O último obradoiro de emprego chamábase "Illote Noro II" Ribeira, 25 de outubro de 2010. A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia vén de informar favorablemente sobre a celebración en Ribeira dun novo obradoiro de emprego, destinado á formación teórico-práctica de persoas maiores de 25 anos con dificultades de inserción laboral.
Nesta ocasión (e proseguindo coa política de adoptar nomes relacionados coa toponimia náutica riveirense), denominarase “Airoas” ao obradoiro (os anteriores chamáronse “Illa de Sagres”, “Illote Noro” e “Illote Noro 2”). A escola formará a un total de 35 persoas nalgunha destas tres especialidades: carpintería, xardinería ou pavimentación con lastros.
Melloras en San Roque
O Concello pretende seguir aproveitando a oportunidade desta iniciativa para seguir facendo melloras no municipio e, unha vez máis, incidirase especialmente na adecuación do Parque Periurbano de San Roque.
Así, entre as actuacións que se contemplan figuran o adoquinado da zona de acceso a San Roque dende a estrada de Frións, a execución da segunda fase da pavimentación do camiño que enlaza o parque coa cidade riveirense dende a zona dos Xulgados e a realización dun aparcamento e dunha zona axardinada no recinto, ademais doutros traballos como a confección de mobiliario urbano e de equipamento municipal.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario