2.4.12

Ribeira: a patrulla ciclista da policía local entra xa a funcionar

Ribeira, 2 de abril -na semana de paixón na que se queimaron as Fragas do Eume- de 2012.- Coincidindo coa entrada da Semana Santa, o Concello decidiu retomar a Patrulla Ciclista da Policía Local que se puxera en marcha no verán pasado. Catro axentes distribuídos en dous grupos velarán pola seguridade e o cumprimento das ordenanzas municipais, actuando en determinadas zonas que adoitan contar con gran afluencia de turistas e viandantes, como rúas peonís, paseos marítimos e outras zonas de praia.

 

O servizo prestado pola Patrulla Ciclista non se circunscribirá a estes días de festividade da Semana Santa senón que se prolongará máis aló, mentres o bo tempo imperante o faga necesario.

 

Na nubrada xornada de hoxe, os axentes estiveron a realizar a posta a punto dos seus vehículos e resto de equipación coa previsión de entrar xa en servizo mañá pola mañá, martes 3 de abril.

 

En principio os grupos funcionarán de forma alterna en quendas de mañá e tarde, sempre que outras necesidades da Policía non requiran a asistencia destes efectivos.

Patrulla Ciclista Policía Local.doc Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: máis de medio cento de asistentes á presentación de Máis Galiza

557357_3014576598794_109394509

Noia, 2 de abril -na semana de paixón na que arderon as Fragas do Eume- de 2012. Máis de medio cento de persoas asistiron o pasado venres día 30 de marzo á presentación de +Galiza en Noia. O acto foi presentado porLola Caramés, ex-concelleira de Cultura de Noia que recentemente foi elixida tamén como responsable comarcal do novo partido para a comarca de Muros e Noia. Lola Caramés indicou que +G pretende ser un partido dereferencia tanto en Noia como na comarca, onde xa conta con presenza

en todas e cada unha das localidades.

Tamén interviron o outense Manuel González, membro da Executiva Nacional de +G, quen presentou as liñas programáticas e de traballo de +G. Manuel González indicou que +G pretenden conectar con esa "grande maioría" de galegos e galegas que, descontentas co Partido Popular, non ven unha alternativa na que confiar nos partidos actualmente na oposición, PSOE e BNG.

Finalmente, Xoán Bascuas -secretario Xeral de +G, apuntou que +Galiza sitúase nas coordenadas da esquerda e do nacionalismos entendidos nun sentido amplo, tendo a defensa do Estado do Benestar e a aposta por un maior autogoberno, como eixos centrais. Do mesmo xeito, indicou que +G iniciará nos vindeiros días contactos co Encontro Irmandiño de Xosé Manuel Beiras así como coas persoas que impulsan o colectivo denominado Acción Galega, con Teresa Táboas ao fronte, para conformar unha alternativa electoral xa para as vindeiras autonómicas.

No debate posterior ás intervencións, as persoas asistentes tiveron un vivo debate onde expresaron a súa opinión sobre a iniciativa de +G e sobre a necesidade de impulsar unha nova alternativa política.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o 14 de abril, roteiro de sendeirismo con fotodenuncias

  • Organiza o colectivo medioambiental Boiroverde
Media_httpfarm4static_lrbtd

Carregueiros, con chuvia

Boiro, 2 de abril-na semana de paixón en que arderon as Fragas do Eume- de 2012-. Boiroverde levará a cabo o vindeiro 14 de Abril  unha ruta de sendeirismo con fotodenuncias. Tratarase dunha ruta circular, que comezará e terá o seu remate en Rebordelo, pasará por distintos puntos como Triñáns, o Chazo e as Praias de Carragueiros, ata completar uns oito quilómetros aproximadamente. As condicións de tránsito serán boas, din os organizadores, polo tanto a ruta será de dificultade baixa, apta para todos los públicos.


A fotodenuncia poderase realizar en diferentes puntos da ruta xa que pasa por diversos vertedoiros incontrolados. Colabora a asociación fotográfica Olláparo.


A asociación de senderismo Vintedous Pés tamén colaborou na planificación da ruta, aínda que polo momento non saben se poderán asistir presencialmente á propia ruta.


Nesta actividade poderá participar todo aquel que o desexe levando roupa cómoda, auga, gorra se fai sol e algo para picar no descanso que haberá na metade da ruta. Comezará ás 10 da mañá e está previsto que remate sobre a unha da tarde. Os interesados poderán anotarse no Centro Social de Boiro, no correo boiroverde2012@gmail.com ou no número de teléfono 981842635.


Tamén en Boiro:


Sendeirismo: o 7 de abril, de Río Grande a Río Beluso


14 de abril: curso sobre independentismo galego en Aturuxo


  Semana Santa 2012: programación relixiosa

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o pintor local Tantino expón do 5 ao 7 de abril

Cartel_exposicion_pintura

Rianxo, 2 de abril de 2012. A asociación Fogo Fatuo de Rianxo realizará unha exposición do pintor rianxeiro TANTINO os días 5, 6 e 7 de abril en horario de 17:00-19:00 horas no local da asociación, sito na rúa Hospital nº 24 baixo.

A inauguración da exposición vaise realizar o día 5 de abril ás 17:30 horas cun pequeno refrixerio para os asistentes.

Máis info:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Medio Ambiente: ante o incendio das Fragas do Eume, EQUO Galicia lamenta a queima do espazo máis emblemático das fragas Atlánticas galegas e pide responsabilidades

  • Tamén critican a vergoña dos tres partidos políticos con representación parlamentaria, botándose as culpas uns a outros do acontecido
http://farm4.staticflickr.com/3219/3131447676_e80c038450_z.jpg Galicia, 2 de abril de 2012. Ante o incendio que arrasa o parque natural das Fragas do Eume, a formación política EQUO Galicia quere manifestar a súa preocupación pola supervivencia deste espazo natural emblemático e agarda que se asuman as responsabilidades políticas derivadas da xestión desta perda irreparable. EQUO Galicia considera que o inicio do lume, e máxime se finalmente se demostra a súa intencionalidade, non se pode prever, pero parece incomprensible a lentitude na actuación inicial que provocou que cando chegaron os medios de extinción as lapas foran xa incontrolables. EQUO se pregunta si o espazo forestal senlleiro da biodiversidade galega, nun período de máximo risco de incendios, non contaba cun equipo permanente de control e vixiancia. As Fragas do Eume levan anos soportando múltiples agresións por invasión de especies exóticas, contaminación reiterada do río Eume, proxectos de minería a ceo aberto e minicentrais no seu contorno etc. Este incendio representa a suma dunha longa serie de despropósitos inimaxinables nun Parque Natural. EQUO Galicia lamenta finalmente o acostumado espectáculo do uso partidista dos incendios como ferramenta política, cando unha simple revisión do acontecido nas tres últimas décadas reflexan que nin PP, nin PSOE nin BNG son quen para poñer de exemplo a súa xestión nos períodos nos que o monte foi da súa responsabilidade.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o Torneo AGUIÑO 2012 celébrase este xoves 5 e venres 6 de abril no campo da Tasca

Antes anunciamos:


  Aguiño: o 5 e 6 de abril, torneo de fútbol base


Tamén se pode informar neste perfil de Facebook:


Ribeira, 2 de abril de 2012. Este ano a SD Xuventú Aguiño cumple o 40º Aniversario da súa fundación, e como ampliación da aposta clara deste clube coa iniciación ao deporte, queren celebralo con este Torneo de Fútbol Base, que se levará a cabo durante esta Semana Santa, concretamente o xoves e venres, días 5 e 6 de abril.

A SD Xuventú Aguiño, contando coa colaboración do Concello de Ribeira, e coa comprometida axuda das distintas casas comerciais e entidades mercantís do arredor, están a preparar un torneo especial, destinado ás categorías inferiores, a categoría Benxamín e a Prebenxamín.

"Estamos encantados co interese mostrado polos clubes participantes, que son: Abanqueiro, Aguiño, Arousa, Atl. Riveira, Boiro, Cabo de Cruz, Callobre, Carreira, Catoira, Compostela, Concello de Riveira, Conxo, Cordeiro, Crocha, Once Caballeros, Outes, Porto do Son, Puebla, Sálvora, Santa Mariña, Santiago de Compostela, Unión, Victoria e Xuventú Oroso; tamén esperamos estar ao nivel desexado de atención e acollida que se merecen; de cara a que poidan disfrutar duns días de ledicia, deporte e diversión con nós; e ao mesmo tempo que podan recrearse da tranquilidade e da paisaxe da parroquia e alrededores, para que non falten nestes días as sonrisas, os soños e a esperanza", explican os organizadores en nota de prensa.


Dentro do certame haberá uns 600 rapaces xogando e derrochando enerxía para poder gañar, pero tamén divertíndose, potenciando a súa personalidade como deportista e persoa, e facendo multitude de amistades, tendo como premisa que o realmente importante é  a participación, aseguran.


Competición:

Nº de xogadores: 15 por equipo + 3 directivos.

Catro Grupos, dous de cinco equipos e dous de catro equipos, que xogan entre si, clasificando o 1º e 2º de cada grupo que pasan a seguinte ronda de octavos, cuartos, semifinal e final.

Sistema de xogo F-7, seis xogadores + porteiro. Os xogadores sustituidos non poderán participar no mesmo partido.

Dous Tempos de 15 minutos contínuos con cambio de campo.

Día 5 de abril competición Prebenxamín, día 6 de abril categoría Benjamín.

Documentación: Envióuselles por correo aos equipos participantes un lote de tripticos co calendario, xunto cos teléfonos de restaurantes colaboradores co torneo, así como unha guía turística do Concello de Riveira, con lugares e sitios de interés para poder visitar.

Central de información: Habilitaráse unha carpa no recinto donde serán atendidas tódalas consultas referentes ao torneo, resultados de partidos, etc. Por persoal da organización.

Premios: Para o campeón e subcampeón, así como un agasallo de recordo do evento para cada club participante.

Instalacións: O torneo faráse no Campo Municipal da Tasca-Aguiño

                Os vestiarios ubicaranse no Conservatorio de Música, anexo ao Campo de fútbol, debidamente sinalizado.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ponte nas fragas do Eume


Ponte nas fragas do Eume
Cargado originalmente por xornalcerto

Ponte nas fragas do Eume

1.4.12

Follas que lamben as lousas


Follas que lamben as lousas
Cargado originalmente por xornalcerto

Follas que lamben as lousas. pode que hoxe fose o lume. :(

30.3.12

Ribeira: un cento de kaiakistas de mar de seis países participarán nunhas xornadas do 4 ao 8 de abril

 

  • Haberá dous expertos mundiais en kaiakismo extremo e cursos en mar e terra, travesías, conferencias, obradoiros e documentais

 

 

Ribeira, 30 de marzo de 2012.- Entre os días 4 e 8 de abril, un centro de kaiakistas chegados de seis países van recalar neste municipio para participar nunhas xornadas técnicas organizadas pola Asociación Galega de Kaiak de Mar, o colectivo referente neste deporte non só a nivel autonómico e estatal senón en toda Europa e Norteamérica pola calidade das súas iniciativas.

 

O presidente da entidade, Roberto García, acompañado dos concelleiros de Deportes e de Seguridade, Juan Luis Martínez e Víctor Reiriz, e do presidente da Asociación Sálvora José Antonio Sobrado (tanto o Concello como este colectivo colaboran na acción), foi o encargado de explicar o programa destas xornadas que teñen carácter bienal e que xa van pola terceira edición (as anteriores foron en Ortigueira no 2008 e en Muxía no 2010) e que cada vez contan cun número crecente de participantes.

 

O centro de kaiakistas desta convocatoria proveñen de Canadá, Alemaña, Holanda, Francia, Portugal e de toda a xeografía española, incluíndo as Canarias. Ao longo dos 5 días de programa terán oportunidade de participar en multitude de actividades, que están distribuídas en cursos en mar (bautismos, surf, técnicas de paleo, rescates, desembarcos, esquimotaxes, navegación en correntes e kaiak para nenos), cursos en terra (ioga, comunicacións, primeiros auxilios), rutas-travesías (Coroso/Illa de Rúa/Illa Irós, Illa de Sálvora, Illa de Arousa e Illa de Ons) e talleres (reparación en fibra, tuiliks).

 

Un dos acontecementos máis relevantes é a participación de dous dos maiores expertos mundiais en kaiakismo extremo: os canadenses Marty Perry e Rowan Glog, fundadores dos Hurricane Riders, un grupo de practicantes deste deporte que actúa ao oeste do Canadá, no territorio da Columbia Británica. Ambos non só participarán como instrutores nas travesías, senón que ademais impartirán unha conferencia sobre o seu labor e proxectarán o documental “The Night Squad”, ademais de aproveitar a súa visita para gravar imaxes para os seus próximos filmes.

 

A charla e a emisión do filme dos Hurricane Riders terá lugar o sábado pola tarde no Hotel Rio Azor, emprazamento en que nos días previos (xoves e venres) haberá outras conferencias sobre temas tales como o Parque Nacional Illas Atlánticas  (a cargo de Vicente Piorno, técnico deste espazo protexido), sobre o Manuel de Boas Prácticas que se está a elaborar (con Benito Lourido como relator) e sobre a Bretaña Francesa (cun documental que presentará Manolo Pastoriza). Tamén haberá un simulacro de rescate coa participación de Salvamento Marítimo, faranse uns Xogos Esquimais e se realizarán actividades para nenos e acompañantes: barranquismo, rafting, sendeirismo, contacontos...

 

Razóns para escoller Ribeira


Sobre as razóns polas que a asociación escolleu este municipio por enriba doutros, Roberto García resaltou a idoneidade de Ribeira por reunir unhas condicións “inigualables” para a práctica do kaiak de mar, na entrada da ría máis grande de Galicia; por estar inmersa no “corazón” do Parque Nacional das Illas Atlánticas e por ser o concello máis importante da comarca, con servizos suficientes para aloxar aos participantes.

 

O edil Juan Luis Martínez destacou a idoneidade de albergar estas xornadas para cumprir cun dos obxectivos do Concello, que é o fomento das actividades no medio natural.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: escolares de Frións tiveron como guía ao alcalde nunha visita ao Concello

 

Ribeira, 30 de marzo de 2012.- Dezaseis alumnos de 4º de Primaria do CEIP de Frións efectuaron esta mañá unha visita a Casa do Concello. Os rapaces, de catro nacionalidades distintas, estiveron acompañados dos seus profesores e do director do centro, Luís Teira -ata hai nada concelleiro do Bng na Corporación-.

 

No transcurso da súa visita tiveron oportunidade de coñecer as distintas dependencias en que se distribúe o inmoble, tales como as oficinas xerais, a área de urbanismo ou a parte reservada ao arquivo. A responsable do Servizo de Normalización Lingüística, Alicia Padín, exerceu de cicerone durante o percorrido polas distintas estancias, no que tamén estivo a concelleira de Educación, Mª Carmen Vizcaya.

 

Como corolario da súa visita coñeceron o despacho do alcalde, no que foron recibidos polo propio Manuel Ruiz, e a continuación, acudiron ao salón de plenos do Consistorio, onde o rexedor se someteu ás preguntas que lle quixeron facer os nenos en torno a cuestións como a de como é o día día dun alcalde ou ás dificultades de conciliar a vida persoal coa laboral.





 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical