- O Concello adxudicou hoxe a actuación por 80.800 euros
- Instalarán dispositivos de última xeración, con tecnoloxía led de alta visibilidade e sinalización acústica para invidentes
Os primeiros semáforos do Malecón estiveron en probas
Ribeira, 25 de abril de 2012.- O Concello informa da adxudicación do subministro e instalación de semáforos na avenida do Malecón, por un importe de 80.800 euros. Esycsa resultou a empresa adxudicataria dunha actuación que –incluída no programa Riveira Atlántica 2015 que está cofinanciado nun 70% con fondos Feder- responde á necesidade de reordenar a mobilidade dunha das principais arterias da cidade. A actuación dará comezo á vindeira semana e as previsións apuntan a que os semáforos estarán definitivamente instalados e en funcionamento na primeira quincena do mes de xuño. Vanse implantar na intersección do Malecón con Rosalía de Castro e nos tres pasos peonís comprendidos entre a oficina de turismo e o acceso peonil ao porto. Todo, co obxectivo de regular a mobilidade dos peóns e vehículos e aumentar a seguridade viaria sen prexudicar a fluidez do tráfico rodado. Os semáforos que se instalarán son de última xeración: a iluminación será de tecnoloxía LED de baixo consumo e alta visibilidade, e ademais estarán equipados con dispositivos acústicos para invidentes. Todos os elementos estarán coordinados, funcionando de maneira sincronizada, e contarán con plans de tráfico específicos para datas estivais. Cruce Canarias/Rodríguez BautistaDe xeito paralelo a esta actuación, o Concello trasladará algúns dos semáforos provisionais situados actualmente no Malecón á intersección entre a rúa Canarias e a avenida Miguel Rodríguez Bautista, a fin de comprobar se a introdución deste elemento contribúe a mellorar a fluidez do tráfico nun punto no que con certa frecuencia se producen retencións.
Ribeira: presentado o programa "Galicia Saudable", onde se desvelou que o 70% dos galegos non facemos exercicio is.gd/pB69cq
— Certo (@Certo) April 25, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario