo coordinador da propia patrulla, José Andrés Alonso Paz, da Policía Local. Os 17 restantes xa participaran en anteriores convocatorias.
Os pequenos policías entrarán en servizo o vindeiro luns e realizarán a súa labor ata o 31 de agosto. Entre as súas funcións, figuran orientar e facilitar información aos visitantes sobre a cidade, desfilar en distintos actos como festas e procesións e detectar posibles deficiencias no estado das rúas.
Anteriormente, os pequenos estiveron a recibir nos seus correspondentes centros educativos unha formación específica sobre o seu incipiente labor (memorización do rueiro de Santa Uxía; localización das farmacias, bancos e praias, a…) e tiveron que superar un exame.
Os novos membros son: Charon Pérez Gago, Anxo Pena Blanco, María Elena Hermida Zapata, Erika Regueiro Hermo, Yarinet Álvarez Xapata, José María Maneiro Hermo e Alejandro Álvarez Vidal. Repiten: Luis Miranda Vidal, Lucia Gómez Pazos, Lucía Maggio Folgar, Cristina Regueiro Hermo, Ángel Fiel Cabadas, Cecilia Sosa Álvarez, Lara Martínez Martínez, Ana Mayán Blanco, Jenni Tesón Pérez, Andrés Paz Ramallo, Janire Suárez Rodríguez, Luis Suárez Rodríguez, Yara Fernández Villaverde, Suleiman Chhain, Nerea Flores Quintáns, África González Martínez.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Martín Romero é de Xión, Boiro. Está en Francia preparando unha novela gráfica, becado por Alhóndiga Bilbao. Toda a entrevista en http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=17201
Nós entrevistámolo hai xa case tres anos, cando comezou a gañar premios por un tubo: http://eniac-informatica.com/xornalcerto/index.php?page=martin-romero
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
O deputado do BNG Francisco Jorquera considera “inadmisíbel que o Goberno pretenda a reversión dun porto que se excluíu da consideración de Portos de Interese Xeral”
Noia, 2 de xullo de 2010. O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, rexistrou onte unha iniciativa parlamentaria na Cámara para solicitar explicacións ao Goberno por tratar de recuperar a competencia sobre o espazo portuario de Noia, que foi transferido á Xunta baseándose no Real Decreto 3217/1982, de traspaso de funcións e servizos á Comunidades Autónoma de Galiza en materia de portos.
Explica Jorquera que o Ministerio de Medio Ambiente comezou a tramitación para solicitar a reversión das competencias da Xunta sobre o denominado sistema portuario de Noia. “Segundo parece, a intención do Ministerio é a de realizar unha actuación no interior da Ría de Noia para derrubar a escolleira de acceso ao Porto do Marqués, o que imposibilitaría que se rematase no futuro a obra portuaria, convertindo en irreversíbel o alonxamento de Noia do mar”.
Auténtico “ataque ás competencias autonómicas”
Lembra o deputado do BNG que a conclusión desta obra é unha “vella demanda de diversas forzas políticas e sociais do municipio xa que a proximidade de Noia a Santiago, a importanza do seu casco histórico, a beleza da súa Ría, permitirían desenvolver plenamente as súas potencialidades no eido da náutica deportiva e de recreo”. E precisamente, recalca, a reversión poría fin a todas estas posibilidades. Sen esquecer que o cambio de marco xurídico ocasionaría problemas desde o punto de vista urbanístico. Ademáis, os artigos da Lei de Costas nos que o Ministerio se ampara son “só de aplicación aos portos de nova construción e non a un porto histórico como é o caso”.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia