A Pobra: : o alcalde Isaac Maceiras (PP) ten tantas "luces" como o da Coruña. #14N vía @unaibachi cc/ @gconfidencialtwitter.com/unaibachi/stat…
— Certo (@Certo) November 15, 2012
A Pobra, 20 de novembro de 2012. Xusto un ano despois de que fora escollido Mariano Rajoy como novo presidente do goberno, o Psoe da Pobra vén de presentar unha moción para que se paralicen os desafiuzamentos e se faga por aprobar a dación en pago, algo que non se contempla no último decreto aprobado polo PP en Madrid.
Segundo a nota de prensa dos socialistas, "coa crise e o aumento alarmante do desemprego, centos de miles de familias están a chegar a unha situación límite que non lles permite cubrir as súas necesidades máis básicas. O Concello de A Pobra do Caramiñal non é alleo a este fenómeno, xa que continúan a producirse cada día máis casos de familias completas con todos os seus membros no paro. E aínda por riba de perder a vivenda, estarán expostos a unha condena financeira de por vida.
No procedemento xudicial hipotecario a vivenda póxase e, no caso de non presentarse poxadores, algo que acontece na maioría dos casos, o banco ou a entidade prestamista pode adxudicarse a vivenda polo 60% do valor da taxación. É dicir: non só poden quedar coa vivenda por un prezo moito menor do que se taxou ao firmar a hipoteca, senón que ademais unha boa parte da débeda mantense, incrementada por grandes gastos xudiciais e honorarios profesionais. Ademais, como resultado de todo iso, aos debedores embárganselles os bens e ingresos, tanto presentes como futuros, para saldar a totalidade da débeda.
Esta lexislación era descoñecida polas familias cando rubricaron as hipotecas. Pode considerarse que os hipotecados se viron sometidos a unha publicidade enganosa, sometidos á sobrevaloración das taxacións das vivendas e tamén, a unha linguaxe pouco doada de comprender os contratos que firmaron.
Polo tanto, o Real decreto sobre desafiuzamentos que aprobou o pasado xoves, día 15 de novembro, o Goberno de España é un parche insuficiente que non soluciona o problema na súa dimensión real, ao quedar excluídas das medidas miles de familias que van a seguir sufrindo igual que ata o de agora a súa dramática situación, que levou a horrorosos desenlaces coa perda de vidas.
As expectativas reveláronse como publicidade enganosa e consideramos arbitrario e un fiasco o Real Decreto aprobado o pasado xoves porque:
- Se exclúen da suspensión os casos nos que a casa a queda un terceiro e non o banco, e dicir nos casos na que un particular ou inmobiliaria se quede ca casa na subasta, a familia poderá ser desahuciada aínda que cumpra os requisitos do RD.
-Non se paralizan os intereses de demora. O que aprobou o Goberno non é unha moratoria senón unha suspensión do desaloxo, de tal forma que a débeda se segue xerando e os elevados intereses de demora seguen aumentando. Todo iso porque os bancos non teñen presa en recuperar a vivenda porque nestes intres non teñen a quen vendela pero si teñen interese en non perder os dereitos económicos.
- Requisitos económicos exhaustivos e de cargas familiares. Non superar ingresos de 19.000 euros ao ano ademais de ser necesario ter tres fillos, polo que as familias que teñan dous fillos quedan fora.
- Familias monoparentales con un fillo van para a calle. Teñen que ter dous fillos ao seu cargo.
- Os pensionistas tamén están excluídos
SOLICITAMOS.- Instar ao Goberno Central para que ninguén quede sen vivenda por non poder facer fronte ao pago da súa hipoteca, e que de igual maneira que xa se fai cas empresas, se lles permita renegociar a súa débeda, dándolles tempo para pagala.
.- Máis aló das medidas de competencia estatal,propoñemos:
6.1. Revisión dos protocolos de actuación de Servizos Sociais
6.2. Non poñer ningún axente da Policía Local a disposición das ordes de desafiuzamento.
6.3. Interpelar ás entidades financeiras que operan no municipio para esixirlles a paralización dos desafiuzamentos e a condonación de débedas ilexítimas, coa indicación de que en caso contrario, procederase á retirada dos fondos municipais de ditas entidades.
6.4. Colaboración dos servizos xurídicos do Concello en todos os casos que o requiran".
Relacionada:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario