Lousame, 19 de outubro de 2010. A marcha, que coincidía cunha xornada de folga que foi secundada polo 100% do cadro de persoal, entrou en Compostela a mediodía e percorreu as rúas da cidade para rematar cunha concentración diante da consellaría de medioambiente. Alí e de forma simbólica, os traballadores depositaron paquetes de plásticos, papeis e outros materiais reciclados coa lenda “Isto é o que facemos nós”. Ao seu carón, dentro dun bidón, depositaron todo tipo de materiais que queimaron ante un cartel no que se lía “Isto é o que facedes vós”.Esta mobilización convócase logo de que os representantes dos traballadores mantiveran reunións cos grupos parlamentarios (agás o PP), coa Mancomunidade -que se comprometeu a presentar diante da empresa un plan para saldar a débeda acumulada, a 31 de decembro de 2012- e coa Dirección Xeral de Calidade e Desenvolvemento Industrial.
Porén as dúbidas mantéñense ao estar pendentes de solventar os problemas con ECOEMBES, unha sociedade sen ánimo de lucro constituída por fabricantes de envases que pagan un cánon anual destinado á recuperación dos envases que producen.
O financiamento da pranta, a diferencia dos contratos “típicos” de concesionario público, poderíase entender como semipúblico con respecto aos ingresos, xa que se factura en torno dun 60% á Mancomunidade e un 40% a recuperadores (ECOEMBES, ECOVIDRIO, etc.). O 40% que se factura aos recuperadores depende do mercado e dos convenios autonómicos (de feito, o máis importante deles, o de ECOEMBES, estase a negociar entre dito organismo e a Xunta; ECOEMBES intenta levalo á baixa).
ECOEMBES decidiu unilateralmente non recoller un 70% do film (envase lixeiro) recuperado na planta argumentando que esta é a porcentaxe de film non adherida ao seu sistema. Unha decisión que supón un grave problema para a viabilidade da planta, xa que se financia nun 40% através dos recuperadores, e deste xeito perde uns 650.000 € anuais, e ao mesmo tempo xera un problema medioambiental ao acumularse este material na planta sen saída.
Con esta mobilización esixíanlle á Xunta a súa implicación, para que a través da Consellaría de Facenda se implique e garanta que a aquel concello que non pague se lle retirarán as cantidades adebedadas á Mancomunidade para facer fronte aos pagos. Alén diso, demandan que desde a Consellaría de Medio Ambiente se solvente o problema con ECOEMBES e se vele pola viabilidade do modelo de tratamento de RSU do Barbanza, sobre todo cando é o que mellor funciona no noso país.
Cómpre lembrar que o pasado 29 de xullo Fomento de Construcións e Contratas, FCC, empresa que xestiona desde o seu inicio a pranta de tratamento de RSU de Lousame presentaba a solicitude de resolución do contrato actualmente en vigor por impago da Mancomunidade. A débeda recoñecida por impago do cánon mensual ascende na actualidade aproximadamente a 2.700.000 €. Os concellos máis endebedados son os de Ames, Carnota e Noia, aínda que hai concellos que están ao día no pago.
Alén disto, aínda está sen resolver definitivamente o conflito existente co polvorín situado nas inmediacións da planta que por sentenza do TSXG obriga ao derrube da mesma. Todo un cúmulo de circunstancias que poñen en perigo o futuro e a viabilidade da Planta de Lousame. posible.
Mancomunidade do Barbanza
A Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza está integrada polos concellos de Pontecesures, Ames, Lousame, Brión, Noia, Muros, Porto do Son, Carnota e Rois, cunha poboación global de 85000 habitantes. En 2003 decidiu establecer un sistema de recollida e tratamento dos Residuos Sólidos Urbanos destes concellos, de xeito autónomo e diferenciado. O lixo recollido é tratado na Planta de Servia (concello de Lousame), cun sistema de tratamento húmido-seco, con separación de catro fraccións de residuos : fracción inorgánica (inclúe os envases), fracción orgánica (para a elaboración de compost), papel-cartón e vidro.
Desde ese ano, a planta de Lousame funciona con total normalidade, acadando uns excelentes resultados como modelo de xestión de RSU, e cuns niveis de reciclaxe que a sitúan á cabeza do estado español como a mellor planta de reciclaxe. A propia Xunta recoñece o éxito do proxecto do Barbanza, coa planta de reciclaxe e compostaxe de Lousame, que acada unha valorización material total (VTM) do 66,2%, fronte ao 34,1% de Nostián e ao 8,1% de SOGAMA.
Igualmente, o modelo de Lousame sigue todos os criterios medioambientais establecidos na Unión Europea, fronte a enorme problemática que representa o modelo de SOGAMA.
Para Paulo Rubido, secretario nacional de CIG-Servizos, o problema estaría solucionado se a administración xestionara directamente a planta “asumindo o seu carácter de servizo público, no canto de outorgarlle a concesión a unha empresa privada, que ten como único obxectivo é obter beneficios”.
Vía GalizaCigGalería con máis imaxes da marcha (CC) aquí
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
















A Pobra do Caramiñal, 19 de outubro de 2010. O equipo de goberno do Concello pobrense, rexido polo Partido Popular, emitiu unha nota de prensa na que explica as súas xestións para acadar un novo Centro de Día. Como é habitual neste xornal, transcribímoslla completa: "Este equipo de goberno ven loitando desde fai tempo para que o Centro de Día da Pobra do Caramiñal sexa unha realidade pois é moi necesario dadas as características socioeconómicas deste concello, no que na meirande parte dos fogares traballan ámbolos dous cónxuxes e que en moitas ocasións teñen maiores ao seu cargo polo que é moi difícil conciliar o traballo e a vida familiar.
Boiro, 19 de outubro de 2010. Preto dun centenar de imaxes, na súa maioría inéditas, sobre a Guerra Civil española, realizadas polos fotógrafos integrados no colectivo Irmáns Maio exhíbense desde mañá mércores, 20 de outubro, na Casa da Cultura “Ramón Martínez López” de Boiro. “Irmáns Maio. A Guerra Civil Española” é unha iniciativa da Deputación da Coruña, que conta coa colaboración do Ministerio de Cultura e que está a percorrer diversos municipios da provincia. A mostra está conformada por preto de cen fotografías da Guerra Civil captadas, coas súas cámaras Leika, polos cinco representantes dos colectivo Irmáns Maio, que durante máis de sete décadas permaneceron nos arquivos da Biblioteca Nacional. Son imaxes, en branco e negro, dos combatentes da 43 División, dos presos republicanos no cárcere de Carabanchel, das trincheiras do Ebro, da fronte de Guadalaxara e de Madrid, e outras que reflicten a realidade social dun país en guerra que foron recuperadas para ser expostas en distintos concellos da provincia. Quenes eran os "Irmáns Maio"? Mire na 








