A actual tenenta de alcalde, que goberna xunto ao Psoe, asegurou que "o BNG demostrou que queremos e sabemos gobernar Porto do Son”
Porto do Son, 26 de xaneiro de 2011.- O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, afirmou hoxe en Porto do Son que “o BNG é a única forza política en disposición de pararlle os pés ao PP”. Guillerme Vázquez interviu este serán na presentación da candidatura do BNG á alcaldía de Porto do Son, unha lista encabezada pola actual tenenta de alcalde, Ánxela Franco. A presentación, que se realizou no Centro de Interpretación dp Castro de Baroña da vila sonense, concentrou a un numeroso público composto por veciños e veciñas de Betanzos e representantes do BNG. Na súa intervención, o portavoz nacional do BNG animou a “mobilizarnos en bloque fronte ás políticas de dereitas que impulsan indistintamente o PP e o PSOE". Neste sentido, subliñou que “o BNG somos unha forza en ascenso, unha forza en alza, a única que está en disposición neste momento de frear o PP e de lograr que o PP non poda trasladar aos concellos o desastre de xestión que está a realizar na Xunta de Galiza”.
Guillerme engadiu que “o BNG está a sintonizar cos sectores sociais que se moven neste país, coa Galiza que se move, a que defende a súa lingua, a que fixo que a folga xeral do 27 de Setembro tivese aquí máis seguimento que no Estado, a que defende os servizos públicos”.
Ademais, criticou que “fronte á crise e ao paro, o PP e a Xunta de Galicia están desaparecidos”. “Nin fan nin propoñen nada”, denunciou. Pola contra, Guillerme salientou que “desde os concellos, o BNG vai bater o cobre na loita contra a crise poremos todos os recursos públicos ao servizo da reactivación da economía, da creación de emprego e da protección dos sectores sociais máis desfavorecidos”.
Pola súa parte, a cabeza de lista do BNG á alcaldía de Porto do Son e actual tenenta de alcalde, Ánxela Franco, salientou que “hai 4 anos asinamos unha serie de compromisos cos nosos veciños e veciñas, e en apenas 1 ano e 2 meses de goberno logramos cumprir o 80% do noso compromiso”. “Antes no BNG tiñamos claro que queríamos gobernar; agora demostramos que sabemos gobernar ben e que nas próximas eleccións municipais queremos gobernar Porto do Son”, subliñou. Ánxela Franco concluíu anunciando que “o BNG vai apostar forte para lograr que Porto do Son acade o prestixio que se merece e desenvolva todas as súas potencialidades, como un concello clave entre as comarcas da Barbanza e de Muros-Noia”.

“Fronte á crise e o paro o PP e a Xunta están desaparecidos”
Ademais, criticou que “fronte á crise e ao paro, o PP e a Xunta de Galicia están desaparecidos”. “Nin fan nin propoñen nada”, denunciou. Pola contra, Guillerme salientou que “desde os concellos, o BNG vai bater o cobre na loita contra a crise poremos todos os recursos públicos ao servizo da reactivación da economía, da creación de emprego e da protección dos sectores sociais máis desfavorecidos”.
80% dos compromisos nun ano e dous meses, dixo Ánxela Franco
Pola súa parte, a cabeza de lista do BNG á alcaldía de Porto do Son e actual tenenta de alcalde, Ánxela Franco, salientou que “hai 4 anos asinamos unha serie de compromisos cos nosos veciños e veciñas, e en apenas 1 ano e 2 meses de goberno logramos cumprir o 80% do noso compromiso”. “Antes no BNG tiñamos claro que queríamos gobernar; agora demostramos que sabemos gobernar ben e que nas próximas eleccións municipais queremos gobernar Porto do Son”, subliñou. Ánxela Franco concluíu anunciando que “o BNG vai apostar forte para lograr que Porto do Son acade o prestixio que se merece e desenvolva todas as súas potencialidades, como un concello clave entre as comarcas da Barbanza e de Muros-Noia”.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario