12.3.13

Noia: a Fiscalía investiga as verteduras no río San Xusto que afectaron á traída

FISCALIA.pdf Download this file


Noia, 8 de marzo de 2013. A petición do PP de Noia convocouse Xunta de Voceiros extraordinaria urxente o 18 de febreiro para tratar as verteduras continuadas ao río San Xusto. Nela acordouse por unanimidade de todos os grupos poñer en coñecemento de todas as administracións os datos que dispón o concello relativos a estes incidentes que obrigaron a tomar medidas coa auga da traída, pois os noieses beben desta corrente de auga.

En concreto, no que atinxe á vertedura provinte dun recheo segundo o informe do SEPRONA, o Concello remitiu a documentación a Augas de Galicia, Axencia de legalidade urbanística, Conservación da Natureza (organismos dependentes todos da Consellería de Medio Ambiente) e á fiscalía medio ambiental.

Agora a fiscalía vén de decretar incoación e apertura de dilixencias. Como se observa no documento adxunto, nese decreto ante os feitos denunciados, que poden ser constitutivos de delito, oficiouse á Consellería de Medio Ambiente solicitude de informe sobre se a empresa Puentes y Calzadas cometeu algunha irregularidade no depósito de material de rexeite da construción da ponte sobre a ría, ao estar sometida esta construción a unha declaración de impacto ambiental.

Este recheo, que cando foron os feitos non tiña licenza de obra, coas intensas chuvias deste inverno provocou que parte do material de sedimentación chegara ao río San Xusto de onde capta auga o Concello de Noia, o cal provocou problemas no subministro do vital elemento.

O alcalde, Rafael García Guerero, quixo destacar "a axilidade e atención coa que traballou a fiscalía neste asunto" e agradece, asemade, "a dilixencia co que están actuando desde o sistema xudicial".




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

#8demarzo Poema de Gioconda Belli (Día Internacional da Muller)














Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: actividades relixiosas de Semana Santa, do 16 ao 31 de marzo

  • Promovidas pola cofradía "Irmandade da Paixón de Cristo"
  • Se quere ver a revista completa de Semana Santa, témola aloxada aquí

Impulsora

A Irmandade da Paixón de Cristo é unha asociación sen ánimo de lucro nacida en febreiro de 2011. Os seus estatutos foron aprobados po-lo Arcebispo de Santiago de Compostela o 5 de febreiro de 2011.

As finalidades desta Irmandade son:

1-Promover e impulsar todas as tradicións e actos que se celebran na parroquia de Sta. Comba de Rianxo durante a Semana Santa.

2-Animar á participación activa dos rianxeir@s en todos os actos desas datas.

3-Coidar e conservar, na medida das súas posibilidades, imaxes e demais elementos relacionados coa Semana Santa rianxeira.


Pódese contactar con esta entidade relixiosa no seu facebook, en http://www.facebook.com/pages/Irmandade-Da-Paixon-De-Cristo/279917485395441

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: homenaxe sorpresa a catro veciñas co gallo do Día Internacional da Muller

  • Esperanza Citoula Fabeiro de Traxeito, Josefa Agrasar Diz de Revixós, Mª  Isabel Francisco Saborido de Traxeito e Felisa Rey Lorenzo de Bexo están consideradas "piares das súas familias"

Dodro, 8 de marzo de 2013. O acto, moi concorrido, celebrouse no Salón de Plenos do Concello e estivo presidido polo alcalde Valentin Alfonsín e a concelleira de Servizos sociais e igualdade Marisol Boga.

Comezou coa presentación á veciñanza do Protocolo municipal contra a violencia de xénero para continuar coa homenaxe a catro veciñas de Dodro e que ata ese momento descoñecían que ían ser homenaxeadas e se achegaron ao concello coa complicidade de familiares. A historia da vida de cada unha de elas foi narrada por un familiar achegado vivíndose momentos de moita emoción. "A Esperanza Citoula Fabeiro de Traxeito, a Josefa Agrasar Diz de Revixós, a Mª  Isabel Francisco Saborido de Traxeito e a Felisa Rey Lorenzo de Bexo, MOITAS FELICIDADES por esta merecida homenaxe", sinala en nota de prensa a concelleira de Servizos Sociais.

A vida destas mulleres que recibiron este merecido recoñecemento e que por distintas circunstancias foron e seguen sendo “o pilar dunha familia”, quedará xa para sempre plasmada nuns lenzos que despois deste acto estarán expostos no Concello. As homenaxeadas recibiron unha réplica do lenzo, diploma e ramo de flores. O acto rematou coa narradora Charo Pita e todas as mulleres recibiron un agasallo.















Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

11.3.13

Noia: "Coetus" explicará á rapazada noiesa a historia dos instrumentos musicais este martes 12

www.youtube.com/watch?v=gIDGLBagTd4

Noia, 11 de marzo de 2013. Mañá, martes 12 de marzo,  a concellería de Cultura organiza un concerto no Liceo de Noia co grupo Orquesta de Percusión Ibérica COETUS. Será ás doce do mediodía, e por espazo dunha hora, nun concerto dirixido a nenas e nenos de segundo, terceiro e cuarto de ESO e primeiro e segundo de Bacharelato. Asistirá alumnado dos institutos "Virxe do Mar" e "Campo de San Alberto", así como rapaces dos colexios privados "María Assumpta" e "Jaime Balmes".

O grupo "Coetus" explicará a historia dos instrumentos musicais que utiliza, nos que hai dende ferramentas agrícolas ata elementos naturais -mesmo herbas- coas que se poden crear sons.

www.youtube.com/watch?v=1ooxOZnfF44

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Motor: o trial galego ten un dos seus maiores patrocinadores en Rianxo, que podería acubillar unha proba do Campionato Galego en 2014

Imaxes: Xoán Antón Castro, de FotosdeRianxo.com

  • Trátase da cafetería Toffe desta localidade, que patrocina ao Club de Motociclismo Teo

Media_httpfarm9static_obmez

Media_httpfarm9static_nybhj

Media_httpfarm9static_mpgjc

Imaxes de grupo dos integrantes do C.M. Teo

Rianxo, 11 de marzo de 2013. O club de motociclismo Teo (C.M. Teo) presentou o pasado sábado, 9 de marzo, a súa escadra de pilotos na cafetería Toffe, o seu principal patrocinador para a tempada deste ano. Na presentación estivo de invitado o alcalde rianxeiro, Adolfo Muíños.

A meirande parte dos pilotos deste motoclub -o que máis aspirantes presenta para os títulos a desputar- estiveron presentes, entre eles os integrantes que este ano compiten no Campionato Galego de Trial: Víctor Pérez, José A. Botana, Javier Neo, J. Carlos Waldomar, Manuel Mella, Alberto Fernández, Luís Piñeiro, Pablo Gontán, Álvaro Pérez, Martín García, Brais Mirón e o propio patrocinador, David Alcalde. A seguinte competición vai ser o vindeiro domingo, 17 de marzo, en Bueu, na que xa é a segunda carreira da tempada.

Un dos responsables principais da organización, transporte, trámites federativos e demais requisitos para competir é Casimiro García, vello coñecido no mundo trialeiro. Ademais dos pilotos e o director deportivo estiveron na cita de presentación os mecánicos especializados do motoclub, representados por Alfonso Montoto -Moto 93- e os mochileiros dos pilotos, Juan Ordóñez e Pepe. Xunto a todos eles estiveron a familia e os amigos que apoian este deporte de motor.

Media_httpfarm9static_haddk

Media_httpfarm9static_ijzog

 

Bo resultado de Barbanza o pasado 24

A primeira carreira da tempada foi o pasado 24 de febreiro en Entrimo. Os pilotos barbanzáns acadaron bos resultados, sobre todo polo podio de Juan Carlos Waldomar, que rematou de segundo a proba e de Javier Neo, que rematou cuarto na categoría TR35. En TR4 quedaron ás portas de subirse ao podio os pilotos Álvaro Pérez e Brais Mirón, que foron cuarto e quinto respectivamente.  

Campionato Galego de 2014 en Rianxo    

 Os representantes do Motoclub Teo aproveitaron a ocasión para exponerlle ao Alcalde rianxeiro a idea de poder organizar para a tempada 2014 unha proba deo Campionato Galego en terras de Castelao, ao cal o Alcalde se sumou e se puxo á disposición para que este proxecto chegue a bo porto.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: bases do certame de pintura ao aire libre "Juan José Fernández Leiceaga -Sesé-" do 27 de abril

Media_httpfarm9static_jdglj





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: este xoves, 14 de marzo, no Liceo, proxección de "Con etiqueta"

Rianxo: actividades relixiosas de Semana Santa, do 16 ao 31 de marzo

  • Promovidas pola cofradía "Irmandade da Paixón de Cristo"
  • Se quere ver a revista completa de Semana Santa, témola aloxada aquí

Media_httpfarm9static_uccca

Media_httpfarm9static_zefay


Impulsora

A Irmandade da Paixón de Cristo é unha asociación sen ánimo de lucro nacida en febreiro de 2011. Os seus estatutos foron aprobados po-lo Arcebispo de Santiago de Compostela o 5 de febreiro de 2011.

As finalidades desta Irmandade son:

1-Promover e impulsar todas as tradicións e actos que se celebran na parroquia de Sta. Comba de Rianxo durante a Semana Santa.

2-Animar á participación activa dos rianxeir@s en todos os actos desas datas.

3-Coidar e conservar, na medida das súas posibilidades, imaxes e demais elementos relacionados coa Semana Santa rianxeira.


Pódese contactar con esta entidade relixiosa no seu facebook, en http://www.facebook.com/pages/Irmandade-Da-Paixon-De-Cristo/279917485395441

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

9.3.13

Dodro: homenaxe sorpresa a catro veciñas co gallo do Día Internacional da Muller

  • Esperanza Citoula Fabeiro de Traxeito, Josefa Agrasar Diz de Revixós, Mª  Isabel Francisco Saborido de Traxeito e Felisa Rey Lorenzo de Bexo están consideradas "piares das súas familias"

Dodro, 8 de marzo de 2013. O acto, moi concorrido, celebrouse no Salón de Plenos do Concello e estivo presidido polo alcalde Valentin Alfonsín e a concelleira de Servizos sociais e igualdade Marisol Boga.

Comezou coa presentación á veciñanza do Protocolo municipal contra a violencia de xénero para continuar coa homenaxe a catro veciñas de Dodro e que ata ese momento descoñecían que ían ser homenaxeadas e se achegaron ao concello coa complicidade de familiares. A historia da vida de cada unha de elas foi narrada por un familiar achegado vivíndose momentos de moita emoción. "A Esperanza Citoula Fabeiro de Traxeito, a Josefa Agrasar Diz de Revixós, a Mª  Isabel Francisco Saborido de Traxeito e a Felisa Rey Lorenzo de Bexo, MOITAS FELICIDADES por esta merecida homenaxe", sinala en nota de prensa a concelleira de Servizos Sociais.

A vida destas mulleres que recibiron este merecido recoñecemento e que por distintas circunstancias foron e seguen sendo “o pilar dunha familia”, quedará xa para sempre plasmada nuns lenzos que despois deste acto estarán expostos no Concello. As homenaxeadas recibiron unha réplica do lenzo, diploma e ramo de flores. O acto rematou coa narradora Charo Pita e todas as mulleres recibiron un agasallo.
















Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical