- Chámase Asociación Liberal do Estudantado Galego (Alega)
Obra de Antón Mouzo Barbanza-Noia, 22 de Nadal de 2011. Converxencia XXI pretende dar un paso máis na súa expansión coa creación da Asociación Liberal do Estudantado Galego (ALEGa), "que será un medio máis para acadar o fin último que sempre foi, é e será servir á sociedade galega", segundo explican en nota de prensa dende ese partido. A Asociación Liberal do Estudantado Galego pretende ser unha ferramenta de utilidade para que tódolos estudantes galeg@s que o desexen poidan participar na promoción e defensa dos ideais de liberdade e galeguismo no eido da Universidade a través das diferentes actividades que desenvolverá a asociación. A Asociación Liberal do Estudantado Galego intégrase, por tanto, na familia liberal galega que actualmente conforman a Asociación Galega pola Liberdade e a Democracia, membro do European Liberal Forum, e Converxencia XXI. "ALEGa, como asociación autónoma, liberal e aperturista que é, busca a participación de tódolos estudantes galegos que compartan as nosas ilusións por traballar en prol do espallamento das ideas liberais e galeguistas na sociedade galega e dende Converxencia XXI faise un chamamento a tódolos estudantes a traballar nesta liña", conclúen.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario