30.4.12

Ribeira: orde do día do pleno deste mércores 2 de maio

Pleno.doc Download this file

  • Tomarán posesión como edís os novos concelleiros do Bng, logo da desbandada producida este ano

Outros temas que se van tratar foron abordados por Certo nestas novas:


Saneamento: Xarás precisa de depuración propia, sostén o Bng


Concello: vehículo social, microcréditos e remate de obras en Cervantes

Pode que tamén lle interese:





 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Deportes: o Concello de Ribeira organiza torneos de fútbol a pares

  • Este ano deixan de ser endogámicos: aceptan equipos doutros concellos no de fútbol afeccionado

Ribeira, 30 de abril de 2012. O concelleiro de Deportes Juan Luis Martínez e representantes dos clubs Atlético Riveira, Sálvora CF e Xuventú Aguiño (Primitivo Sampedro, Ramón Martínez e José Manuel Vilas) presentaron hoxe a 7ª edición do Trofeo Cidade de Riveira de Fútbol Afeccionado e a 17ª do Trofeo Concello de Fútbol Base: dúas competicións organizadas pola área municipal que dirixe o edil Juan Luis Martínez Queiruga que van ter lugar a partir de mañá en dous escenarios: os campos de herba sintética de A Fieiteira e A Tasca.

Como novidade deste ano hai que salientar que se permitiu a participación de elencos deportivos procedentes doutros municipios. Concretamente, o Xuño, o Crocha e o Porto do Son.

Polo que respecta ao Trofeo Cidade de Riveira de Fútbol Afeccionado, oito son os equipos participantes: CD Artes, Olveira CF, Atl. Riveira, SH Palmeira, Atl. Oleiros, SD Xuño, Xuv. Aguiño e Sálvora CF.

Mañá 1 de maio terán lugar os cuartos de final, mentres que as semifinais están programadas para o 17 de maio e a final para o 27 de maio.O Atlético Riveira foi o gañador da edición de 2011.

Fútbol base

En canto ao Trofeo Concello de Fútbol Base, haberá tres categorías: infantil, cadete e xuvenil, das cales a primeira das citadas dará comezo mañá cos cuartos de final (nas outras dúas modalidades esta rolda está prevista para o 9 de xuño).

O edil Juan Luis Martínez destacou o carácter eminentemente formativo que teñen estas dúas competicións.




Emparellamentos trofeos Concello.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: novos cursos de alfabetización dixital en parroquias, do 7 de maio ao 28 de xuño

  • Nesta fin de semana houbo unha actuación musical dun dúo ao piano
  • O prazo para inscribirse nestes cursos abre o 2 de maio

Ribeira, 30 de abril de 2012.- Despois de que hai dez días se procedera á clausura dos Cursos de Alfabetización Dixital celebrados durante o primeiro trimestre de 2012, o Concello informa de que este mércores 2 de maio se abre un novo prazo de inscrición para participar nunha nova convocatoria da iniciativa, que este vez terá lugar en catro parroquias do municipio: Artes, Corrubedo, Olveira e Ribeira.

Estes cursos, de 30 horas de duración, son gratuítos e están abertos ao público en xeral, aínda que son especialmente indicados para certos colectivos como maiores, amas de casa, inmigrantes ou parados.

As clases estenderanse dende o 7 de maio ata ao 28 de xuño e os interesados en anotarse poderán facelo entre o 2 e o 4 de maio na Aula Multimedia (planta baixa da confraría de Pescadores) de mércores a venres en horario de 10 a 13.30 horas. O número de teléfono é o 981 876 043. Hai que matizar que as clases de Olveira son unha continuación das que xa se levaron a cabo no anterior trimestre.

Actuación musical

Xa cambiando totalmente de asunto, o nutrido público congregado no Conservatorio Profesional de Música quedou marabillado coa actuación do dúo ourenán Dedosd2 que, composto polos pianistas Marta Blanco Pascual e Xoán Iglesias Losada, ofreceu un concerto de piano a catro mans na instalación municipal de Santa Uxía.

Estudantes e profesorado do centro e público en xeral (tamén estaba presente a concelleira de Educación, Maricarmen Vizcaya) escoitaron con atención un recital que estaba comporto por creacións de de Wolfgang Amadeus Mozart Mozart, Antonin Dvórak e Samuel Barber.






 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: o Concello pon unha centraliña en castelán, incumprindo a lexislación en materia lingüística

30.04.12.-PREGUNTAS BNG INCUMPRIMENTO LEXISLACIÓN LINGÜÍSTICA POLO CONCELLO.doc Download this file

Media_httpfarm4static_lxbls

Pintada vista na Pobra en 2008. Ignoramos se continúa

A Pobra, 30 de abril de 2012. O Bng vén de presentar no Concello unha serie de preguntas para o seu debate e resposta no pleno do vindeiro mes de maio. Desta volta refírense ao incumprimento, por parte do Goberno Municipal, da lexislación vixente en materia lingüística. No escrito faise referencia "a outras épocas xa vividas no noso concello e que, moitos e moitas non queremos revivir pero a verdade é que, dende hai xa tempo, percibimos que o Goberno local do PP é cada vez máis laxo nesta cuestión. Non é a primeira vez, por exemplo, que o BNG pon de manifesto que se está a incumprir a normativa lingüística vixente e, polo tanto, a impedir á cidadanía e aos seus representantes nas distintas Administracións, o seu dereito a comunicarse coa Administración na súa lingua", aclaran os nacionalistas.

 
"Informes técnicos, contratos da administración local, discursos dos representantes públicos, publicidade, etc., só en español son exemplos que se veñen sucedendo e que agora teñen continuación coa centraliña telefónica instalada no Concello. Consideramos que, nestes tempos complexos para os galegos e galegas, para o desenvolvemento e total normalización da nosa lingua á que o PP pon cada vez máis impedimentos, non debemos obviar ningunha acción, por pequena que sexa, para reclamar o que nos pertence: Podermos vivir en galego na nosa propia Terra", rematan.







Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a Festa da Dorna deste ano xa comeza a definirse

  • En 2012 conmemóranse as vodas de prata das peñas fundadoras, que levan 25 anos dando o callo e tocando o c...
  • A festa cadra este ano (fagan axenda, logho non dighan) do 20 ao 24 de xullo, co baile de gala final o 28 de xullo
  • Queda aberto o prazo para presentarse aos premios A Jata Ruín de la Praia (deseño de camisolas e suadeiras) e Salvador Daquí (cartel da festa)
  • A seguinte asemblea é o 19 de maio, sábado

Obxecto voante non idiotizado na Festa da Dorna

Ribeira, 30 de abril de 2012. O pasado sábado, 28 de abril, a A. C. Real e Ilustre Cofradia da Dorna convocou a primeira asamblea de peñas de cara á organización da LXIV Sinjladura da "Festa da Dorna" na cal se celebrará o 25 aniversario das peñas fundadoras.

Nesta asemblea, á que acudiron 23 representantes de 14 peñas, escolleuse por votación a man alzada a cor da sudadeira, que este ano será malva, cun resultado de 16 votos a favor. Outro dos puntos do día foi a presentacion dos días da festa que este ano dará comezo o venres 20 de Xullo e rematará coma tódolos anos o 24 de Xullo, sendo o Baile de Gala o sábado 28 de Xullo.


Obxecto flotante con dorneiros estresados a babor

Por último, abriuse prazo para presentar tanto os deseños para a sudadeira (Premio A Jata Ruín de la Praia) como o cartel da festa (Premio Salvador Daquí), que se escollerán por votación a man ergheita na vindeira asemblea de peñas que está prevista para o sábado 19 de maio.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Sociedade: o "Tahúme" de Ribeira e "Vai de Roda" de Rianxo, gañadores no certame de baile tradicional Tequexetéldere en A Estrada

https://p.twimg.com/ArpIby5CAAAhwrh.jpg
Foto do twitter de Tequexetéldere

Barbanza, 30 de abril de 2012. Onte tivo lugar en A Estrada (Pontevedra) o VIII certame de baile tradicional Tequexetéldere, que acubillou no Teatro Principal a uns oitocentos bailaríns -repartidos en 31 grupos- aos que foron ver demasiada xente, tanta que non había sitio no recinto.

Na categoría máxima, a D, para bailador@s de 16 en diante, levouse o primeiro premio o grupo de baile tradicional "Tahúme" de Ribeira. Segundo foi a Escola Cantigas e Agarimos de Santiago e terceira a Asociación Cultural Mar de Arousa de Bamio.

Na categoría C (de 12 a 16 anos), os que se levaron o gato á auga en primeiro lugar foron as de Nove Ferreñas, de Rianxo, da asociación "Vai de Roda". De segundos irían "Tras do Eo", de Teo, e terceiros "Os Xeitosos" de Trazo.

Ademais,  na categoría B tamén gañou "Sete Ferreñas", de Vai de Roda de Rianxo. En segundo lugar quedaría O Muiño da Retorta de A Ponte Vella de Teo e de terceiros, Os Trazantes de Tenorio.


Accésits 

Por se fora pouca a colleita dos rianxeiros, o xurado deste certame de nome case impronunciable, Tequexetéldere, outorgou accésits ao mellor grupo de acompañamento a Sete Ferreñas de Vai de Roda (en categorías A e B). 

O grupo anfitrión, Tequexetéldere de A Estrada, actuou fóra de concurso, xesto que o honra.

Os resultados completos deste certame, na web de Tequexetéldere, aquí

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

29.4.12

Cultura: poetas e músicos déronlle "Vitaminas para o galego" nun festival en Compostela

Barbanza e Noia, 29 de abril de 2012. "Sabemos tirar os penaltis e non facemos como o Barça e o Madrid" afirmaron os de Terbutalina no festival de Vitaminas para o galego que se celebrou na noite do pasado venres na Gentalha do Pichel en Santiago de Compostela. Ademáis do enerxético "gastro punk" dos de Muros, a xornalista Xiana Arias coordenou con palabras fermosas e precisas un acto no que se deron cita xornalistas, músicos e a vangarda da intelectualidade compostelán.

O recitado vibrante do rianxeiro Gonzalo Hermo, da vivariense Olalla Cociña e da luguesa Alicia Fernández abriu o lume dun acto no que Ubaldo Cerqueiro (Quepasanacosta) deu leitura ao manifesto que "Vitaminas para o galego" lanza para o vindeiro 17 de maio, Dia das Letras. No texto faise fincapé na necesidade de medios de comunicación que empreguen o idioma galego se se quere garantir a continuidade e a transmisión interxeneracional da lingua, a contribución máis importante de Galicia á construción da humanidade". Por iso afirman que queren "reforzar os medios de comunicación en galego, coa criación efectiva dun espazo galego de comunicación, como plataforma de defensa da identidade común".Os 26 medios que participan das "Vitaminas" afirman que "Galicia quere información de proximidade en galego, mass media que no século XXI difundan e prestixien o idioma, altofalantes que ensinen a nosa visión do mundo, peten nas conciencias e fagan visible a sensibilidade e a creatividade existente na sociedade galega".

Vídeos do Festival. Pedimos disculpas polo son dalgúns, pois os aparellos acopláronse:





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a Xunta elimina catro toneladas de lixo da illa Vionta

  • Ademais de residuos plásticos, latas e envases tamén se quitaron distintas artes de pesca esquecidas, especialmente perigosas pola súa capacidade de atrapar fauna de forma indiscriminada

  • Vionta é unha das illas que pertence ao Parque Nacional Marítimo Terreste das Illas Atlánticas

  • Un grupo de persoas percorreu toda a illa nunha xornada de traballo, retirando de forma manual e con precaución de non afectar á sensible vexetación das dunas

Ribeira, 29 de abril de 2012.- A Xunta de Galicia, a través do persoal do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, vén de excutar na illa de Vionta, en Ribeira, unha operación de limpeza, que concluíu coa retirada de preto de 4.000 kilos de lixo. En total retirásonse 50 sacos (dun media de 75 litros) entre o que se recolleron residuos plásticos, como envases e botellas de auga. Tamén se quitaron artes de pesca abandoadas, que constitúen un elemento moi perigoso pola súa capacidade de atrapar fauna de maneira indiscriminada.

Esta operación levouse a cabo antes do comezo da tempada de cría das aves mariñas e, en total, para evitar calquera afección a este proceso reproductor ao tempo que se elimana perigos para os animais. Así, un grupo de persoas percorreron a totalidade da illa para retirar de forma manual e con precaución de no afectar á sensible vexetación das dunas os residuos presentes.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas lembrar a necesidade e importancia de comportarse de forma responsable co medio ambiente, evitando deixar restos de lixo nas saídas ao aire libre e reducindo ao mínimo posible os residuos que xeremos, reempregando e reciclando.

Así mesmo, é importante recordar a aquelas institucións responsables da limpeza de praias a necesidade de facer estas operacións de forma coidadosa, polo que debe priorizarse a limpeza manual sobre a mecánica e evitar a retirada de restos orgánicos de orixe natural, que son fonte de alimento de moitas especies. Tamén debe evitarse limpar naqueles lugares e épocas en que nidifiquen especies sensibles.

Nesta paraxe, ao igual que noutros areais do Parque Nacional, tende a acumularse lixo de moi distinto tipo, pero, sobre todo, restos plásticos, traídos polo mar e o vento. A acumulación de lixo supón un importante problema para os ecosistemas mariños en xeral, e para o Parque Nacional en particular, posto que os plásticos teñen unha vida longuísima na natureza, tardando en degradarse centos de anos, ademais son causa de moitos problemas ambientais, xa que se enganchan nas extremidades das aves ou dos cetáceos, ou son consumidas por distintos animais, provocando importantes lesións ou incluso a morte. Supoñen tamén unha fonte de contaminación química para os hábitats nos que se acumulan, permanecendo neles a longo prazo.

Características da illa
A illa de Vionta forma parte do archipélago de Sálvora, no concello de Ribeira, incluído no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, trátase dunha pequena illa dunhas 12 hectáreas (preto de 24 campos de fútbol) de forma alargada e de relevo baixo, é un espazo cun carácter moi singular, pois está formado, case exclusivamente, por area, que conforma unha duna interior e praias en todo o seu perímetro.

Este lugar é unha zona de reserva integral dentro do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, ten un gran valor ecolóxico por acoller unha importante colonia de cría de aves mariñas e pola vexetación que cobre a súa duna interior, que entre outras especies inclúe á xesta de Ons (Cytisus insularis), un endemismo do Parque Nacional. Tanto as colonias de cría de aves mariñas como a flora dunar son especialmente sensibles á presenza humana, motivo polo que se declarou reserva integral, o que impide calquera acceso a ela, excepto por motivos xustificados de investigación ou conservación.







Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Cultura: un exemplo de divulgación do Patrimonio na Mariña de Lugo para todo o país

  • As asociacións Mariña Patrimonio e "A Pomba do Arco" organizaron o sábado 28 de abril un roteiro polos castros de Foz
  • Acudiron persoas de todas as idades nun microbús
  • Entre os especialistas estaban, ademais de Manuel Miranda de Mariña Patrimonio, os autores de "Herdeiros pola forza", o arqueólogo Xurxo Ayán e o xornalista e divulgador Manuel Gago


Foz, 29 de abril de 2012. Unha actividade cultural de balde e polos cantís da costa luguesa, con especialistas explicando as nosas orixes e os castros: como resistirse? Alá que fomos, con dous nenos de oito anos que non pararon de xogar e facer novos amigos durante o percorrido.


Na imaxe, a punto de subir ao bus, Xurxo Ayán, Manuel Gago, Antón Lado, Xurxo Mariño e Soledad Felloza


Ao fondo, na parede da igrexa, "Rente ao mar ese camiño", mural co verso de Celso Emilio Ferreiro




O primeiro destino foi o castro do Carreiro, non recoñecido por Patrimonio, da Xunta. Nas imaxes, Antonio Miranda, de Mariña Patrimonio explica a ubicación clarísima do castro, incluso comparando na ortofoto do famoso voo americano do 1957-1959. Segundo esta asociación, trátase dun castro interesantísimo, dos maiores da Mariña luguesa, con seis hectáreas, e cunha mina de ferro da que se descubriron galerías xa hai uns anos. Teñen toda a información sobre este xacemento aquí.




Na imaxe superior, Miranda amosa unha pedra con material de ferro atopada ao pé da mina, unha de cuxas bocas se observa na foto seguinte


Os cantís da costa focega están tapizados coa invasora sudafricana unlla de gato (carpobrotus edulis), agora en plena floración e unha tentación constante para calquera que leve unha cámara. Na imaxe, Soledad Felloza, contacontos, actriz e fotógrafa




Ao longo de todo o percorrido, Manuel Miranda foi explicando as partes do castro do Carreiro e mesmo amosando materiais cerámicos, escouras de ferro e outras pezas que se atopan alí





O punto onde se desatou a maior indignación dos que alí nos achegamos foi no lugar no que se atopa a simple vista un muíño "castrexo" de granito esquecido nun dos muros dunha choupana das varias que se aprezan por fóra dos novísimos muros do paseo marítimo que sen ningún rubor fixo Costas enriba de todo o xacemento, en tempos do agora defenestrado Jaume Matas. "Non hai peor cego que o que non quere ver", foi o refrán máis manoseado nese intre, xa que é inconcebible que "expertos" de Patrimonio da Xunta viñeran ata aquí e non se decatasen nos seus mesmos fuciños que todo isto é un castro. Logo de que saia en "prensa tradicional", os de Mariña Patrimonio supoñen que o muíño que sae nestas imaxes será expoliado e pasará "a facer bonito nun chalé, como tantas pedras do noso patrimonio máis antigo". 


No pequeno -en comparanza co do Carreiro- castro de Llas atopouse un torques semellante ao de Burela, pero máis pequeno. Ao fondo poden observar unha casa chantada enriba do xacemento.

Media_httpfarm9static_kffii

Media_httpfarm8static_idfvm



Xoán Ramón Fernández Pacios, historiador e tamén integrante de Mariña Patrimonio, fíxolle varias preguntas a Xurxo Ayán para provocalo
[[posterous-content:JobFqsmBpejFDAiaqjzc]]
[[posterous-content:ErIcGtDDptFFqDdkysnq]]
Xurxo Ayán lanzou no castro de Fazouro unha "chapísima" como el mesmo dixo, sobre a chamada cultura castrexa. Poden escoitala e mirala no seguinte vídeo: é imprescindible para estar á última sobre esta parte da nosa historia, pois Ayán fixo a súa tese doutoral -Suma Cum Laude- sobre este complexo asunto.


[[posterous-content:vBpjHfeJlpifJgdBrmAw]]
A costa da parroquia de Fazouro tamén está chea de carpobrotus edulis
[[posterous-content:EotxnpJiJDdEyCChsdeG]]
Xa en Nois, no castriño que alí hai, os nenos foron agarimar a un cabalo que pastaba

[[posterous-content:mqrDFyreemsqkyearrGx]]
Ao percorrido, ademais do microbús que ía cheo, sumáronse particulares en turismos

[[posterous-content:sqgJcGgezBbfEDGpAvBH]]

O roteiro polo patrimonio pétreo de Foz rematou na zona chamada do Bispo Santo, onde se conserva unha capela adicada ao bispo San Gonzalo (que en realidade non é santo). Nela contouse a lenda da invasión viquinga de Foz que foi combatida polos rezos daquel bispo. Agora é unha das festas principais de Foz, con acampada incluída. No lugar suponse que había cultos á auga que foron cristianados e convenientemente aproveitados polos poderes eclesiásticos para o seu peto. Tamén preto había una Fonte dos Mouros e, na parte superior, nun lugar chamado Pico da Lebre, o especialista Manuel Gago aclarou que se pode observar a estrutura dun castelo-mirador altomedieval. 

[[posterous-content:owbEuvrzwkCwshaxpfqb]]

A viaxe rematou coa volta á casa de cultura de Foz, onde se presentou o libro "Herdeiros pola forza", de Xurxo Ayán e Manuel Gago. Nel analízase a relación -ás veces patética, outras deprimente e as máis das veces incómoda- entre os galegos, os seus gobernantes e o patrimonio que fica neste país.

Poden ollar os discursos de Gago e Ayán na presentación do libro nestes vídeos:








Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Muros e Noia: o Bng presentou tres emendas aos Orzamentos do Estado para esta bisbarra

  • Para Noia piden que se cambie o destino dos cartos que ían para retirar a escolleira e se adiquen a estudos para rexenerar o esteiro do interior da ría noiesa, para facelo navegable e aproveitable para o marisqueo
  • Para Muros solicitan que se rehabilite o vello cine París e se recupere a praia de Parameán en Esteiro

 
Muros-Noia, 29 de abril de 2012. Das 177 emendas formuladas polo BNG aos Orzamentos Xerais do Estado para o presente ano 2012, tres delas versan sobre cuestións desta bisbarra. Trátase de actuacións que lle afecta aos Concellos de Muros e Noia.

No relativo ao Concello de Noia, os deputados nacionalistas en Madrid defenderán unha emenda destinada á Dirección Xeral de Sostibilidade da Costa e do Mar, do Ministerio de Agricultura, mediante a cal solicítase da citada Dirección Xeral o abandono do proxecto de demolición da escollera de acceso ao Peirao do Marqués, cambiando a finalidade orzamentaria do mesmo, a fin de destinala á elaboración dos estudos que permitan unha verdadeira rexeneración do esteiro interior da ría que nos conduza de xeito paulatino á posibilidade da retirada dos fangos e limos que colmatan o esteiro desde hai décadas. O obxectivo desta pretensión non é outro que o da recuperación da navegabilidade pola mencionada contorna, e ao mesmo tempo que se recuperen espazos produtivos marisqueiros, hoxe improdutivos polo efecto do aterramento da ría. A contía que se solicita engadir aos orzamentos deste ano é de un millón de euros.


No caso de Muros as emendas fan mención a partidas correspondentes ao Ministerio de Cultura e ao de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. A primeira delas, a que corresponde ao Ministerio de Cultura, vai dirixida á rehabilitación do Cine Paris. O citado inmoble foi mercado na pasada lexislatura con fondos que proviñan do propio Ministerio e tamén da Deputación de A Coruña. O Cine París é un inmoble situado na fachada marítima do casco histórico muradán e data da década dos anos 40 do pasado século. Constitúe unha mostra de arquitectura ecléctica e a contía que se demanda do Ministerio para a súa recuperación é de 500.000 euros.

A segunda emenda que lle afecta ao Concello de Muros, vai dirixida ás partidas do  Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Concretamente trátase de inserir nas mesmas unha consignación orzamentaria por importe de un millón de euros para destinar á recuperación ambiental da praia de Parameán, na parroquia de Esteiro do Concello de Muros.



 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: Chelo Rodríguez colgou "Entre recunchos e xogos" no Liceo durante marzo e abril


Toda a información sobre esta pintora pontevedresa no seu web: http://chelorodriguez.es

Imaxes da exposición:







Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Cultura: bases do certame internacional de novela curta "Concello de Ribeira"

A Pobra: cea enolóxica para potenciar produtos da bisbarra e a etiquetaxe en galego

  • García Gómez, de Política Lingüística, resaltou a importancia da etiquetaxe en galego para a promoción dos nosos productos no exterior
Fotos de Pablo Silva

A Pobra do Caramiñal, 29 de abril de 2012. Os secretarios xerais de Montes e Medio Rural, Tomás Fernández Couto, e de Política Lingüística, Valentín García Gómez, asistiron este xoves pasado á I Cea Enolóxica Club Exxpopress, que tivo lugar no Restaurante A Terraza de Chicolino, en A Pobra, e na que a adega Ponte da Boga presentou cinco dos seus viños en maridaxe coas conservas da gama Fuera de Serie, da firma Luis Escurís Batalla, postas en valor polo citado restaurante.
 
Ao acto asistiron un cento de persoas, entre elas os alcaldes de Ribeira, Boiro, A Pobra, Rianxo e Lousame; presidentes de patronais, patróns maiores, xornalistas, empresarios, etc., así como o presidente do Foro Enrique Peinador, Xosé González. Fernandez-Couto destacou a importancia desta iniciativa do Club Exxpopress para a promoción empresarial, "que sen dúbida será tomada como exemplo en Galicia". García Gómez resaltou a importancia da etiquetaxe en galego para a promoción dos nosos productos no exterior.

O alcalde de A Pobra e anfitrión dos asistentes, Isaac Maceiras, animou aos empresarios a colaborar na promoción dos seus productos no exterior con actos conxuntos e o presidente do Club Exxpopress, Suso Souto, resaltou "non só a colaboración, senón a interacción das tres empresas na Cea Enolóxica".


Ribeira Sacra, un dos lugares de Galicia onde se practica a "viticultura heroica"

Ás 20.30 horas tivo lugar unha charla a cargo do xornalista Víctor Furelos (coordinador da sección Área de Compostela de El Correo Gallego e do semanario Terras de Santiago), titulada Viticultura heroica, que falou sobre os selos distintivos dos viños galegos, da súa importancia na promoción de Galicia fóra de España e das paisaxes vinícolas declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Furelos reivindicou a mesma declaración para a Ribeira Sacra, polas súas terrazas vertixinosas debruzándose sobre o río Sil.
 
Posteriormente, ás 21.00 horas, deu comezo a cea, na que o enólogo Rubén Pérez comentou as características dos cinco viños de Ponte da Boga que se foron degustando con outros tantos pratos elaborados en base ás conservas de Luis Escurís Batalla. O acto foi organizado polo Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia.

Tamén, na Pobra:








Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical