- A obra, promovida pola consellería de Cultura, afonda na traxectoria histórica do pazo máis influinte da comarca do Barbanza durante o Antigo Réxime
- Asistiu o conselleiro, Vázquez Abad, quen reivindicou a herdanza histórica do Pazo de Goiáns na construción dunha identidade artística galega
- Ao rematar a presentación, os asistentes percorreron o pazo acompañados polo autor do libro, Xosé Manuel Vázquez Lijó
O pazo, que xa é de todos os boirenses, segue no desleixo
Boiro, 30 de xullo de 2012.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou hoxe o libro Luces sobre a casa de Goiáns no Antigo Réxime, unha obra na que o historiador Xosé Manuel Vázquez Lijó, ‘Queté’, afonda na traxectoria histórica dun pazo de gran poder e influencia na comarca do Barbanza durante esta época, da que proceden relevantes persoeiros da historia de Galicia.
Durante a súa intervención, Vázquez Abad reivindicou hoxe a herdanza histórica do Pazo de Goiáns na construción dunha identidade artística galega, en especial de “aquela que reflicte o ánimo construtivo e renovador que puxo os alicerces para que Galicia, con personalidade de seu, collese o ritmo da historia e tomase protagonismo na mesma con nome propio”.
Na presentación, que tivo lugar no salón de actos do centro social de Boiro (A Coruña), tamén estiveron presentes o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a concelleira de Cultura, Patrimonio e Comercio, Elena Teixeira; e o propio autor da monografía. Ao remate desta presentación, os asistentes tiveron a oportunidade de facer un percorrido polo Pazo de Goiáns, guiados polo escritor Vázquez Lijó.
A herdanza histórica do Pazo de Goiáns
Ademais do relativo ao patrimonio histórico-artístico, o conselleiro destacou a influencia desta institución na aparición de “grandes figuras das artes que levan a súa obra por todo o mundo e de profesionais dedicados a multitude de actividades cunha forte base creativa”, que se viron animadas por toda unha serie de “materializacións concretas, como as do Pazo de Goiáns, para asentarse definitivamente como parte de nós”.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario