20.11.12

Noia: este venres 23, Ramón Blanco presenta o seu poemario "Emily on the road"

  • Na casa da cultura, ás 20:30 horas. Haberá recital do autor ambientado polo saxofonista Pablo Sax
  • Acompañarano a polígrafa Iria Lago, de Sacou e o poeta Manuel L. Rodrigues, da editorial Acha Escrava e tamén compoñente de Sacou ao igual que o autor

Noia, 20 de novembro de 2012. A editorial Acha Escrava presentará  en Noia o novo libro de poesía de Ramón Blanco (Outes, 1979), que leva por título Emily on the road (Unha viaxe ás terras do oeste). Será na casa da culura municipal, o vindeiro venres 23 de novembro, ás 20:30 horas. O autor estará acompañado por Manuel L. Rodrigues, en representación da editora; e Iria Lago, do colectivo literario Sacou, onde Ramón Blanco se iniciara como escritor.

O acto rematará cun recital poético-musical no que o autor lerá algúns fragmentos do libro, que ambientará coa súa música o saxofonista Pablo Sax*. Para a ocasión Mónica Montero deseñou uns decorados (como xa fixo na presentación que tivo lugar en Outes o pasado día 16 de novembro).

Ao finalizar, serviranse uns viños e uns petiscos.

Esta é a sexta dunha serie de presentacións por diversas vilas e cidades, no que a propia editora denominou "Xira Emily on the road".

Axenda futura de "Emily on the road":

23 de novembro (venres): Noia (Casa Cultura), 20:30 
26 de nov. (luns): Burela (IES Perdouro; recital estilo Modelo Burela), 16:30 
30 de nov. (venres): Boiro (bar Pousada das ánimas), 23:00 
2 de decembro (domingo): (Culturgal; Pontevedra) 
5 de decembro (mércores): Vilagarcía (Esc. Oficial de Idiomas), 18:30 
9 de decembro (domingo): Porto do Son (Casa Cultura), 20:00 
10 de decembro (luns): Lugo (Asoc. Cultura de País) (20:30) 
14 de decembro (venres): Arteixo (Libraría "A lus do candil), 20:00 
16 de decembro (domingo): Noia (Bar Fina Stampa), 21:30 
17 de decembro (luns): Gondomar (libraría Libraida), 20:30

 

Todo sobre a Xira Emily on the road en:

http://www.facebook.com/acha.escravaeditora?fref=ts    

www.achaescrava.blogspot.com 

 

*Pablo SaxMúsico saxofonista e improvisador.

Pablo "Sax" Fdez. Sinde naceu en Remkum-Oosterbeek (Países Baixos), a finais dos 60. Adícase á música de xeito profesional dende marzo do 86, percorrendo vilas e cidades dos países que visita, tocando nas rúas ó longo de dez anos, voltando sempre a Compostela, onde participa da vida cultural emerxente, colaborando en proxectos de música, teatro, danza, imaxe, performance ou pintura. Na actualidade forma parte de O.M.E.Ga. (Orquestra de Música Espontánea de Galicia), 2M12 (Dúo de Free Jazz), Trilito (Improvisación libre), Paranojazz e Saxandra (Folclore). Mora en Noia e tamén escribe versos que ás veces fai soar no saxo.

……………………..

NOTA EDITORIAL SOBRE O LIBRO:

Acha Escrava publica Emily on the road, o novo (e moi agardado) libro de Ramón Blanco (Outes, 1979).

Emily on the road (Unha viaxe ás terras do oeste) dálle nome ao poema narrativo no que Ramón Blanco traballou entre 2006 e 2012. En todo este tempo o autor non dera á luz ningún outro libro, desde o seu prometedor inicio cos poemas recollidos en Orfeu en soños (Toxosoutos, 2005).

Esta historia, que o autor ten definido como "unha mestura de road movie e enterro aldeán", transcorre a través dunha longa noite, durante unha viaxe en coche que fan os dous protagonistas (ben poderían ser o propio Orfeo e mais Emily Dickinson), que serve de pretexto para reflexionar sobre a morte, a loucura, a escrita e outras rexións aínda máis escuras. Cun estilo esixente, desenvolve unha linguaxe herdeira da prosa espontánea de Jack Kerouac e dos poemas de Emily Dickinson, tal como xa se constata no propio título.

As ilustracións interiores e mais o deseño da cuberta de Emily on the road son obra de M. M. Reino, que tamén xa ilustrara o libro Orfeu en soños, do mesmo autor.

BIOGRAFÍA DO AUTOR:

Ramón Blanco naceu en 1979. Criouse en Cando (Outes) e alí vive. Aos dezaoito anos uniuse ao colectivo literario Sacou, de Noia, co que participa en diversos proxectos artísticos e culturais. Publicou os primeiros poemas nas revistas A Caramuxa (voceiro de Sacou) e Casa da Gramática (do IES Virxe do Mar, onde estudara). No 2005 apareceu o seu primeiro libro individual, Orfeu en soños, na editorial Toxosoutos. Vén de publicar o seu novo traballo poético: Emily on the road, en Acha Escrava editora. 

O pasado 4 de novembro gañou o segundo torneo poético do Slam Arousa.

Blog do autor: www.aoutrabanda.blogspot.com   

Cartaz 1.pdf Download this file

RESEÑA E BIOGRAFÍA Ramón Blanco. Emily on the road. Acha Escrava. Presentación editorial.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical