Parte do Psoe pobrense na actualidade
A Pobra, 21 de outubro de 2010.- Mañá venres día 22 as 20,30 horas, terá lugar no salón de actos do Instituto Social da Mariña unha charla sobre “33 anos de socialismo democrático na Pobra”. Intervirá Xesús Laíño, quen fará un percorrido histórico do socialismo pobrense e a continuación Antonio Fuentes, que foi fundador da Agrupación Pobrense o día 7 de agosto de 1977 e primeiro Secretario Xeral.
A continuación intervirá Salvador Fernández Moreda, que é actualmente presidente da Deputación de A Coruña (entre outros numerosos cargos) e que foi fundador do PSdeG. Asistirá tamén o Subdelegado do Goberno, José Manuel Pose Mesura, outro dos fundadores do PSdeG, que se despraza á vila este venres ademais para a inauguración do Campo da Angustia (praza do Laureado Benigno Dávila). Presentará o acto Teresa García Guillán, secretaria xeral da agrupación socialista, concelleira e portavoz municipal do Psoe pobrense na actualidade.
Relacionadas:
Política: o Psoe local, pioneiro en formación práctica
Benigno Dávila: reinaugúrase a praza para este heroe de guerra
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario