18.11.10

A Pobra do Caramiñal: o Psoe di que se desmantelou o cuartel da Garda Civil e agora hai que ir denunciar a Boiro


A Pobra do Caramiñal, 18 de novembro de 2010. Segundo comentou o Psoe local, cuxa voceira é María Teresa García Guillán, "a noticia de hoxe na Pobra é que se desmantelaron as dependencias da Garda Civil neste concello. A partires de hoxe para calquera denuncia os pobrenses temos que acudir a Boiro. Non entendemos o motivo deste peche do cuartel, pois as forzas do orde que estaban destacadas na Pobra tiñan unha resolución de conflitos e faltas moi elevada, aproximándose ao 70% a resolución das mesmas".


Segundo a concelleira socialista pobrense, "na actualidade a seguridade dos veciños está complicada: roubos, violencia de xénero, tráfico de drogas; e non é o momento oportuno para que se retiren da Pobra os efectivos que nos daban seguridade. Hai que ter en conta que a policía local soamente presta servizo nas noites da fin de semana, polo tanto os veciños da Pobra quedamos totalmente desprotexidos, sen seguridade para os negocios e para as vivendas".


"Non hai moito tempo que o alcalde nos dicía que contaríamos con maior número de profesionais, contabamos con  tres axentes que facían un traballo excepcional e quedamos sen ningún.Por este motivo recordábanme hoxe persoas maiores que fomos un pobo onde había todos os servizos, que viñan facer compras dos pobos limítrofes, e agora, na etapa de Isaac, imos ser recordados polo desmantelamento dos servizos públicos e porque en poboación cada día somos menos. Os mozos instálanse non pobos que dan servizos, non nos pobos fantasmas", espetou a voceira socialista.


"Pedímoslle ao señor Isaac que xestione, que se preocupe polos veciños e que non deixe á deriva ás persoas emprendedoras, ás que traballan e viven neste concello, pois a seguridade cidadana está en xogo. De pouco nos vale que o responsable do posto da Garda Civil de Boiro veña ás procesións e demais actos aos que o invita o alcalde, senón que o que necesitamos é seguridade", argumentou.


Para Guillán, "nestes intres  estamos sen rumbo a ningunha parte, é imprescindible na Pobra  un cambio, por hixiene política, e os socialistas da Pobra estamos en disposición de traballar polo ben común, tal e como xa o vimos facendo".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical