- Destinado a mediadores sociais, consta de tres seminarios
- Impartido por un psicólogo clínico, unha pedagoga e un educador social
O alcoholismo será unha das condutas abordadas
Noia, 16 de maio de 2012. Os seminarios teñen como finalidade tratar o fenómeno das drogodependencias e condutas adictivas dende varios enfoques: a familia, a perspectiva de xénero e o espazo de ocio.
Para iso no primer seminario (venres, 1 de xuño de 17:00 a 21:00 h.) vaise tratar a prevención do abuso de alcol dende a familia, xa que ésta é o referente próximo das persoas e é onde antes se detectan situacións de abuso. Este seminario será impartido por Niceto González, psicólogo clínico con 18 anos de experiencia no ámbito das adicciones tóxicas (alcoholismo e outras drogas) e non tóxicas.
No segundo seminario (sábado, 2 de xuño de 17:00 a 21:00 h.) tratarase das adiccións dende un enfoque de xénero, cómo afectan de maneira diferente a homes e mulleres, así como estratexias de afrontamento nas relacións afectivas onde interfieren o consumo de drogas. Esta parte será impartida por Pilar Lorenzo, pedagoga, responsable da área de saúde do Consello da Xuventude de Galicia.
No terceiro seminario (sábado, 2 de xuño de 16:00 a 20:00 h.), tratarase a reducción das conductas de risco na xuventude, onde se falará dos riscos que ten o consumo de drogas, así coma os diferentes tipos de prevención e que tipo de intervencións son máis efectivas no contexto de ocio e tempo libre, tamén se falará da xestión dos praceres e riscos. Esta parte será impartida por Xaquín Bouza, educador social, responsable do programa de prevención de drogodependencias de ASFEDRO.
Destinatarios
O curso irá destiñado a aquelas persoas tanto que teñan algunha titulación relacionada co eido social ou de xestión de ocio e tempo libre así coma aquelas persoas interesadas no abordaxe das drogodependencias.
Esta actividade ten lugar dentro do programa de formación sobre conductas adictivas do Plan Comarcal de Prevención de Drogodependencias do Concello de Noia. Terá lugar os días 1 de xuño de 17:00 a 21:00 h. e o 2 de xuño de 10:00 a 14:00 h. e de 16:00 h. a 20:00 h. Entregarase certificado de asistencia expedido pola Concellería de Benestar do Concello de Noia. As persoas interesadas pódense anotar no número de teléfono: 609.82.31.34 ou na dirección de enderezo electrónico: infodrogas@gmail.com
Noia: do 18 ao 20 de maio, V Trofeo Feminino das Nacións de baloncesto post.ly/7J03L
— Certo (@Certo) May 16, 2012
16 de maio: véspera do Día das Letras Galegas. Tempo de darlle @vitaminasgalego #17vitaminas en k12comunicacion.com/vpg/17v/
— Certo (@Certo) May 16, 2012
Actos do día das letras galegas wp.me/p1KBCH-as
— Novas de Noia (@novasdenoia) May 15, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario