O vindeiro luns, 31 de xaneiro, ás oito da tarde en primeira convocatoria e ás oito e media en segunda, terá lugar a Asemblea Anual Xeral da Sociedade Liceo de Noia.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
O vindeiro luns, 31 de xaneiro, ás oito da tarde en primeira convocatoria e ás oito e media en segunda, terá lugar a Asemblea Anual Xeral da Sociedade Liceo de Noia.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Dodro, 29 de xaneiro de 2011. O Partido Popular de Dodro expresou en nota de prensa "o descontento que reina entre os veciños de Manselle polo arranxo que a Concellería de Obras fixo no Souto. Seguindo as ordes do Concelleiro de Obras, Sr. Fernández Reboiras, o solo asfaltado foi substituido por pedras pero sen ningún tipo de orde, de tal xeito que agora ca choiva a auga fai pozas e acumúlase a terra que arrastra a auga".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
A escena internauta galega, convalecente ante o peche dalgunhas das súas webs máis importantes, volve rexurdir con novas iniciativas.
Barbanza-Noia, 28 de xaneiro de 2011. Quécarallo?! é un foro de ámbito galego que ten como obxectivo reunir á escena internauta galega, como plataforma complementaria ás redes sociais, ofrecendo unha canle de comunicación "de todos para todos" que permite organizar quedadas, concentrar información sobre concertos, eventos culturais e lugares de interese da comunidade galega, nun só lugar.
Ademais serve tamén como punto de partida e apoio a futuros proxectos web da comunidade, sexan grandes ou pequenos, independentemente do idioma e calquera outra condición.
Quécarallo?! non conta con máis presuposto que o que achega a súa comunidade (ademais dun pequeno banner), e actualmente conta con máis de 900 usuarios rexistrados, e máis de 25000 mensaxes, con menos de 10 meses aberto ao público e sen investimento en publicidade.
O sitio usa MyBB (código aberto) como sistema de xestión de contido, do que, grazas á comunidade, desenvolveu a primeira tradución ao galego dispoñible para o mesmo.
Web de referencia:
Antiga relacionada:
Internet: pechan dous referentes da Rede en lingua galega: Vieiros e Chuza!
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 28 de xaneiro de 2011.- Esta fin de semana do 28, 29 e 30 de xaneiro, en horario de mañá e tarde, ten lugar no Conservatorio Profesional de Música un curso de piano co prestixioso mestre e concertista Pablo Galdo. Este mestre, de orixe ferrolá, ademais do seu actual labor docente no Conservatorio Superior de Música de Vigo ten un amplo currículum como concertista en España, Portugal, China, Reino Unido, Suiza, Italia, Estados Unidos e outros países.
Uns trinta alumnos procedentes do conservatorio local e doutros conservatorios e escolas de música de toda a xeografía galega danse cita en Ribeira para ampliar e perfeccionar os seus coñecementos pianísticos.
Concerto este domingo 30 no Conservatorio
O curso clausurarase o vindeiro domingo 30 de xaneiro cun concerto a cargo do alumnado e do profesor do curso, seguido da correspondente entrega de diplomas. Este concerto de clausura terá lugar ás 19.00 h. no salón de actos do Conservatorio Profesional de Música.
Esta actividade está coordinada e dirixida polos profesores do conservatorio municipal Cristina Sastre Paz (piano) e José Fungueiriño Ramos (secretario - saxofón).
Pode que tamén interese:

I Festival de Inverno de Danza: este domingo 30
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Outros cursos programados para o semestre abordarán Internet, vela lixeira, equipos de son, prácticas de clown e globoflexia
Ribeira, 28 de xaneiro de 2011.- Un curso oficial de monitores en actividades de tempo libre que impartirá a Escola Galega de Tempo Libre principia o Plan de Formación dirixido aos mozos do municipio que organiza a Concellería de Xuventude nesta anualidade. O seu edil titular, Vicente García, acompañado do técnico municipal de Xuventude, Mario Vidal, desvelou hoxe as actividades de que consta este plan formativo no primeiro semestre e engadiu que o seu Departamento está a traballar noutras accións para o segundo semestre.
Así, o citado curso de monitores abrirá xa o seu prazo de inscrición o vindeiro luns e constará de 200 horas lectivas na que se abordarán temas como a psicosocioloxía, a lexislación, as técnicas de acampada, unha área de educación ambiental e natureza, unha área de animación e xogos e outra área de saúde.
Celebrarase predominantemente os sábados e tamén algún domingo ou festivo entre febreiro e xuño, conforme á seguinte planing:
O horario será de 9 a 14 horas e de 16 a 21 horas. Poderá haber un máximo de 25 alumnos e cómpre ser maior de 18 anos e posuír como mínimo estudos de graduado escolar ou secundaria. O curso ten un custe de 260 euros dividido en dous pagos, subvencionando a Concellería de Xuventude o segundo curso aos empadroados no municipio. Para máis información e inscricións, hai que poñerse en contacto coa Oficina Municipal de Xuventude, chamando ao número 981 835 650 ou enviando un e-mail a xuventude@riveira.com
Neste primeiro semestre, o programa de formación abrangue tamén as seguinte accións:
A globoflexia sempre ten éxito entre os pequenos
As inscricións en cada unha destas actividades será subvencionada parcialmente polo Concello.
Vicente García indicou que a súa Concellería está traballando na confección para o futuro doutros novos cursos formativos sobre hip-hop, parkour e grafitti.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
I.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR (PLENO ORDINARIO 20 DE DECEMBRO DO 2010).
II.- CESIÓN DE USO DO LOCAL Á ASOCIACIÓN PRO SAÚDE MENTAL “A CREBA”.
III.- ADHESIÓN AO CONVENIO PORTELO ÚNICO.
IV.-APROBACIÓN INICIAL REGULAMENTO DA SALA MUSEO MUNICIPAL DE RIVEIRA.
V.- SOLICITUDE Á DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE AXUDA NO PROGRAMA DE MODERNIZACIÓN NOS MERCADOS LOCAIS.
VI.- MOCIÓN PRESENTADA POLO CONCELLEIRO SR. MAREQUE LEÓN (GRUPO PSOE), EN RELACIÓN AO PLAN CONCERTADO.
VII.- MOCIÓN PRESENTADA POLA CONCELLEIRA SRA. ALVAREZ BECERRA (GRUPO BNG), EN RELACIÓN Á SUPRESIÓN DO SERVIZO DE NOITEBÚS.
VIII.- MOCIÓN PRESENTADA POLA CONCELLEIRA SRA. GARCÍA POSE (GRUPO IPdeR), INTERESANDO MELLORAS NA PARROQUIA DE AGUIÑO.
IX.- MOCIÓN PRESENTADA POLA CONCELLEIRA SRA. POUSO MANEIRO (GRUPO PP), APOIANDO A MODIFICACIÓN DA LEI DE COSTAS.
X.- MOCIÓN PRESENTADA POLA CONCELLEIRA SRA. POUSO MANEIRO (GRUPO PP), INTERESANDO A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.
XI.- MOCIÓN PRESENTADA POLO CONCELLEIRO SR. TEIRA PARADA (GRUPO BNG), EN RELACIÓN CÓA CONSTRUCIÓN DUN CAMPO DE ADESTRAMENTO NA FIEITEIRA.
XII.- MOCIÓN PRESENTADA POLA CONCELLEIRA SRA. BRIÓN SANMIGUEL (GRUPO BNG), RECLAMANDO O MANTEMENTO DO APARCADOIRO DO CENTENARIO OU DO CAMPO DA FEIRA EN PERFECTO ESTADO DE USO E CONSERVACIÓN.
XIII.- MOCIÓN PRESENTADA POLO CONCELLEIRO SR. GROVEIRO GONZÁLEZ (GRUPO BNG), EN RELACIÓN CÓ TRANSPORTE PÚBLICO E ESCOLAR EN RIVEIRA.
XIV.- MOCIÓN PRESENTADA POLA CONCELLEIRA SRA. POUSO MANEIRO (GRUPO PP), EN CONTRA DA RETIRADA DA AXUDA DE 426 EUROS AOS PARADOS DE LONGA DURACIÓN.
XV.- MOCIÓN PRESENTADA POLA CONCELLEIRA SRA. POUSO MANEIRO (GRUPO PP), EN CONTRA DA SUBIDA DO RECIBO DA LUZ ACORDADA PARA O PRIMEIRO TRIMESTRE DE 2011.
XVI.- MOCIÓN PRESENTADA POLO CONCELLEIRO SR. AYASO BRETAL (GRUPO BNG), EN RELACIÓN COA SUBA DE PREZO DA AUGA E DA ELECTRICIDADE.
XVII.- MOCIÓN PRESENTADA POLA CONCELLEIRA SRA. GONZÁLEZ CRUXEIRAS (GRUPO BNG), EN RELACIÓN Á CREACIÓN DUNHA COMISIÓN DE CONTROL DO EMPREGO NO CONCELLO DE RIVEIRA.
XVIII.- MOCIÓN PRESENTADA POLO CONCELLEIRO SR. AGEITOS SANTOS (GRUPO PSOE), EN RELACIÓN CÓ SERVIZO DE SEGURIDADE DÁ CIDADANÍA.
XIX.- MOCIÓN PRESENTADA POLO CONCELLEIRO SR. PAZ MARIÑO (GRUPO IPdeR), SOBRE TASAS AO SECTOR MITILICULTOR.
XX.- MOCIÓNS QUE REGULAMENTARIAMENTE SE PRESENTEN Ó ABEIRO DO ARTIGO 70 DO REGULAMENTO ORGÁNICO MUNICIPAL.
XXI.- ROGOS E PREGUNTAS QUE REGULAMENTARIAMENTE SE PRESENTEN.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
"Ante a rolda de prensa ofrecida hoxe polo Grupo Municipal do PP de Boiro acerca da situación financeira do Concello, o goberno quere manifestar o seguinte:
|
TRABALLO DESENVOLTO EN CONTENCIÓN DO GASTO CORRENTE ( Redución 13%):
Servizo de recollida de lixo do contenedor aamarelo.
Servizo de recollida do contenedor de cartón.
Servizo de mantemento de ascensores municipais (en paquetes conxuntos).
Servizo asegurador de responsabilidade civil, vehículos e edificios municipais.
Servizo de atención á dependencia ( servizo a domicilio)
Servizo de limpeza de instalacións municipais.
Servizo de mantemento da Depuradora Municipal e Saneamento.
Reorganización de servizos municipais para acometer servizos externalizados;
Limpeza de contenedores
Limpeza viaria en domingos e festivos
Servizo de vixiancia do Párking Municipal
Servizo de mantemento de campos de fútbol municipais.
Implantación do PLAN EMAS ( aforro en consumos na Casa Consistorial).
Instalación de luminarias (alumeado público ) de aforro enerxético; Na Cachada, na rúa principal, en Cabo de Cruz, en Escarabote., Fieiteira,..etc.
Optimización do alumeado público encamiñado a aforro enerxético
Elaboración dunha auditoría enerxética en colaboración coa Deputación Provincial, que definiu os investimentos a realizar para conseguir un aforro enerxético notable; ( execución durante o ano 2011), Pavillón de Barraña (paneis solares), ....etc.
Substitución das luminarias da Praza de Abastos ( PlanDeputación Provincial )
Unha das débedas máis controvertidas foi a de facer a nova casa do concello
Con respecto ao que reiteradamente ven indicando o PP de Boiro sobre o nivel de endebedamento municipal , e que cifra en 10.720.327€, o goberno quere manifestar o seguinte:
Detalle de préstamos formalizados nas lexislaturas do PP:
(páx. 20-25 informe CONTA XERAL 2009)
Data Importe Período
18/11/08 1.042.645€ 20 anos
14/05/99 300.506€ 20 anos
21/12/99 1.823.152€ 20 anos
08/02/00 592.009€20 anos
15/11/01 1.460.459€ 20 anos
08/10/02 2.260.800€ 20 anos
TOTAL..................................... 7.479.661€
En 2002 superouse o límite legal do 110% ................ 122%
Detalle débedas do PP aboadas polo actual goberno..... 2.566.000€
Pagamento a NECSO, pola CASA CONSISTORIAL .................. 628.000€
Expropiacións da Cachada.......................................................... 805.000€
Expropiacións da Cachada (CON sentenza ).............................. 413.000€
Expropiacións da Cachada ( SENsentenza ).............................. 720.000€
( 375.000€ - sensentenza + 345.000€ - a sentenza que gañamos)
TOTAL DÉBEDAS PP................10.045.661€"Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 28 de xaneiro de 2011. O Concello de Ribeira "comprácese en anunciar" para o próximo xoves día 3 de febreiro de 2011, ás 20 horas, a inauguración da Sala-Museo Municipal, ubicada na casa coñecida antigamente como "de doña Adela". O acto estará presidido polo alcalde, José Luis Torres Colomer, e polo conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Roberto Varela Fariña. A Sala-Museo Municipal –situada na Rúa de Galicia, número 19- abre as súas portas co fin de ofrecer aos cidadáns da Centenaria e aos visitantes un novo espazo cultural co propósito de que se convirta nun referente dos museos locais, punto de interese turístico e centro de referencia da actividade cultural do Concello. Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia