22.7.10
Turismo: Arousa Norte promocionará esta bisbarra con roteiros literarios e material accesible para cegos
Para levar o programa Roteiros literarios en Arousa Norte deseñarase unha temática e uns contidos específicos para cada ruta, así como a promoción das mesmas. Do mesmo xeito, lanzarase a iniciativa Turismo accesible para persoas con discapacidade visual en Arousa Norte contará con actividades e servizos para paquetes adaptados, adecuaranse os contidos as necesidades específicas do colectivo e se captarán empresas para que se adhiran aos paquetes turísticos.
Doutra banda, sensibilizarase aos veciños da zona na importancia de preservar e poñer en valor un patrimonio que, ademais de ter unha clara proxección turística coa correspondente incidencia económica nesta comarca, é importante dende o punto de vista natural e cultural. Estas actuacións divulgarán a realidade e potencialidade grupo de vilas, como receptores dun turismo de calidade e que incidan no seu maior desenvolvemento e coñecemento no exterior. A Mancomunidade de Municipios de Arousa Norte, composta polos concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira, é, segundo a Xunta, unha zona única especial en Galicia cunha alta proxección turística baseada no patrimonio marítimo, paisaxe, gastronomía, cultura e profesións tradicionais vinculadas ó mar, cun valor engadido de complementariedade dos oficios tradicionais coa promoción turística. As actuacións insírense nun conxunto de medidas adoptadas dentro dun plano de promoción e mellora turística en áreas que permitan a optimización máxima dos recursos.Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia: preguntan no Parlamento que ocorre co aparcadoiro soterrado que se proxectaba para as inmediacións do parque de Rosalía de Castro
O aparcadoiro soterrado ía estar ubicado nas inmediacións do recén remodelado parque de Rosalía de Castro
Por outra banda, o alcalde informou de que nesta anualidade de 2010 o Concello pagou á Deputación da Coruña 97.000 euros pola recadación do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI). Este é o único imposto que Noia delegou nas oficinas da Deputación e hai intención de aprobar en pleno non prorrogar este convenio a partires do próximo ano. Boa parte dos concellos coruñeses (a maioría) teñen delegada a recadación de impostos, taxas e multas na Deputación de A Coruña, motivo polo cal teñen que ceder un 5% do obtido.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Colaboración: Julio César González Pagés aborda la discriminación de las gallegas en Cuba hasta la mitad del siglo XX
Padrón, Galicia, 1925. Foto de Ruth Matilda Anderson. En el trabajo adjunto del historiador cubano González Pagés se revelan las burlas a las campesinas gallegas en los medios culturales cubanos, tanto en películas como en medios de comunicación.
Vendedoras de castañas. 1926. Foto de Ruth Matilda Anderson que se puede ver la exposición itinerante "Unha mirada de antano", en las sedes de la Fundación Caixa Galicia
Quién es Julio César González Pagés? Lo entrevistamos hace poco en Certo:
Julio César González Pagés escribió "Gallegas en Cuba"
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: reciben no Concello aos nenos saharahuis acollidos polo programa "Vacacións en Paz"
Ribeira, 22 de xullo de 2010. José Luis Torres Colomer, alcalde ribeirense, e a concelleira de Acción Social, María Esther Patiño Rey, recibiron hoxe aos dous nenos saharauis que se atopan neste concello na época estival con motivo do programa Vacacións en Paz.
Os nenos, de nome Nayem Mohamed Embarec e Larousi Mohamed Lamhin, procedentes do campamento de Tindouf (Arxelia) están sendo acollidos polas familias de María Jesús Pérez Sampedro (de Carreira) e de Manuela García García (de Ribeira). Este é o terceiro verán que pasan entre os ribeirenses. Nesta ocasión estarán ata comezos de setembro.
O Concello leva máis dunha década colaborando co programa “Vacacións en Paz”, que está impulsado pola Delegación e as Subdelegacións do Goberno en Galicia, a Subdirección do Menor da Vicepresidencia da Xunta, a Consellería de Sanidade e as Deputacións Provinciais e Concellos.
Preséntase como un marco de solidariedade e axuda desinteresada co fin de propiciarlles aos nenos e nenas saharauis unha estancia agradable e humanamente satisfactoria, ofrecéndolles unha posibilidade de coñecer formas distintas de vida, de maneira que iso contribúa non só na súa formación senón tamén a mellorar e potenciar a comunicación e o entendemento entre as poboacións de España e o pobo saharaui.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Rianxo: queixas do empresariado sobre o xeito de licitar obras e servizos por parte da alcaldía
Rianxo, 22 de xullo de 2010. O grupo municipal do BNG de Rianxo vén de recibir diferentes protestas de empresarios rianxeiros pola falta de transparencia na adxudicación de obras e servizos en Rianxo. "O abuso e case que recurso sistemático ao procedemento negociado sen publicidade fai que o alcalde teña o control exclusivo sobre as empresas ás que solicita orzamentos para obras e suministros e controla discrecionalmente a participación nas obras a executar no municipio", afirman os nacionalistas.
Do mesmo xeito, criticaron a escasa participación de empresas locais, (por outra parte un número reducido e case sempre as mesmas), e o recurso a empresas de fóra para executar obras dos diferentes plans en marcha. "O control absoluto de alcaldía destas adxudicacións fai que apenas se aforre diñeiro para as arcas públicas: o importe do contrato coincide apenas uns euros menos co importe da adxudicación no que semella case que un importe pactado coa empresa e non redunda na escolla das ofertas máis vantaxosas", sosteñen os frentistas.
"A falta de publicidade previa do que se vai licitar impide ás empresas locais actuar en igualdade de condicións perante os proxectos a ofertar: por moi legal que poida ser o sistema escollido non deixa de ser cuestionábel o recurso sistemático a este modelo pechado que impide a libre e pública concorrencia", explican dende o Bng, que é partidario de implantar un sistema máis transparente de licitación e adxudicación das obras e dos suministros, primando ás empresas locais, e entre elas escoitar as mellores ofertas. Tamén cren que é a mellor maneira de garantir dous obxectivos: o primeiro, primar a oferta máis ventaxosa e, segundo, impulsar a contratación de parados de Rianxo nas obras que se realizan no concello. O BNG demandará que se modifique o sistema e o recurso a procedimento negociado se realice só de forma excepcional, cando as circunstancias por razóns de urxencia ou natureza especial da obra así o aconsellen.
Pero é unha constante recorrer desde o executivo do PSOE a un proceso pechado de pedir tres orzamentos, na que eles deciden a que tres empresas se lle piden propostas e deste xeito sempre se manexa directamente a quen se lle concede a actuación. Diriase que así se gaña en eficacia, pero tampouco é así pois as obras tardan igualmente ou quedan anos en stand by, interminábeis ou agardando períodos electorais para acabalas.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: blogs de Jontxu Argibay e imaxes da súa última creación
A placa antes de ser colocada Ribeira, 22 de xullo de 2010. O pasado 16 de xullo, festividade do Carme, tivo lugar a colocación dunha placa en conmemoración do aniversario do salvamento do Debonair. Un barco do que lles contamos a historia aquí. O artista que fixo esta placa é Jontxu Argibay, que actualiza cos seus traballos dúas bitácoras en Blogger: http://arteleira.blogspot.com (partíllaa co seu socio, José Gude) http://pindrions.blogspot.com (o blog das súas creacións persoais)
A placa, no lugar onde se pode ollar agora en Corrubedo Se quere saber máis de Jontxu Argibay (curriculum completo), aquí
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
21.7.10
Opinión: a vida como unha pequena soneca da que algúns nin se decatan, segundo J. E. Bóveda
(...) que se imaxinen vivindo dentro dunha curtametraxe dramática costumista, onde non poidan sobordar os ángulos de cámara, nin cambiar os encadres, nin persuadir ás personaxes de que salten o guión aínda que só fose un momentiño, nin vivir máis dos seis minutos que dura a cinta, nin sequera ver máis cores que o adusto branco e negro (case sepia) que a historia posúe".
O artigo completo en http://certo.es/index.php?page=metaficcion
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Porto do Son: o Partido Popular avanza o plan para actuar no castro de Baroña e critica que o goberno lle bote a culpa polos verquidos
TOMÉ ANUNCIA O INMINENTE COMENZO DAS OBRAS DE ACTUACIÓN NO CASTRO DE BAROÑA.*A ACTUACIÓN FOI UNHA DEMANDA DO GOVERNO DO PP SONENSE Á SECRETARIA XERAL DE TURISMO.
* LIMPEZA , LEVANTAMENTO TOPOGRÁFICO E ESTUDO DE DIAGNOSIS DO ESTADO DO XACEMENTO SON AS ACTUACIÓNS A REALIZAR.
Porto do Son, 21de Xullo de 2010O Portavoz sonense do Partido Popular Manuel Tomé Piñeiro, anunciou o inminente comenzo dun Proxecto de actuación con carácter preventivo no xacemento celta do Castro de Baroña.
Dita actuación enmárcase dentro do compromiso que no seu día a Secretaria Xeral de Turismo, Carmen Pardo, deu o anterior rexedor municipal Manuel Tomé, co gallo da visita realizada no pasado Agosto de 2009 a dito vestixio arqueolóxico.
Hai que lembrar que dende o ano 1996 non se realizou ningún tipo de actuación dentro do ámbito indicado, máxime cando o verán pasado xurdiu a problemática duns desaprensivos que construiron “milladoiros” dentro da mesma.A proliferación deste tipo de expoliación fixo que as autoridades populares sonenses naquel intre, xestionasen ante as administracións competentes a búsqueda de algún tipo de solución a mesma.
Este Proxecto de Levantamento topográfico, documentación e estudio do estado actual do Castro de Baroña, é integramente financiado pola Secretaría Xral. para o Turismo, e conta cun orzamento de 12000€ na que o seu prazo de execución, desenvolverase durante 5 días.
Estas actuacións serán dirixidas e coordinadas por un Arqueólogo responsable da redacción do mesmo.
Debemos lembrar que o elevado número de visitantes que soporta o istmo, fai que se teña que estudar as medidas a tomar xa que a erosión e a carga que soporta o vestixio, fan que estea sufrindo un deterioro avanzado e que por elo necesita con carácter urxente a valoración do grao de deterioro en que se atopa. http://farm5.static.flickr.com/4101/4779621708_84825cc55c.jpg
As actuacións anteriormente enunciadas, teñen un carácter prioritario e preventivo co gallo de empezar a desenvolver ás obras necesarias para que o maior icono e símbolo turístico do noso Concello, teña a máis axeitada conservación.
Dende o PPdG de Porto do Son, queremos agradecer de forma persoal a Dna Carmen Pardo por facer realidade os compromisos acadados co Concello de Porto do Son e redunden no beneficio da sociedade en xeral.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia


















