18.11.10

A Pobra: o Psoe anima a participar na manifestación deste domingo 21 a prol da sanidade pública


A Pobra do Caramiñal, 18 de novembro de 2010. O Partido Socialista local anima a todos os pobrenses e barbanzanos a acudir á manifestación a prol da Sanidade Pública que terá lugar este domingo 21 de novembro en Santiago de Compostela. Segundo a agrupación socialista local, "os continuos recortes e o camiño á privatización á que nos conduce este goberno son unha boa razón para acudir este domingo a esta mobilización pola defensa da sanidade pública".

A nota íntegra:

"Todos somos coñecedores, e tamén sufridores, dende a chegada do PP ó Goberno da Xunta que a súa política caracterizouse por un ataque sistemático ós servizos públicos da nosa comunidade. 
 
En sanidade non só se recortaron por primeira vez os orzamentos senón que se pecharon os quirófanos pola tarde, se incrementou a lista de espera, recortouse persoal dos centros, volveron os contratos vasoira, e para rematar están a hipotecar o futuro da sanidade pública galega ca privatización da construción e xestión dos hospitais de Vigo e Pontevedra, así como dos novos centros de Saúde.  

Consideramos un fracaso a política da Consellería de Sanidade que fai que mes a mes sexan máis os galegos que esperan por unha intervención e unha consulta. Tras un ano a lista de espera incrementouse mais significativamente nas especialidades que teñen mais patoloxías malignas e de gravidade, tales como as especialidades de neurociruxía, ciruxía maxilo facial, xinecoloxía. E non se mellorou nada en ciruxía cardíaca nin en cirurxía xeral. 

Maquillaxe de datos

Por outra banda a Consellería maquillou os datos  incrementando a lista de espera non estructural, a que non se publica, polo que cada mes máis pacientes están na lista de espera non estructural. 

Os pacientes que son derivados ós centros concertados son retirados da lista de espera o mesmo día que aceptan a súa intervención aínda que tarden 2-5 meses en ser intervidos neses centros. Esta é outras fórmulas estadísticas son as que están a manexar dende a Consellería para maquillar os resultados na xestión das listas de espera. 

En estes momentos mais de 120.000 galegos están esperando por unha proba diagnóstica sen que o Goberno do Sr. Feijoo faga nada para solucionar este problema. Mais de 92.000 están recoñecidos na páxina Web oficial da Consellería e son moitos os centros e axendas de probas que están pechadas. Isto o poden comprobar día a día centos de galegos e galegas que se acercan os mostradores dos centros hospitalarios con unha solicitude de proba diagnóstica e obteñen como única resposta que entregan a solicitude e que xa se lles avisará por teléfono sobre o día o lugar e a hora na que esa proba será realizada, salvo os pacientes neoplásicos coñecidos que se lles da cita directa no mostrador.

As consecuencias desta política sanitaria afecta de xeito importante a: 

  • Abandono do Plan de Saúde Mental, do Plan de Drogodependencias e da atención sociosanitaria.
  • Anuncio do peche dos servicios de radioloxía de urxencias nos hospitais comarcais para concentralos nun so centro, apartando aos pacientes dos especialistas, limitando a realización de ecografías e substituíndoas por TACs, máis caros e que someten a radiación innecesaria ao paciente, así como a imposibilidade da realización de radioloxía intervencionista.
  • Déficit de persoal especializado en xinecoloxía no hospital do Barbanza, polo que a falta de xinecólogos esperamos que non teña consecuencias dramáticas para as mulleres.
  • Están a recorrer a colaboración público - privada para a construción de novos centros de saúde o que lle proporcionará unha importante baza electoral de cara ás próximas eleccións pero os sobrecustes van pagalos as futuras xeracións.
  • Tanto deterioro proporcionaralle a xustificación para introducir o copago, acabar coa universalidade da oferta sanitaria pública e privatizar boa parte do sistema.

Por todo iso recomendamos asistir á MANIFESTACIÓN contra a privatización e a defensa da sanidade pública do próximo domingo día 21, as 12 horas desde a Alameda de Santiago de Compostela".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: o Psoe di que se desmantelou o cuartel da Garda Civil e agora hai que ir denunciar a Boiro


A Pobra do Caramiñal, 18 de novembro de 2010. Segundo comentou o Psoe local, cuxa voceira é María Teresa García Guillán, "a noticia de hoxe na Pobra é que se desmantelaron as dependencias da Garda Civil neste concello. A partires de hoxe para calquera denuncia os pobrenses temos que acudir a Boiro. Non entendemos o motivo deste peche do cuartel, pois as forzas do orde que estaban destacadas na Pobra tiñan unha resolución de conflitos e faltas moi elevada, aproximándose ao 70% a resolución das mesmas".


Segundo a concelleira socialista pobrense, "na actualidade a seguridade dos veciños está complicada: roubos, violencia de xénero, tráfico de drogas; e non é o momento oportuno para que se retiren da Pobra os efectivos que nos daban seguridade. Hai que ter en conta que a policía local soamente presta servizo nas noites da fin de semana, polo tanto os veciños da Pobra quedamos totalmente desprotexidos, sen seguridade para os negocios e para as vivendas".


"Non hai moito tempo que o alcalde nos dicía que contaríamos con maior número de profesionais, contabamos con  tres axentes que facían un traballo excepcional e quedamos sen ningún.Por este motivo recordábanme hoxe persoas maiores que fomos un pobo onde había todos os servizos, que viñan facer compras dos pobos limítrofes, e agora, na etapa de Isaac, imos ser recordados polo desmantelamento dos servizos públicos e porque en poboación cada día somos menos. Os mozos instálanse non pobos que dan servizos, non nos pobos fantasmas", espetou a voceira socialista.


"Pedímoslle ao señor Isaac que xestione, que se preocupe polos veciños e que non deixe á deriva ás persoas emprendedoras, ás que traballan e viven neste concello, pois a seguridade cidadana está en xogo. De pouco nos vale que o responsable do posto da Garda Civil de Boiro veña ás procesións e demais actos aos que o invita o alcalde, senón que o que necesitamos é seguridade", argumentou.


Para Guillán, "nestes intres  estamos sen rumbo a ningunha parte, é imprescindible na Pobra  un cambio, por hixiene política, e os socialistas da Pobra estamos en disposición de traballar polo ben común, tal e como xa o vimos facendo".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: o PP dubida que houbera fábrica de salgadura no que vai ser o futuro Museo do Mar local

Texto e fotos do blog do PP de Porto do Son, aquí

D. MANUEL TOMÉ PIÑEIRO, na condición de Voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Pto. Do Son, e de conformidade co prevenido no artigo 23.1. da Constitución Española; 77 da Lei 7/1985 reguladora das Bases do Réximen Local, e 14 a 16 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réximen Xurídico das Corporacións Locais (ROF 258/86 do 28 de Outubro);

ANTECEDENTES:

Desgraciadamente un novo episodio da DESFEITA URBANÍSTICA volta a facerse realidade no Casco da Vila coa “rehabilitación” da suposta antiga fábrica de salgadura para a conversión en Museo do Mar e Etnográfico do noso Concello.

Esta situación aínda é máis gravosa, xa que o ente promotor do proxecto é o Concello de Porto do Son.

Está claro que o continuismo da desfeita ten un novo significado para este bigoberno igualando o termo Rehabilitación ó de Demolición.

Visto que este Goberno do PSOE e BNG manteñen que o inmoble adquirido polo ente local, albergou a anteriormente mencionada fábrica, e na que os anteriores propietarios afirman que en ningún intre alí existiu tal actividade conserveira, simplemente foi un antigo forno de leña que estivo activo ata mediados dos anos 50 do século pasado.

Tanto o Rexedor Local, D. Pastor Rdrguez., así coma a Tenente de Alcalde, a nacionalista Dna. Ánxela Franco, sempre afirmaron públicamente as orixes do sector da salgadura, e non existe no Expediente de referencia de dito Proxecto, ningún documento que atestigue ou confirme as orixes conserverías de dito inmoble,máxime anunciando que as pías estaban soterradas e coa demolición efectuada nestas datas, ponse de manifesto que esas afirmacións eran totalmente mentira, por todo elo,

SOLICITO:

Copia de documento acreditativo ou ben documentación bibliográfica de referencia ou similar que atestigue ou fundamente que o inmoble que albergará o futuro Museo do Mar e Etnográfico, foi unha antiga fábrica de salgadura.

Porto do Son, 18 de Novembro de 2010

Asdo: Manuel Tomé Piñeiro
Portavoz Municipal do PPdG de Pto. Do Son

Relacionada:


Política: o PP denuncia a nova "desfeita urbanística" do bipartito

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Lousame: o Psoe di que "Ecoembes rouba aos Concellos co consentimento do goberno de Feijóo"

O PP rexeitou unha iniciativa socialista para solucionar o conflicto da planta de Lousame. Pedíase, entre outras cousas, medio millón de euros para ampliala


Carmen Gallego en rolda de prensa na sede do Psoe

Lousame, 18 de novembro de 2010. A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Gallego interviu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento para reclamar ao Goberno, mediante unha proposición, negociar no novo Convenio Marco con Ecoembes que ten que entrar en vigor a partires do 1 de xaneiro de 2011 as condicións de retirada e pago relativas á selección da totalidade dos envases recuperados no Complexo Ambiental de Lousame. Tamén solicita anticipar á Mancomunidade de concellos "Serra de Barbanza" a carga económica necesaria para o normal funcionamento da planta que a propia Xunta de Galicia vai recadar das retencións que fai aos concellos do Fondo de Cooperación Local para este fin. E por último, solicitou outorgar unha axuda de 500.000 euros para a ampliación do Complexo Ambiental de Lousame. A iniciativa foi rexeitada polo PP. 

Trala votación, Carmen Gallego lamentou que o Partido Popular "diga que quere apoiar este complexo medio ambiental, pero non o demostran cunha decisión practica, apoiando este iniciativa, senón con frases grandiolocuentes. Gallego lembrou ademais que o Grupo Socialista apoiaba dúas emendas presentadas polo PP neste asunto “pero nin así quixeron votar a favor”.

A portavoz de Medio Ambiente criticou duramente a xestión do Partido Popular neste asunto e reclamou á empresa Ecoembes que cumpra “e pague o 100% dos envases aos Concellos de Galicia”. E insistiu nas súas criticas ata o punto de afirmar que “Ecoembes rouba aos concellos co consentimento do Goberno de Feijoo, polo tanto a Xunta é cómplice”.

Gallego lembrou na súa intervención que a grave situación pola que atravesa a empresa xestora da planta que ameaza con deixar a xestión da mesma a finais de novembro e, polo tanto, a perda de 150 postos de traballo directos. Nese senso emprazou a buscar unha solución razoable a este conflicto.

A deputada socialista dixo que o Complexo Medioambiental de Lousame xestionado pola Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza é unha instalación punteira en recuperación e reciclaxe. De feito no Plan de Residuos que se está tramitando por parte do goberno de Galicia recoñécense as mellores ratios de reciclaxe neste complexo.
 
Gallego denuncia que aínda que esta pranta é unha alternativa na xestión de residuos asegura que “non é apoiada polo actual goberno de Feijóo”. Asevera ademais que o PP ten como referente ideolóxico SOGAMA, a cal, lembrou, foi creada polos gobernos Fraga e que se demostrou reiteradamente que “non é unha opción que concorde coa xerarquía comunitaria na xestión de residuos onde as ultimas dúas opcións son a incineración e o vertedoiro”, insistiu.

Plan de Residuos

A portavoz socialista replica que o goberno autonómico pretende coa redacción do novo Plan de Residuos perpetuar o modelo de incineración e vertedoiro que acuñou en Sogama, e que amplía coa nova construcción dunha incineradora e un vertedoiro no Sur de Galicia. Insiste nas súas criticas e advirte que “este Plan de Residuos non ofrece solucións nin a inclusión dos dous modelos alternativos existentes hoxe en Galicia (Nostián e Lousame) nunha auténtica política de residuos”, tal como defende o PSdeG-PSOE.

SOGAMA

Argumenta Gallego tamén que Galicia "debería contar cunha auténtica Sociedade Galega do Medio Ambiente na que convivan os distintos modelos de xestión de residuos, participada polos concellos e a Xunta de Galicia e con carácter público, que prime os criterios ambientais sobre os económicos". Sinala ademais que esta solución evitaría os problemas que hoxe teñen os sistemas alternativos de xestión de residuos con nulo apoio da Xunta de Galicia namentres a SOGAMA se mantén cunha participación pública do 51% co diñeiro de todos os galegos e galegas independentemente de se estes escolleron para a xestión dos residuos nos seus concellos este ou outro modelo.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Industria: o Bng pedirá no Parlamento que se axilicen os trámites para crear solo industrial entre Ribeira e A Pobra


O novo polígono resultante sería o de maior superficie de Barbanza

Barbanza, 18 de novembro de 2010. A deputada do BNG Ana Pontón defenderá mañá, na Comisión de Industria que se celebrará no Parlamento galego, unha Proposición non de lei para instar á Xunta a retomar de maneira inmediata a tramitación do solo empresarial previsto no comarca da Barbanza nos concellos de A Pobra do Caramiñal e Ribeira, axilizando a tramitación administrativa e garantindo unha dotación orzamentaria que posibilite que o polígono poida estar operativo no ano 2012.

Pontón asegura que os pasos dados para a execución destes proxecto "contou co apoio de toda a comarca, por entenderen que esta actuación ía solucionar os problemas do solo empresarial e incentivaría o asentamento de novas empresas ou o dimensionamento das existentes".

A deputada do BNG apunta que, dende a chegada do Partido Popular á Xunta de Galicia "foron paralizados os traballos e trámites para a dotación deste solo produtivo, de aí que o BNG pida unha rectificación e se poidan axilizar os trámites para continuaren con este proxecto".

Segundo a Xunta de Galicia actual, o problema do atraso deste polígono é que non había seguridade xurídica e hai que modificar unha normativa, como publicamos aquí

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Música: alumnos de Ribeira, Noia e Santiago participan o luns 22 en Compostela nun concerto na honra de Santa Icía


Conservatorio Histórico de Santiago, na praza de Salvador Parga

Ribeira, 18 de novembro de 2010. Co fin de conmemorar a festividade de Santa Icía, patroa dos músicos, catro alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Ribeira van participar este luns 22 de novembro no Encontro Intercentros que terá lugar no Conservatorio Histórico de Santiago de Compostela.

Este evento vai concentrar nun concerto a alumnos do Conservatorio Histórico de Santiago, do Conservatorio Profesional "Felipe Paz Carbajal" de Noia e do Conservatorio Profesional de Música de Ribeira. A hora do Encontro será ás 19.30 horas no salón de actos e terá como representantes do conservatorio ribeirense  aos seguintes alumnos:

  • Adriana Parada García, de 3º Grao Profesional de Piano (Nocturno en do menor, de F. Chopin),
  • Lorena Abeijón Castro, de 3º de Grao Profesional de Clarinete (Mozartiana, de W. A. Mozart)
  • Elsa Muñiz Hermo, de 6º de Grao Profesional de Piano (Córdoba, de Ernesto Lecuona).
  • Martín Castro Tubío, de 1º Grao Profesional de Saxofón (interpretará Sarabande et Allegro, de Gabriel Grovlev),
Irán acompañados do profesor Luis Ignacio Blanco Picos.

Para preparar esta importante cita, mañá venres ás 17.00 horas no Salón de Actos do Conservatorio Profesional de Ribeira, os alumnos participantes ofrecerán unha pequena audición co repertorio que interpretarán en Santiago. O acceso é libre para os interesados.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: I Campionato de Trial 4x4 "O Castro", esta fin de semana en Taragoña

Rianxo, 18 de novembro de 2010. Os vindeiros sábado 20 e domingo 21 de novembro vaise disputar no circuíto de Autocrós do Castro en Taragoña, o I CAMPIONATO TRIAL 4X4 O CASTRO, que é proba puntuable para o Campionato Galego da especialidade.

Está organizado pola Escudería RallyActividad Competición coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña.

O trial 4x4 é a modalidade deportiva na que con un vehículo 4x4 trátase de superar diferentes obstáculos delimitados nun percorrido concreto dentro dunha zona sinalizada.

O programa de actividades é o seguinte:

            Sábado 20:

                        Verificacións técnicas: 10:00 h

                        Comezo proba: 15:30 h

            Domingo 21:

                        Comezo proba: 9:30 h

                        Remate e entrega trofeos: 14:00 h


A entrada o recinto é o aparcamento serán gratuítos.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Solidaridad: la ONGD ConTacto conmina a rascarse el bolsillo para ayudar a los inmigrantes

Barbanza-Noia, 18 de noviembre de 2010. Con motivo de su primer aniversario, la organización no gubernamental ConTacto lanza una  campaña de recolecta de fondos. Tiene lugar en Boiro, Noia, Portosín y Porto do Son.
                     
Para mayor información:
 
ONGD ConTacto, "Asesoría al Inmigrante y su Integración" 

Oficina Central: Rúa Principal Nº 3 Edif. Polivalente Cimadevila. Boiro - A Coruña.

Teléfono: 981847307. E-mail: contactoongd@gmail.com

Oficina Noia: Rúa Corredoira s/n, Casa de la Cultura. Noia - A Coruña. CP.15200 

Móvil: 626367343. E-mail: contactoongdnoia@gmail.com

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

17.11.10

Porto do Son: organizan unhas xornadas técnicas sobre cría de ovellas e cabras o sábado 27 de novembro

Lousame: os traballadores da planta de Servia continúan coa folga de recollida de lixo en Ames e Carnota

O concello de Ames celebrará este xoves un pleno extraordinario para tratar o asunto

Lousame, 17 de novembro de 2010. Os traballadores e traballadoras da planta de reciclaxe de Servia, en Lousame, continúan a folga de recollida de lixo iniciada o pasado sábado día 13 nos concellos de Ames e Carnota. Neste concello, a corporación votou en contra da moción proposta polo Comité de Empresa. Unha moción coa se pretendía que todos os concellos da Mancomunidade asumiran un compromiso firme co modelo de xestión de RSU do Barbanza e o pago das cantidades adebedadas. No caso de Ames, o seu alcalde, o socialista Carlos Fernández, impediu que a moción fose debatida polo pleno e trasladou o punto a un pleno posterior que se celebrará, previsibelmente este xoves 18. Na noite do luns, os servizos mínimos recolleron parte do lixo acumulado nas rúas, operación que se repetirá o xoves.

Antecedentes

O detonante da convocatoria de folga é o perigo de peche que se cerne sobre a planta, xestionada por FCC, logo de que a multinacional anunciara, xa finais de xullo, a súa intención de resolver o contrato por impago da Mancomunidade. Unha débeda que se achega a 2.700.000 € e da que son responsábeis, na súa maioría os concellos de Ames, Carnota e Noia.

Tras numerosas mobilizacións, os traballadores a través do Comité de Empresa propuxeron ás corporacións municipais dos concellos da Mancomunidade unha moción na que se pedía a asunción do compromiso coa planta, garantindo que os concellos non optarían por un modelo diferente de xestión de RSU; o apoio ás iniciativas e plans aprobados no seo da Mancomunidade encamiñadas a garantir o pago da débeda contraída con FCC; que os orzamentos de cada Concello para o ano 2011 preveran o pagamento mensual do canon do lixo (co obxecto de non xerar unha nova débeda) e que se demandara da Xunta de Galiza que esta realizara as actuacións necesarias para demandar da Xunta de Galicia a súa implicación para resolver favorablemente o conflito existente coa recicladora ECOEMBES.

Todos os concellos, incluído o de Noia, que figura entre os máis endebedados, aprobaron a moción, agás os de Carnota e Ames. Neste último e por iniciativa do grupo do goberno socialista liderado por Carlos Fernández, non se puido debater a moción ao prolongarse o pleno, segundo afirman os traballadores/as, a mantenta, para evitar que saíra adiante a proposta feita polo Comité de Empresa ou outra en termos similares. Esta situación é o perigo de peche da planta, coa consecuente perda de postos de traballo provocou o inicio da folga que neste intre está en marcha.

Os ingresos da planta dependen: nun 60% da Mancomunidade, nun 40% dos recuperadores (ECOEMBES, ECOVIDRIO, etc.) e ademais, o 40% que se factura aos recuperadores depende do mercado e dos convenios autonómicos (de feito, o máis importante deles, o de ECOEMBES, estase a negociar entre dito organismo e a Xunta; ECOEMBES intenta levalo á baixa).

Por iso, explican dende a CIG, "é fundamental solucionar a débeda pendente dos concellos e por iso iniciaron as mobilizacións e convocaron agora, en Ames e Carnota esta folga. Entenden que cada administración debe asumir as súas responsabilidades, para evitar a desaparición dun sistema de tratamento de RSU excelente, e para que se garanta a continuidade de 150 postos de traballo directos".

Vía

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical