13.6.12

Ribeira: xa hai semáforos provisionais no cruce do conservatorio

  •  Entre as rúas Miguel Rodríguez Bautista e Canarias

 

Ribeira, 13 de xuño de 2012.- O Concello informa de que hoxe mércores, pasadas ás dúas da tarde, entraron en funcionamento os novos semáforos que van regular o tráfico na confluencia da avenida Miguel Rodríguez Bautista coas rúas Canarias e Cordieiro e coa vía que sube a carón do Conservatorio.

 

Hai que recordar que estes equipos semafóricos teñen carácter provisional, de tal xeito que, de comprobarse que a súa presenza contribúe a mellorar a seguridade e a ordenación viaria neste cruce, entón serán substituídos por outros elementos xa definitivos e máis modernos, do mesmo xeito que xa aconteceu no Malecón.

 

Nun principio non se vai producir ningunha variación en canto as sentidos de circulación xa establecidos. Pero non se descarta que nun futuro próximo o Concello baralle implantar outras posibles alternativas, mudando a dirección dalgunhas vías da redonda, a fin de comprobar se estes cambios redundan nunha maior fluidez do tráfico rodado, ao tempo que nunha maior seguridade viaria para vehículos e peóns.


Antes, en Certo:







Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical