19.4.10
Motor: xa están subidos os vídeos de accidentes do Rali de Noia 2010
Máis que accidentes, incidentes, pois non houbo nada que lamentar...
http://certo.es/index.php?page=rali_de_noia_2010
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Turismo: colgada en Issuu a Guía de Museos de Arousa Norte
Arousa Norte confórmana Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira. Non temos moitos museos non. E os que temos tampouco é que sexan moi visitados e innovadores. Pero por algo hai que comezar...
Se non atopan a ligazón: http://issuu.com/nellriveira/docs/museosan
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
A Pobra: charla informativa do PSOE o martes 20 de abril sobre as afeccións do Plan de Ordenación do Litoral
Sr. Isaac, presente alegacións e pelexe polos seus veciños que para eso lle pagan".Relacionada:
POL e PXOM: "axeitado encadre", segundo a Xunta
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Rianxo: curso sobre linguaxe non sexista, o 20, 22, 27 e 29 de abril na casa da cultura, para tódolos públicos
Rianxo, 19 de abril de 2010. Dende Servizos Sociais estase organizando un curso de linguaxe non sexista para profesionais da administración pública, subvencionado pola Deputación da Coruña. Débido ao número de prazas libres ofértase a todo o público.
Datas: Martes 20 e 27, Xoves 22 e 29Horario: de 14:00 a 15:00 horas
Lugar: Casa da Cultura. Auditorio
Información e inscrición: Servizos Sociais (Estrada de Tanxil, 12). Teléfonos 981860061 e 667185593
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Noia: organizan un curso de atención a doentes de cancro e familias o 3 de maio
Noia, 19 de abril de 2010. A Concellería de Sanidade do Concello de Noia, dirixida por Rosa Ana Mariño, organiza un CURSO DE ATENCIÓN PSICOSOCIAL EN DOENTES ONCOLÓXICOS E FAMILIAS, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro e a Asamblea Local da AECC en Noia.
O obxectivo de dito curso, explícanos o traballador social de Noia David Saavedra, "é ofrecer información e ferramentas para afrontar a enfermidade do cancro tanto a nivel individual como a nivel das familias das persoas doentes. O curso vai dirixido tanto a profesionais como aquelas persoas interesadas nesta enfermidade". O lugar de realización será a casa de cultura "Antón Avilés de Taramancos" e o día, o 3 de maio pola tarde. Para máis información e inscribirse, están estes métodos:Correos electrónicos: saudenoia@gmail.com; saavedrapino@gmail.com Teléfono: 609.82.31.3416:30 – 18:00 Marcos Calvo. Psicólogo. AECC (Santiago). Aspectos psicolóxicos en oncoloxía. Habilidades de comunicación no proceso da enfermidade do cancro. Abordaxe do doente e da familia. 18:00 – 18:30 Descanso.18:00 – 20:00 Ana Isabel Guillén. Traballadora Social. CHUS. Aspectos sociais en oncoloxía. Recursos.20:00 – 20:30 Conclusións e peche do curso.Darase un certificado de asistencia expedido pola Concellería de Sanidade do Concello de Noia.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Deportes: segunda ronda de la Copa Galicia de voleibol
Foto de crónica anterior, por Andrés Araña, aquíBoiro, 19 de abril de 2010. Buen fin de semana, en el que 2 de los 3 equipos del Boiro Voleibol se clasificaron para la ronda final de Copa Galicia.
Nueva victoria para nuestros jugadores por un tajante 0-3: 17-25/20-25/22-25.
Fue un partido marcado por la igualdad en los primeros compases de los sets. La efectividad en ataque y saque hacían que los chicos del Hipescar se llevaran el partido. Los jugadores del Comercial Durán pusieron bastane resistencia, pero no fue suficiente para conseguir algún set, del mismo modo que en el partido de ida.
Jugaron por el Hipescar: Eiras, Iago, Dani, Frigu, Víctor, Migui y Chicho. También jugaron Andrés y Gustavo.Así, el Hipescar se clasifica para la ronda final de esta primera fase, que se jugará el 15/05/2010, seguramente en Ourense. Los equipos clasificados, además del Hipescar son: Arqo Rianxo, Intasa San Sadurniño y C.V. Ourense. Habrá dos semifinales por la mañana (HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL - ARQO RIANXO Y C.V. OURENSE - INTASA SAN SADURNIÑO), y por la tarde se enfrentarán perdedores y ganadores. Esta eliminatoria decidirá quiénes son los rivales de los equipos de la 2ª Fase: C.V. Vigo A, Emevé Lugo, Turismo de Vigo y C.V. Vigo B.
También victoria para nuestras chicas del Ojea, por otro contundente 0-3 (16-25/14-25/15-25). Las chicas del Ojea volvieron a dominar el encuentro de principio a fin. La efectividad en saque y ataque, unido a la buena defensa no dieron ninguna opción a las pontevedresas, que pese a defender muchos ataque no pudieron culminar con éxito los ataques.
Jugaron por el Ojea: Sandra, Patty, Rebe, Luci, Carla, María y Anael. También jugó Fany. Fueron bajas: Angela, Carolina, Sara y Kate. Así, también el Ojea se clasifica para la ronda final, pendiente de conocer frival, que saldrá del choque entre el Universitario A Coruña y C.V. Zalaeta. En la otra semifinal se encuentran el C.D. Conxo y el Pinguela B de Monforte, que dio la sorpresa al dejar fuera de la ronda final al C.V. Ourense. De la clasificación final de esta fase saldrán los cruces con los equipos: Ribeira Sacra A, Emevé Lugo, Ageco Marineda y Turismo de Vigo.
Desgraciadamente, nuestros jugadores del Redesyl no tuvieron la misma suerte, siendo derrotados por el Intasa San Sadurniño por 0-3 (14-25/16-25/20-25).
Mal partido de nuestros chicos del Redesyl frente a un rival superior. Sólo en el último set nuestros jugadores del REdesyl se acercaron algo en el marcador. Los numerosos errores locales no dieron mayor problema al SanSadurniño, que pasaba la eliminatoria con facilidad. Jugaron por el Redesyl: Mechas, Alén, Juan, Doc, Marcos, Antón, Diego y Fran. Ahora toca un tiempo de descanso para nuestros jugadores, aunque seguirán preparándose para la ronda final.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
18.4.10
Política: tralo cese de perfil baixo na Xunta polo escándalo das oposicións, o Psoe ataca polo flanco dos inspectores urbanísticos
O Psoe cre que o cese de Eduarda Varela é unha simple operación para non danar ao actual Director Xeral de Función Pública, que é o que debería dimitir segundo eles. Dase a casualidade de que este posto está ocupado por José María Barreiro, home de confianza do máximo dirixente do PP por A Coruña, Carlos Negreira. A proximidade das eleccións municipais poría nun grave apreto ao partido se saca da súa alta cadeira política a Barreiro. Nembargantes, os líos coas oposicións non rematan aquí. Deixámolos coa nota íntegra do Psoe sobre o silencio da Xunta no caso de 18 inspectores urbanísticos que aprobaron hai 13 meses e seguen agardando na casa para que os "coloquen". Se iso non bastase, opositores a Enxeñeiros de Camiños tamén ven adiado o seu último exame sen causa aparente.
Santiago de Compostela, 18 de abril 2010. O Viceportavoz do Grupo Parlamentario Socialista, José Manuel Lage, presentou unha Proposición non de Lei co obxecto de pedir dende o Parlamento que “o goberno galego proceda ao nomeamento inmediato, como funcionarios da inspección urbanística aos 18 opositores que aprobaron limpamente as probas de seleccion fai agora máis de 13 meses”.
Lage Tuñas entende que “as oposicións da Xunta de Galicia están sendo noticia diaria pola neglixente actuación do goberno galego, e tódolos días coñecemos un novo caso onde ou hai anomalías, ou sospeitas de irregularidades ou ben se producen retrasos inxustificados na resolución das probas de acceso ao emprego público”.
O viceportavoz do Grupo Socialista, José Manuel Lage, denuncia “o silencio incomprensible da Xunta de Galicia diante do caso dos 18 inspectores urbanísticos que levan un ano agardando a que o goberno galego lles asigne a súa praza como funcionarios”.
”O Goberno galego segue mudo, sin dar noticias, fai máis dunha semana que levamos esperando e non deron unha soa explicación sobre o motivo polo que non se lle asigna a súa praza de funcionarios aos 18 opositores que gañaron a súa praza de inspectores urbanísticos”. Lage Tuñas advirte tamén que 23 opositores a Enxeñeiros de Camiños da Xunta levan máis de dezaseis meses agardando pola convocatoria do último exame das oposicións e “aínda non temos unha soa explicación sobre o que sucedeu para esta inxustificada demora que se une a unha catarata de neglixencias na dirección xeral da función pública”.
O deputado do PSdeG recorda que dende o pasado 29 de xaneiro de 2009, 23 opositores ao corpo de enxeñeiros da Xunta de Galicia levan agardando que se convoque o último exame das probas de acceso ao grupo A1, escala administración especial, de enxeñeiros de camiño. “e seguimos sin coñecer a causa que pode xustificar un retraso vergonzoso na resolución dun exame para 23 persoas. Van máis de dezaseis meses, e a terceira proba e definitiva sigue sin ser convocada”.
O viceportavoz socialista insiste en considerar que “o goberno ten que resolver o grave problema que hai na Función Pública, xa que o continuo goteo de escándalos, anomalías, irregularidades, retrasos inxustifcados, está minando a credibilidade da Xunta de Galicia día a día”.
Lage Tuñas explica que ”a conselleira de Facenda ten unha serie de competencias: se non as exerce e cesa ao Director Xeral da Función Pública estará sendo cómplice da situación e será ela mesma a que terá que asumir directamente as responsabilidades polo Expedente X no que se estan convertendo ás oposicións á Xunta de Galicia”
“Non vale con cesar a unha funcionaria-subdirectora xeral da Función pública, é preciso que destituian ao director da función pública e tomen decisións contudentes para resolver a parálise na que se atopan as oposicións da Xunta de Galicia”.
O PSdeG recórdalle a Núñez Feijóo que a situación estase deteriorando día a día e “o feito de que se están convertendo as oposicións da Xunta de Galicia en continua noticia negativa”. Para o dirixente socialista “os continuos escándalos arredor das oposicións á Xunta están xerando unha gran alarma social e introduce unha enorme desconfianza en moitas persoas que están optando a un emprego público con moito sacrificio persoal, e estudando moitas horas” asegura Lage Tuñas.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Deportes: a carreira de O Corgo, en Corrubedo, xa en Picasa
Case todas nesta lameira: que engado tiña para que ata este corredor se axeonllara? Compróbeno en
http://picasaweb.google.es/mauxicass/OCorgoCorrubedo2010
Hai 173 imaxes.
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Boiro: un vídeo rodado en Monte Kondón?
"koopertboiro — 16 de abril de 2010 — esta ostia foi rodada por leonelox no monte kondôn de playa jardin en boiro . o salto era de 2.60m pero kedeime...", explica o que subiu o vídeo ou o protagonizou.
Estas descubertas son, cando menos, divertidas...
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia












