É unha obra que deseñou o estudo Salgado e Liñares, que vai facer tamén a maior praza comercial da vila e xa fora multipremiado tamén en Noia pola súa actuación na Pedrachán
Os premiados daranse a coñecer nunha gala en A Coruña o 14 de febreiro
Noia, 29 de xaneiro de 2013. O recoñecemento a obras realizadas en Noia por parte dos arquitectos do estudo Salgado e Liñares suma hoxe un novo éxito. A reintegración urbana do patrimonio cultural da Chaínza vén de ser escollida entre os catro finalistas da XV edición dos premios do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), no seu apartado de Espazos Públicos Abertos. O traballo destes arquitectos ten duros competidores na súa sección, xa que se enfrontan a obras de importante fuste en Santiago e Coruña, así como a remodelación dunha praza en Sofán, Carballo. En outubro de 2010 o mesmo estudo Salgado e Liñares recibira o I Premio de Arquitectura "Manuel Gómez Román" polo proxecto e dirección da obra "Reintegración urbana do patrimonio cultural da ribeira do Traba-Noia. Acondicionamento, recuperación de accesos, lavadoiro e entorno dos Muíños de Pedrachán". Unha actuación que quedaría, uns meses despois, galardonada en sexto lugar nos prestixiosos premios de arquitectura de Enor (hai que ter en conta que se presentaron 350 proxectos a nivel nacional). Próxima actuación de Salgado e Liñares: a praza comercial da vila, no CurroO Partido Popular opúxose no último pleno á actuación que van facer estes mesmos arquitectos na futura praza comercial de Noia, a do Curro: "estamos ante un proxecto pouco clarificador que non define absolutamente nada, nin sequera as cotas, e todo queda supeditado á supervisión da dirección de obra por parte do arquitecto. Segundo ditamine esta dirección así se fará o proxecto, sen que os responsables políticos do mesmo poidan facer as preceptivas labores de previsión e control, polo que se está a incorrer nunha neglixente deixadez de funcións. Na memoria do proxecto tampouco se clarifica como van a ser os accesos tanto ás tendas como á Praza de Abastos". (...)
Os populares desconfían deste multipremiado estudo de arquitectura só polo feito de ser de fóra (do veciño lugar de Bertamiráns): "Tampouco se explica por que se recorreu a un arquitecto de Bertamiráns para redactar este proxecto nin tampouco a remuneración económica que percibiu por facer o seu traballo e quixéramos saber por que este proxecto non se encargou aos técnicos do concello, completamente competentes na materia e que suporían un importante aforro ás arcas municipais. O señor Bieito González que presidiu a comisión informativa do pasado xoves non soubo responder a pregunta do concelleiro delegado do Partido Popular, José Luis Trillo, sobre a remuneración que este arquitecto percibiu pola redacción deste plan. Esperamos que o consultara para hoxe e o clarifique, toda vez que nos parece unha falta de respecto aos contribuíntes desta vila que se encargue un proxecto a un gabinete externo sen saber o que nos vai custar".
O tripartito no goberno (Psoe, Bng e NOIA) aprobaron esta actuación e valoraron como "destrutiva" a postura do PP: "É lamentable a postura destructiva do PP votando en contra dunha obra tan necesaria para a vila. Só pretenden crispar aos futuros afectados desta actuación e tentando intoxicar coas súas mentiras e falsidades como que non se cambiarán as instalacións, e demostran unha vez máis que non apoian as iniciativas de mellora de Noia".
Se quere ver o antes e o despois do entorno da Chaínza: Relacionada:
No hay comentarios:
Publicar un comentario