31.1.10

Lingua galega: os premiados en Innovación na Normalización Lingüística tamén piden ao goberno galego a retirada das bases do "Decreto do Plurilingüismo"


Os ENDL galardoados nos Premios á Innovación en Normalización Lingüística puxeron en coñecemento do Secretario Xeral de Política Lingüística a carta que reproducimos máis abaixo no trascurso das Xornadas de Formación dos Premios de Innovación en Normalización Lingüística, que tiveron lugar no día de onte, sábado 30, no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela.


Anxo Lorenzo, actual secretario de Política Lingüística, na exposición "Crónicas da represión lingüística"

Señor secretario xeral de Política Lingüística:

Reclamamos a súa atención para unhas breves consideracións que queremos transmitir ao goberno galego e que recollen o noso sentir unánime. O sentido da responsabilidade e o respecto que nos merece a súa persoal traxectoria docente e investigadora serán o contrapeso que nos permita conseguir continencia verbal á hora de lle expresar o noso malestar.

Aínda que para vostede non sexa agradábel escoitar as nosas queixas –e tampouco para nós formulalas-, temos a obriga moral de transmitirllas aquí e agora. Coa máxima cordialidade e co máximo respecto, nesta que debería ser xornada de xúbilo, temos que alzar a nosa voz para clamar contra a involución manifesta (redución do número de premios; dotación económica testemuñal; cambios regresivos na convocatoria de axudas para os equipos de normalización; actitude de desprezo polo patrimonio literario por parte do conselleiro do ramo; e, como colofón, as chamadas Bases do Decreto do Plurilingüismo).

A que era tenue e incipiente normalización nos centros foi posíbel grazas á implicación de profesoras e profesores comprometidos, ás veces para o alumnado os únicos referentes de uso do galego en todos os ámbitos. Con que fin pretenden que este profesorado teña que renunciar á docencia vertebradora? Cal é o fin de que se pretenda responsabilizar do ensino en galego a determinadas persoas sen competencia nin motivación para esta encomenda? A mellor garantía da presenza normalizada do galego no ensino é o profesorado que leva varios anos desenvolvendo en galego a docencia e a vida. Mais este histórico contributo de recuperación da identidade colectiva será cercenado polo marco legal proposto, que acentúa os comportamentos diglósicos e nega a posibilidade de ofrecer ao alumnado modelos de usos lingüísticos normalizados.

Por todo o exposto, os representantes aquí presentes dos Equipos de Normalización Lingüística que están a desenvolver en colexios e institutos proxectos cuxa calidade ten sido recoñecida nos premios de innovación convocados pola Secretaría que vostede dirixe solicitámoslle a retirada destas bases e o mantemento do Decreto en vigor, o que desenvolve as medidas consensuadas no Plan de Normalización da Lingua Galega e o máis axeitado para poder cumprir a tarefa que a propia administración educativa nos encomendou: promover o galego para normalizar o seu uso entre a comunidade educativa, asentando así as bases dun ensino plurilingüe.

Asdo.:

Premios á Innovación en Normalización Lingüística 2009-2010

Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do CEIP Aguiño (Ribeira), CEIP A Gándara (Carballo), CEIP A Pedra (Bueu), CEIP Bergantiños (Carballo), CEIP Quintela (Moaña) IES Menéndez Pidal (A Coruña), IES Sardiñeira (A Coruña), IES Félix Muriel (Rianxo), IES Perdouro (Burela), IES Rodeira (Cangas) e IES Porto do Son (Porto do Son).

Vía http://linguason.blogaliza.org

Antes publicamos: entrega dos premios de Innovación a un colexio e dous institutos da bisbarra

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia: a revista Alameda 34 debería interesar aos de Boiro, Ribeira e resto da bisbarra

Pode baixala da páxina do Liceo de Noia, aquí

Artigos Interesantes

Xerardo Agrafoxo escribe sobre dous compoñentes da París de Noia. Chamarálles a atención aos de Boiro saber que Xaquín García é de Pumardorrío, en Cures, e que o seu mellor acordeón tróuxollo de Italia un veciño de Cadarnoxo. Interesarálles aos de Ribeira coñecer que estudiou en Palmeira co pai de Paisal, o fundador dos Tamara.  Tamén é moi rechamante o que conta seu fillo, o actual director da París de Noia, Miguel García. Dende o dos músicos cubanos ata a rotunda afirmación de que, pasen os anos que pasen, seguirán cantando A Rianxeira.

Fálase tamén (é un número de xullo de 2009) de "lingua, políticos  e politiqueo coa lingua", que segue moi de actualidade. Recóllese un interesante artigo sobre o músico Felipe Paz Carbajal, que dirixiu a Banda de Música de Noia. Foi un gran musicólogo galego do XIX que hoxe está totalmente esquecido.

O actual alcalde de Porto do Son, Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, escribe sobre Cervantes, un dos seus autores de cabeceira. Desta volta, trata sobre a influencia do manco español máis universal -aínda que se discute se é de orixe galega, tamén neste artigo- en Jacinto Salas e Quiroga, un romántico da Coruña que viviu entre 1813 e 1849. Hoxe tamén está no esquecemento, aínda que Internet pode salvalo, pois moitas das súas obras están aquí.


Agustín Agra aborda os grafitti no seu artigo "Atacando muros". E ilústrao con algúns de Noia moi significativos.

 En "O movemento insurreccional de outubro do 34. A súa incidencia en Boiro", Antón Rodríguez Gallardo recolle un anaco tumultuoso do noso pasado.

Clodio González, Escritor e profesor, fala do primeiro gravado de San Martiño de Noia, que se reproduce, fermosísimo, na revista, e data de 1884.

E Pilar Sampedro reseña nun amplo artigo a novela inédita de Antón Avilés de Taramancos que permaneceu case 50 anos no fondo dun baúl. Trátase de "O cabalo de vidro".

Todo iso con poemas varios, fotos antigas que da gloria velas e moita sensibilidade na edición. Non poden deixar de lela!

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia: o Liceo pegoulle unha boa actualización á súa web

E xa ten o programa de Entroido:

SÁBADO 13 DE FEBREIRO
Sábado de Entroido. Noite de Río. Ás 23:00h baile coa orquestra "BÁMBOLA". Sorteo sorpresa entre os disfrazados.

DOMINGO 14 DE FEBREIRO
Domingo de Entroido. Festival infantil de disfraces as 18:00h a cargo do grupo de ocio "BRETEMA".

MARTES 16 DE FEBREIRO
Martes de Entroido.Baile de disfraces. Ás 23:30h coa orquestra "PARIS DE NOIA". Sorteo de cestas con lacón entre os disfrazados.

SÁBADO 20 DE FEBREIRO
Sábado de Piñata.Noite de Piratas. Ás 23:45h coa orquestra "PONTEVEDRA". Sorteo de xamóns entre os disfrazados.

Tamén, se queres ir a Leitariegos a esquiar, pódeste informar. E xa teñen a revista Alameda subida. Van polo exemplar 34.
http://www.liceodenoia.com

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: móbiles para coidar monos

O Concello de Boiro colabora xunto co Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) na reciclaxe de móbiles e na sensibilización sobre o medio ambiente en África que leva a cabo o Instituto Jane Goodall.

Se queres colaborar, deixa o teu móbil inservible (sen Sim e sen tarxeta de memoria pero co demais)  nun punto de recollida. En principio hai catro: Centro Social de Boiro, Cruz Vermella Boiro, IES Barraña, IES Espiñeira.

De que vai esta campaña? Toda a información en http://www.movilizateporlaselva.org/es/

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: o "Brea Segade" de Taragoña celebrou o Día da Paz con fotos, cancións e chocolate con churros

A maioría dos colexios da zona tiveron actividades semellantes. Mesmo as garderías. Un exemplo da Escola Infantil de Boiro:

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Medio Ambiente: as lagoas de Carregal e Vixán, en Ribeira, a debate nunhas xornadas sobre humidais

Download now or preview on posterous
Humidais 2010.pdf (407 KB)


As lagoas de Carregal e Vixán serán escenarios de actividades para sensibilizar aos estudantes galegos

O vindeiro martes 2 de febreiro celébrase o Día Mundial dos Humidais baixo o lema “Coidemos os humidais. Unha resposta ao cambio climático”

Con esta iniciativa quérese por de manifesto a vulnerabilidade destes ecosistemas fronte o cambio climático

Ribeira, 31 de xaneiro de 2010.- O vindeiro martes 2 de febreiro celébranse as xornadas “Coidemos os humidais. Unha resposta ao cambio climático” para conmemorar o Día Mundial dos Humidais. Esta iniciativa está promovida pola Xunta de Galicia e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).

Con este mesmo motivo, a Consellería do Medio Rural organizou unha serie de actividades para sensibilizar á sociedade, partindo da comunidade escolar, sobre a gran biodiversidade que se agocha nos humidais e a fraxilidade destes ecosistemas.

Este día pretende recordar o tratado intergobernamental que se creou no ano 1971, a Convención Ramsar (así chamada porque tivo lugar na cidade homónima, en Irán), e que serviu para marcar as pautas a favor da conservación dos humidais e o seu uso racional mediante accións locais, rexionais e nacionais. Desta forma, preténdese contribuír na conservación destes espazos en particular e no propio desenvolvemento sostible do mundo en xeral.


Humidais de importancia internacional de Galicia

A Comunidade Autónoma de Galicia conta con cinco lugares declarados Humidais de Importancia Internacional. Na provincia de Pontevedra atópase o Complexo intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira mentres que na provincia da Coruña están as Rías de Ortigueira e Ladrido, o Complexo das praias, lagoas de Carregal e Vixán e duna de Corrubedo, a lagoa e areal de Valdoviño e a Ría de Ribadeo.


Semana dos Humidais

Ao longo desta semana, estudantes de secundaria e bacharelato poderán gozar de diversas charlas divulgativas, promocionadas pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, sobre a importancia dos humidais en Galicia e promover a necesidade de conservar e protexer estes ecosistemas. Tamén se levarán a cabo talleres de observación ornitolóxica onde os estudantes poderán comprobar a gran riqueza biolóxica que teñen estes espazos.

O obxectivo fundamental desta celebración é conseguir que a sociedade sexa consciente dos perigos do cambio climático nestes ecosistemas únicos.


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Lingua galega: Vinte Dez TV (O Son) e Aguiño (Ribeira) nas Xornadas de Formación dos Premios de Innovación en Normalización Lingüística

Non se perdan a presentación (hai que ir dándolle ao play para adiante)

Comentan nesta entrada:
Os proxectos galardoados cos Premios de Innovación en Normalización Lingüística presentáronse onte nas Xornadas de Formación dos Premios de Innovación en Normalización Lingüística, que organizou a Secretaría Xeral de Política Lingüística no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela. Vinte Dez pechou unha xornada na que os asistentes puideron coñecer máis polo miúdo proxectos que destacan por promover o uso do galego a través da introdución do audiovisual nas aulas, do achegamento ás novas tecnoloxías e da posta en valor do multilingüismo por medio de diversos medios, como campañas de difusión, blogues, obradoiros, teatro radiofónico e mesmo festivais escolares de cine, etc. e da colaboración con diversas entidades culturais, asociativas, empresarias, deportivas etc.

Os centros premiados foron o CEIP Aguiño, de Ribeira, por Mar de mulleres asolagadas; o CEIP A Gándara,profesorado de Carballo, co proxecto Mergullados nos mares da palabra; o CEIP A Pedra, de Bueu, polo traballo Galegos e galegas de aquí e acolá; o CEIP Bergantiños, de Carballo, que se presentou con Casas de aquí e acolá; o CEIP Quintela, de Moaña, por En galego pola rede; o IES Menéndez Pidal, da Coruña, polo proxecto A aldea global: Galicia é máis Galicia cando é todos os mundos; e finalmente, o IES Sardiñeira, tamén da Coruña, premiado por LinguaTIC@s. Ademais, foron recoñecidos cun accésit o IES Félix Muriel, de Rianxo, polo traballo Abrindo portas en galego; o IES Perdouro, de Burela, que presentou o proxecto Dinamización Lingüística de Burela; e o IES Rodeira, de Cangas, que fixo Vivir en galego. Queremos. Podemos".

E informa a Xunta de Galicia:
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, inaugurou as Xornadas de Formación dos Premios de Innovación en Normalización Lingüística, dirixidas ao profesorado implicado na elaboración dos proxectos gañadores destes premios. Durante a súa intervención, Anxo Lorenzo incidiu na importancia de poñer en marcha estratexias de dinamización lingüística a través das que fomentar o uso do galego no sistema educativo. O secretario xeral tamén fixo fincapé durante o seu relatorio, A dinamización lingüística nos centros de ensino. Estratexias básicas do dinamizador, na necesidade de traballar en rede, co fin de conseguir “unha maior conexión entre os axentes dinamizadores, así como un maior aproveitamento dos recursos”.

Anxo Lorenzo estivo acompañado na inauguración das xornadas polo subdirector xeral de Innovación Educativa e Formación do Profesorado, Xosé Graña. Posteriormente, o catedrático de Educación Secundaria Felipe Zayas ofreceu un relatorio centrado na competencia en comunicación lingüística e mais na competencia dixital. Xa durante a tarde, o profesorado presentou os proxectos gañadores dos Premios de Innovación en Normalización Lingüística e mais as medidas que se están a levar a cabo nos centros para fomentar o uso da lingua galega.

Iniciativas innovadoras para promover o uso da lingua galega
Os proxectos galardoados cos Premios de Innovación en Normalización Lingüística destacan, principalmente, por promover o uso do galego a través da introdución do audiovisual nas aulas, do achegamento ás novas tecnoloxías e da posta en valor do multilingüismo. As iniciativas gañadoras botan man de diversos medios, como campañas de difusión, blogues, obradoiros, teatro radiofónico e mesmo festivais escolares de cine, entre outros. Así mesmo, todas elas se caracterizan pola súa colaboración con diversas entidades culturais, asociativas, empresarias, deportivas etc.

Os sete centros galardoados deste ano, que recibiron un premio de 3.000 euros, foron o CEIP Aguiño, de Ribeira, por Mar de mulleres asolagadas; o CEIP A Gándara, de Carballo, co proxecto Mergullados nos mares da palabra; o CEIP A Pedra, de Bueu, polo traballo Galegos e galegas de aquí e acolá; o CEIP Bergantiños, de Carballo, que se presentou con Casas de aquí e acolá; o CEIP Quintela, de Moaña, por En galego pola rede; o IES Menéndez Pidal, da Coruña, polo proxecto A aldea global: Galicia é máis Galicia cando é todos os mundos; e finalmente, o IES Sardiñeira, tamén da Coruña, premiado por LinguaTIC@s.

Debido á calidade e á cantidade de proxectos presentados este ano, concedéronse un total de catro accésits de 1.000 euros cada un. Estes recoñecementos foron para o IES Félix Muriel, de Rianxo, polo traballo Abrindo portas en galego; para o IES Perdouro, de Burela, que presentou o proxecto Dinamización Lingüística de Burela; para o IES Rodeira, de Cangas, que fixo Vivir en galego. Queremos. Podemos; e mais para o IES Porto do Son, de Porto do Son, polo traballo 2010. Vinte dez.

As iniciativas dos proxectos premiados serán difundidas a través da rede e publicaranse os materiais educativos producidos na web de Política Lingüística, www.xunta.es/linguagalega, e no enderezo da Consellería de Educación, www.edu.xunta.es/portal.>

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia: fotografías de hai máis dun século, cando era máis navegable

Nota: as imaxes teñen un pequeno lavado do Picasa (programa de fotos de Google). As orixinais, tal como as colgou o alcalde, aquí

Vía http://rafaelgarciaguerrero.blogspot.com

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: expoliado un reloxo de sol en Frións, Carreira

 Seguindo rastros de cousas perdidas, atopamos esta columna en Frións-Carreira, a cal soportaba un reloxo de sol por onde a veciñanza se rexía para desenvolver as faenas propias na vida da aldea. Agora, a un gran sector da sociedade, maldita a falta que lle fai. Dormen de día e folgan de noite!

Reloxos, picotas, horcas,  rollos, miliarios, estelas funerarias e outros elementos da antigüidade pasaron a formar parte de muros, lousados de rúas, e construccións de vivendas, chouzas e alpendres. Os outeiros monumentais que destacaban nas atalaias foron derruídos a golpe de grilo para construír a inmensidade de casas espalladas por vilas e aldeas.

¿Qué lle imos facer? Foi unha necesidade.

Os reloxos de pedra eran respectuosos coa xente e co medio ambiente. Non tradeaban os oídos coma os das torres das igrexas, nin eran terebrantes coma os dos concellos e catedrais, que fan condenar e tolear á veciñanza sen ter quen lles abra unha porta para verter as súas queixas.

Os reloxos antigos só daban a hora ao que a quería. Os das torres métencha no cranio, e por se fora pouco, céibanche o carillón. Nin que tiveran comisións coas boticas para vender somníferos, audífonos ou coas consultas de otorrinos, neurólogos, psicólogos e louqueiros!


—¡Leña con estes pagáns! A ver quen manda aquí! —din os que lle dan corda o reloxo.

Os ruídos de antes eran máis nobres

Simil pescaba as piallas no Camouco. A súa irmán mandáballe un mensaxe: .— ¡Manuellll. A comerrrrr…¡ E o son, natural, esvaraba lene, mainiño e puro ata que chegaba a Manuel que, coa man na orella, recollía claramente a mensaxe, e deseñando un embude coas curtidas mans respostáballe polo burato: ¡Xa vou....! E o son, modulado, chegaba en clave á ventá da súa irmán coa nitidez, discreción e anonimato natural. Vouuuu…!

Agora queres chamar a Manuel e o son non pode camiñar por estes aires podres, e pode pasar que o móbil non teña cobertura, non teña batería, non o leve consigo, o teña apagado, morto ou o teña un polbo no caveiro.

Os reloxos modernos atópanse en tódolos lados, nos móbiles, nos ordenadores, na pulsera, nas radios, nas televisións, nos coches e nun sinfín de electrodomésticos, e pese a todo, os reloxos dos campanarios seguen a fastidiar.

Non me estrañaría que algún mozo da aldea teña este reloxo de sol na mesiña de noite.

 

A primeira foto pertence á columna de Frións.

A segunda é unha hipotética montaxe na columna de cómo puido ser.

A terceira recolle o reloxo da fábrica de Baquero en Palmeira, do cal non sei o seu paradoiro.
 
Domingo Regueira

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Internet: Naceu "Clicómics", o Chuza! ou Menéame para banda deseñada

Se vostede non sabe o que é Menéame (http://www.meneame.net) ou Chuza! (http://chuza.org) pode que non entenda Clicómics. Só unha pista: son webs onde votas por noticias que che interesaron ou, se te rexistras, envías novas que cres que poden interesar á comunidade. Entón, Clicómics, por analoxía, debería ser o lugar onde ti votes viñetas que che gusten ou envíes humor gráfico que foi do teu agrado. Tamén podes votar negativo.

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

30.1.10

Entroido: comezan a pecharse datas para celebralo en numerosos sitios

Non só vai haber os Entroidos "oficiais" (os que pagamos todos cos nosos impostos). Tamén grupos de amigos, bares e mesmo liceos o organizan pola súa conta. O caso é pasalo ben.
Dous exemplos:
O venres 12, o grupo BISÖN (http://www.myspace.com/grupobison) uníronse á celebración do entroido, coa incrible e inigualable Charanga Punky dos JALOCHOS (http://bastantesllon.org/index.php/jalochos) que tamén confirmaron a súa asistencia. Non faltará o churrasco.
DIA: Venres 12 de Febreiro do 2010
LUGAR: Bar/Restaurante "El Salvador"
(Camiño das Dunas de Corrubedo)
Olveira - Riveira - A Coruña - Galiza
HORA: A partir das 21:00 h.

E en Pobra:

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

29.1.10

Ribeira: becados catorce deportistas

Porto do Son: nova entrega de Soncine en Vinte-Dez TV

"A ver ti, o do portátil, que estás a faser? A xojar, non? Vouche xojar eu a ti a cabesa!". Aínda nos rimos ben!
Descubriremos novos talentos para o teatro e o cinema en Vinte-Dez TV?

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia: teatro por unha boa causa, este sábado 30 de xaneiro no Coliseo Noela

proba

Arte: Craig Tracy, bodypainter, pinta o rostro dun tigre en tres mulleres

Historia: Escola Popular Galega organiza en febreiro, entre Noia e Boiro, unhas xornadas sobre o proceso histórico do nacionalismo

    Barbanza-Noia, 29 de xaneiro de 2010. Escola Popular Galega, en colaboración co centro social "Roi Soga de Lobeira", de Noia e a asociación "Aturuxo!" de Boiro organizan unhas xornadas sobre historia de Galicia que se van centrar no proceso histórico do nacionalismo, como se pode observar nas conferencias anunciadas no cartel.


Casa da cultura de Noia

    As xornadas terán lugar entre Noia e Boiro en pleno Entroido. O sábado 13 de febreiro serán en Noia, na casa de cultura "Antón Avilés de Taramancos" e o domingo, 14 de febreiro, entroido e San Valentín, no centro social Aturuxo, na rúa Principal, 118, de Boiro.


Local de Aturuxo! en Boiro

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

28.1.10

Curiosidades: queres un ovo, corazón?

Pois máis dun vai mercar este trebello para o 14 de febreiro. Nós optamos polas filloas e as orellas, que en Entroido é o que proe. Para botarlle ovos está o resto do ano, a ser posible, con corazón (non fai falta molde, nin que sexa en Moldes, A Pobra)

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Deportes: campo a través en A Pobra do Caramiñal este sábado 30 de xaneiro

Deportes: Ribeira e A Pobra organizan xuntos unha viaxe á neve na fin de semana do 19 ao 21 de febreiro

Download now or preview on posterous
Neve A Pobra.pdf (63 KB)

En Dodro van na seguinte fin de semana, ollo

Queres coñecer máis polo miúdo a estación de San Isidro?

http://www.san-isidro.net

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: what are you doing in Taragoña?

Ribeira: outro concello gabeado ao carro da parapsicoloxía

O dolmen de Axeitos recibe así aos visitantes, logo de que alguén empregase un spray verde fosforito

Nacho Ares

En febreiro terá lugar en Ribeira a Iª Jornada del Misterio del Barbanza

No blog oficial pon:
I Jornada del Misterio del Barbanza.

El día 19 de febrero del 2010, hacia las ocho de la tarde, inauguraremos en Riveira (A Coruña), la "I Jornada del Misterio del Barbanza", que tendrá lugar en el Auditorio Municipal.

Esperamos que este evento tenga una notoria relevancia, ya que pensamos que se trata de una manera de ampliar la oferta cultural en un segmento que cuenta con un nutrido grupo de seguidores.

Asimismo, la idea es que anualmente se reitere esta convención en Riveira, y que se celebren otras análogas.

Para apadrinar esta Jornada inaugural se contará con la presencia de Nacho Ares y Jesús Callejo.

NACHO ARES es licenciado en Historia; egiptólogo; escritor que cuenta con 16 libros en su haber, abarcando diversos momentos de la Historia Antigua. Presentador del programa de radio "Ser Historia", en la Cadena Ser. Director de Revista de Arqueología del Siglo XXI, publicación con un enfoque a nivel arqueológico y antropológico en el desarrollo de las culturas humanas desde la Prehistoria hasta la Edad Media, en la que trabajan catedráticos, investigadores, arqueólogos e historiadores que forman un Comité Científico cuya presidenta es Su Majestad la Reina Doña Sofía. Ha sido realizador de varios programas televisivos de Cuatro, Antena 3, Tele 5, Canal 9 y Tele Madrid. Ha dirigido y presentado en el canal de Castilla y León durante 5 años el programa "Enigmas y Misterios".

JESÚS CALLEJO es Licenciado en Derecho por la Universidad de Valladolid. Tras ejercer varios puestos en la Administración Pública, se ha dedicado en cuerpo y alma a viajar, escribir libros, publicar artículos, dar charlas y convertirse en un divulgador e investigador de la historia más insólita. Como muchos sabéis, es uno de los miembros del programa "La Rosa de los Vientos", en Onda Cero Radio. Tiene en su haber una veintena de libros sobre lugares y recorridos mágicos, enigmas de la historia, el origen de las fiestas, leyendas y tradiciones populares y sobre personajes mitológicos, entre los que destacan: Bestiario mágico, Enigmas Literarios, Breve historia de la brujería, Secretos medievales o, más recientemente, Las profecías del Tercer Milenio y Fiestas Sagradas. Además es colaborador habitual de las principales revistas especializadas del sector como son “Año Cero”, “Enigmas”, “Historia de Iberia Vieja” y “Más Allá de la Ciencia”.

Temática de la jornada:

I.- "Historia y creación del Camino de Santiago y su paralelismo con el culto a la muerte en el Antiguo Egipto"; de la mano de Nacho Ares intentaremos abordar dónde, cuándo y de qué forma surge el movimiento que tantas personas atrae al corazón religioso de nuestra Comunidad Autónoma: Santiago de Compostela. La “Ruta Xacobea” tal y como hoy la conocemos, que fue instaurada a inicios de la Edad Media. Nacho Ares nos contará cómo se intentaron imitar modelos y costumbres funerarias que llegaron importadas hasta nuestro país.

II.- "El Arca de Noé, y la leyenda de cómo recaló la embarcación bíblica sobre la Sierra Del Barbanza". Jesús Callejo analizará los distintos intentos de expediciones por recuperar el Arca de Noé, cómo se han desarrollado estos trabajos y, asimismo, se adentrará en los orígenes de la famosa leyenda acerca de que el Arca de Noé terminó por encallar en “A Serra do Barbanza”. Leyenda que fue origen del topónimo: "Noia".

Confiamos en que el evento sea del agrado de todos los asistentes. Para cualquier pregunta o aclaración, pueden escribir a la siguiente dirección de correo-e: jornadamisteriobarbanza@gmail.com"

Comentarios de Certo:

En Porto do Son, o verán pasado, fíxose algo semellante, pero máis global aínda.

O arqueólogo Xurxo Ayán pregúntase por que suceden estas cousas precisamente por estas terras. E incluso se resposta el mesmo, xa que o primeiro que escavou nos castros de Neixón, Otero Acevedo, foi un parapsicólogo recoñecidísimo a nivel internacional (tamén era tuno, todo sexa dito, e non había apenas onde estudar arqueoloxía naqueles séculos).

Pero a historia, con minúsculas, continúa: arqueólogos de formación -suponse que científica- seguen a dar pábulo a lendas, misterios, supersticións e demais parafernalia da que se alimentan este tipo de divulgadores esotéricos. Sen ir máis lonxe, en Boiro temos un exemplo que serviu de cebo ao "grande" Iker Jiménez (a partires do minuto 2:36 do vídeo):

Pregúntanse no blog Arqueoneixón: "Axudará esta xornada a solventar os grandes misterios da Arqueoloxía barbanzónica? Terá máis concurrencia e éxito que os IV Encontros Arqueolóxicos de Barbanza? É máis Arqueoloxía esta Arqueoloxía esotérica cá Arqueoloxía académica? Hai extraterrestres na Centro Arqueolóxico de Barbanza? Hai concelleiros de Cultura abducidos por entes estranos? Haberá visita guiada á aldea maldita por recoñecidos arqueólogos locais?"

Non se perdan estas xornadas. Como diciamos no caso da "auga pesada" do Son, se son crédulos, vostedes mesmos. E se non o son, aguanten. Polo menos as gargalladas. Ademais, é unha actividade "cultural" pagada cos cartos dos impostos. Van desaproveitala?

Rianxo: Castelao, homenaxeado de novo, agora polo aniversario do seu nacemento


Avelino Pousa Antelo, á dereita

En Certo sempre nos facemos preguntas que non son doadas de respostar:


Asistirá a familia Baltar á homenaxe? E M. J. Blanco Gey?


Roberto Varela, conselleiro de Cultura, de esguello, e Pedro Piñeiro, alcalde de Rianxo

Por que o conselleiro de Cultura non vai ao acto de presentación do libro de Suso de Toro pola tarde? Será porque Suso de Toro foi un dos once Premios Nacionais que pediu a súa dimisión?


Download now or preview on posterous
actos castelao 2010.pdf (1761 KB)

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ecoloxía: por que non se debe matar aos lagartos, nin en Galicia nin en ningún sitio

27.1.10

Arte: o Museo do Gravado de Ribeira estivo presente en Mérida (México) na cesión dos gravados de Salvador Dalí

O Museo do Gravado de Artes (parroquia de Ribeira) presentou os seus 93 gravados de Dalí (series La Divina Comedia, El Pantagruel e Fábulas de la Fontaine) na cidade yucateca de Mérida, en México.

Á inauguración asistiron centos de persoas. Nela falou o alcalde da cidade de Mérida, César Bojórquez, que manifestou o seu desexo de que os meridanos coñecesen a arte unha vez máis na súa cidade. Tamén estivo invitado o presidente da Fundación do Museo do Gravado, Javier Expósito Paradela, que destacou a importancia desta cesión e expresou o seu desexo de que non fora a única con este concello mexicano. A intención de Expósito é cedela a máis municipios e cidades latinoamericanas e conseguir, como en Galicia, que todas as capas da poboación coñezan a arte. A cesión foi gratuita e a entrada ás salas onde se expoñen as obras tamén é de balde.

Os organizadores desta mostra agardan que pasen a vela unhas 70.000 persoas, logo de que o ano pasado tiveran a Picasso e a Goya, aos cales visitaron 65.000 e 40.500 visitantes respectivamente. Xunto coa exposición de Dalí haberá cursos de gravado, conferencias, visitas guiadas e un ciclo relacionado co cinema, no que se abordará a conexión entre Buñuel (que se exiliou en México) e Daí (que non tivo necesidade, pois a dictadura de Franco non lle molestaba precisamente).

 

 


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Política: Psoe contra PP polo asunto dos coches. Presentou a crítica Lage Tuñas, noiés

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical