28.4.13

Ribeira: orde do día do pleno do luns 29 de abril de 2013


ORDE DO DÍA DO PLENO ORDINARIO QUE A CORPORACIÓN MUNICIPAL DE RIVEIRA CELEBRARÁ  O LUNS, DÍA 29 DE ABRIL DE 2013, ÁS 20 HORAS EN PRIMEIRA CONVOCATORIA OU, DE NON HABER QUÓRUM SUFICIENTE, EN SEGUNDA CONVOCATORIA 48 HORAS DESPOIS:

I.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR (PLENO ORDINARIO 25 DE MARZO DO 2013).

II.- DACIÓN DE CONTA DOS DECRETOS DA ALCALDÍA ATA O 24/04/2013.

III.- DACIÓN DE CONTA DO DECRETO DE APROBACIÓN DO CONVENIO ENTRE OS CONCELLOS DE RIVEIRA E PORTO DO SON PARA A SOLICITUDE CONXUNTA DUNHA SUBVENCIÓN AO INEGA 2013.

IV.- DACIÓN DE CONTA DO INFORME DE MOROSIDADE RELATIVO AO 1º TRIMESTRE DO 2013.

V.-  APROBACIÓN DA REGRA DE GASTO PARA O ORZAMENTO DO ANO 2013.

VI.- APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO MUNICIPAL DO EXERCICIO 2013. 

VII.- INCLUSIÓN NO INVENTARIO MUNICIPAL DE BENS E DEREITOS DE 3 PRAZAS DE GARAXE UBICADAS NO SOTO DUN EDIFICIO SITO NA RÚA NOVE DE AGOSTO.

VIII.- INCLUSIÓN NO INVENTARIO MUNICIPAL DE BENS E DEREITOS DO PASEO MARÍTIMO ENTRE O PORTO E A ZONA DO TOURO.

IX.- ESCRITO PRESENTADO POLA COMUNIDADE VECIÑAL DE MONTES DE ARTES SOLICITANDO AO CONCELLO UN TERREO DE 26.381 M2 NO MONTE SAN ALBERTO.

X.- PROPOSICIÓN DO GRUPO M. BNG PRESENTADA POR LUIS ANTONIO PÉREZ BARRAL, EN RELACIÓN AO NOVO COPAGO DOS COMEDORES ESCOLARES. 

XI.- PROPOSICIÓN DO GRUPO M. SOCIALISTA PRESENTADA POR FRANCISCO MAREQUE LEÓN, INTERESANDO A INTEGRACIÓN NA AXENDA 21 DA CULTURA.

XII.- PROPOSICIÓN DO GRUPO M. SOCIALISTA PRESENTADA POR ANDRES FARIÑA CADENAS, INTERESANDO MELLORAS NA AVDA DE ROMERO ORTIZ. 

XIII.- PROPOSICIÓN DO GRUPO M. SOCIALISTA PRESENTADA POR ANDRES FARIÑA CADENAS, EN RELACIÓN AO ANTEPROXECTO DE LEI DE RACIONALIZACIÓN E SOSTENIBILIDADE DA ADMINISTRACIÓN LOCAL. 

XIV.- MOCIÓNS QUE REGULAMENTARIAMENTE SE PRESENTEN Ó ABEIRO DO ARTIGO 100 DO REGULAMENTO ORGÁNICO MUNICIPAL.

XV.- ROGOS E PREGUNTAS QUE REGULAMENTARIAMENTE SE PRESENTEN.

Tamén, en Certo:



Música: "Jard Rock con Fe", novo disco de Heredeiros da Crus





25.4.13

Ribeira: Enrique Barrera lembrou aos galegos dos campos nazis de Mauthausen-Gusen nunha conferencia no auditorio


Ribeira, 25 de abril de 2013. Enrique Barrera pronunciou esta tarde unha conferencia no auditorio municipal adicada aos galegos que asasinaron ou pasaron por algún dos 49 campos de exterminio nazi de Mauthausen-Gusen, en Austria. Na mesa, acompañándoo, estivo o presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza, Xoán Hermida. O alcalde de Ribeira escusou a súa presenza por coincidir o acto coa visita do entrenador nacional de fútbol, Vicente del Bosque. Participou, entre o numeroso público asistente, o alumnado do IES Número 1 de Ribeira. A continuación inaugurouse a exposición fotográfica dos galegos que estiveron recluídos en Mauthausen, un campo de exterminio por fame no que os nazis adoitaban recluír a intelectuais e xente formada dos prisioneiros que tiñan tomado nos diversos países que chegaron invadir durante a Segunda Guerra Mundial.

Máis información sobre ese ignominioso conxunto de campos na Galipedia

24.4.13

CONVOC PLENO ORDINARIO ABRIL

PLENO ABRIL.pdf Download this file


Noia, 24 de abril de 2013. A seguir, a convocatoria do pleno ordinario do mes de abril, previsto para o vindeiro día 29 de abril de 2013 ás 20.30 horas.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Bng pon en marcha unha campaña de reprobación pública das deputadas e deputados galegos do PP en Madrid por apoiar as quitas aos das preferentes

 

 

O BNG enceta unha campaña para pedir a reprobación pública dos 15 deputados galegos do PP en Madrid, por ter avalado co seu voto o contido do Real Decreto-lei 6/2013, que autoriza a quita de parte dos seus aforros a milleiros de cidadáns en toda Galiza, e a uns cuantos centos en Noia e a súa comarca.

 

A día de hoxe, lonxe de solucionarse a problemática dos estafados e estafadas polas preferentes e subordinadas, esta agravouse aínda máis, por mor da decisión do Goberno de Mariano Rajoy de proceder a unha quita sobre os aforros da cidadanía atrapada en participacións preferentes e obrigas subordinadas. Un auténtico roubo a estes pequenos aforradores e que na Galiza vai a significar a expropiación duns 600 millóns de euros, que serán transferidos desde os petos dos cidadáns para esas mesmas entidades bancarias que os estafaron. Así é como entende o Partido Popular, e as deputadas e deputados galegos do mesmo, que se debe dar solución a unha estafa en toda regra como as das participacións preferentes e obrigas subordinadas. No marco da citada campaña desenvolveranse charlas informativas a fin de explicar o alcance deste grande espolio. 

 

Hai que lembrar que a Oficina de Información ao Consumidor do Concello de Noia, leva recollido ata o día 22 deste mes de abril, un total de 450 reclamacións de cidadáns afectados, por unha contía que ascende aos oito millóns douscentos mil euros.

 

Entre os deputados e deputadas que o BNG reproba publicamente, atópase o ex alcalde da localidade, Antonio Pérez Insua, hoxe deputado no Congreso e concelleiro en Noia polo Partido Popular.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: concerto de Fdez&Quintá o venres 26 e obradoiro de poesía e proxección solidaria o sábado 27 de abril

Venres 26 de abril

Rianxo continúa coa Rede de Músicas Soltas co concerto do dúo Fdez&Quintá   seu repertorio instrumental de muiñeiras, xotas, valses, mazurkas, polcas, foxtrots,... onde dous músicos semellan catro pola natureza dos seus instrumentos (acordeón diatónico e sanfona)

Oscar Fernández e Carlos Quintá reúnen dous instrumentos que en dúo non se coñeceron entre si na música tradicional galega: a zanfona e o acordeón diatónico. Cando esmorecía a zanfona no interior da Galiza, chegaba o acordeón á costa.

O acordeón aporta a harmonía, os baixos e unha melodía dinámica e a zanfona a calidez das cordas frotadas e a percusión do bordón: unha orquestina completa con só dous músicos.

O dúo reinterpreta músicas tradicionais principalmente do cancionero instrumental  galego O reportorio complétase con composiciones orixinais e temas doutras culturas europeas.

O concerto terá lugar o próximo venres 26 de abril, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo. Está organizado pola Acentral Folque e cofinanciado polo Concello de Rianxo

As entradas poderán retirarse unha hora antes do comezo do concerto e terán un custe de 5 €

-------------------------------------

  • Sábado 27 de abril 
    • De 10.00 a 14.00 horas - Centro Sociocultural Auditorio de Rianxo
      • POETIZANDO (DE MINIMIS) obradoiro de creación poética sobre a exposición fotográfica de Marga Piñeiro impartido por Sther F. Carrodeguas Máis información

Máis información e inscricións en cultura@concelloderianxo.es ou no teléfono 981 100 688

Ás 13.30 horas haberá un recitado final aberto como peche simbólico á exposición.

Está organizado polo Concello de Rianxo coa colaboración de slam.arousa

Está organizada por SOGAPS, Solidariedade Galega co Pobo Saharaui coa colaboración do Concello de Rianxo.

As entradas solidarias custan 3 € e poderanse retirar unha hora antes do comezo da proxección.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

19.4.13

Ribeira: Pastor Rodríguez sinalou nos "Xoves literarios" que Cervantes non degradou aos galegos na súa obra

Media_httpfarm9static_jwkqp

Pastor Rodríguez, ademais de intelectual, milita no Psoe e foi alcalde da Porto do Son

Ribeira, 19 de abril de 2013.- Os Xoves Literarios de Riveira chegaron onte á súa terceira xornada cunha conferencia na que Xoán Pastor Rodríguez Santamaría desvelou moitos dos vínculos que Miguel de Cervantes Saavedra e a súa opus magnum, o Quixote, gardan con Galicia, así como a influencia que o escritor de Alcalá de Henares tivo ao longo dos séculos na cultura galega.

Pastor Rodríguez demostrou a súa erudición e profundo coñecemento desta temática, sobre a cal ten publicado un libro titulado  “Cervantes e o Quixote en Galicia”.

Ademais de incidir na cuestión das orixes galegas de Miguel de Cervantes, o estudoso nacido en Porto do Son abordou outros aspectos como o tratamento que fai o autor dos galegos, respecto do cal afirmou que en liñas xerais non os degradou, a diferenza doutros autores clásicos da súa época. Tamén recordou que tanto a segunda parte do Quixote como outras das súas obras (“Novelas Ejemplares”, “Comedias y Entremeses”, “Trabajos de Persiles e Segismunda”) está dedicado ao sétimo conde de Lemos, Pedro Fernández de Castro, do cal traza un esbozo biográfico.

Fernández Varela, pobrense que pagou a estatua de Cervantes nas Cortes de Madrid

A conferencia celebrada na Biblioteca Municipal deu pé tamén a que se desvelasen numerosos detalles e curiosidades, como que a famosa estatua de Cervantes situada na praza das Cortes de Madrid foi costeada polo pobrense Manuel Fernández Varela, que naquel entón (mediados do século XIX) ostentaba o cargo de comisario de Cruzada.

Asemade, salientou a influencia que Cervantes tivo na obra de Rosalía de Castro (en especial, na súa novela “El caballero de las botas azules”), así como en autores tan importantes como Castelao, Laxeiro ou Francisco Llorens.

Rodríguez Santamaría fora presentado pola concelleira de Educación –a área municipal promotora destes Xoves Literarios-, Maricarmen Vizcaya Sampedro, e pola responsable do Servizo Municipal de Normalización Lingüística, Alicia Padín Otero.

O xoves 25 clausura os Xoves Literarios a noiesa Blanca Ana Roig

O próximo xoves 25 a programación alcanza a súa xornada de clausura coa intervención da noiesa Blanca Ana Roig Rechou, que disertará sobre "Educación literaria, saberes e enciclopedia do mediador ".

 

DATOS BIOGRÁFICOS DO CONFERENCIANTE: Naceu en Santa Mariña de Xuño, municipio de Porto do Son, o 6 de febreiro de 1973. Cursa os estudos de Bacharelato no Instituto de Ribeira ata 1991, ano no que pasou a cursar os estudos de Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1996. Ao ano seguinte acadou a licenciatura de Filoloxía Hispánica na mesma universidade. En 1999 publicou o volume Escritores da Barbanza, editado polo Concello da Pobra do Caramiñal, onde recolle un dicionario de autores naturais do Barbanza, aos que engade un catálogo de autores e obras relacionadas coa mesma. Neste labor divulgador dos autores barbanzáns colaborou no xornal La Voz de Galicia con artigos sobre Gerardo Gasset Neyra, Valle-Inclán, Caramiñas e Carlos Montenegro, entre outros. Con posterioridade editou as obras Diccionario de Escritores Ribeirenses (2001), A Pobra do Caramiñal. Cronoloxía histórica (2002), “Ramón Fernández Mato, narrador de fútbol” (2004), Cervantes e o Quixote en Galicia (2005), Un río de sangue e tinta (2006), Dicionario Ramón Piñeiro (2009) e A Pobra do Caramiñal. Cronoloxía histórica (2ª ed. aumentada, 2013). En volumes colectivos e revistas publicou ensaios como “A mirada do alquimista. Cunqueiro e o Barbanza” (2011), “Seoane. Vangarda e compromiso. Galeguismo e universalidade” (2011), “A Xeración de Avilés no Barbanza” (2008), “Un cervantista pobrense: Victoriano García Martí” (2006), “Música dos galegos para don Quixote” (2007), Penélopes de tinta: as mulleres na poesía galega. Da guerra civil a Palabra no tempo” (2007), “Cervantes nos provincialistas galegos” (2008), “Xosé Agrelo Hermo. Vida e obra” (2011) e “As letras de Porto do Son (2012), entre outros. É coordinador da A. C. Barbantia, colaborando no suplemento A Voz de Barbantia, así como no seu anuario.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

18.4.13

propostas fin de semana


PROPOSTAS CULTURAIS PARA ESTA FIN DE SEMANA EN RIANXO
  • Xoves 18 de abril
  • 16.30 a 20.30 horas - Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo
O obradoiro forma parte do 9 Encontro Internacional de Zanfona organizado esta fin de semana en Rianxo pola aCentral Folque e cofinanciado polo Concello de Rianxo
  • Venres 19 de abril
  • 21.00 horas - Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo
O concerto forma parte do 9 Encontro Internacional de Zanfona organizado esta fin de semana en Rianxo pola aCentral Folque e cofinanciado polo Concello de Rianxo.
As entradas poderán retirarse unha hora antes do comezo do concerto e terán un custe de 5 €.
  • Sábado 20 de abril 
  • 17.00 horas - Rianxiño
No que se desenvolverá un obradoiro de Xogos Tradicionais e un serán con comida, bebida, música e baile a esgalla e arroz con leite.
Na xornada do domingo haberá alboradas a cargo do grupo Fogo Fatuo, misa cantada, procesión e actuación a Escola de baile e música tradicional Aleivosía.
Está organizado pola Asociación Sociocultural Fogo Fatuo en colaboración co Concello de Rianxo.
    • 20.30 horas - Auditorio de Rianxo
    Concerto solidario de Apoio ao Sahára no que participarán María Manuela, Helena de Alfonso e José Lara Gruñeiro (Barahúnda) e Bea Porrúa e Alfredo Susavila e presentado por Ernesto Chao (Miro Pereira en Pratos Combinados). Está organizado por SOGAPS Solidariedade Galega co Pobo Saharaui coa colaboración do Concello de Rianxo.

    As entradas poden retirarse unha hora antes do comezo do concerto, e terán unha aportación 5 € que irán destinados ao programa de acollida temporal de nenos e nenas saharauis "Vacacións en Paz".

      • 22.00 horas - Campo de Arriba

      Coas actuacións de Familia Caamagno, Os Ulträqäns, Os Tres Trebóns e Bigote Mix.

      Está organizado pola Asociación Festival Antrospinos en colaboración co Concello de Rianxo
      • 22.30 horas - Camping de Rianxo
      Dentro do 9 Encontro Internacional de Zanfona organizado esta fin de semana en Rianxo pola aCentral Folque e cofinanciado polo Concello de Rianxo.
      Tanto nesta xornada do sábado coma na do domingo terá lugar Curso intensivo con Matthias Loibner.
      • Domingo 21 de abril
      • 17.00 horas - Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo
      Dentro do 9 Encontro Internacional de Zanfona organizado esta fin de semana en Rianxo pola aCentral Folque e cofinanciado polo Concello de Rianxo.

      Ademais lembráselle que aínda poden visitar no Centro Cultural-Auditorio de Rianxo as seguintes exposicións:

      • Un mar de mulleres organizada polo Grupo de Acción Costeira 7 da Ría de Vigo - A Garda e a Asociación Mulleres en Acción
      • De minimis da fotógrafa Marga Piñeiro

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: propostas culturais para esta fin de semana, do 18 ao 21 de abril de 2013

PROPOSTAS CULTURAIS PARA ESTA FIN DE SEMANA EN RIANXO

  • Xoves 18 de abril
    • 16.30 a 20.30 horas - Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo

O obradoiro forma parte do 9 Encontro Internacional de Zanfona organizado esta fin de semana en Rianxo pola aCentral Folque e cofinanciado polo Concello de Rianxo

  • Venres 19 de abril
    • 21.00 horas - Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo

O concerto forma parte do 9 Encontro Internacional de Zanfona organizado esta fin de semana en Rianxo pola aCentral Folque e cofinanciado polo Concello de Rianxo.
As entradas poderán retirarse unha hora antes do comezo do concerto e terán un custe de 5 €.

  • Sábado 20 de abril 

No que se desenvolverá un obradoiro de Xogos Tradicionais e un serán con comida, bebida, música e baile a esgalla e arroz con leite.
Na xornada do domingo haberá alboradas a cargo do grupo Fogo Fatuo, misa cantada, procesión e actuación a Escola de baile e música tradicional Aleivosía.
Está organizado pola Asociación Sociocultural Fogo Fatuo en colaboración co Concello de Rianxo.

  •  
    • 20.30 horas - Auditorio de Rianxo

Concerto solidario de Apoio ao Sahára no que participarán María Manuela, Helena de Alfonso e José Lara Gruñeiro (Barahúnda) e Bea Porrúa e Alfredo Susavila e presentado por Ernesto Chao (Miro Pereira en Pratos Combinados). Está organizado por SOGAPS Solidariedade Galega co Pobo Saharaui coa colaboración do Concello de Rianxo.

As entradas poden retirarse unha hora antes do comezo do concerto, e terán unha aportación 5 € que irán destinados ao programa de acollida temporal de nenos e nenas saharauis "Vacacións en Paz".

Coas actuacións de Familia Caamagno, Os Ulträqäns, Os Tres Trebóns e Bigote Mix.

Está organizado pola Asociación Festival Antrospinos en colaboración co Concello de Rianxo

Dentro do 9 Encontro Internacional de Zanfona organizado esta fin de semana en Rianxo pola aCentral Folque e cofinanciado polo Concello de Rianxo.
Tanto nesta xornada do sábado coma na do domingo terá lugar Curso intensivo con Matthias Loibner.
 

  • Domingo 21 de abril
    • 17.00 horas - Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo

Dentro do 9 Encontro Internacional de Zanfona organizado esta fin de semana en Rianxo pola aCentral Folque e cofinanciado polo Concello de Rianxo.

Ademais lembráselle que aínda poden visitar no Centro Cultural-Auditorio de Rianxo as seguintes exposicións:

  • Un mar de mulleres organizada polo Grupo de Acción Costeira 7 da Ría de Vigo - A Garda e a Asociación Mulleres en Acción
  • De minimis da fotógrafa Marga Piñeiro

Antes, en Certo:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

16.4.13

Noia: o Bng cre que a Feria de Abril do San Marcos é "moi prexudicial e un atranco para a normalización da nosa cultura"

Desde hai séculos os noieses e as noiesas vimos celebrando o 25 de Abril como manifestación dunha Feira popular, onde se comercia con animais sobre todo de raza cabalar e moitos produtos e elementos relacionados coa actividade agro-gandeira. Esta é a Feira noiesa máis importante do ano.

A “Feira do San Marco” é tamén unha celebración festiva por excelencia; expresión xenuína da nosa cultura. É curioso, este día que en todo o momento figurou como laborábel no calendario, sempre foi asumido e celebrado polos viciños e viciñas de Noia, incluso por moita xente da comarca, como día festivo de obrigada participación.

Foi no primeiro terzo do século XIX que o poder central impulsou un proxecto de unificación política (Estado unitario), tentando borrar todas as realidades nacionais e culturais do conxunto do Estado español. É desde aquela que se promove e potencia de xeito sistemático unha cultura identificada con esa España unida e singular que se pretendía construír; esta é a CULTURA CASTELLANO-ANDALUZA que nos veñen impondo desde aqueles tempos.

Desde aquela a cultura galega ven sendo interferida e submetida a outra foránea, pretendendo inculcarnos que a nosa cultura forma parte dun pobo vello e atrasado, en canto a outra correspondería a un Estado avanzado, culto e con futuro.

O BNG, rexeita a iniciativa da concellería de cultura do concello de Noia, de inclusión no programa da Feira de San Marcos dunha recreación da Feira de Abril andaluza. Dada a falta de estímulo e dificultades polas que pasou e pasa a nosa cultura popular, considera esta actitude moi prexudicial e un atranco para a normalización plena da mesma, entendendo que os poderes públicos deberían pular pola defensa e promoción da nosa cultura nacional.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

12.4.13

Cultura: Fran Godón falou da actual situación do teatro nos Xoves Literarios de Ribeira

A Biblioteca Municipal de Riveira deu cabida na noite de onte á segunda das conferencias organizadas dentro do programa dos Xoves Literarios: unha iniciativa promovida polo Concello a través do seu Departamento de Educación que na xornada de onte xirou en torno á historia e situación actual da arte dramática en Galicia. Así, o xoven pobrense Fran Godón Davila impartiu unha ponencia titulada “O teatro galego: circunstancias e antecedentes”.

 

Foi esta unha charla enormemente participativa, na que o relator animou en todo o momento aos asistentes a que lle interrompesen coas súas opinións e réplicas a canto estaba dicindo. Foi tal a resposta do público que a actividade prolongouse máis aló da hora inicialmente programada ata cerca dos noventa minutos

 

Durante a súa intervención, Godón remontouse á lírica trobadoresca como un dos influxos máis importantes no nacemento do teatro galego e manifestou que hai que esperar ata 1978 para que xurdise un teatro de carácter profesional, da man de autores como Manuel Lourenzo, Francisco Pillado o Roberto Vidal Bolaño, o homenaxeado nas Letras Galegas deste ano.

Sobre o situación actual, Godón expresou as dificultades que ao seu parecer existen hoxe en día á hora de que haxa unha distribución efectiva de obras dramáticas nas salas de Galicia.

O autor fora presentado ao inicio da charla pola concelleira de Educación, Mª Carmen Vizcaya; e o arquiveiro e bibliotecario municipal, José Antonio Otero.

O vindeiro xoves, 18 de abril, ás 20 horas, será Xoán Pastor Rodríguez o que fale de Cervantes e o Quixote en Galicia. 

 

Datos biográficos de Fran Godón Davila. Naceu en A Pobra do Caramiñal. É o director de UT·Tópico Teatro, compañía teatral propia da Asociación Cultural Turbina, da Pobra do Caramiñal. Licenciado en Filoloxía na Universidade de Santiago e posgraduado Especialista en Arte Dramática  na mesma universidade. Traballou teatro universitario en varias compañías, e na propia Aula de Teatro da USC, desenvolvendo a súa maior labor no grupo Teatro no Aramio de Santiago, do que é responsable máximo dende hai catro anos. No 2011 crea a súa propia compañía e a súa primeira montaxe: Baile de sombras; a obra estreouse en novembro do 2011 en Berlín, ao ser seleccionada a obra para participar no certame 3 Noches Españolas, unha iniciativa da compañía madrileña Theatreuropa que conta co apoio do Ministerio de Cultura, e galardoada co premio Xuventude Crea 2012, organizado pola Xunta de Galicia e que procura a mellor obra, feita por xente nova, do ano. Neste ano 2013 estrea Faust-Box coa súa compañía, obra da súa autoría na que ademais é intérprete. Mentres traballa na creación de novos produtos desenvolve na Pobra o obradoiro P-12, lugar de formación teatral para adolescentes e en Riveira colabora tamén con persoas afeccionadas ao teatro no seu interese de convertérense en actores e actrices.

 


Xoves literarios: catro literatos da bisbarra dan conferencias en abril

Intervención de Riveiro Coello, o primeiro Xoves Literario

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

11.4.13

Rianxo: este venres 12, libro sobre o surrealista Eugenio Granell e recital de piano inspirado nel

Media_httpfarm9static_yybuh

Presentación do libro e recital ao piano
VENRES 12 ABRIL. 21 horas
Biblioteca Municipal de Rianxo

Interveñen: 
Jose Luís do Pico, investigador
RAmon Pinheiro, director artítico do proxecto
Alejandro Vargas, director musical

Presentación das Miniaturas de Eugenio Granell: Música Revelada, a descoberta e reinterpretación do universo musical do pintor surrealista.

Ao finalizar ao acto, o pianista cubano Alejandro Vargas interpretará algún tema sobre melodías do xenial pintor surrealista. 
O acto estará compartido cos nosos amigos da editorial Axouxere que a partires das 20 h cunha lectura e conversa arredor dos textos literarios con Elisa Iglesias Gil.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: programa adiantado das Festas de San Marcos, do 25 ao 27 de abril

Xoves, 25 de abril- SAN MARCOS-

9:30 a 14:30 – FEIRA CABALAR E DE MAQUINARIA AGRÍCOLA

             na UA3 no lugar de San Lázaro

10:00 – Dianas e alboradas da Banda de Música de Noia 

11:00 -  Actividades para rapaces na Alameda

12:00 h. Misa na honra de San Marcos na igrexa de Santa Cristina de Barro

13:00 – Concerto da Banda de Música de Noia na Alameda

17:30 –Actuacións de Airiños do mar e Saiva Nova polas rúas da vila

17:00.-  Actividades para rapaces na Alameda

17:30 – Trofeo San Marcos de Fútbol

               NOIA F.C. – C.D. BOIRO no estadio municipal  de San Lázaro

17:30 – 18:30- Escola Infantil de MONTA en PONIS  no Paseo Marítimo.

18:30.- ESPECTÁCULO ECUESTRE no Paseo Marítimo:

Doma de Alta Escola con Sandra Borjas, gañadora da Medalla de prata do Salón Internacional do Cabalo- SICAB 2012-

21:30 – Verbena coa Orquestra SATÉLITES na Alameda

23:00 – ROI CASAL en concerto  na Alameda

00:30 - Verbena coa Orquestra SATÉLITES na Alameda

VENRES, 26 de abril

17:00 -  Actividades para rapaces na Alameda

17:30 –Actuación de Pedra Quente polas rúas da vila

22:00 - Verbena coa Orquestra CAPITOL na Alameda

22:00 – Velada de Boxeo e Kick Boxing no Polideportivo Municipal

23: 30 – LA BANDA DEL CAMIÓN en concerto na Alameda

00:30 - Verbena coa Orquestra CAPITOL na Alameda

                                              

Sábado, 27 de abril

08:30.- VI Concurso de pintura ao aire libre “Juan José Fernández Leiceaga (Sesé).

10:00 – Dianas e alboradas cos Salgueiriños

11:00 - Actividades para rapaces na Alameda a cargo da asociación  O BESBELLO

17:00 -21:00 .- Exposición e venda dos cadros presentados ao Concurso no Claustro do Concello.

18:00 .- Decisión do xurado do VI Concurso de pintura no Salón de Plenos

22:00 - Verbena coa Orquestra COMPOSTELA na Alameda

23:30 - Verbena coa Orquestra PASARELLA na Alameda

 

ACTOS ARREDOR DA FEIRA DE SAN MARCOS

  • Día 21 de abril XXVIII RALINOIA

Entrega de premios no Pavillón Municipal

  • Días  24, 25, 26, 27 e 28 FEIRA DE ABRIL

Carpa dedicada á Feira de Abril de Sevilla sita na rúa Xuíz Falcone

Día 24, inauguración da carpa ás 20:00 h.

Horarios de apertura:  mañás:   12:00 h--- tardes: 19:00 h

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Noia Fútbol Sala pode facer historia este sábado se gana e se proclama campión da Segunda División B

Media_httpfarm9static_oglfe

O Noia FS ten este sábado, 13 de abril, unha cita coa súa propia historia como club. Ás 18:15 no pavillón municipal tense que enfrontar ao Albense, ante o cal, de ganar, se proclamará novo campión de liga da segunda división B de fútbol sala. Inda que faltan tres partidos para rematar a competición de liga, os tres puntos contra o Alba de Tormes chéganlle sen depender de ningún resultado alleo noutros campos.

Os de Alba de Tormes chegarán a Noia como terceiros clasificados, polo que tamén se xogan moito no campionato, pois poden acadar posicións de play-off e intentarán por todos os medios manter a súa praza como terceiros e que lles daría directamente dereito a xogar a Copa do Rei da vindeira tempada.

Segundo os entendidos, ambos equipos, ao xogarse tanto e ao practicaren habitualmente un xogo moi vistoso, darán un bo espectáculo. Moncho Vázquez, adestrador do Noia F.S. convocou a toda a plantilla e decidirá xusto antes do encontro aos 12 futbolistas que competirán. Polo momento os convocados son Martín, Carlos, Pepe, Adrián, Peti, Marcos, Oscarín, Diego, Marcial, Romario, Nacho, Álex, Quique e Charly.

Os xogadores noieses son conscientes da importancia deste encontro e fan un chamamento á afección, que sempre os animou, tanto nos intres malos como nos bos, e están seguros de que este sábado irán dalo todo, encherán o pavillón e, de ganar, sairán celebrar este título histórico con todos eles.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

8.4.13

Lingua galega: Bng e Compromiso por Galicia saen na defensa de Farinós, denunciado polo asesor xurídico do Concello

  • O nacionalista Xosé Ramón Farinós López criticara que o traballador municipal obrigara aos veciños que atende a que se expresaran en castelán, argüindo que non entende o galego
  • O Bng considera estes feitos un "ataque e desprezo á lingua e cultura propias de Galicia nunha campaña orquestrada polo españolismo máis reaccionario"
  • Compromiso por Galicia considera que o asesor xurídico "non está en situación de demandar a ninguén porque a súa situación no Concello é ilegal, xa que dende o mes de xuño de 2012 cobra 2571 euros sen ter un contrato asinado"


Muros, 8 de abril de 2013. A Asemblea Comarcal de Muros-Noia, na xunta celebrada o pasado venres, logo de proceder á renovación do Consello Comarcal, acordou a aprobación dunha resolución de apoio ao militante de Muros, Xosé Ramón Farinós López, denunciado polo asesor xurídico do Concello, ao ter criticado o primeiro o feito de que o traballador municipal obrigue aos veciños que atende a que se expresen en castelán, xa que di no entender “el gallego”.

Para o BNG, a actitude deste traballador municipal vén afondar na campaña orquestrada nos últimos anos polo españolismo máis reaccionario embarcado nunha especie de “nova reconquista”, que busca en última instancia a eliminación da lingua e cultura propias do noso país, en beneficio do español.
Instamos á Alcaldesa de Muros, ao cumprimento da ordenanza municipal do uso do galego, hoxe en vigor, e lémbrelle aos traballadores locais a necesidade do seu cumprimento, tanto na atención aos veciños,  como na elaboración de todo tipo de expedientes municipais.

Compromiso Por Galicia

Media_httpfarm9static_ehqgk

María Xosé Afonso

Compromiso Por Galicia mostra o seu  apoio a Xosé Ramón Farinós. María Xose Alfonso crítica a acción xudicial levada a cabo polo Asesor Xurídico do Concello de Muros a Xosé Ramón Farinós, convencida que esta persoa "non esta en situación de demandar a ninguén e que o veciño de Muros só se limitou a opinar sobre unha actuación cando menos criticable". Alfonso considera que non se encontra en situación de demandar a ninguén pois a súa propia situación no Concello "é ilegal, posto que leva dende o mes de xuño do ano 2012 cobrando 2571,25€ sen contar nen tan sequera cun contrato asinado". María Xosé defendeu que Xosé Ramón Farinós só se limititou a expresar a súa
opinión ante un claro incumprimento por parte do Asesor Xurídico do  Regulamento do uso da lingua galega no Concello de Muros, ao obrigar, de xeito dictatorial, a veciños de Muros a que falaran en castelán. Dende Compromiso Por Galicia, instan a Caridad González "a que faga valer o
regulamento e, polo tanto, tome as medidas oportunas con este señor, que lonxe de resolver os problemas dos muradáns se esta convertendo nun problema para eles".


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

5.4.13

Ribeira: o escritor Antón Riveiro Coello abreu os Xoves Literarios de abril

Os Xoves Literarios que organiza o Concello de Riveira a través da súa Área de Educación deron comezo na tarde de onte cunha conferencia de altura a cargo de Antonio Riveiro Coello: prestixioso escritor nacido en Xinzo de Limia no ano 1964, pero que ten en Barbanza “o seu país de adopción”, segundo aseverou durante a charla pronunciada ante unha trintena de atentos oíntes na Biblioteca Municipal.

O título da ponencia, “As razóns da escrita. Un país sen límites”, na que Riveiro Coello desgranou os motivos que o levaron á creación literaria, nunha disertación salpimentada con numerosas anécdotas e vivencias.

Vocación musical

Así, Riveiro Coello lembrou que naceu nunha casa na que non había libros (“o único libro que había alí eran as instrucións da máquinas Singer da miña nai”) e que un dos motivos que lle influenciou  foi a gran capacidade do seu avó para narrar historias. Tamén explicou se ben parecía que os seus derroteiros artísticos parecían ir pola música (demostraba grandes actitudes coa guitarra tras recibir clases dun mestre andaluz na súa terra natal e incluso chegou a tocar nun grupo local) finalmente as circunstancias fixeron que se orientase á literatura: un feito no que resultou crucial as cartas que lle escribía á súa moza.

Ao longo da conferencia, Riveiro Coello verqueu moitas das súas opinións en torno ao mundo dos escritores e a literatura. Así, expresou a súa certeza de que os escritores escriben libros para chamar atención (“incluso aqueles que pacemos máis tímidos, máis introvertidos, temos a necesidade de sermos, de proclamar a nosa existencia”), que a literatura é unha mentira asumida por todos e que é tamén un acto de rebeldía (“todo o que escribe o fai contra algo, ás veces contra un mesmo").

Antón Riveiro tamén explicou que unha das razóns polas que el escribe é por non ser muller.  "Ter un fillo é o acto de creación máis fabuloso que lle pode acontecer unha persoa e eu non teño esa posibilidade”, subliñou, ao tempo que opinou que  existe un parecido entre a escrita e o embarazo e a xestación.

Ao igual que outros autores como Carlos Casares, Bryce Echenique ou García Márquez, Antón Riveiro tamén escribe para gustar (“máis que para seducir, porque en gustar hai algo espontáneo e en seducir hai algo forzado”) e sempre pensando en persoas concretas, fundamentalmente en dúas: a súa muller (que representa ao lector máis amplo, máis sensorial) e o seu editor (que representa ao lector máis culto, máis esixente).

A ponencia aínda daría pé  a outras interesantes manifestacións da vida literaria de Riveiro Coello, como que lle gusta xogar con persoas imaxinarias, que lle gusta converter en materia estética a realidade cotiá ata “habitar espazos inventados” e que ten o propósito consciente de “inventar unha linguaxe propia”, algo que o identifique e deixar constancia da súa pegada.

Tras cincuenta minutos de amena disertación, a charla concluíu co aplauso unánime do público congregado e co inicio dun distendido coloquio do autor e asistentes, non sen que antes a concelleira de Educación, Mª Carmen Vizcaya, tivera palabras de eloxio e agradecemento ao autor protagonista. A charla fora introducida pola responsable do Servizo Municipal de Normalización Lingüística, Alicia Padín.

O vindeiro xoves, 11 de abril, ás 20 horas, terá lugar a segunda conferencia dos Xoves Literarios, titulada “O teatro galego: circunstancias e antecedentes”, por Francisco Godón Davila.

Datos biográficos de Antón Riveiro Coello. Naceu en Xinzo de Limia en 1964. Cursou estudos de Dereito na Universidade de Santiago e actualmente é funcionario da Administración Autonómica. A súa obra, traducida a varios idiomas, ten sido galardoada con diversos premios entre os que salienta o Premio da Crítica Española, o premio de Narrativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega, o Álvaro Cunqueiro de Narrativa, o Manuel García Barros de Novela, o Torrente Ballester de Narrativa (finalista), o Camilo José Cela de Narrativa, o Manuel Murguía, o Modesto R. Figueiredo, o Café Dublín, o Castelao de Narrativa, o Ourense de Contos, o Breogán de Contos, etc. Ademais de participar en medio cento de colectivas, é autor dos seguintes libros: Valquiria, (Ed.Novo Século.1994), Parque Central e outros relatos (Ed. Espiral Maior 1996), A historia de Chicho Antela (Espiral Maior,1997), A quinta de Saler (Galaxia, 1999), Animalia (Galaxia, 1999), As rulas de Bakunin (Galaxia, 2000), Homónima (Galaxia, 2001), Cartafol do Barbanza (A Nosa Terra, 2002), A canción de Sálvora (A Nosa Terra, 2003), A esfinxe de amaranto (Galaxia, 2003), Limaiaé (Centro de Cultura Popular do Limia, 2005), Casas Baratas (Galaxia, 2005), A voz do lago (Galaxia, 2007), Os ollos de K (Galaxia 2007), As pantasmas de auga (Bourel, 2010), O paso do esquecemento (Centro de Cultura Popular do Limia, 2011) e Laura no deserto (Galaxia, 2011).

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

4.4.13

Mar: o PP vota en contra de suprimir o requisito que obriga ás mariscasdoras a pé a vixiar bancos marisqueiros para renovar o permex

  • A nacionalista Montse Prado reclamou  “derrogar os artigos” que obrigan ás mariscadoras a pé a realizar  servizos  que poñen en perigo a súa integridade física e dos que está exento o marisqueo a flote
  • O maior conflito en Cabo de Cruz está motivado por esta inxusta disposición

Media_httpfarm9static_ptoig

Montse Prado

Barbanza-Noia, 4 de abril de 2013. A deputada  do BNG Montse Prado defendeu hoxe, na comisión de pesca celebrada no Parlamento galego, unha proposición non de lei para “derrogar os artigos que  establecen como requisito obrigatorio, para poder renovar o Permiso de Explotación (PERMEX), realizar labores de “control, protección e vixiancia dos bancos marisqueiros”.

O PP votou en contra da iniciativa nacionalista

Na defensa da proposición non de lei, a parlamentaria do BNG afirmou que con esta normativa, a Consellaría establece unha “clara e aberta marxinación” das mariscadoras a pé e fai “deixación” das súas competencias exclusivas en materia de vixilancia.

Prado salientou que o requisito obrigatorio para renovar o Permex afecta a varios miles de persoas  dedicadas ao marisqueo , das que máis do 90% son mulleres que se enfrontarán a situacións de “persecución, retención, identificación d@as furtivos, retirada do marisco extraído e  actuacións para as que as mariscadoras non están autorizadas nin contan coa preparación e cualificación necesaria”.

Estas funcións, entrañan grande perigosidade, pero esta, é unha cuestión, dixo,  que “non parece preocupar a Consellería de Pesca”. A deputada tamén criticou o criterio economicista da consellería de Pesca que  elixe implantar  unha medida que lle resulta máis “barata” aínda que  en contrapartida  ás mariscadoras deban  “realizar un labor que pode mesmo conlevar risco para a súa integridade física”.

Unha medida, engadiu  que é “discriminatoria, supón un abuso, un castigo e unha penalización para as mariscadoras”. Un castigo que as obriga a permanecer na praia máis horas facendo unha actividade para a que non están preparadas nin autorizadas.

A deputada nacionalista resaltou  que o marisqueo é unha actividade feminizada á que agora  se lle esixe tamén dar solución a un problema que é competencia por lei  da propia consellería. Neste sentido, engadiu que estamos ante outra “discriminación de xénero” dun  colectivo que agora deberá cargar, a maiores, cunha responsabilidade que non lle compete.

Baixo a “coacción” de cumprir o requisito de labores de vixilancia para renovar o PERMEX, este colectivo resulta unha vez máis “castigado” pola Consellería de Pesca.

A parlamentaria nacionalista lamentou o voto en contra do PP e afirmou que esta medida incidirá moi negativamente na situación actual das mariscadoras que perciben un salario por debaixo do “60 por centro do salario mínimo  interprofesional”.

Media_httpfarm3static_kstuz

CABO DE CRUZ

Conflitos como o que se está a vivir a Agrupación de Mariscadoras de Cabo de Cruz (Boiro) son consecuencia directa desta obrigatoriedade: mariscadoras  que defenden a súa profesionalidade para extraer marisco, para efectuar limpezas, sementar... para mellorar a calidade e cantidade da produción pero non para ser vixiantes e loitar contra o furtivismo. Vixiancias ás que se opoñen xa que non foron aprobadas pola Asemblea Xeral da Agrupación de Mariscadoras de Cabo de Cruz, requisito necesario para incluírse no Plan de Explotación, concluíu.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Mar: o PP vota en contra de suprimir o requisito que obriga ás mariscasdoras a pé a vixiar bancos marisqueiros para renovar o permex

  • A nacionalista Montse Prado reclamou  “derrogar os artigos” que obrigan ás mariscadoras a pé a realizar  servizos  que poñen en perigo a súa integridade física e dos que está exento o marisqueo a flote
  • O maior conflito en Cabo de Cruz está motivado por esta inxusta disposición

Media_httpfarm9static_amzgl

Montse Prado

Barbanza-Noia, 4 de abril de 2013. A deputada  do BNG Montse Prado defendeu hoxe, na comisión de pesca celebrada no Parlamento galego, unha proposición non de lei para “derrogar os artigos que  establecen como requisito obrigatorio, para poder renovar o Permiso de Explotación (PERMEX), realizar labores de “control, protección e vixiancia dos bancos marisqueiros”.

O PP votou en contra da iniciativa nacionalista

Na defensa da proposición non de lei, a parlamentaria do BNG afirmou que con esta normativa, a Consellaría establece unha “clara e aberta marxinación” das mariscadoras a pé e fai “deixación” das súas competencias exclusivas en materia de vixilancia.

Prado salientou que o requisito obrigatorio para renovar o Permex afecta a varios miles de persoas  dedicadas ao marisqueo , das que máis do 90% son mulleres que se enfrontarán a situacións de “persecución, retención, identificación d@as furtivos, retirada do marisco extraído e  actuacións para as que as mariscadoras non están autorizadas nin contan coa preparación e cualificación necesaria”.

Estas funcións, entrañan grande perigosidade, pero esta, é unha cuestión, dixo,  que “non parece preocupar a Consellería de Pesca”. A deputada tamén criticou o criterio economicista da consellería de Pesca que  elixe implantar  unha medida que lle resulta máis “barata” aínda que  en contrapartida  ás mariscadoras deban  “realizar un labor que pode mesmo conlevar risco para a súa integridade física”.

Unha medida, engadiu  que é “discriminatoria, supón un abuso, un castigo e unha penalización para as mariscadoras”. Un castigo que as obriga a permanecer na praia máis horas facendo unha actividade para a que non están preparadas nin autorizadas.

A deputada nacionalista resaltou  que o marisqueo é unha actividade feminizada á que agora  se lle esixe tamén dar solución a un problema que é competencia por lei  da propia consellería. Neste sentido, engadiu que estamos ante outra “discriminación de xénero” dun  colectivo que agora deberá cargar, a maiores, cunha responsabilidade que non lle compete.

Baixo a “coacción” de cumprir o requisito de labores de vixilancia para renovar o PERMEX, este colectivo resulta unha vez máis “castigado” pola Consellería de Pesca.

A parlamentaria nacionalista lamentou o voto en contra do PP e afirmou que esta medida incidirá moi negativamente na situación actual das mariscadoras que perciben un salario por debaixo do “60 por centro do salario mínimo  interprofesional”.

Media_httpfarm3static_jhjid

CABO DE CRUZ

Conflitos como o que se está a vivir a Agrupación de Mariscadoras de Cabo de Cruz (Boiro) son consecuencia directa desta obrigatoriedade: mariscadoras  que defenden a súa profesionalidade para extraer marisco, para efectuar limpezas, sementar... para mellorar a calidade e cantidade da produción pero non para ser vixiantes e loitar contra o furtivismo. Vixiancias ás que se opoñen xa que non foron aprobadas pola Asemblea Xeral da Agrupación de Mariscadoras de Cabo de Cruz, requisito necesario para incluírse no Plan de Explotación, concluíu

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: actos culturais previstos neste mes de abril

Día 5, venres. A compañía Fantoches Baj  presenta a obra de títeres A fábula Galénica  (Acto incluído na celebración do mes do libro)
Para nenos e nenas de 3 anos en diante.
Casa da Cultura ás 18:30 h.

■ Día 5, venres. Concerto de ESPIDO
Rúa do Curro ás 22:00 h.

■ Día 7  domingo. Proxección da película  O Irlándes
(Ciclo de cine Emocións cotiás)
Casa da Cultura ás  20:00 h.

■ Día 12, venres. Presentación libro Monicreques de Xosé Daniel Costa.
Casa da Cultura ás 20:30

■ Día 13,  sábado.  Concerto de SILVIA PENIDE
Rúa do Curro ás 22:00 h.

■ Día 14, domingo. Proxección película Almorzo en Plutón
(Ciclo de cine Emocións cotiás).
Casa da Cultura ás 20:00 h.

■ Día 21, domingo. Proxección  da película O Chef
(Ciclo de cine Emocións cotiás)
Casa da Cultura ás 20:00 h.

■ Días 25, 26 e 27 FEIRA DE SAN MARCOS (o día 25, xoves,  Feira-Concurso cabalar. O  día 27 sábado, VI Certame de Pintura ao aire libre “Juan José Fernández Leiceaga” Sesé”)

Relacionadas:

Pode que tamén lle interese:

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o portavoz nacional do BNG visita este venres 5 aos estafados das preferentes pechados no Concello

  • Co gallo do cento de días que levan con esta protesta non violenta

Media_httpfarm9static_bsqri

Xavier Vence o día que foi proclamado Portavoz Nacional do Bloque Nacionalista Galego

O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, visita este venres ás 18:30 horas as persoas vítimas da estafa das participacións preferentes que cumpren 100 días pechadas na Casa do Concello de Boiro.

No encontro, estarán tamén membros da Executiva Nacional do BNG como Bieito Lobeira e Goretti Sanmartín, a deputada no Congreso Rosana Pérez, a deputada no Parlamento galego Ana Pontón e o responsábel comarcal do BNG da Barbanza, Severino Romero, entre outras persoas da formación nacionalista.

Relacionada:

 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o Psoe denuncia que o alcalde Ruiz Rivas está contra a transparencia, mesmo do seu propio partido

  • “Si eu tivese un Picasso na casa, nunca o poñería na miña declaración de bens”, afirmou o alcalde do PP en Ribeira Manuel Ruíz Rivas
  • O grupo do PP no pleno chegou a asegurar que "os políticos non teñen que dar un exemplo que o resto da sociedade non dá"
  • O PSOE salienta que en Ribeira operaron empresas implicadas na trama Gürtel, que inda se está a investigar nestes días coas declaracións do ex tesoreiro do PP Luís Bárcenas


Ribeira, 4 de abril de 2013. Segundo denuncian hoxe en nota de prensa os socialistas de Ribeira, no pasado pleno, este grupo municipal do PSdeG-PSOE "ofreceu a oportunidade ao Grupo Popular de cumprir o compromiso do seu partido de facer públicas as declaracións de Patrimonio e Ingresos dos responsables institucionais. Aproveitando unha iniciativa plenaria do BNG os socialistas propuxemos unha “emenda transaccional” para que se publicasen na páxina web do Concello as declaracións de Bens e Ingresos dos membros políticos da corporación, ao que o Alcalde e o seu grupo se negaron de forma rotunda, alegando que “os políticos non teñen que dar un exemplo que o resto da sociedade non dá”.

 
O 15 de xuño de 2009 a Comisión Executiva da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) aprobou por unanimidade o Código de Boas Prácticas do Gobierno Local. Dita comisión, integrada por membros do PSOE, PP e outras forzas políticas, propoñían entre outras cousas facer públicas as declaracións de bens e de patrimonio dos responsables políticos municipais. "Moito choveu dende o 2009, pero hoxe máis que nunca son necesarias medidas que aumenten a transparencia nas institucións. A trama Gürtel, Campión, Pokémon e unha morea de casos de corrupción salpican a xeografía galega desprestixiando aos representantes do pobo, indistintamente das siglas de cada un. Sen embargo, o rexedor ribeirense considérao un agravio que pon en tea de xuízo a súa honradez. Nada máis lonxe da realidade, pois non se propuso que se fixesen públicas só as súas declaracións, senón as de todos os membros da corporación municipal", argumentan dende o Psoe local de Ribeira.

Gürtel en Ribeira

"O Alcalde parece descoñecer o propio concepto de transparencia can-
do se pregunta porqué el e non un fontainero, un médico ou un enxeñeiro, non se lle esixe o mesmo. Pois claramente porque o seu soldo sae de fondos públicos, dos nosos petos e os traballadores ou profesionais amentados non obteñen o seu soldo ou emolumentos do erario público! Así de sinxelo! A transparencia é a mellor medicina para evitar a corrupción, e en Ribeira esa
medicina fai tanta falta como no resto das institucións galegas. Acaso non traballaron para a administración local de Ribeira empresas investigadas na trama Gürtel? Non son habituais os comentarios cidadáns sobre os “presuntos enriquecementos ilícitos” dos cargos políticos? Poñámoslle remedio entón. Fagamos de Ribeira unha cidade máis transparente e sigamos traballando para mellorar a nosa cidade", rematan os socialistas ribeirenses.

O anterior alcalde, como senador, ten que facer declaración de bens e está colgada en Internet

Non se entende a postura do actual alcalde ribeirense, Manuel Ruiz Rivas, que fora antes de presentarse como candidato á alcaldía Portavoz do Grupo Popular no Parlamento, sobre a transparencia debida dos funcionarios públicos. O seu compañeiro de partido, ao que sucedeu na alcaldía, Torres Colomer, ten que facer declaración de bens, que se pode observar na páxina web do Senado español. Inda que non sexa moi crible (ten en depósitos en contas correntes a metade do que declarou no último IRPF, logo de décadas en postos como a presidencia da Deputación, alcaldía e senado), no caso de falsidade correspóndelle investigalo a un xuíz pero aos cidadáns sempre nos interesa saber se os políticos están para servirnos ou para enriquecerse co cargo ou favorecer aos amigos. E choca inda máis a postura de Ruiz Rivas cando é o seu partido, a nivel nacional, o que está promovendo unha Lei de Transparencia e, inda que non ofreza explicacións abondo, disque intenta loitar contra a corrupción.

Declaración de Bens de Torres Colomer (senado.es)

Declaración_Bens_Torres_Colomer.pdf Download this file


Relacionada:

 


Transparencia: o alcalde de Noia publica a súa nómina na web

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical