20.11.12

Ribeira: programación polo Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero

  • Presentaron un documento no que se recolle o itinerario de coordinación interinstitucional en materia de violencia de xénero que costou dous anos de traballo
  • Hai un ciclo de cine enfocado a maiores e charlas no auditorio sobre o tema

Media_httpfarm9static_igbgd

Aroa Fernández e Dores Crujeiras

Ribeira, 20 de novembro de 2012.- A Concellería de Igualdade do Concello de Ribeira, que dirixe Aroa Fernández Cadórniga, aproveitou a presentación dos actos organizados en conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebra o 25 de novembro, para facer a presentación pública do “Itinerario de coordinación interinstitucional en materia de violencia de xénero”: un documento que pretende que todas as institucións do contorno vinculadas con esta problemática se rexan por unhas pautas de actuacións predefinidas e coordinadas. Este texto veu a luz despois do traballo desenvolvido nos anos 2011 e 2012 por medio de reunións periódicas entre os profesionais competentes, pertencentes a ámbitos como o xudicial, sanitario, o xurídico, o policial ou o de servizos sociais.

O documento recolle, segundo afondou a directora do CIM Dolores Crujeiras, abundante información sobre os recursos existentes cando se produce unha posible situación de violencia de xénero e establece as pautas de seguimento e avaliación da eficacia rexistrada no tratamento dos casos. Aínda está pendente unha xornada de presentación deste documento aos profesionais implicados en xeral e outra dirixida aos sanitarios.

Ámbito educativo

En canto aos actos conmemorativos, a programación arrancou no día de onte, segundo manifestou Aroa Fernández, cunha xornada sobre prevención desenvolvida no Auditorio. Participaron alumnos de 4º de ESO dos distintos centros educativos do municipio. Entre os temas abordados, figuraban os estereotipos na pantalla e os realities, por parte de Francisco Negreira, xefe do Departamento de Imaxe da Escola de Imaxe e Son en A Coruña; e as relacións afectivas a través das novas tecnoloxías: unha charla que correu a cargo da psicóloga especialista en sensibilización e prevención creativa contra a violencia de xénero, Yanire Estébanez.

Tamén cos centros escolares, estase a desenvolver un Programa dirixido á xuventude que busca favorecer a coeducación tanto no ámbito educativo como no da familia e a sociedade. Os resultados queren servir para deseñar un paquete de accións en prevención e intervención en igualdade.

Maiores

No marco dos actos programados, mañá dará comezo, coa participación do Fondo Galego de Cooperación, un ciclo de cine enfocado aos maiores de Ribeira. Co nome de “As desigualdades de xénero”, esta acción terá lugar na Aula Multimedia situada na avenida do Malecón e á mesma asistirán en cada sesión media centenar de maiores que están a asistir aos obradoiros impulsados desde Servizos Sociais.
A acción dará comezo mañá coa proxección do filme “Princesas”, de Fernando León de Aranoa. O día 30 novembro emitirase  “O sorriso da Mona Lisa” (de Mike Newell); o día 5 de decembro “Iron Jawed Angels” (de Katja von Garnier) e, finalmente, o 14 de decembro, “Auga” (de Deepa Mehta).

Todas as sesións darán comezo ás 10 da mañá.

Noutros concellos:

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: actos simbólicos e informativos sobre a Violencia de Xénero o vindeiro domingo 25 de novembro

  • É o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero
  • Os actos están organizados polo Centro de Información á Muller, que depende de Servizos Sociais 

Media_httpfarm4static_scdzh

Haberá acendido de velas polas vítimas de violencia de xénero deste ano


Noia, 20 de novembro de 2012. Con motivo da celebración, o vindeiro día 25 de novembro, do “DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO”,  a Concellería de  Benestar e Igualdade do Concello de Noia, a través do Centro de Información á Muller (CIM) comunica a celebración dos seguintes actos:

-A partir das 12:00 horas diante da Casa do Concello, mesa informativa  sobre violencia de xénero.

- 12:30 horas, lectura dun manifesto en repulsa da violencia de xénero por parte  da Concelleira de Igualdade e Benestar. Sofía Caamaño.

- Minuto de silencio en memoria ás Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero

- Acendido dunha vela, en conmemoración de cada unha das mulleres falecidas ao longo deste ano por violencia de xénero.

- “STOP VIOLENCIA”, actividade onde se invita a que as persoas que desexen participar  deixen unha mensaxe de repulsa á violencia.

- Reparto de lazos contra a Violencia de Xénero.

Vindeira actividade do CIM: obradoiro de terapia ocupacional

O CIM de Noia está a organizar un “Obradoiro de terapia ocupacional con menores expostos a situacións de violencia de xénero a través de artes plásticas”, así coma obradoiros de risoterapia e un ciclo de charlas dirixidas ás mulleres nas diferentes asociacións da vila.

Noutros concellos:


 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o domingo, 25 de novembro, flash-mob polo Día contra a Violencia de Xénero

Boiro_25n
Noutros concellos:




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o alcalde pide á embaixada de Estados Unidos que non peche a axencia consular na Coruña

  • É a única oficina consular de EE.UU. no norte de España. Se pecha, habería que ir a Madrid
  • Hai unha comunidade de ribeirenses residentes en Estadous Unidos moi importante, a cal se vería prexudicada por este peche
  • Polo visto, a decisión do peche estaría baseada nun informe con moitas deficiencias

Juana_de_vega
A oficina de USA está na rúa Juana de Vega, nº 8

Ribeira, 20 de novembro de 2012. O alcalde de Ribeira vén de solicitar ao Goberno dos Estados Unidos que reconsidere a decisión de pechar a Oficina Consular en A Coruña da nación norteamericana, a única situada no norte de España. O rexedor fixo esta petición mediante unha carta dirixida ao embaixador en España de EE.UU., despois de ter celebrado a semana pasada unha reunión cunha representación da comunidade norteamericana residente en Galicia, que o puxo en coñecemento deste problema.

Erros de vulto no informe norteamericano

Segundo tivo ocasión de escoitar o rexedor municipal, a decisión de pechar a oficina consular coruñesa despois de 32 anos de funcionamento baséase nun informe que ten importantes erros. Así, este documento manifesta que o Consulado atende a unha comunidade de 400 persoas, cando en realidade son 4.500 os cidadáns norteamericanos residentes en España.

Por outra parte, o informe afirma que son poucos os turistas americanos que viaxan a Galicia, obviando que esta Comunidade Autónoma serve de escala ás máis importantes liñas transatlánticas, que son utilizadas por un gran número de norteamericanos (9.570 no que vai de ano 2012), e esquecendo tamén que o Camiño de Santiago é a maior ruta de peregrinación de occidente e que EEUU é a día de hoxe o quinto país estranxeiro en número de peregrinos.

New York e New Jersey están cheas de ribeirenses

Á hora de sumarse a esta petición, Manuel Ruiz Rivas tivo moi en consideración a existencia dunha nutrida comunidade de cidadáns de Ribeira emigrados aos Estados Unidos que hoxe contan coa dobre nacionalidade e que, por tanto, se verían seriamente prexudicados de materializarse o peche. O alcalde deixou constancia no seu escrito ao embaixador de que a presenza de riveirenses é especialmente significativa nos estados de New York e New Jersey: territorio este último ao que pertence a cidade de Newark, coa que a cidade barbanzana está irmanada dende o ano 1994.

Neste sentido, en Galicia dáse a circunstancia de que moitos emigrantes con dobre nacionalidade retornaron a esta terra despois de xubilarse, ata o punto de que a Comunidade ten a día de hoxe a maior concentración de pensionistas da Seguridade Social Americana de España, cun total de 2.368 individuos.

Froito de todo isto, o peche da Axencia Consular conlevaría serios prexuízos tanto para a comunidade estadounidense en Galicia como para a comunidade galega en EE.UU., xa que a oficina máis próxima sería a localizada en Madrid, a máis de 600 quilómetros de distancia.





 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

19.11.12

Rianxo: a banda de música acadou o terceiro premio na súa categoría dentro do VI Certame Galego de Bandas de Música

  • A Escola de Música, á que está adscrita a Banda, organiza unha clase maxistral con Pablo Castaño este domingo 25 de novembro, adicada ás Big Bands

Media_httpfgbmpnettyp_xzmqp

Os de Ponte Ledesma celebrando o seu trunfo

Rianxo, 19 de novembro de 2012. O pasado sábado pola noite celebrouse a segunda xornada do VI Certame Galego de Bandas de Música no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. A Unión Musical Ponte Ledesma resultou gañadora despois de que o xurado lle concedera 352 puntos, cun premio de 2000 €. En segundo lugar quedou a Banda de Música Xuvenil de Xinzo con 306 puntos e un premio de 1400€, e no terceiro posto, con 288 puntos, a Banda da Escola de Música de Rianxo, cun premio de 600€.


Nesa xornada participaron 5 bandas pertencentes á terceira sección, aquelas que teñen entre 50 e 70 membros. Ademais das xa mencionadas, as outras agrupacións participantes foron a a Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia e a Banda de Música Cultural de Teo, que acadou o premio a mellor interpretación dunha obra libre de temática galega. Cada unha delas interpretou un pasodobre, unha obra de elección libre e unha obra obrigada, Camiños da Fin da Terra de Antón Alcalde Rodríguez.


O xurado encargado de elixir os premiados nesta primeira xornada estivo composto por José Iglesias Ramilo, José Luis Represas, Marta Silva Pérez, Xosé Carlos Seráns Olveira e Pilar Jurado.

Lousame: veuse sen premio

Media_httpfarm9static_kmain

Non houbo premio desta volta para a banda de música de Lousame, que preparara este certame con grande ilusión, logo dos excelentes resultados do pasado ano, en que trouxo dous premios para a casa.




Grande repercusión nas redes sociais
As redes sociais tamén foron protagonistas deste certame. A través do Facebook e do Twitter os seguidores da Federación Galega de Bandas de Música Populares (máis de 5000 o sábado e que subiron ata 7000 esta fin de semana pasada) puideron seguir minuto a minuto o devir do certame.

Fonte e fotos: FGBM

CLASE MAXISTRAL O DOMINGO 25 DE NOVEMBRO

Media_httpfarm9static_fshou



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: galos do norte do país veciño visitan a vila para interesarse por sistemas de pesca

  • Forman parte dun grupo de Acción Costeira de Normandía

 


Ribeira, 19 de novembro de 2012.- Integrantes do grupo de acción costeira denominado Mer et Terroirs du Contentin et du Bessin, localizado no norte de Francia, recalaron esta mañá no municipio coa fin de coñecer os recursos e sistemas de pesca que funcionan na localidade.

A visita ten lugar no marco dun proxecto de cooperación entre a entidade francesa e o GAC nº5 Ría de Arousa. Os dous expedicionarios procedentes do país veciño– Arnaud Trollé e Lucie Paghent, acompañados dun tradutor- foron recibidos polo alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, a quen lle explicaron a razón da súa estancia aquí. Estaban acompañados da xerente do GAC Rosa Carballo.

A visita ten por obxecto dar a coñecer na súa rexión, e moi particularmente entre a súa xuventude, os sistemas de pesca e de marisqueo da ría de Arousa. Con tal motivo, a comitiva volverá de novo a principios do vindeiro ano, esta vez acompañados dun grupo de mozos, para elaborar un vídeo que rexistre o labor que desenvolven os traballadores e traballadoras do mar desta zona de Galicia.

Promoción

De igual xeito, estes incipientes lazos de colaboración servirán dende o GAC arousano para facer promoción da calidade dos nosos produtos e mellorar a comercialización entre os dous territorios.

Unha vez recibidos polo alcalde, o grupo foi visitar a lonxa municipal e coñecer de boca do seu xerente, José Manuel Orellán, o funcionamento deste servizo. Estaba previsto que a continuación visitasen as instalacións do restaurante Benboa, un dos proxectos que forman parte do GAC nº5.

Media_httpfarm3static_iqrjd

Pazo de Fefiñáns en Cambados

Xa no día de mañá, a delegación francesa terá oportunidade de visitar Cambados e coñecer outras actividades do sector do mar como o seu marisqueo a pé.

A zona de onde se localiza o grupo Mer et Terroirs du Contentin et du Bessin, está situada en Normandía. Conta con 101.285 habitantes, dos cales 1.070 dedícanse á pesca. A súa extensión é de 1.427 quilómetros cadrados.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: o 23 de decembro, carreira popular SIN-SON

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o grupo de teatro amador "Airiños", premio Cultura Galega 2012

  • Salvador García Bodaño na categoría das Letras
  • Manuel Quintana Martelo na das Artes Plásticas
  • O grupo de teatro Airiños (Rianxo) na das Artes Escénicas
  • A Fundación Eduardo Pondal en Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural
  • A Asociación Internacional Estudos Galegos en Promoción Cultural de Galicia
  • Manuel Rodeiro en Música
  • Miguel Anxo Fernández na modalidade de Creación Audiovisual

Media_httpfarm9static_yzrcb

Esther F. Carrodeguas dirixe agora Airiños

Media_httpfarm9static_zbeja

Nin rico nin pobre senón todo o contrario é a obra de Mihura que acaban de estrear

Rianxo, 19 de novembro de 2012.  O xurado dos Premios da Cultura Galega 2012, presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Xesús Vázquez Abad, determinou na reunión celebrada hoxe na Cidade da Cultura de Galicia os sete premiados que recibirán os galardóns en recoñecemento do seu labor nas modalidades de Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural, Promoción Cultural de Galicia, Música e Creación Audiovisual. Temos que dar os parabéns aos rianxeiros de "Airiños", grupo de teatro amador que naceu en Asados e que é o máis lonxevo de Galicia, logo de case 80 anos de actividade cuase ininterrompida. Recibe o premio das Artes Escénicas.

Os outros gañadores da edición 2012 foron Salvador García Bodaño na categoría das Letras; Manuel Quintana Martelo na modalidade das Artes Plásticas; a Fundación Eduardo Pondal en Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural; a Asociación Internacional Estudos Galego en Promoción Cultural de Galicia; Manuel Rodeiro en Música; e Miguel Anxo Fernández no apartado de Creación Audiovisual.

A Xunta de Galicia convoca estes premios anuais co fin de recoñecer o labor de persoas e institucións que traballan nos distintos ámbitos da creación, da conservación e da posta en valor do patrimonio cultural, así como da actualización e difusión do noso capital creativo galego. Os galardoados recibirán como premio unha escultura realizada polo artista ourensán Xosé Cid.

Traxectorias premiadas
 

Na categoría de premio Cultura Galega das Letras o galardón recaeu en Salvador García Bodaño, a quen se lle recoñeceu unha calidade literaria que o sitúa como un dos máis destacados poetas vivos da xeración dos 50, ademais da súa activa participación en diversas iniciativas culturais.

No apartado das Artes Plásticas, Manuel Quintana Martelo foi distinguido pola calidade da súa obra e compromiso coa pintura, así como a súa implicación en diversos proxectos culturais para ampliar a presenza das artes plásticas galegas. O artista formou parte de Atlántica e expuxo en prestixiosos museos e galería de diversos países.

O grupo de teatro Airiños, de Rianxo, foi o premiado na categoría das Artes Escénicas polo traballo desenvolvido desde a súa creación, no ano 1933, que o converte na máis lonxevo de Galicia. Así, ao longo de catro xeracións, esta iniciativa veciñal vén sendo protagonista da construción dunha creatividade escénica de raíz popular desde o ámbito local.

Na modalidade de Premio Cultura Galega ás Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural o galardón recaeu na Fundación Eduardo Pondal, pola súa ampla e constante programación participativa arredor das letras galegas, desenvolvida coa implicación de entidades, axentes culturais e veciños da terra natal do escritor que lle dá nome á fundación.

O premio á Promoción Cultural de Galicia foi para a Asociación Internacional de Estudos Galegos, entidade creada na década de 1980 na costa leste dos Estados Unidos co obxectivo de difundir por todo o mundo a cultura e a lingua galegas. Desde entón, a AIEG impulsa e desenvolve o seu labor, principalmente, no terreo académico e universitario.

Manuel Rodeiro mereceu o recoñecemento do xurado na categoría de Música polo seu labor de referencia na creación sonora contemporánea. Compositor, crítico, xestor e pedagogo, Rodeiro dirixiu o departamento de Música do Centro Galego de Arte Contemporánea, foi fundador da editorial musical Música Nueva e do conxunto instrumental Cámara XXI.

Na categoría de Creación Audiovisual, o galardón recaeu este ano en Miguel Anxo Fernández, crítico audiovisual, escritor e autor de numerosas publicacións de temática cinematográfica. Na súa ampla traxectoria vinculada ao audiovisual, foi impulsor de numerosas iniciativas destinadas á promoción do cine galego.

O xurado
O conselleiro de Cultura e Educación en funcións, Xesús Vázquez, presidiu o xurado da edición 2012 dos premios, do que tamén formaron parte o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín; o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Casares Long; Francisco Díaz Fierros, en representación do Consello da Cultura Galega; Xosé Henrique Coas González e Goretti Sanmartín Rei, en representación das universidades de Vigo e da Coruña, respectivamente; e Ramón Yzquierdo Perrín, en representación da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario.

Completaron o xurado catro persoas de prestixio no ámbito cultural como son o escritor Luís González Tosar, o artista plástico Antón Pulido, a cineasta e produtora Fernanda del Nido e o editor e escritor Henrique Alvarellos.

Relacionadas:

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Sociedade: "Stop Desahucios" de Barbanza presenta demandas de suspensión inmediata de desafiuzamentos

Media_httpwwwabogacia_jugne

A Avogacía Xeral Española ten un escrito para paralizar desafiuzamentos aquí

Barbanza, 19 de novembro de 2012. A plataforma "Stop Desahucios" do Barbanza segue no seu inestimable labor de axudar ás familias en apuros por causa de desaloxos provocados por execucións hipotecarias, un drama que cada día se está a vivir neste país. Hoxe tiveron novas actuacións e mesmo unha campaña de sensibilización entre persoal dos xulgados de Ribeira, como se pode observar no seu novo comunicado.

Comunicado íntegro:

!Varios miembros de la Plataforma "Stop Desahucios" del Barbanza acudieron, esta mañana sobre las 10:00 horas, a los Juzgados números 1, 2 y 3 de Riveira para presentar varias demandas de suspensión inmediata de desahucios de varias viviendas sujetas a un préstamo hipotecario.  Se requieren a los Juzgados, con fundamentos jurídicos, a la paralización de la ejecución hipotecaria hasta la modificación de la Ley Procesal por el gobierno o que el Tribunal de Justicia de la Unión Europea resuelva la gestión prejucicial sobre el sistema de ejecución hipotecario español.

  Aprovechando la estancia en los juzgados, se reunieron con varias secretarias judiciales para dejarles ver la precaria situación y la difícil situación actual por al que atraviesan muchas familias de la Comarca y que sean un poco receptivos a esta realidad y demoren la ejecución de los desahucios y el lanzamiento de las primeras viviendas. Estos miembros d ela Plataforma encontraron una buena respuesta, entre estas secretarias judiciales y se comprometieron a estar en contacto con los miembros de la plataforma para comunicarles cualquier orden de desahucio que pudiese surgir en la Comarca. También, los miembros de la Plataforma, colocaron algunos carteles de la plataforma, con teléfonos de contacto, para información de todos los ciudadanos que pudiesen necesitar de su ayuda.

  Por otra parte, varios miembros de la plataforma se reunieran, el próximo miércoles, con el alcalde de la localidad de A Pobra para trasladarle una serie de consideraciones para presentar en el pleno municipal del jueves, en relación a la problemática de los desahucios, así como exponerle la situación de varias familias, afectadas por la hipoteca, en esta localidad.

Anterior comunicado:
 

Por parte de la Plataforma "Stop Desahucios" de la Comarca del Barbanza, este próximo lunes, 19 de noviembre, sobre las 10:00 de la mañana, se presentarán en los Juzgados de Riveira una serie de escritos exigiendo al juez la paralización inmediata de los casos de ejecución hipotecaria abiertos, en la Comarca del Barbanza. Esta es una de las miles de acciones que se realizarán conjuntamente en todos los juzgados del estado dentro de la campaña promovida por todas las Plataformas de Afectados por la Hipoteca (PAH) y de Stop Desahucios. 

 El Presidente del Consejo General del Poder Judicial ha manifestado que los jueces pueden actuar para "suspender, paralizar, modificar o adaptar la decisión judicial al caso concreto" amparándose tanto en normativas comunitarias como en principios constitucionales o de derecho contractual, máxime cuando se trata de situaciones "de verdadera crispación o de atentado a un derecho fundamental como es el de la vivienda"

   Plataforma Stop Desahucios  Barbanza

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

18.11.12

Cultura: xa se coñecen os premios Barbantia 2012

Media_httpfarm5static_hvpdh

Xosé Ramón Barreiro

Media_httpfarm9static_glsjt

Á esquerda, Xoán Mariño Reino

Media_httpfarm8static_dsetz

Toma nocturna da sede da Sociedade Liceo Noia

Barbanza, 18 de novembro de 2012. O colectivo cultural Barbantia deu a coñecer onte o paradeiro dos Sereos deste ano.

  1. Traxectoria Cultural no Barbanza: Xoán Mariño Reino, presidente da asociación cultural "Terra de Outes". É escritor, natural de Outes, onde fai este ano de comisario do Ano Añón, polo bicentenario do poeta.
  2. Iniciativa Cultural no Barbanza: Sociedade Liceo de Noia. Polas súas numerosas iniciativas a prol da cultura, nun ente que conta con moitos socios, promove numerosas exposicións na súa sede e mesmo este ano contribúe coas súas instalacións a que se faga a Mostra de Curtas.
  3. Barbantia da Cultura Galega: Xosé Ramón Barreiro, catedrático e historiador natural de Ribeira, académico que chegou a presidir a Real Academia Galega.

Media_httpfarm8static_gvvsw

O Sereo de Barbantia feito por Sargadelos

A entrega da sexta edición destes premios terá lugar en Lousame o 15 de decembro, logo da cal a entidade celebra a súa tradicional comida de Nadal.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical