30.6.11

Noia: a Xunta adica máis cartos a buscar gas fronte ás costas noiesas, no Gran Burato

  • A Xunta financiará unha segunda expedición, que inclúe zonas próximas ao Gran Burato ou estruturas relacionadas, para detectar e valorar a existencia e extensión de posibles xacementos de hidrocarburos
  • As conclusións aportadas polos científicos de Universidade de Vigo na primeira campaña de 2010 desprenden evidencias da posible existencia de gas na zona
  • Segundo os investigadores, cómpre seguir afondando no estudo para poder determinar a existencia de gas e a súa viabilidade de explotación
Media_httpfarm2static_nncaj

O gas que se consume en España procede do norte de África

Noia, 30 de xuño de 2011. O Consello da Xunta de Galicia vén de autorizar a Consellería de Economía e Industria para a sinatura dun convenio de colaboración coa Universidade de Vigo e co Consello Superior de Investigacións Científicas, para o desenvolvemento da segunda campaña de investigación do “Gran Burato”. Deste xeito, o Goberno galego, cunha nova achega de 760.000 euros, convértese no promotor da exploración da morfoestrutura singular atopada na marxe continental occidental de Galicia, destinando un total de 1,26 millóns de euros ao financiamento das dúas expedicións.

As conclusións ofrecidas polos científicos da Universidade de Vigo, dos resultados obtidos na primeira campaña de 2010, que tivo lugar entre os días 16 de outubro e 3 de novembro de 2010 a bordo do Buque Oceanográfico Sarmiento de Gamboa, inclúen evidencias da posible existencia de gas na zona do Gran Burato. Porén, segundo os propios investigadores, cómpre seguir afondando no seu estudo para poder determinar, cunha fiabilidade aceptable, a existencia de gas e a súa posible viabilidade de explotación.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía e Industria, considera do máximo interese seguir apoiando, mediante o financiamento dunha segunda campaña en 2011, tamén a bordo do Buque Oceanográfico Sarmiento de Gamboa, o Grupo de Xeoloxía Mariña e Ambiental da Universidade de Vigo. Nesta segunda expedición, ampliarase a zona asociada á morfoestrutura singular da marxe continental occidental de Galicia coñecida como O Gran Burato, incluíndo zonas próximas de interese ou estruturas relacionadas.

O Grupo de Xeoloxía Mariña e Ambiental da Universidade de Vigo levará a cabo esta campaña para a investigación xeofísica e xeolóxica da citada zona e para a súa interpretación científica, co propósito fundamental de establecer e valorar a existencia e extensión de posibles xacementos de hidrocarburos. O desenvolvemento deste proxecto implicará a realización de levantamentos xeolóxicos que se emprenderán como parte integrante do proxecto de investigación sobre o fenómeno xeolóxico do Gran Burato, incluíndo a recollida, o tratamento e a interpretación de datos.

Antes, en Certo:


Petróleo ou gas fronte a Noia? A Xunta volve buscar


Ecoloxía: Océana non quere que se busque petróleo fronte a Noia

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical