18.11.10

Porto do Son: o PP dubida que houbera fábrica de salgadura no que vai ser o futuro Museo do Mar local

Texto e fotos do blog do PP de Porto do Son, aquí

D. MANUEL TOMÉ PIÑEIRO, na condición de Voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Pto. Do Son, e de conformidade co prevenido no artigo 23.1. da Constitución Española; 77 da Lei 7/1985 reguladora das Bases do Réximen Local, e 14 a 16 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réximen Xurídico das Corporacións Locais (ROF 258/86 do 28 de Outubro);

ANTECEDENTES:

Desgraciadamente un novo episodio da DESFEITA URBANÍSTICA volta a facerse realidade no Casco da Vila coa “rehabilitación” da suposta antiga fábrica de salgadura para a conversión en Museo do Mar e Etnográfico do noso Concello.

Esta situación aínda é máis gravosa, xa que o ente promotor do proxecto é o Concello de Porto do Son.

Está claro que o continuismo da desfeita ten un novo significado para este bigoberno igualando o termo Rehabilitación ó de Demolición.

Visto que este Goberno do PSOE e BNG manteñen que o inmoble adquirido polo ente local, albergou a anteriormente mencionada fábrica, e na que os anteriores propietarios afirman que en ningún intre alí existiu tal actividade conserveira, simplemente foi un antigo forno de leña que estivo activo ata mediados dos anos 50 do século pasado.

Tanto o Rexedor Local, D. Pastor Rdrguez., así coma a Tenente de Alcalde, a nacionalista Dna. Ánxela Franco, sempre afirmaron públicamente as orixes do sector da salgadura, e non existe no Expediente de referencia de dito Proxecto, ningún documento que atestigue ou confirme as orixes conserverías de dito inmoble,máxime anunciando que as pías estaban soterradas e coa demolición efectuada nestas datas, ponse de manifesto que esas afirmacións eran totalmente mentira, por todo elo,

SOLICITO:

Copia de documento acreditativo ou ben documentación bibliográfica de referencia ou similar que atestigue ou fundamente que o inmoble que albergará o futuro Museo do Mar e Etnográfico, foi unha antiga fábrica de salgadura.

Porto do Son, 18 de Novembro de 2010

Asdo: Manuel Tomé Piñeiro
Portavoz Municipal do PPdG de Pto. Do Son

Relacionada:


Política: o PP denuncia a nova "desfeita urbanística" do bipartito

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical