6.7.11

Noia: as autoescolas participan nun programa de prevención do consumo de alcol e outras drogas ao volante

  • Este xoves, xornada en Outes sobre este asunto

Media_httpfarm5static_gtzzp

Noia, 6 de xullo de 2011. O Plan Comarcal de Prevención de Drogodependencias vén de desenvolver durante o mes de xullo o programa de prevención do consumo de alcohol nas autoescolas "Cambio de sentido". O obxectivo deste programa é mellorar a información do alumnado das autoescolas en relación aos riscos asociados á condución de vehículos baixo os efectos do consumo de alcohol e outras drogas.

Tamén se pretende incrementar a sensación de "vulnerabilidade persoal" derivada da condución dun vehículo tras consumir alcohol e outras drogas e, polo tanto, reducir o número de accidentes viais entre os mozos nos que intervén o alcohol e outras drogas.

Este xoves, 7 de xullo, terá unha lugar unha xornada de educación vial no Concello de Outes, a cargo de persoal da Agrupación de Tráfico cunha charla-coloquio na Autoescola Calo ás 10:00 h. e no Centro Social de Outes ás 11:00 h. Esta última vai destinada especialmente ás persoas maiores.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: reciben no Concello a Rubén Gómez, campión do mundo de piragüismo en categoría C1 Junior

Recepcin

Dodro, 6 e de xullo de 2011. O padeeiro dodrense -é natural de Teaio- fíxose coa medalla de ouro na Copa do Mundo de maratón de piragüismo que tivo lugar en xuño no histórico río Tíber de Roma.

Rubén Gómez competiu na categoría C-1 xuvenil e acadou a medalla de ouro, co que  culmina así unha gran tempada que xa tivo os seus precedentes no Campionato de España de maratón, no que conseguiu facerse coa segunda posición. A proba consistiu en cubrir 17,2 kilómetros distribuídos en catro voltas con outros tantos porteos.

A selección española de maratón, a cargo do técnico Juan Carlos Rodríguez, obtivo ademais outras 5 medallas, dúas de ouro, dúas de prata e unha de bronce. Delas nada menos que 4 medallas corresponden a palistas do equipo As Torres-Romaría Vikinga, ao que pertence Rubén. O Concello manifestoulle a Rubén a súa felicitación polo logro, que recoñece o seu esforzo.

Dodro xa ten, deste xeito, dous campións do mundo.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o Psoe local pronúnciase sobre a polémica do IES Coroso

Cultura: o Museo da Estrada pon en liña todos os números da súa revista cultural

Polo seu interese, achegamos estes dous artigos do primeiro número, que se pode consultar enteiro aquí. Trátase dun extenso artigo sobre os hórreos en Galicia, unha teima que en Certo sempre contribuímos a divulgar -dar a coñecer o noso patrimonio é un xeito de axudar a conservalo- e o outro, unha análise da obra gráfica do rianxeiro Castelao sobre A Estrada.

A bo seguro atoparán outros interesantes artigos nesta revista. Só teñen que buscalos en http://miscelanea.aestrada.com. Aproveitamos para darlle os nosos parabéns a este museo pontevedrés pola iniciativa e animamos a todos os museos e institucións que contan con revistas deste tipo a que as dixitalicen e as partillen na Rede, para que o noso patrimonio, a todos os niveis, deixe pegada.

Vía

Castelao na Estrada.pdf Download this file

Hórreos de Galicia.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

5.7.11

Ribeira: este sábado, 9 de xullo, xornada de Arousa Norte por un "litoral sostible"

Vía

Relacionada:

Miña terra, meu lar, opinión sobre o mantemento nulo do sinalamento turístico en Ribeira

Arousa_norte_en_ribeira

Ribeira Arousa Norte1.pdf Download this file

Ribeira Arousa Norte.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: bases do premio de poesía "Eusebio Lorenzo Baleirón" deste ano 2011

bases premio de poesia.odt Download this file


O ano pasado gañouno Luís Valle Regueiro (á esquerda). Entrevistámolo aquí

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: unha familia do Concello tamén participa no programa "Vacacións en paz"

Monina_benvida_shaharaui

  • A rapaza Monina Chej foi recibida hoxe no Concello
Dodro, 5 de xullo de 2011. O alcalde do Concello de Dodro, Valentín Alfonsín, acompañado pola concelleira de Servizos Sociais e Igualdade María Soledad Boga Grela e a concelleira de Xuventude e Familia María del Carmen Fernández Chavéz déronlle a benvida no Concello a Monina Chej e á súa familia de acollida este martes día 5 de xullo.

Monina é a única nena saharaui que residirá durante os dous meses de verán no Concello a través do programa “Vacacións en Paz”. Pese á mala situación económica pola que atravesa o concello, o equipo de goberno non quixo renunciar a esta actividade solidaria e cumpriu co convenio asinado coa asociación “Solidariedade galega co pobo saharaui” que permite traer a Monina a desfrutar do seu último verán en Galicia. A nena recibiu un pequeno agasallo de benvida e comentou que de “Dodro lle gusta todo  menos ter que ir ao médico”.

Relacionada:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: o Concello valora a asistencia á XIV Festa do Carneiro de Dodro

Media_httpfarm4static_fzaek

Dodro, 5 de xullo de 2011. A xornada da XIV Festa do Carneiro tivo lugar "cun grande éxito de acollida", manifestaron hoxe fontes do Concello. A asistencia dos moitos veciños que se achegaron á Fonte Primeiral e que ateigaron ata o 100% a carpa disposta, "serve para ratificar as sensacións do equipo de goberno que valora a xornada deste domingo con dobre satisfacción: tanto por confirmar a necesidade da recuperación desta Festa do Carneiro – en tanto que polo de atración sobre o noso municipio - como pola alegría de gozar con todos e todas os veciños e veciñas duns momentos de concordia, sentíndonos en todo momento como unha FAMILIA UNIDA", aseguran.

O Concello agradécelle particularmente a súa presenza "a todas as persoas que se achegaron de tódalas parroquias de Dodro, tamén desde lugares próximos (como a Pobra, Vilagarcía, Rianxo, Ribeira…) así como desde Asturias, Tenerife ou Arxentina. Non podemos deixar pasar a ocasión de agradecer tamén a colaboración de voluntariado, na campaña de publicidade e o arroupamento prestados por alcaldes doutros Concellos, o grupo de Protección Civil de Boqueixon e ao párroco que oficiou a misa cantada".

Críticas á oposición por non asistir

Segundo o equipo de goberno, "cabe tamén destacar a ausencia de outras agrupacións políticas, posto que a FESTA DO CARNEIRO supón a unión e o orgullo do Concello, sen diferenzas nin exclusións de ningún tipo, posto que é unha Festa por e para os Veciños de Dodro".
 
Desde o Concello sentiuse tamén "un grande orgullo por ter a oportunidade de felicitar, nesta xuntanza multitudinaria, ao campión do mundo de maratón en kaiak, na súa categoría, Rubén Gómez Rial. Máis alá do detalle do que se lle fixo entrega, o mellor que lle puidemos ofrecer foi un pechado aplauso de recoñemento por parte de todos os veciños alí reunidos, mostrando gratitude e agradecemento a Rubén por facernos partícipes dos seus numerosos éxitos. Foi así unha xornada de celebración, de sensacións compartidas alí presentes, o que nos leva a sentir tanta satisfacción polo grande éxito pola FESTA DO CARNEIRO", rematan.

Vía www.concellodedodro.org

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: 15 quilómetros de tubarías para preto dun milleiro de usuarios de gas natural

  • Contan con ter finiquitado o gasoduto a primeiros de 2012
Media_httpfarm1static_isdoq

Flickr de restmodern.de (Oliver Elser & Andreas Muhs)

A Pobra do Caramiñal, 5 de xullo de 2011. O director xeral de Gas Galicia, Javier Orviz, presentou hoxe ao alcalde de A Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, o proxecto de gasificación que se vai realizar no municipio e que permitirá que máis de 900 familias e comercios desfruten das vantaxes que ofrece esta enerxía.

Gas Galicia investirá 1,3 millones de euros na construción dunha rede de distribución de 15 quilómetros que fará posible levar o suministro de gas natural ao núcleo urbano de A Pobra a primeiros de 2012. A canalización descorrerá polas principais rúas do núcleo urbano e dará tamén suministro ao Polígono Industrial de A Tomada e á zona do porto.

Nestes intres, Gas Natural está a executar o ramal que conecta coa rede de distribución de Ribeira, que conta con suministro de gas natural dende o pasado mes de maio.

Pode que tamén lle interese:


Cultura: actividades para este verán 2011


Regata Rías Baixas: do 12 ao 14 de agosto

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Xadrez: Jorge Méndez, no posto 15 de cen e Marco Bravo, no 30 de 70 no Campionato de España Sub10 e Sub8

Jorge_mendez_rial_campen_galle

Na imaxe, Jorge Méndez, actual campión galego sub8, con Mireya Represa, campiona de España sub10, que é natural de Baiona (Pontevedra)

Rianxo, 5 de xullo de 2011. As xoves promesas do Distribunosa Xadrez Rianxo, Jorge Méndez Rial e Marco Bravo Rodríguez entraron no ránking dos mellores axedrecistas españois. Entre os días 24 de xuño e 3 de xullo pasados celebrouse no hotel Scala de Padrón o Campionato de España 2011 de categorías Sub8 e Sub10.

Na competición déronse cita os mellores axedrecistas nacionais. En representación do club rianxeiro acudiron Jorge Méndez e Marco Bravo, que realizaron un excelente campionato. Marco Bravo, en Sub8, é o primeiro ano que concorre a este tipo de competición e obtivo catro vitorias de sete partidas xogadas. Enfrontouse aos campións das comunidades de Canarias, Aragón, Catalunya, Baleares, Valencia e Andalucía. Obtivo o posto 30 no ránking dos 70 mellores clasificados.

Jorge Méndez, en Sub10, tivo unha sobresaínte actuación, pois venceu aos actuais campións de Asturias, Murcia e Madrid e só perdeu contra o campión valenciano e a actual campiona de España, Mireya Represa. Loitou polo campionato nacional ata a penúltima ronda, con nove partidas desputadas, das que sete foron contra xogadores con Elo Finde (categoría internacional) e venceu a cinco deles. Acadou a posición decimoquinta no ránking dos cen mellores clasificados.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical