128.000 euros en premios para artistas non profesionais entre os 16 e os 30 anos. Nada menos que unha ducia de modalidades distintas, entre as que destacan a de monologuistas, a de banda deseñada e a de graffiti
Hai modalidade para graffiteiros pero o máis novidoso é unha para monologuistas
Nesta edición, por primeira vez, os gañadores das categorías de teatro, música e monólogos, á parte de recibir o premio en metálico, poderán desenvolver as súas propias actuacións. Serán dúas exhibicións para os primeiros galardoados de cada unha das modalidades sinaladas, e unha actuación para os segundos e terceiros. Pola súa banda, as contías que percibirán os participantes serán as seguintes: 3.000 euros para os premiados en primeiro lugar; 1.500 para os segundos; e 1.000 para os terceiros.
Tamén se poderán entregar mencións de honra nas diferentes especialidades a aquelas obras que a xuízo da comisión de selección acaden a suficiente calidade. As mencións carecerán de dotación económica. Os interesados en tomar parte do certame poderán presentar as súas obras ata o próximo 31 de agosto. Os mozos e mozas que gañaron o primeiro premio nalgunhas das especialidades convocadas en 2009 non se poderán presentar a esa mesma modalidade.
Salvo no caso das especialidades de teatro, música, banda deseñada e graffiti, a participación será sempre a título individual. O departamento autonómico destinará este ano ao certame un total de 128.000 euros. A entrega dos premios está prevista entre finais de novembro e principios de decembro. Asemade, a Xunta está a traballar para estender o circuíto de creatividade a outras comunidades autónomas. De feito, Xuventude asinou este mesmo ano un convenio de colaboración con Castela e León para que os creadores novos dos distintos lugares poidan desenvolver intercambios.
Esta iniciativa xa se está a realizar na comunidade veciña e estará centrada en artes plásticas (pintura, fotografía e escultura). No pasado mes de abril, no centro de documentación e información xuvenil de Santiago, tivo lugar unha exposición das obras finalistas do certame de 2009 e de traballos de artistas de Castela e León.
A intención da Dirección Xeral de Xuventude é lograr que este circuíto non só se estenda a outras comunidades do país, senón que tamén chegue a Portugal. De feito, a principios do mes de outubro terá lugar no Concello de Porriño un encontro musical entre grupos galegos e portugueses para afondar neste obxectivo.
Web de referencia:
http://xuventude.xunta.es/xuventude-crea.html
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia


















Por certo que a alegación ao POL do goberno da Pobra é de maio de 2010, carece de rexistro de entrada é de día de presentación. Tanto se debandaron os miolos que o SOLICITA desa alegación non é máis que o titular de prensa cas demandas dos socialistas en abril. Se reduce (textual): “ Que el Plan de Ordenación del Litoral incorpore las propuestas del Plan General de Ordenación Municipal de A Pobra do Caramiñal”. Este goberno municipal nada fixo polos veciños foi a remolque e copiando as boas iniciativas dos socialistas. Si o aportado foi para que non nos afectara o POL, benvido sexa, aínda que para ser inofensivo o POL levoulle os técnicos meses resolver as afeccións que si había. Mencionan o noso voto en contra ao PXOM, é certo, e tampouco nos arrepentimos de nada. Según eles con ese gran Plan Xeral, feito a súa medida, iamos a crecer, a aumentar a poboación e o que se está demostrando é que co Sr. Isaac vamos a desaparecer como Concello, cada día se instala menos xente no noso pobo, esa xestión lévanos a ser case un pobo fantasma durante 10 meses, onde este goberno tivo moito interese en que se construíran segundas vivendas para xente foránea. A carencia de ideas a falta de motivación deste goberno, o esgotamento, estanos levando a deriva, sen rumbo. O cumio do despropósito é que se atreva a pedir a nosa dimisión a persoa máis irrespectuosa, a que máis insulta, na boca desta persoa esas palabras o descalifican automaticamente, carece de valor todo o que este Sr. diga. O concello non é o “cortijo” de ningún político local, e na Pobra este goberno do PP o único que fai é “da capa un saio” como di o refraneiro. Dedíquense a buscar o beneficio común que para iso cobran. O PSOE da Pobra ten o rumbo ben marcado".
