Diego Calvo, nunha foto de arquivoBoiro, 4 de novembro de 2010.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, destacou esta mañá en Boiro que estes investimentos “ademais de impulsar as infraestruturas, permitirán a creación de moitos postos de traballo na comarca do Barbanza”, o que favorecerá á mellora da actividade económica na zona nun momento de crise. Así, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas investirá 14,6 millóns de euros en infraestruturas viarias na comarca durante o próximo ano. Destacan os 7,8 millóns de euros da conexión do corredor Brión-Noia coa estrada AC-550 en Taramancos e que permitirá mellorar as comunicacións con Santiago de Compostela, e os 4,7 millóns de euros para o reforzo do firme e optimización da sinalización na AC-550 en Muros, que se realizará con cargo aos fondos da Sociedade Pública de Investimentos. A adecuación da AC-303 entre o Hospital Comarcal e Corrubedo, terá tamén unha partida da Consellería de 114.000 euros.
Zona da Ribeiriña, na Pobra do CaramiñalO organismo autónomo Augas de Galicia consigna no próximo exercicio unha partida orzamentaria de 7,4 millóns para o saneamento integral das rías. En Muros, o ente autónomo destinará 1,5 millóns de euros para os colectores e as estacións depuradoras de Muros e Esteiro, así como para a mellora das infraestruturas hidráulicas en varias rúas da vila. En Porto do Son hai unha partida de 1,9 millóns para os colectores e as depuradoras de Tarrío e Porto do Son. En Ribeira, os traballos de saneamento, que inclúen actuacións nos colectores xerais de Ribeira e Corrubedo e a creación dunha liña independente dende Pantín ata o bombeo de Pedra Patieira, contarán cunha partida de 1,3 millóns de euros. Augas de Galicia tamén recolle un investimento de 466.000 euros no saneamento da Ribeiriña, en A Pobra, e 360.000 euros para o de Leiro e Isorna, en Rianxo, entre outras actuacións. Calvo lembrou que a mediados deste mes comezarán as obras da segunda fase de saneamento no río Coroño, en Boiro. Augas de Galicia vén de adxudicar estes traballos por un importe de 730.500 euros. O obxectivo é instalar unha rede de colectores residuais nos núcleos de Mieites, Comoxo e A Cuncheira. Portos de Galicia contempla un investimento de preto de 4,5 millóns de euros para traballos de ampliación e mellora das instalacións portuarias de nove concellos da comarca. Destacan os 1,7 millóns de euros para a ordenación interior de atraques no porto de Muros e os preto de 500.000 euros para a ampliación das instalacións para embarcacións menores no de Noia. En Boiro, o investimento de Portos alcanzará os 650.000 euros, dos que 310.000 corresponderán á remodelación dos atraques no porto de Escarabote. Pola súa banda, o investimento da Consellería do Mar na comarca para 2011 ascende a 1,4 millóns de euros e contempla actuacións nas instalacións dos servizos de Gardacostas; relativas á mellora do servicio de salvamento e loita contra a contaminación en Ribeira e Porto do Son e tamén vinculadas a ensinanzas náutico-pesqueiras. Durante a súa visita a Boiro, o delegado lembrou que a todas estas cifras hai que engadir os 106 millóns de euros que destina a Consellería de Traballo en toda a provincia a políticas activas de emprego ou os 152 millóns de euros en materia de Benestar. “Todas estas actuacións –sinalou- teñen como obxectivo primordial dar resposta as principais demandas dos concellos, impulsando proxectos clave para a comarca como o corredor Brión-Noia e a variante de Noia, o saneamento integral das rías ou as intervencións en materia portuaria”. Trátase, en definitiva, de mellorar a calidade de vida dos veciños do Barbanza e “xerar novas oportunidades e postos de traballo cun investimento eficiente e realista”. Neste senso, Calvo gabou o esforzo realizado pola Xunta para coordinar aos distintos departamentos e cadrar con eles unhas contas “coherentes, sustentables, austeras e pegadas ao actual momento económico, nas que quedan garantidas a continuidade dos proxectos prioritarios do Barbanza”. Calvo lembrou tamén “o recorte de 1.177 millóns de euros por parte do Goberno central nos fondos que lle correspondían a Galicia”.
En total, na comarca do Barbanza, Educación investiu preto de 1,6 millón de euros en traballos de renovación e mellora nos centros de ensino. Calvo destacou que estas actuacións permitirán que os máis pequenos “poidan desenvolver as súas actividades nas mellores condicións” e, ao mesmo tempo, dar resposta ás necesidades do centro e ás demandas de pais e educadores.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
















A inexistencia de liquidacións xustificativas sobre a recadación de taxas pola ocupación do dominio público, pódenos facer pensar o peor, da deriva que poidan ter eses cartos. Todos estes temas son de gravidade extrema porque cos cartos públicos o Sr. Isaac debe ser exquisito e transparente. En todo caso supoñendo que eses informes foran irrelevantes non tería inconveniente en facilitalos, desta maneira o único que nos queda que pensar, no mellor dos casos, é que se trate de chapuzas ou trapicheos administrativos, sempre de mal gusto, porque non hai mellor orgullo que ser transparente e honrado. É imposible ter debate no Pleno si se nos censura a información, tendo en conta que todos eses informes son parte da conta xeral do 2009 e da necesidade de fiscalizar o uso correcto ou indebido dos fondos públicos. O obxectivo é que se atendan as peticións da oposición, (claro está, si non hai que agochar), porque a conta que se aprobe nese Pleno procede dos impostos de tódolos pobrenses e non da economía familiar do Alcalde, (que esa soamente lle afecta a el). Por outro lado recoñece publicamente que efectuar inversións cos fondos propios do concello é unha tarefa difícil. Recomendámolle que reduza os gastos en atencións protocolarias, en pompa e boato, porque con eses actos minguan as arcas municipais. Toda esa propaganda tan vistosa pagámola todos os pobrenses. Menos gastos improdutivos e máis eficiencia e racionalidade na xestión. Este dispendio dos pasados días contrasta coas reclamacións dos proveedores, que como almas en pena, van cada día intentar cobrar o que se lles debe, e para eles non hai cartos. Esta si é a nosa preocupación, menos derroche e máis pagar ás persoas que prestaron servizos. Reclamamos TRANSPARENCIA, e un concello que saiba os recursos económicos cos que conta, e a quen se lle debe. O concello da Pobra non é o “cortijo” do Alcalde".
A obra "Frantasmas" será representada o venres 5 de novembro Noia, 3 de novembro de 2010. A programación cultural de novembro na vila noiesa estará marcada polas representacións teatrais e, xa na fronteira con decembro, coa nova edición da Mostra de Curtas "Vila de Noia", á que se presentaron máis de 400 producións de todo o mundo. Tamén cabe destacar o terceiro Congreso de Educación para a Saúde, que terá lugar na segunda fin de semana, do 12 ao 14 de novembro. O programa previsto é o seguinte:







