7.7.11

Ribeira: pavimentarán e arranxarán pluviais no camiño de Rocapellón, en Corrubedo

Ribeira, San Fermín de 2011. En resposta a unha demanda dos veciños de Corrubedo, o Concello ten previsto actuar en breve no camiño coñecido como Rocapellón, que fai de acceso á praia do Prado e alberga o único lavadoiro público de que dispón a parroquia, recentemente restaurado. 

En concreto, o Executivo Local instalará unha rede de augas pluviais consistente nunha tubaxe de 50 metros liñais de PVC corrugado. Con esta medida preténdese solucionar os problemas de asolagamento que presentaban fincas lindeiras en épocas de chuvia. 

Por outra parte, a obra inclúe tamén a pavimentación axeitada de toda a zona obxecto de actuación, incluíndo un tramo de camiño duns 30 metros de lonxitude que estaba pendente de acometer. O orzamento da actuación ascende a 17.499,44 céntimos. 


 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: veciños de Carreira continuaron descubrindo a Costa da Morte

Ribeira, San Fermín de 2011. Dentro das liñas de actuación en materia de difusión do patrimonio de Galicia, a Asociación de Veciños de Carreira, vén de organizar unha nova saída lúdico-cultural que levou por título “Misterios da Costa da Morte 2” na que se visitaron lugares tan emblemáticos como o cabo Vilán, Camariñas, Camelle, Castelo de Vimianzo, Laxe, as Torres de Mens ou o porto de Malpica de Bergantiños.

Cincuenta viaxeiros desfrutaron desta excursión que completaba a realizada unhas semanas antes por Fisterra e Muxía, e na que puderon coñecer de primeira man a artesanía da zona, monumentos medievales, paisaxes espectaculares, e todo elo, aderezado por continuos relatos da rica tradición oral da bisbarra: afundimentos do Adelaida e do Serpent, trazos da historia de Man, o alemán de Camelle ou o misterio das torres de Mens”


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: convocatoria para decorar fanequeiras na Festa da Dorna


Este sospeitoso parece de Ratos da Illa
   
Ribeira, San Fermín de 2011. Muxo Beti e Ratos da Illa, peñas organizadoras da “Decorasión de Fanequeiras”, informan que, a partires desta fin de semana, as peñas interesadas en participar na decorasión de fanqueiras xa poden inscribirse en Pepe´s  ou no Bar Capri.
 
Muxo Beti e Ratos da Illa animan a todas as peñas a participar nesta edición da “Decorasión de Fanequeiras” que, ao igual que en edicións anteriores, trae novas sorpresas para as peñas participantes.
 
Nos últimos anos a “Decorasión de Fanequeiras” foi protagonista en varios programas e medios de comunicación ( Bricomanía, TVG, etc.) e repartiu divertidos premios entre as peñas vencedoras. Para esta edición, as peñas organizadoras están a preparar novas sorpresas das que se dará conta nos próximos días.
 
Asimismo, informan de que o xurado encargado de visitar as fanequeiras comezará o seu percorrido polas mesmas o mércores 20 de xullo ás 17.00h.

Para os que non saiban que son as fanequeiras:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

6.7.11

Ribeira: este sábado 9, nova e derradeira asemblea da Cofradía da Dorna

Ribeira, 6 de xullo de 2011. O vindeiro sábado 9 de xullo terá lugar a cuarta e derradeira asamblea de peñas de cara LXIII Singladura da Festa da Dorna, que desta volta celebrarase no salón de actos da Casa do Mar ás 20:03.

Ésta será a derradeira oportunidade para participar na organización da festa e botar unha man á xente que traballa por ela. Os temas a tratar serán principalmente pechar todo o relativo aos xogos e actividades Dorneiras, distribución da  colaboración das peñas entre as actividades e xogos. Ademáis poderase propoñer calquera actividade nova, preguntar dúbidas aos organizadores das actividades que estean presentes e apuntarse ao Facho Dorneiro, que é a actividade inaugural da Festa da Dorna 2011.

Por outra banda, os novos socios poderán recoller os seus carnés de Dorneiros.


No que atinxe ás sudadeiras dorneiras que, como xa se sabe son brancas e levan o deseño de Mª José Fernández García da peña Comando Dorneiro, gañadora do premio A Jata Ruín de la Praia, estarán á venta dende este venres 8 de xullo ata esgotar existencias, ao módico prezo de 14€, en Podium Sport (Rúa 9 de Agosto, ver mapa coa ruta dende a Praza do Concello). Recoméndase levar os cartos xustos para colaborar a evitar problemas co cambio.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: este xoves 7, no auditorio, presentan o borrador da Lei de Xuventude de Galicia, ao que se poden facer aportacións


Agardamos que a reunión de mañá sirva para algo máis que a que houbo na aínda non aberta Casa da Xuventude de Ribeira

Ribeira, 6 de xullo de 2011. O Concello avisa de que a Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, está a traballar na elaboración do borrador de Anteproxecto de Lei de Xuventude.  

Co obxecto de informar do mesmo e recoller as propostas ao respecto dos mozos e mozas de Riveira e dos colectivos e entidades afectados, mañá xoves día 7 de xullo levarase a cabo a presentación do borrador de Lei de Xuventude de Galicia no Auditorio Municipal  ás 20.00 horas, nun acto que contará coa participación de técnicos responsables da referida Dirección Xeral. 

Esta actividade está organizada pola Concellería de Xuventude do Concello, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil, e á mesma están convidados todos os mozos e colectivos que desexen asistir, sen necesidade de inscrición previa. 

Por outra parte, cómpre informar de que o referido borrador pódese consultar na páxina web www.xuventude.net, que deixa aberta a posibilidade de facer aportacións ao mesmo vía internet.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: este sábado, 9 de xullo, concerto de saxos na igrexa de Santa Uxía

Media_httpfarm6static_ihxtd

Ribeira, 6 de xullo de 2011. O vindeiro sábado día 9 de xullo, a partires das 19.30 horas terá lugar na Igrexa Parroquial de Santa Uxía o concerto de clausura do curso 2010/2011 da Aula Galega de Saxofón.

Esta actividade, impulsada dende o Conservatorio Profesional de Música de Ribeira e organizada polo profesor de saxofón José Fungueiriño Ramos, está impartida polo mestre Rodrigo Vila, profesor do Conservatorio Superior das Illas Baleares. 

A actividade xunta en Ribeira, unha fin de semana ao mes, a estudantes de saxofón do conservatorio local e de diferentes puntos da xeografía galega como Rianxo, Valga, Santiago, Sanxenxo,  Pontevedra, Vila de Cruces, Vigo, Ourense, etc... Todos eles coa intención de intercambiar experiencias e mellorar e ampliar a súa formación arredor do saxofón. 

Excelente anualidade

O concerto deste  fin de semana pon remate a un excelente ano  para os alumnos da aula, xa que tres deles (un dos cales é alumno ademais do conservatorio riveirense)  acadaron o acceso ó grao superior no Conservatorio Superior das Illas Baleares, considerado un dos conservatorios con mellor nivel de saxofón do país. 

O concerto contará coa colaboración de catro antigos alumnos da Aula que xa remataron os seus estudos superiores ou están a piques de facelo en Salamanca e Illas Baleares  e que serven de exemplo para os máis novos. 

Entrada libre e de balde.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: un autobús turístico con dúas rutas contribuirá a que os visitantes coñezan mellor os atractivos do municipio

  • Funcionará de luns a venres, a partires de mediados deste mes de xullo
  • O equipo de goberno quere establecer tamén un roteiro marítimo, xa no vindeiro verán, que conecte coa outra marxe da Ría de Arousa

Media_httpfarm6static_kjbxc

Marquesinas promocionando o turismo, unha idea do executivo anterior

Ribeira, 6 de xullo de 2011.- O Concello de Riveira vai habilitar dende mediados deste xullo e por espazo dun mes un autobús turístico que percorrerá os lugares e emprazamentos máis atractivos e emblemáticos do municipio.  

Esta novidosa actuación está promovida dende a Concellería de Fomento do Emprego, Comercio, Turismo e Pemes que dirixe Anxo Orellán e ten como obxectivo facilitar a través deste medio de transporte que os visitantes descubran os lugares de maior interese turístico das nove parroquias, de forma cómoda e nun período abarcable de tempo. 

Dada a diversidade de lugares visitables, organizaranse dous itinerarios que funcionarán cada mañá de forma alternativa nos cinco primeiros días da semana: luns, mércores e venres por unha parte, e martes e xoves por outra. 

Media_httpfarm4static_ucthv

A falta de definir ambas rutas e as súas escalas, algúns dos lugares que está previsto visitar son o porto de Palmeira, o faro de Corrubedo, o dolmen de Axeitos, o Carreiro en Aguiño, o parque natural, o parque periurbano de San Roque, o Castro de A Cidá en Carreira e o museo etnográfico de Artes. Mesmo está previsto achegarse ata o monte Curota. 

Media_httpfarm4static_watbv

O autocar disporá 55 prazas e estará rotulado con algunha das imaxes máis simbólicas do turismo de Ribeira. Durante o traxecto, un guía irá explicando os elementos máis atractivos que se vaian visitando e os seus valores patrimoniais. 

Os usuarios unicamente deberán pagar un prezo simbólico pendente de concretar. O servizo estará aberto á reserva anticipada de prazas para grupos organizados. 

Servizo integral, con roteiros por mar e terra

Por outra parte, o Concello xa está a traballar de cara ao vindeiro verán na confección dun servizo de transporte turístico integral que, ademais do autobús turístico, inclúa tamén unha ruta marítima entre Ribeira e a outra banda da ría de Arousa. Con isto preténdese non só facilitar a conexión turística entre ambas marxes, senón tamén permitir que os usuarios coñezan os encraves con maior atractivo do interior da propia ría. Esta iniciativa xa foi falada hai anos, tanto na Pobra como en Ribeira, e nunca chegou a materializarse.

Coa posta en marcha desta ruta, o autobús turístico será tamén un complemento óptimo para os turistas procedentes da outra banda da ría que recalen na costa ribeirense para coñecer o concello.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Ámbar e Adisbismur organizan este xoves 7 unha xornada deportiva

Cartel_x

Ribeira, 6 de xullo de 2011. Mañá, xoves 7 de xullo, terán lugar no Polideportivo da Fieiteira as 8ª xornadas Deportivas entre a Asociación AMBAR e a Asociación Adisbismur (Outes), na que as dúas entidades disputarán un partido de baloncesto e farán competicións de tiros libres. Ao remate dos xogos terá lugar o acto de entrega de trofeos a tódolos participantes, no que contarán coa presenza de Vicente Mariño, concelleiro de Servicios Sociais de Ribeira e Milagros Rey, presidenta de AMBAR.

                                    DÍA: xoves 7 de xullo

                                    LUGAR: Polideportivo A Fieiteira

                                    HORA: 12:45 h.


A praia de Coroso conta con cadeira acuática

A continuación irán ata o merendeiro de Coroso onde se organizará un xantar de convivencia e rematarase a xornada disfrutando dunha tarde de praia.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: concertos de bandas esta fin de semana do 8 e 9 de xullo dentro do verán cultural

Rianxo_concerto_fin_curso

Rianxo, 6 de xullo de 2011. Esta fin de semana están de noraboa os afeccionados á musica de bandas.

  • CONCERTO FIN DE CURSO DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO
    • DÍA: venres 8 de xullo
    • HORA: 21.00 h
    • LUGAR: Auditorio de Rianxo
  • CONCERTO DA XOVE BANDA DE NARÓN (VII CICLO DE BANDAS – CONCELLO DE RIANXO)
    • DÍA: sábado 9 de xullo
    • HORA: 21.00 h
    • LUGAR: Campo de Arriba
O concerto está enmarcado no VII CICLO DE BANDAS, e organizado conxuntamente coa Escola de Música de Rianxo. No caso de choiva o concerto trasladarase ao Auditorio. O Ciclo completarase cos concertos que de seguido se detallan:

30 xullo - BANDA DE MÚSICA “ARROYO DE LA ENCOMIENDA” (VALLADOLID)

7 agosto - BANDA DE MÚSICA DE PONLEDESMA

Pendente confirmar data - BANDA DE MÚSICA DAS PONTES

27 Agosto - BANDA DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: ata o mércores 27 de xullo, "Mulleres no obxectivo" na casa da cultura

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical