Na capital británica puideron mellorar os seus coñecementos e manexo da lingua inglesa. Ademais de percorrer as principais rúas londinenses, os estudantes visitaron os máis coñecidos monumentos e museos. Entre outros visitaron Westminster, a Torre de Londres, Buckingham, Picadilly Circus e os mercados de Portobello e Camden.
Tamén foron ao Museo Británico, ao de Ciencias e ao de Historia Natural. Entre outras visitas máis lúdicas hai que salientar a do London Dungeon, onde puideron coñecer a historia do Londres máis terrorífico (o gran incendio, a peste, Jack o destripador...) e o London Eye (coas súas vistas panorámicas da cidade).
Como punto final, antes de emprender viaxe de regreso asistiron ao musical "We wil rock you".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario