28.10.11

Ribeira: o colexio de Frións celebrou o Samaín toda esta semana

Ribeira, 28 de outubro de 2011. Este ano o Ceip Frións traballou durante unha semana o Samaín, centrándose na cultura celta e castrexa. Así, os rapaces e rapazas fixeron trisqueles, torques e demais simboloxía ligada ás tradicións dos antergos poboadores dos castros e doutros países denominados xenericamente celtas.
Tamén se decorou o colexio coa réplica dun castro e cun druida co seu caldeiro para ambientar os espazos comúns. Hoxe concluíu toda esta actividade lúdico-divulgadora cunha festa na que o alumnado escribiu os seus mellores desexos para este novo ano celta e logo os meteu dentro dun caldeiro dun druída. A actividade finalizou cun baile colectivo onde preto de 150 alumnos/as bailaron facendo circos.

Pode que tamén lle interese:


Porto do Son:  "El legado celta". Marketing para Baroña e Galicia enteira


Xornadas de Historia: o dos celtas galegos, un invento


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: contan con aprobar definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal a finais de 2013

  • A comisión municipal de seguimento do PXOM aprobou as datas coas previsións do traballo pendente

Media_httpfarm5static_aebyg

Noia, 28 de outubro de 2011. Segundo informou o concelleiro de Urbanismo de Noia, o nacionalista Bieito González, a Comisión Municipal de Seguimento do PXOM aprobou na sesión de onte, día 27, un calendario coas previsións do traballo pendente, coa mirada posta na aprobación definitiva do documento urbanístico a finais do ano 2013.

Desta maneira establécese a primeira metade do ano 2012 para a entrega do Documento de Inicio, isto probablemente obrigará a incrementar o número de xuntas de traballo da Comisión de Seguimento (agora mesmo unha ao mes).

A aprobación inicial do Plan debería producirse na segunda metade do ano 2012, isto último sen concretar a data, pois vai depender do tempo no que a Consellería de Medio Ambiente emita os informes vinculantes (ten dous meses para facelo). Durante o que reste do ano 2012, tería lugar a exposición pública do mesmo, así como as consultas coas administracións sectoriais.

Unha vez recibida a totalidade dos informes das administracións sectoriais, elaboraríase o documento coa Memoria Ambiental que deberá remitirse á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. A entrega deste documento pode situarse na primeira metade de 2013.

Logo da emisión da Memoria Ambiental polo órgano administrativo correspondente, estaríase en disposición de proceder á aprobación provisional do Plan, cuestión esta que podería producirse na segunda metade do ano 2013.

"Un escenario optimista situaría a aprobación definitiva a finais do ano 2013, claro está, sempre e cando non se produzan atrancos na tramitación de todo o proceso, a saber: retraso na elaboración dalgún dos informes correspondentes ás administracións sectoriais, discrepancias coa administración competente na materia de urbanismo, etc.", explica Bieito González, quen considera que "o futuro PXOM debe contribuír a reforzar a estrutura social e económica de Noia en aras de manter a hexemonía no contexto xeográfico da Ría. Para isto o Plan Xeral definirá un modelo territorial capaz de canlizar o desenvolvemento e as inversións baseándose nun proxecto onde os recursos se utilicen de xeito responsable e respetuoso co medio xeográfico e o territorio asuma as funcións que lle son propias, segundo aos seus valores e potencialidades".

Pode que tamén lle interese:




Concerto: este domingo 30, a Banda de Lousame na igrexa de San Martiño homenaxea a Prudencio Romo
Exposición de escultura: Fran Lareo no Liceo ata o 30 de novembro


Exposición: Ata o 31 de outubro, "Rosalía sempre viva"


Parlamento: o Bng pregunta pola desfeita de Taramancos


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Cultura: curso sobre discapacidade do 12 ao 14 de decembro en horario de tarde

Opinión: "Diséñoslo, Mr. Chipperfield", por Gonzalo Sarasquete

He esperado a que los que esgrimen razones lógicas en contra expresasen sus realidades, las cuales respeto y, en tiempos de crisis, más si cabe, pero no comparto. Se hace necesario economizar, pero existen lo que se llaman inversiones de futuro y que desde el punto de vista terrenal son difíciles de justificar y que incluso me pasa a mi, con lo que soy y lo que hago: ya se sabe de la inutilidad del arte.

Cuando me enteré os dije que leyéseis sobre la categoría de esta persona y, como siempre, caso omiso. Por lo que habéis escrito, habéis estado ahogándoos en vuestras realidades y problemas  cotidianos, por los que se debe luchar todo el año y no sólo ante estas noticias.


Imaxes en Flickr de RossGeography

Vienen en autobuses como a Lourdes para ver una pequeña muestra y rendir así pleitesía al maestro, ¿apaga y vete, tú!

No os equivocáis en lo literal, pero sí en lo literario. Los telediarios y los periódicos son para informar, pero no para formar, sólo reflejan una parte y hay que saber leer la parte que no asoma. Gramática y literatura se complementan.

No son comparables los grandes contenedores arquitectónicos a los que nos han querido acostumbrar. Guggenheimpor ahora sólo hay uno y ha tenido que ver una visión de futuro que se remonta a las vanguardias del siglo XX y sabiendo lo que iría dentro. En el faraónico Gaiás, creo que no y siguen proliferando como setas. En el caso que tratamos, unas oficinas, prácticas y quizás un piso más: por su categoría démosle una oportunidad al maestro.


Que la sabiduría y la magia se entremezclen y forjen nuevas realidades y que vengan autobuses.

Parece que lo terrenal en esta cuestión ha ganado. Os felicito, parece que convencéis y os victoreáis unos a otros e incluso en un arrebato de pasión proclamábais: ¡Que lo haga uno de Ribeira! Vosotros, que vivís ahí, mostradme a uno sólo capaz y a la altura de las circunstancias.

Por favor Mr  Chipperfield y Don Manuel: seguid adelante.

Gonzalo Sarasquete

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: a homenaxe floral a Valle é este domingo 30 de outubro no Cantón da Leña


Imaxe da homenaxe do ano pasado, á que tamén asistiu o conselleiro de Cultura, Roberto Varela

A Pobra, 28 de outubro de 2011. No 75 aniversario do pasamento de Valle-Inclán e dentro da XIII edición das Xornadas de Homenaxe ao escritor, ten lugar unha vez máis unha homenaxe á súa persoa na praza do Cantón da Leña o domingo día 30 de outubro ás 12:30 h.

Previamente á homenaxe haberá unha recepción das autoridades convidadas no concello. O alcalde da Pobra, Isaac Maceiras Rivas, estará acompañado nesta ocasión polo Conselleiro de Cultura, Roberto Varela Fariña, o presidente da Fundación Valle-Inclán, Xerardo Fernández Albor, o Secretario Xeral de Medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro Durán, o Director Xeral do Libro, Francisco López Rodríguez, , o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán Hermida, e como representante da familia do escritor, o seu neto Joaquín del Valle-Inclán. Ademais estarán presentes algúns dos integrantes da Asociación Amigos do Museo Valle-Inclán e a súa presidenta, Paola García Paz.

Para amenizar o acto contarase coa música do Grupo de Gaitas “Xiada” e o Grupo de Pandereteiras “Luminaria” da Pobra do Caramiñal.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: subvención da Deputación para un local dos sindicatos e trámites para que o aparcadoiro do Centenario pase a ser xestionado por outra empresa

Media_httpfarm7static_mrvfi

O novo mercado irá neste edificio

Ribeira, 28 de outubro de 2011.- O traslado dos sindicatos e outras entidades con sede no edificio da praza de abastos e, con isto, a construción do novo mercado municipal está cada vez máis preto de ser unha realidade, segundo informou hoxe o Concello. A este respecto, e segundo se aprobou hoxe no pleno da Deputación Provincial de A Coruña, o Concello vai recibir desta institución unha subvención de 25.000 euros con miras a adecuar un local de titularidade municipal sito en Abesadas (a carón do Kukua) para que esta instalación poida albergar un dos sindicatos afectados: concretamente a CIG, segundo o principio de acordo que fora alcanzado no seu momento. A subvención recibida supón o 25% do custo global da adecuación, que ascende a case 100.000 euros. 

A día de hoxe pódese dicir que están practicamente ultimadas as negociacións entre o Concello e as partes implicadas para o traslado efectivo a outras ubicacións dos sindicatos e a oficina de extensión agraria. De feito, espérase que no transcurso do próximo mes de novembro poida ter lugar xa este cambio de emprazamentos, que no caso da CIG pasaría anteriormente por un local provisional mentres non se finalice o acondicionamento do de Abesadas. 

A antiga sede dos Servizos Sociais e o CIM de Riveira, amén dalgún outro inmoble da cidade, serán os destinos do resto de entidades implicadas.

Aparcadoiro do Centenario


O Concello tamén quixo salientar hoxe que un dos puntos incluídos na orde do día do próximo pleno ordinario da Corporación Municipal de Ribeira (este luns 31 de outubro) é o do inicio do expediente administrativo para proceder á cesión do contrato de concesión do Aparcadoiro Subterráneo do Centenario a outra entidade.  

A este respecto, cabe dicir que a empresa Aparcamiento Genaro de la Fuente, S.L., actual concesionaria do Parking do Rueiro de Santa Uxía, expresou o seu interese en subrogarse na posición de Proinsa (empresa adxudicataria do Parking do Centenario, actualmente inmersa nun procedemento concursal), en calidade de adxudicataria desta última concesión con todos os dereitos e obrigacións que isto entraña. 

Todos os axentes implicados, incluíndo o propio Concello e a empresa Proinsa, teñen interese en que cristalice esta cesión. 

A explotación por parte de Genaro de la Fuente, S.L. produciríase nas mesmas condicións e coas mesmas obrigas coas que se adxudicou o parking no seu momento, incluíndo a apertura do aparcamento as 24 horas ou o mantemento das instalacións en perfecto estado de uso ou conservación. 

Defensor xudicial

A tal efecto, o Concello designou un defensor xudicial para que traballe co obxectivo de que o administrador concursal de Proinsa (e o xuíz en última instancia) dea o visto bo a esta operación. 

Coa cesión poríase fin ás incidencias rexistradas a causa das dificultades inherentes a que a empresa actualmente concesionaria do aparcamento estea sumida nunha situación concursal.

Pode que tamén lle interese:


Mostra de Teatro: comeza este venres 28 con Candelexas


Pleno do 31 de outubro: orde do día


Banco de tempo: reunión o 4 de novembro para novas propostas

 
Charla: quen mexe nos niños de Barbanza? O 4 de novembro cóntanolo Axena

 
Lesións por bolardos: nas rúas de Galicia e Santa Uxía


Aventura: dous ribeirenses ao Nepal, en novembro

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

27.10.11

Ribeira: comeza este venres 28 a Mostra de Teatro cos noieses de "Candelexas" e as gargalladas de "En busca da chacha perdida"

  • Ás 21.30 horas no Auditorio Municipal
  • O Concello tamén informou hoxe de que van intentar regular a situación de pubs e discotecas

Media_httpfarm5static_drcte

Os de Candelexas representaron o ano pasado "Faladoiro no banco"

Ribeira, 27 de outubro de 2011.- O Auditorio Municipal acollerá mañá a apertura dunha nova edición da Mostra de Teatro de Ribeira. Será a obra “En busca da chacha perdida”, da compañía noiesa Teatro Candelexas, a que dea inicio a esta nova incursión na representación dramatúrxica. 

A función terá  lugar ás 21.30 horas e a entrada é libre e gratuíta (poderanse retirar as entradas media hora antes). 

Escrita e dirixida por Victor Vez, principal impulsor e director de Teatro Candelexas, “En busca da chacha perdida” é unha divertidísima  comedia na que un matrimonio de xubilados “relatan” as penurias que pasaron perante corenta anos para encontrar a empregada  do fogar ideal. Polo domicilio conxugal van pasando diferentes personaxes  o  que da lugar as mais variadas e divertidas escenas. Situacións cargadas de ironía que, ao mesmo tempo que provocan verdadeiras gargalladas, dan lugar a unha aceda critica social de tipos e personaxes moi frecuentes na nosa sociedade. 

Expediente para normalizar pubs e discotecas

  • Realizarase unha modificación puntual do PXOM de 2003 para poder facelo
  • Os locais ribeirenses afectados poderán regularizar a súa situación sempre que cumpran a normativa acústica, as reglas de accesibilidade e os horarios

O Concello informa de que se vai iniciar a tramitación de correspondente expediente en orde a normalizar o funcionamento dentro do municipio de pubs e discotecas.  A día de hoxe existe unha limitación de uso que impide que se constitúan novos pubs ou discotecas na trama residencial do municipio e mesmo impide tamén que se legalicen os que veñen funcionando actualmente como tales. 

Isto é así en virtude do artigo 108 do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de 2003: unha disposición que, á hora de clasificar os usos do solo, indica a incompatibilidade de establecer discotecas ou pubs co uso residencial, salvo no caso daqueles locais que xa se atopasen en funcionamento na data da aprobación definitiva do PXOM: unha excepción esta última á que se acolleron no seu momento escasos establecementos da cidade. 

Así e logo, a vía adoptada polo Concello é a de realizar unha modificación puntual no Plan Xeral sobre o citado artigo, de tal xeito que se abra a porta a que locais que veñen funcionando como pubs poidan regularizar a súa situación, ademais de poderse abrir outros novos.  

Tanto nun como noutro caso deberán cumprir a normativa vixente en materia acústica (a actividade que leve implícita a utilización de equipos de música só se podará dar naqueles locais debidamente insonorizados), de accesibilidade ou horarios, con especial respecto á ordenación municipal de ruídos e ao código técnico de edificación. 

No próximo pleno ordinario da Corporación, que terá lugar o 31 de outubro, darase conta do inicio do expediente.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: actividades culturais e lúdicas para a fin de semana do venres 28 de outubro ata o martes 1 de novembro


Imaxe de Volpone, obra na que participa a actriz boirense Marta Ríos

Boiro, 27 de outubro de 2011. Mañá, venres 28 de outubro, ás 21.00h horasna Casa de Cultura "Ramón Martínez López"  Talía Teatro representa a obra Volpone, que está destinada a maiores de 12 anos.
Sinopse:
Unha divertida comedia que retrata satiricamente a nobres e non tanto, que teñen como principal interese reunir fortunas sen importar o rídiculo que teñan que facer nen o custo que outros teñan que pagar. O señor Volpone é un nobre, dono de abundantes riquezas, que finxe estar no seu leito de morte coa fin de enganar aos que desexan herdar a súa fortuna, ofrecéndolles a través do seu criado, o astuto Mosca, ser os seus únicos herdeiros.
Nesta comedia poderemos rirnos de nós mesmos ao ver unha historia que fala dun dos nosos peores defectos: a corrupción (que cada pau aguante a súa vela, os políticos en especial). Volpone é un texto orixinal de Ben Jonson, escrito no ano 1606, un dos textos clásicos máis representados na época que agora presenta Talía Teatro versionado e dirixido por Roberto Salgueiro e que será representado por un elenco de 11 actores nunha proposta escenográfica e de vestiario moi fiel á orixinal.
Elenco:
Artur Trillo, Toño Casais, María Ordóñez, Dani Trillo, Diego Rey, David Creus, Rubén Prieto e os boirenses Gustavo García Dieste e Marta Ríos.

Sábado 29, Maxia benéfica para a pequena Paula

Este sábado 29 de outubro ás 18.00 horas, espectáculo organizado pola Anpa Praia Xardín, titulado "A maxia de Benxamín". Tamén na casa da cultura.

Domingo 30, os veteranos rianxeiros de "Airiños"

O grupo de teatro amateur máis lonxevo de Galicia, "Airiños", que é de Asados, en Rianxo, representará a obra "Ata que a morte nos separe". Organiza Barbantia e está destinada a maiores de 12 anos.

Outras actividades, xa en novembro

Para os máis futboleiros: O vindeiro martes 1 de novembro concéntrase a Selección Galega de Fútbol sub-16 en Boiro.

Para adolescentes e adultos: "Contos coas mans abertas" é un espectáculo de contos con música en directo dirixido a adultos e adolescentes (a partir dos 16 anos) en Galego e dunha hora de duración e que se celebrará o xoves 10 de novembro na Casa da Cultura de Boiro ás 20:00h.

Para os que teñen ideas para crear emprego e saír da crise, eles e algún máis: De balde, e dirixido a todos os interesados, hai un seminario de motivación emprendedora o venres 11 de novembro. Información e inscricións no departamento de Emprego ata o 31 de outubro.

Viaxes de turismo termal a O Grove

O departamento municipal de Servizos Sociais, Muller e Terceira Idade do Concello de Boiro ten previsto organizar dende o vindeiro mes de novembro do que andamos ata marzo de 2012 unha serie de viaxes de turismo termal. Levaríanse a cabo nos hoteis SPA NORAT*** e NORAT MARINA&SPA ****, ámbolos dous ubicados no Concello de O Grove.
O prezo sería de 159,00 € por persoa no hoteis de tres estrelas e 179,00 € no hotel de catro estrelas, e incluiría:
* Asistencia técnica e guías
* Seguro de viaxe
* Circuito termal e excursións pola zona ( Portonovo,Sanxenxo, Cambados, Illa de Arousa…)
* Pensión completa ( entrada os domingos e saída os venres pola mañá con almorzo incluído) con menús de réxime especial para aquelas persoas que, por prescripción médica, así o soliciten.
Todas aquelas persoas interesadas na viaxe deberanse anotar no departamento municipal de Servizos Sociais do Concello , de martes a venres en horario de 8.30-13.30 horas.
O prazo límite de inscripción será ata o vindeiro día 15 de febreiro de 2012.

Boiro Seminario Emprendedor.pdf Download this file

A Tropa de Trapo.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: reunión do Banco de Tempo o 4 de novembro para argallar novas actividades para intercambiar

  • O venres 4 de novembro, ás oito da tarde, no café Bombón


  Obradoiro de alfarería no Banco de Tempo

Ribeira, 27 de outubro de 2011.- O Banco do Tempo de Ribeira informa de que o próximo 4 de novembro haberá unha reunión das persoas sociais da entidade para falar das diferentes actividades que se están a desenvolver como de novas propostas . 

Entre estas últimas inclúese un ciclo de cine solidario, un magosto ou distintos cursos de costura, doces típicos de Nadal, decoración de mesas de festas, etc... 

Todos os socios interesados poderán acudir o citado 4 de novembro, ás 20 horas, ao Café  Bombón, no parque García Bayón de Ribeira.

Pode que tamén lle interese:


Obradoiro: o luns 7 de novembro, sobre alimentos para diabéticos


Arrecó: programación deste trimestre


Mostra de Teatro: cada venres, ata o 2 de decembro. Programa

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

26.10.11

Ribeira: bo ambiente na reunión entre Concello e directores de centros para formar o Consello Escolar

  • A próxima semana haberá outra reunión de traballo coas Anpas
  • Contan con levar a pleno a creación do Consello antes de que remate o ano
Ribeira, 26 de outubro de 2011.- Os directores dos diferentes centros de ensino mostraron a súa boa disposición para que Ribeira conte canto antes cun Consello Escolar Municipal, durante a reunión de traballo mantida hoxe no Salón de Plenos do Consistorio entre os responsables dos catorce centros existentes no ámbito local e membros do Concello, entre eles a concelleira de Educación María del Carmen Vizcaya. Así o manifestaron hoxe dende o Concello.

Antes do inicio do encontro, os asistentes recibiron a benvida do alcalde Manuel Ruiz Rivas, quen salientou a importancia de que a posta en marcha do órgano consultor sexa o resultado das achegas de todos. 

Na reunión espuxéronse a finalidade e funcións da creación dun Consello Escolar Municipal e debateuse sobre cales poden ser as fórmulas máis axeitadas de aplicación da lexislación vixente tendo en conta as particularidades de Ribeira. Os reunidos ratificáronse en que a creación do Consello poda ser sometido ao Pleno da Corporación antes de finalizar o 2011. 

Mapa escolar

Outro dos asuntos abordados foi o da conveniencia de solicitar á Consellería de Educación da Xunta de Galicia a reorganización do mapa educativo, ao abeiro dos cambios introducidos a raíz da creación do Centro Integrado de Formación Profesional. 

En orde a seguir traballando nestes dous asuntos, o Concello convocará para a semana que vén unha nova encontro de traballo, esta vez cos representantes das ANPAs dos distintos centros educativos.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical