30.12.10

A Pobra: declaracións e contradeclaracións preelectorais

A Pobra do Caramiñal, 30 de decembro de 2010. O quentamento preelectoral -e iso que maio aínda queda lonxe- non para de elevar a temperatura na Pobra. O grupo do Partido Popular acaba de emitir esta nota, desta volta dándolle madeira ao Bloque Nacionalista Galego e respostando a publicidade electoral dos nacionalistas que tamén acompañamos, ademais . Como é habitual en Certo, reproducimos íntegra a nota do PP pobrense:

"O BNG dí nas súas declaracións

       “ O BNG comprométese a mellorar os servizos públicos e aumentar a poboación”

     Aumento poboacional que ten que poñerse mans a obra e o BNG e os seus concelleiros que non están practicando co exemplo, estando empadroados eles e as súas familias en outros concellos.

     Na Pobra temos moita poboación e menos censo, xa que moita xente vive no noso municipio, pero non está empadroada no mesmo. O Goberno Municipal inviste en chan industrial, para a creación de postos de traballo, aprobamos a Ampliación do Polígono Industrial de A Tomada, con máis de 100.000 m2 e a creación de cerca de 1.000 postos de traballo e cos votos en contra do BNG, así é como queren subir a poboación do noso municipio.

     “ O Plan de Ordenación do Litoral e as mentiras de Isaac Maceiras “

     O BNG dí que grazas a mobilización dos veciños e veciñas xunto ao BNG obrigan ao PP a modificar o POL na Pobra. Eso sí que é  unha mentira, xa que o noso Concello tiña aprobado o PXOM ( xa presumía o bipartito de que o Concello de A Pobra do Caramiñal era o único Concello de Galicia, que tiña adaptado o seu PXOM a Lei do Litoral ) , polo que a nós non nos afectou para nada as variacións que fixo o PXOM .

     “ O Goberno Municipal do PP malgasta máis dun millón e medio de euros “

     O BNG critica as obras do Río Morto, necesarias para evitar inundacións aos veciños afectados, critica as obras dos Xardíns Municipais da Pobra, non critica desa maneira que a Deputación Provincial de A Coruña, a un Concello do BNG lle dea unha subvención de 250.000 € para arreglar os seus xardíns.

     Pero o BNG é que critica tódalas obras que fai o goberno municipal, como é a cosntrucción do novo Centro de Saúde. No seu día tamén criticou a ampliación do peirao comercial, o recheo portuario, o mercado municipal o CAD, a tódalas obras ou votan en contra ou se absteñen; así é a maneira coa que queren que progrese o noso Concello.

     “ O BNG comprométese a mellorar o barrio de Lamas e Andrés-San Roque”

     Neste punto uns veciños da Urbanización Lamas e Andrés xa lle contestan ao BNG recordándolle as inversións que fixo o Goberno Municipal do PP en dita urbanización; lembrandolle tamén que cando estaba o bipartito gobernando na Pobra non invertiron un peso na mesma, e que a zoa que queda sen arreglar está en vía xudicial, e mentras os xuizes non dicten resolución non se pode facer nada na mesma.

     “Rosana Pérez consigue que o campo de fútbol de Cadreche sexa unha realidade”

     Queremos aclarar, que foi o que fixo Rosana polo Campo de Fútbol de Cadreche.

  • ¿ Quen negociou cos veciños para mercar os terrenos ? O Goberno Municipal do PP
  • ¿ Quen negociou coa Xunta de Galicia para conseguir os 340.000 € ( convenio coa Secretaría Xeral para o Deporte ) ? O Goberno Municipal do PP .
  • ¿Qué consigue Rosana ? Unha parte que ten que poñer a Deputación Provincial de A Coruña, exactamente 340.000 €, hoxe mesmo, xoves 30 de decembro foise a firmar o convenio na Deputación.

     Polo que a día de hoxe, o campo de fútbol estase facendo cos cartos que dispuxo o Concello e a Xunta de Galicia.

     “ O BNG tamén defende A Pobra no Parlamento Galego e en Madrid “ 

     Din que defenden a mellora dos servizos públicos coma a Sanidade, e no noso Concello non están de acordo con facer un Novo Centro de Saúde.

     Acusan tamén ao noso Alcalde de renunciar a medio millón de euros, para iniciar a recuperación das Xunqueiras, cando saben que levamos loitando anos para que dita recuperación sexa unha realidade; non cremos que haxa ningún veciño neste Concello que crea que o noso Alcalde renuncia a ningunha subvención. Tergiversar é moi fácil, pero eles saben tamén coma nós, que os terreos para recuperar as Xunqueiras teñen uns propietarios e Costas do Estado, está en negociacións cos donos para chegar a un acordo económico.

     “Rosana Pérez dá un novo pulo ao comercio da Pobra a través da Deputación “

     Dase un novo pulo ao comercio tradicional da Pobra creando escolas para os mesmos ?

     Gracias a eles cos seus votos o Goberno do PSOE, tamén disminue o porcentaxe de parados, creando cursos de formación para os mesmos e retirando aos participantes nos mesmos das listas do INEM.

     Etc, etc, …………..un panfleto moi instructivo no que para nada nos explican porque o Goberno do PSOE en Madrid, cos VOTOS do BNG a favor, quita para diante a : Subida de LUZ, a subida do GAS, a subida do GASOLEO, a conxelación das PENSIONS, a retirada do CHEQUE BEBE, etc.etc……………

     E xa para rematar, recordarlle a Sra. Deputada do BNG na Deputación Provincial de A Coruña, Rosana Pérez, que non é ELA a que consigue subvencións ou melloras para os veciños e veciñas de A Pobra do Caramiñal, senón que a Deputación Provincial, dalle ao noso Concello nin máis nin menos que o que lle corresponde por Lei".

Download now or preview on posterous
panfleto bng.pdf (5130 KB)

Download now or preview on posterous
panfleto veciños.pdf (881 KB)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: a Cabalgata chega á praza de Castelao ás seis e media da tarde do mércores 5

Rianxo, 30 de decembro de 2010. O vindeiro mércores, 5 de xaneiro, as Súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente visitarán, coma cada ano, o Belén Vivinte e ós nenos e nenas de Rianxo. A partires das 17:30 horas, estará exposto o Belén Vivinte, o cal estará amenizado por panxoliñas e actuacións. Mentras tanto, os Paxes Reais estarán recollendo as cartas  dos nenos e nenas para entregarlle  despois ós Reis.

As 18:30 horas. as SS.MM. os Reis Magos chegarán a Praza Castelao para realizar a ofrenda ante o Belén Vivinte e ser recibidos polas Autoridades no Concello. A continuación realizarase o desfile coas carrozas polas rúas da Vila , para rematar a súa visita ó pobo na Igrexa Parroquial, onde repartirán caramelos entre as nenas e nenos (19:30 h).

Durante toda a tarde, diversos grupos e entidades locais estarán ambientando e acompañando os actos.No caso de choiva, a recepción trasladarase á Igrexa Parroquial.

O Concello agradece a colaboración das entidades participantes na organización desta cabalgata:

Liceo Marítimo Rianxeiro - Asoc. Cultural "Fogo Fatuo" - Escola de Música de Rianxo - Asoc. Cultural "Vai de Roda" - Asoc. Rianxeira de Empresarios - Grupo de Teatro "Airiños" - Asoc. Sociocultural "A Moreniña" - Motoclub "Jas a Tope" - Motoclub "A Moreniña", entre outros...

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: 500 persoas, 10 carrozas e 2.000 quilos de caramelos para recibir aos Reis Magos o 5 de xaneiro

Ribeira, 30 de decembro de 2010. Máis de 500 persoas entre nenos, membros de asociacións e colectivos musicais, persoal loxístico e municipal, así como efectivos da policía local e protección civil, participarán o vindeiro día 5 de xaneiro como membros da organización na tradicional Cabalgata de Reis que descorrerá polas rúas de Santa Uxía.

O concelleiro de Cultura e Festexos, Luciano Fernández, acompañado dos técnicos Unai González e Chiki Durán, presentaron hoxe esta actividade, na que en total, serán 10 o número de carrozas que participen no desfile (cunha disposición indicada no documento adxunto). A comitiva, como é habitual, estará composta por paxes, bonecos de neve, estrelas, pastores, etc... Entre os colectivos participantes, figuran 7 asociacións locais: Amencer, Flor de Toxo, Amas de Casa, Francisco Lorenzo Mariño, Aires da Dorna, Alfaia e Arrecó. 

Entroido? Non, cabalgata de Reis en Ribeira en 2009

Acompañarán á cabalgata a banda de música de Cedeira, a banda de música de Barro, a charanga O Santiaguiño de Padrón, a comparsa Os da Caña de Marín, así como zancudos e tragalumes de Portugal. 

A saída terá lugar ás 17.30 horas desde a explanada do porto, onde previamente desembarcarán os tres Reis Magos, acompañados dunha estrondosa pirotecnia. Repartiranse 2.000 quilogramos de caramelos de diversos sabores durante o desfile. 

O percorrido pasará pola Avda. do Malecón e polas rúas de Galicia, Romero Ortiz, Rosalía de Castro e 9 de Agosto para desembocar na Praza do Concello. Alí, Melchor, Gaspar e Baltasar serán recibidos polo alcalde e pola Corporación Municipal. Procederán ao discurso dende o balcón da Casa Consistorial e logo recibirán aos nenos/as de Riveira nas balconadas do Concello. Ao rematar o discurso un espectáculo pirotécnico dará comezo á recepción real. 

En caso de choiva, a actividade terá  lugar no Auditorio Municipal ou na carpa de Nadal anexa.


Relacionadas:

Declaran o estado de alarma en Ribeira para a cabalgata de Reis (portada)



Carreira: o Carteiro Real chega este domingo 2 de xaneiro


Viaxe a patinar: o 3 de xaneiro. Anótate! Gratis!


PekeNadal: repítese o luns 3 de xaneiro



Liceo Marítimo: baile de fin de ano este venres 31



Concerto solidario: o 7 de xaneiro, Inllorfeis presenta Alpabarda


Obradoiros de Nadal: entrega de diplomas




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: resultados do quinto trofeo "Unicef" de fútbol sala base

A Pobra: organizan un curso de iniciación á fotografía e un torneo de baloncesto para a vindeira semana

A asociación xuvenil Reviravolta en colaboración con Xuventudes Socialistas preparan estas actividades entre o luns 3 e o martes 4 de xaneiro


A Pobra do Caramiñal, 30 de decembro de 2010. O cursiño de iniciación á fotografía ten unha duración de dúas xornadas, a do luns e a do martes. Será no salón de actos do Instituto Social da Mariña, enriba da biblioteca municipal. Impárteo Martín García García, en horario de seis a oito da tarde ambos os dous días. No curso preténdese que os inscritos aprendan nocións básicas sobre manexo de cámaras e mellorar a súa técnica á hora de captar imaxes.

Entrada libre e gratuíta. Os organizadores animan a todas as mozas e mozos da Pobra "que queiran mellorar os seus coñecementos sobre expresión gráfica".

Torneo de baloncesto 3x3

O martes 4 de xaneiro, no polideportivo municipal de Venecia, a partires das catro da tarde. Haberá trofeos, xentileza dunha xoiería rianxeira, para o equipo campión e o que acade o subcampionato, para o mellor triplista e para o mellor equipo mixto.

A inscrición é gratuíta e poden participar equipos masculinos, femininos e mixtos. O prazo para anotarse remata ás dez da noite do luns 3 de xaneiro no teléfono 617 99 92 87.


Colombofilia o domingo 9 de xaneiro


Por outra banda, o domingo 9 de xaneiro reúnense na Pobra afeccionados á colombicultura (cría de pombas mensaxeiras), unha modalidade deportiva que ten unha federación cada día máis numerosa, pois pasa dos 22.000 inscritos en toda España e supera deste xeito a moitos deportes como hockey, xadrez ou triatlón.

Nesta bisbarra está o club colombófilo Arousa Norte, que é o que organiza esta IV Exposición de Pombas Mensaxeiras durante toda a mañá do domingo na Casa Mariñeira da Pobra.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o Carteiro Real chega a Carreira o domingo para recoller as cartas dos nenos

Ribeira, 30 de decembro de 2010. Este domingo 2 de xaneiro de 2011 a partir das 16:00 horas cursará visita o Carteiro Real dos Reis Magos no campo da festa de Carreira. Nin que dicir ten que deben acudir as nenas e nenos coas súas cartas para pedirlle desexos a estes representantes da Monarquía máxica. Agardamos que non sexan todos obxectos materiais.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

29.12.10

Rianxo: este xoves 30, volta a maxia con Alán Golias. O domingo, 2 de xaneiro, concerto de Aninovo

Rianxo, 29 de decembro de 2010. O mago rianxeiro Alán Golias volve actuar no Auditorio de Rianxo, esta vez cun espectáculo destinado ao público infantil, e acompañado polo magos Eloy Mateos e o Mago Oscar. A actuación comezará as 11:30 horas.

Para acudir ao espectaculo será necesario retirar entradas (dúas maximo por persoa), as cales se comezarán a repartir unha hora antes por orde de chegada.

Concerto de Aninovo, o domingo 2 de xaneiro

A Escola de Música de Rianxo ofrecerá este vindeiro domingo 2 de xaneiro, ás 19:30 h., o seu xa tradicional Concerto de Aninovo, no Auditorio de Rianxo. O das entradas funciona igual que co da maxia.


Download now or preview on posterous
carteldia30bis.pdf (216 KB)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: os Reis Magos traen unha tarde divertida para os máis pequenos o vindeiro mércores 5


Haberá un obradoiro de globoflexia para os pequenos

O luns 3 de xaneiro:


Download now or preview on posterous
cabalgata 2011.pdf (625 KB)

Download now or preview on posterous
CARTEL LABORES.pdf (432 KB)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Lousame: o colexio "Cernadas de Castro", premiado con 8.000 euros por dous traballos sobre innovación no ensino


O colexio "Cernadas de Castro" está no lugar de A Silva e leva o nome do famoso Cura de Fruíme

Lousame, 29 de decembro de 2010. O profesorado do colexio "Cernadas de Castro" está de noraboa. Os seus esforzos foron recompensados con dous premios de 4.000 euros cada un por sendos traballos presentados aos Premios á Innovación educativa para profesorado de centros educativos de ensino non universitario sostidos con fondos públicos de Galicia.

Na modalidade A, de Fomento do plurilingüismo, o traballo premiado foi "O encerado dixital na aula. CLIL: Imperialism and the World War I. Foi presentado por Clara Cristela Rodríguez, que exerceu de coordinadora.
Na modalidade B, de Introdución das competencias básicas na aula dixital, o título do traballo premiado foi "Os avós e as avoas molan", cuxa coordinadora foi Ana María Fernández Chacón.

Houbo moitos premios desertos, ignoramos se por que non se presentaron traballos para eles ou pola baixa calidade dos que se avaliaron, como se pode comprobar na páxina do Diario Oficial de Galicia adxunta coa totalidade dos galardóns.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

28.12.10

Ribeira: organizan viaxe gratuito á Coruña para patinar sobre xeo o luns 3 de xaneiro

Download now or preview on posterous
Patinaxe.doc (66 KB)

Para nenos a partires dos seis anos, o vindeiro luns 3 de xaneiro

Ribeira, 28 de decembro de 2010.- O Concello informa de que o vindeiro luns, 3 de xaneiro, as Concellerías de Deportes e Xuventude organizan unha viaxe a cidade da Coruña para patinar sobre xeo. 

Tamén se aproveitará para dar unha volta pola Coruña

A actividade consta do seguinte programa: 

  • Saída as 10 de mañá da estación de autobuses.
  • 11.30: chegada á Coruña e recollida de material.
  • 12.00: entrada na pista de xeo para patinar.
  • 14.00 comida.
  • 16.00: paseo pola cidade herculina.
  • 18.00 saída da Coruña cara á Centenaria.
  • 19.30 horas chegada aproximada.
 

Inclúe: Viaxe en autobús ao Coliseo da Coruña, entrada no recinto de patinaxe, aluguer de material e monitores acompañantes. 

Esta actividade, está destinada a rapaces a partir de 6 anos. É obrigatorio levar luvas. 

Os rapaces deberán levar algo para comer. 
 

A actividade é gratuíta 

Máis información e inscricións no Auditorio Municipal (oficinas de deportes e xuventude) en horario de 9 a 14 horas ou no teléfono 981 835 650.

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical