30.6.10

Gastronomía: dispoñible na Rede o recetario de Arousa Norte

Caracoles con mejillones? Mmmhh... a que saberá iso?

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Historia: 68 anos despois, parece que non avanzamos demasiado

Panfleto do ano 1932 saído dunha imprenta de Talavera.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Cultura: Atalaia, novo portal do Consello da Cultura para a arte contemporánea en Galicia

En http://culturagalega.org/atalaia
Non atopamos ningún artista das bisbarras de Noia e Barbanza. Imaxinamos que os irán engadindo... ou non hai? Hai algún artista contemporáneo lendo isto? Que rebula!

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Deportes: a boirense Rebeca Mariño, no Campionato do Mundo Universitario que se disputa en Vigo ata o domingo 4 de xullo

O secretario xeral para o Deporte inaugurou esta competición este mediodía e destacou o alto nivel dos galegos, entre os que está a boirense Rebeca Mariño

Boiro, 30 de xuño de 2010.-O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, destacou, na inauguración do Campionato do Mundo Universitario de Taekwondo a posibilidade dos participantes galegos de conseguir medallas nesta competición. Lete Lasa salientou o alto nivel dos deportistas que representan a Galicia: Estefanía Hernández, da Coruña, Rebeca Mariño, de Boiro, Juan Fernández, de Bergondo, Fernando Rascado, de Vigo, e María Bautista, tamén de Vigo.

O secretario xeral felicitou á Federación galega de Taekwondo pola organización desta competición e subliñou o apoio da Xunta de Galicia á celebración de iniciativas deste nivel na comunidade autónoma. Neste sentido, Lete Lasa destacou que estas competicións promoven a proxección internacional das cidades e pobos galegos e teñen un impacto directo na economía, ademais de supor unha oportunidade para que os deportistas do Centro Galego de Tecnificación poidan ver de cerca a deportistas de gran nivel e achegar as grandes competicións ao público como modo de fomentar a práctica deportiva.

Lete salientou o apoio do Goberno galego á práctica de taekwondo e lembrou que foi en 2004 cando este deporte pasou a formar parte do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. Así, o secretario xeral subliñou que neste momento existen tres grupos de adestramento nesta disciplina: tecnificación, rendemento e elite.

Páxina oficial do Campionato:
http://www.universiadavigo.com

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Curiosidades: Portugal en pelotas co gallo do fútbol

"A culpa é bossa"...
E iso que dixemos que en Certo non íamos falar do Mundial. Mais esta foto que tiñamos había que empregala!
Visto en Tavira (Algarve portugués)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Torres Colomer e a "segunda xuventude", protagonistas onte no auditorio

Ribeira, 30 de xuño de 2010. O Auditorio de Ribeira acubillou na tarde de onte a clausura do Programa de Dinamización e Promoción Social para os Nosos Maiores que desenvolveu ao longo do curso a Concellería de Igualdade, Acción Social, Maiores e Dependencia. Con tal motivo, máis de 200 maiores déronse cita no salón de actos do recinto municipal para disfrutar da programación organizada polo Departamento de Servizos Sociais, cuxa xefa de servizo, Francisca Vidal, foi a encargada de presentar cada unha das actividades que a compuxeron.

A cita comezou cun vídeo descritivo das diferentes actividades que estiveron adscritas ao Programa de Dinamización: tanto os cursos e talleres realizados no transcurso do ano (en materias como reforzo educativo, estimulación da mente, bailes de salón, música, galego ou restauración de mobles) como as saídas culturais desenvolvidas a localidades como Fátima, A Coruña e Betanzos, Apípolis ou Santiago de Compostela.

A continuación tivo lugar unha exhibición de tangos a cargo dunha ducia de participantes no Obradoiro de Bailes de Salón, un breve recital poético e unha nova demostración musical de alumnos, esta vez cantareiras e pandeireteiras que participaron nos talleres de música realizados en Aguiño, Palmeira e Santa Uxía.

“Segunda xuventude”

Acto seguido chegou o momento das intervencións institucionais de Esther Patiño Rey, quen salientou o éxito deste Programa que xurdiu no ano 2004, e do alcalde José Luis Torres Colomer, quen ratificou o seu compromiso de seguir promovendo novas actividades a prol do benestar e a calidade de vida dos maiores, aos que cualificou de “segunda xuventude”. Por último, tivo lugar a entrega de diplomas aos maiores que participaron nos obradoiros de Reforzo Educativo e de Estimulación da Mente.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Opinión: Bóveda ataca ás pseudociencias e aos seus charlatáns difusores

"Convertendo ese suposto periodismo de investigación no resultado dunha sorte de doutrina falsaria máis perigosa, se cabe, que a chamada prensa rosa e programas do corazón, que polo menos pousa os pés na mundanidade (aínda que ás veces mal corroborada)".
Artigo completo en http://certo.es/index.php?page=tragar_sen_mascar

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Cinema: a primeira curta do mundo gravada e editada tan só cun teléfono Iphone 4

En só 48 horas. Primeiro poñen o resultado e logo como se fixo... É impresionante que cun cacharriño tan pequeno se poida acadar este nivel. A editora quéixase de que lle doen os dedos, nembargantes. Normal!

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a Fiestra da Cultura contraprograma á Mostra das Culturas de Boiro este sábado 3 de xullo

Quen son os The Killer Cats? http://www.myspace.com/killercatsband

E o 10 de xullo, The Sugar Mountain, que están en http://www.sugar-mountain.net pero tamén os podes escoitar en http://www.myspace.com/sugarmountainmusic

E que pasa en Boiro o mesmo 3 de xullo? Están en festas e tamén hai varios concertos.

A COMPAÑIA DO RUIDO
http://www.myspace.com/acompaniadoruido

CUCHUFELLOS
http://www.myspace.com/cuchufellos

SINEFRES
http://www.myspace.com/sinefres

PICADISCOS SOUND SISTEMA


E por se fora pouco, verbena á mesma hora con Estelares e Aramio... Mira

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Deportes: Terceiro Maratón de Fútbol 7 o 10 e 11 de xullo na Fieiteira, en Ribeira

No campo de céspede artificial. Toda a información no cartel

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Cultura: asociacións de Barbanza e Noia participarán na homenaxe a Rosalía o 15 de xullo en Santiago


Entrada, hoxe pechada, ao Panteón de Galegos Ilustres de Santiago

Barbanza-Noia, 30 de xuño de 2010. A Asociación Cultural Altofalante (Ribeira), Barbantia (Barbanza e Noia) e Antrospinos (Taragoña, Rianxo) van participar no acto cívico en lembranza do traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro que organiza a Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Tumba de Rosalía, coa estatua de Murguía (seu marido) ao pé, no Panteón de Galegos Ilustres

Segundo contan os organizadores, "é a nosa intención encher un autobús que vaia de Barbanza a Padrón. Logo iríase en tren até Santiago, onde se desenvolverían recitados de poemas da galega universal en distintos puntos da cidade. O acto finalizaría en Santo Domingos de Bonaval, e dende aí volveríamos en autobús ao Barbanza. Aproveitarase o acto para reclamar a apertura do Panteón de Galegos Ilustres, pechado dende fai unhos meses e sen xustificación seria algunha, pola Santa Madre Igrexa".

Toda a información nos documentos adxuntos a esta información. Se quere ver o roteiro en Google Maps, prema nesta ligazón.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

29.6.10

Medio Ambiente: a desfeita de BP no Golfo de México cobre centos de golfiños e baleas de petróleo

O activista John Wathen colouse coa súa avioneta e gravou este vídeo. E pídenos a todos os internautas que o difundamos, xa que o goberno americano está impedindo que se coñeza o auténtico alcance deste desastre.
http://bpoilslick.blogspot.com

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Historia: dúas ou tres barcadas de pedra, condición para facer o peirao do Marqués en Noia, hai 160 anos


Peirao do Marqués (de Monroi) hacia 1900

Noia, 29 de xuño de 1850. "O Marqués de Monroi, unha vez observado que atracan aos pedrousos deste distrito de mariña as embarcacións de Muros e Noia, con preferencia a outro punto e visto as dificultades que a pesar diso se presentan polo embarque e desembarque de mercadorías e aínda de persoas, ao obxecto de aliviar as penurias da mariñeiría e xente que se adica ao tráfico por mar, cre que o máis útil será construír un peirao no referido punto.

Tendo en conta o difícil e custoso desta construción comprométese a efectuala, coa condición de que os donos das embarcacións conducisen ao lugar designado dúas ou tres barcadas de pedra.

Máis tarde este peirao construirase e en memoria deste filántropo coñecerase dende entón e ata a data como "Peirao do Marqués".

(Tirado de "Efemérides noiesas", libro de Agrelo&Hermo)

Quen era o marqués de Monroi?

Poucos datos deron os historiadores locais Agrelo e máis Hermo no libro anteriormente citado. Deixaron escrito:

Juan María Varela Abraldes.
Marqués de Monroi. O 8 de abril de 1891 fixo testamento en Cáceres. Por el funda un establecemento benéfico concedendo para iso a casa que posúe no Campo das Rodas e posesións adxacentes, así como unha cantidade en metálico que determinaron os testamentarios. Pasou moito tempo até que a Fundación Monroi comezou a funcionar, unida ao Hospicio que xa en Noia sostiña o Concello, por diversas causas. En 1923 abríronse aos nenos e anciáns pobres as portas do Asilo Municipal que ten vida grazas ao corazón do Marqués de Monroi. Tivo dous irmáns: don Diego, Marqués de Aneiros, e don Eliseo, que era o máis ilustrado e aristocrático deles, cuxos restos mortais xacen no panteón que está á dereita da entrada da Porta Santa da Catedral de Santiago, coa súa correspondente inscrición e escudo de armas".

Segundo estes datos -como é que non dan data de nacemento, falecemento e que foi un solteirón que non deixou descendencia?-, Juan María Varela Abraldes era un nobre ou un fidalgo. A súa riqueza viña por herdanza familiar, e debía ser abondosa, polas numerosas doazóns que fai á vila de Noia. O reloxio da torre da esquerda da igrexa de San Martiño foi obsequio seu, non só o peirao, o asilo e outros predios.

Segundo as esculcas que fixo esta redacción, o apelido Monroi entrou en España procedente de Francia e Inglaterra. Dun xentilicio inicial Montroig (monte roxo ou monte de lume) pasouse a Monroy e Monroi. Os primeiros Monroi aparecen documentados na Idade Media, sobre o século XIV, primeiro en Galicia, logo en Aragón e máis tarde na Serra de Gata, en Extremadura (onde se fixeron fortes, ata o punto de darlle nome a un pobo enteiro). Outros heraldistas din que Monroi vén dun axudante de don Pelayo, o asturiano, un tal Vigil de Monroy. Tamén hai discusión sobre a etimoloxía: para algúns, Monroi sería unha deturpación do francés (mon roi, que significa "meu rei").

Mais o marqués de Monroi que nos ocupa, segundo os datos de Hermo e Agrelo, viría da póla extremeña (testamento en Cáceres), e sería polo tanto descendente de Fernán Pérez de Monroy, nobre premiado en 1309 polo rei Fernando IV O Emprazado coa fundación da vila de Mon Roy. Atopámonos entón que o Marqués de Monroi que tan nomeado é en Noia é dos últimos da saga, xunto cos seus irmáns Eliseo e Diego. Juan María Varela Abraldes nomeou herdeiro no seu testamento a todo aquel que demostrase na súa árbore xenealóxica ser o descendente máis cercano desta casa. Mais os albaceas quedaron coa facultade de interpretar esta última vontade do Marqués e espallouse a herdanza, ciscouse, entre Monroy, Cáceres, Trujillo, Plasencia, Santiago, Madrid, Noia e Vilagarcía, entre outros sitios. Juan María Varela puxo punto final á saga dos marqueses de Monroi, sendo el o undécimo.


Os marqueses de Monroi teñen sepulturas tamén en Noia

Punto final? Pode que non. Atopamos na Wikipedia portuguesa que o usuario Fernando Sá Monteiro é "membro do Instituto Português de Heráldica, da Academia de Letras e Artes, da Academia Portuguesa de Ex-Líbris, da Sociedade Martins Sarmento, do Instituto da Democracia Portuguesa, da Associação Online de Autores de Genealogia em Português, da Academia Brasileira de Genealogia, da Associação dos Amigos da Torre do Tombo, do Círculo Dr. José de Figueiredo, da Associação da Nobreza Histórica de Portugal, etc.

É hoje, com seus irmãos, representante [em termos historico-genealógicos] dos antigos Marqueses de Monroy, como descendente (3º neto) de Doña Maria de los Dolores Monroy y Gonzaléz, filha natural e única representante do Xº Marquês de Monroy, Don Diego Varela y Abraldes de Monroy (falecido solteiro e sem outra descendência além daquela filha, havida em Josefa Gonzaléz) e do seu tio e irmão daquele, o XIº Marquês de Monroy, Don Juan Maria Varela y Abraldes de Monroy (falecido igualmente sem qualquer descendência, legítima ou ilegítima), Senhores do castelo e vila de Monroy, Senhores do palácio dos Monroy na rua do Vilar, em Santiago de Compostela, do palácio Monroy na cidade de Placencia, da Casa ("Quinta Hermosa") da vila de Noya, do palácio Monroy na cidade de Cáceres, senhores donatários da vila e Morgado de Guimaráns e de mais 90 morgadios que se espalhavam pela Galiza, Cáceres, Placencia, Trujillo, Madrid, das capelas, mausoléus e sepulturas dos seus antepassados na Catedral de Santiago de Compostela, nos cemitérios de Noya, Cáceres e outras cidades, etc".

Como lles quedou o corpo? Interesante verdade?


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Festival de Danza Contemporánea este venres 2 de xullo no auditorio

Ribeira, 29 de xuño de 2010. Este venres clausúrase cun Festival de Danza Contemporánea o curso sobre esta disciplina que ao longo do ano estivo impartindo Vicente Colomer, no marco da Escola Municipal de Ballet que promove a Concellería de Cultura e Festexos local. Terá lugar no auditorio ás 21 horas, con entrada libre e gratuíta. 

O propio Vicente Colomer e o edil Luciano Fernández foron os encargados de ofrecer os detalles da actividade. Durante esta presentación, o coreógrafo salientou que o Concello de Ribeira “é pioneiro neste tipo de iniciativas ata o punto de que é difícil atopar municipios que aposten pola danza tanto como Ribeira, agás en grandes cidades”. Tamén puxo en valor as cualidades desta disciplina artística para propiciar nos rapaces o espírito de traballo en equipo e de compromiso, valiosos xa non só no mundo da danza senón para a vida en xeral. 

Sobre o festival do vindeiro venres, Vicente Colomer informou de que participarán arredor de 25 alumnos de entre 4 e 21 anos nunha serie de coreografías que “falan das emocións, sen que haxa fío condutor nin se fale de cousas concretas”. Fixo alusión tamén ao estilo da Nova Galega de Danza, da que é codirector, como unha fusión da danza tradicional e contemporánea, e lembrou que para a formación de calquera bailarín en Galicia é fundamental pasar pola danza tradicional. 

Por último Vicente Colomer animou a que a xente disfrute do espectáculo, convite ao que se sumou Luciano Fernández co fin de que a xente poida apreciar o traballo desenvolvido polos alumnos ao longo do ano.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Turismo: o xoves 1 de xullo preséntase o proxecto 'Rocharte', da Mancomunidade Arousa Norte

A Pobra do Caramiñal, 29 de xuño de 2010. O vindeiro xoves 1 de xullo, a mediodía, será a presentación do proxecto 'Rocharte", unha serie de intervencións artísticas da Mancomunidade Arousa Norte (composta por Ribeira, Boiro, Rianxo e A Pobra).

A presentación será no Museo Valle-Inclán e está previsto que asista alomenos o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Xunta de Galicia, Francisco López.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: preguntan no Parlamento pola depuradora específica para o polígono empresarial de Xarás


Ribeira, 29 de xuño de 2010. O viceportavoz do Grupo Socialista no Parlamento, Lage Tuñas, cre que “o PP ten que dar algunha explicación, porque no 2007 pedían unha depuradora para o polígono de Xarás e agora que a Xunta de Galicia , na que goberna o mesmo partido, se desentende, o Partido Popular de Ribeira permanece mudo”.

O parlamentario socialista subliña que "agora non hai desculpa posible, co PP como goberno no Concello de Ribeira e na Xunta de Galicia, pero polo que se ve, o Goberno de Feijóo denega a depuradora para este polígono industrial tal e como ten solicitado o PP de Ribeira e o resto dos grupos da corporación municipal".

Lembrou que hai un acordo "unánime do pleno da corporación municipal de Ribeira e o goberno do señor Feijóo está pasando olímpicamente deste acordo. É un desprezo á vontade maioritaria do concello de Ribeira, e o PP terá que explicar que cambiou para que no 2007 dixeran unha cousa e agora a Xunta de Galicia diga o contrario”.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Deportes: o sonense Anxo Lorenzo, primeiro na categoría cadete de BTT do Open de Galicia XC 2010

O seu blog: http://anxolorenzo.blogspot.com
O grupo en Facebook de Bikers do Barbanza, no que participa (e de onde foi tomada esta foto): http://www.facebook.com/group.php?v=wall&gid=259052484511
E a web da Federación Galega de Ciclismo: http://www.fgalegaciclismo.es, de onde tiramos os resultados.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: alertadas forzas de seguridade e bombeiros por aviso de incendio nun barco




As 22:30 horas do luns 28 de xuño citáronse efectivos de bombeiros, protección civil e policía no porto de Ribeira advertidos dun aviso de incendio no pesqueiro Playa da Cruz. Foi controlado de contado.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

28.6.10

Noia: o Psoe carga contra o representante do PP por pedir paralizar a rexeneración da Ría e deixar a escollera

O viceportavoz do Grupo Socialista no Parlamento, Lage Tuñas entende que o candidato do PP de Noia “non representa o sentir da maioría dos votantes do PP, e está actuando de costas ao que quere o pobo de Noia”.

Noia, porto da Barquiña

Noia, 28 de xuño de 2010. O Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage expuso hoxe a posición socialista sobre a moción conxunta de PP e BNG presentada o pasado venres no pleno do concello de Noia e dixo que “é a primeira vez que vexo dous grupos políticos pedindo que non se fagan inversións nun pobo. É insólito, debería caerlles a cara de vergonza. Os cidadáns deben saber que o candidato do PP de Noia é un irresponsable político”.

Lage Tuñas considera que “o candidato do PP de Noia está inhabillitado para volver ser alcalde. Non coñezo ningún responsable público que firmara un documento (MOCIÓN), como fixo el, para pedir que o Goberno non faga inversións no seu pobo. Quedou inhabilitado socialmente, porque puxo por diante intereses diferentes aos intereses xerais de Noia, como é a limpeza e a rexeneración da ría”. O viceportavoz do Grupo Socialista no Parlamento entende que o candidato do PP de Noia non representa o sentir da maioría dos votantes do PP, “e está actuando en dirección contraria ao que quere a inmensa maioría do pobo de Noia.”

Dende o PSdeG-PSOE consideran “vergonzoso” que o candidato popular de Noia pida paralizar a rexeneración da ría e a eliminación da escollera. Lage Tuñas di que “o candidato do PP fai o contrario do que lle piden os seus votantes, que queren que se limpe a ría e se aproveite a inversión do goberno de España”. O deputado noiés do PSdeG afirma que “todo proxecto é mellorable, pero agora o que toca é aproveitar o proxecto de Costas e rexenerar a ría. Xa haberá tempo para introducir melloras ou facer segundas ou terceiras fases, pero non perdamos de vista que fai máis de 40 anos que Noia leva agardando que algún goberno se acorde de nós, e é agora cun goberno socialista no concello e outro no goberno de España cando é posible e cando hai unha partida económica importante para facer a limpeza da ría e retirar a escollera”.

”Os socialistas co alcalde á cabeza imos seguir traballando para que o Goberno de España invirta en Noia e poidamos levar adiante o proxecto de Costas que permitirá incrementar a producción marisqueira e limpar a ría, devolvéndoa a un estado natural”, subliñou o político noiés, quen tamén lembrou que ”o Goberno socialista de España, a través de Costas, está traballando para que o ano 2011 sexa o ano no que Noia poida comezar a súa recuperación ambiental coa limpeza da ría, e tamén o despegue económico froito do marisqueo e do turismo”.

O viceportavoz do Grupo Socialista explica que “o alcalde, Rafael García Guerrero está defendendo o que pensa a inmensa maioría dos cidadáns” e engade que “non descansaremos ata conseguir que se rexenere a ría e se elimine a escollera, imos pelexar ata o último minuto por sacar adiante este proxecto”. Ademais, considera que ”PP e BNG farían ben en escoitar á Confraría ou aos colectivos sociais e empresariais de Noia, xa que os cidadáns noieses levan 40 anos agardando a que alguén limpe e rexenere a ría, e agora que conseguimos unha inversión de 3 millóns de euros do Goberno de España, van eles e opóñense”. “O PP e o BNG están facendo un papelón ao pedir que se paralice o proxecto de rexeneración da nosa ría. Xa llo explicarán aos seus votantes o porqué da súa alianza para impedir o proxecto de limpeza da ría”, argumenta Tuñas.

Dende o PSdeG-PSOE defenden a inversión do Estado e o papel xogado polos socialistas galegos para que Noia recupere o tempo perdido con inversións destas características que “son positivas e ademais supoñen o primeiro paso para recuperar o esplendor de Noia como referencia entre as vilas medias de Galicia”, conclúen.

Onte publicamos:
Máis lume co asunto da rexeneración da Ría tralo último pleno

E antes:

Hai plan ou non para sanear a Ría? Xunta e Bng contradícense

Escollera: Si, ou non?

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: continúan os preparativos para "Narrativas Dixitais" en Aguiño

Visita a Aguiño

El pasado 24 de junio visitamos Aguiño con el fin de mantener una primera reunión con los jóvenes que participarán en el taller del 13 al 15 de julio. Celebramos la reunión en uno de los dos locales situados en la planta baja de la Cofradía de Pescadores donde vamos a establecer la base de trabajo. Los 16 chicos estudian en el Instituto de Educación Secundaria Leliadoura y proceden mayoritariamente de las parroquias de Aguiño y Carreira.

Estuvimos allí Duarte Fernández, Inés Naya y yo mismo, tres de los miembros del equipo del taller. En la reunión les presentamos el taller, sus objetivos y metodología y utilizamos la experiencia de Garapuá para ilustrarles como se podría desarrollar en Aguiño. Después comentamos diversas cuestiones logísticas (horario, comidas, ropa …) que estamos definiendo para el taller. Por último tuvimos una conversación donde tratamos de identificar que cuestiones les preocupan y/o interesan de Aguiño, de su comunidad y de su territorio. En principio les costó un poco empezar a hablar pero poco a poco fueron surgiendo temas e ideas. Entre sus primeras definiciones de su localidad apareció la idea de “paraíso”, pero no tanto por su naturaleza como por el hecho de que “aquí cada uno hace lo que quiere”. Cuando se les preguntaba por los principales problemas de la zona no identificaron ninguno claramente, pero por el contrario al conversar sobre cuestiones específicas si surgían problemas (como la sobre-explotación pesquera, los vertidos en la costa, el abandono de la gente joven …). De hecho al preguntarles por su visión de Aguiño dentro de 20 años, lo definían como un “pueblo fantasma”. Esta aparente paradoja (que un paraiso se convierta en un lugar fantasma y abandonado sin que haya problemas) dio pie a provocar una reflexión sobre lo que puede estar pasando en un lugar en el que se están produciendo transformaciones importantes bajo las que subyacen problemas. Les animamos a pensar en estos días acerca de estas cuestiones con el fin de disponer de una batería de temas que les apetezca contar durante el taller.

Nos detuvimos especialmente, al final de la reunión, en plantearles la idea, que intentamos contrastar en estos talleres, de que las narrativas desarrolladas colaborativamente pueden ser una forma de visibilizar los problemas e idiosincrasia de una comunidad y de provocar una reflexión crítica de los propios habitantes. Este podría ser un paso inicial para revertir una situación en  en la que aunque en una localidad suceden cambios y crisis importantes la gente no parece identificarlos claramente ni se plantea tomar iniciativas para poder decidir su futuro. Obviamente los animamos a convertirse en los agentes que por su propio trabajo e ideas luchen contra ese futuro que predicen difícil. El taller va a ser un espacio idóneo para profundizar en este debate.

Mariven Sampedro, de la Asociación de Madres y Padres, nos ha apoyado en la organización de esta reunión así como en todo el proceso de convocatoria y selección de los jóvenes para participar en el taller. Estas son algunas fotografías de la reunión tomadas por Duarte Fernández (en los blogs de la Asociación Sagres y del ANPA Leliadoura comentan también la reunión y publican más fotografías):

June 26, 2010Juan No Comments »

Tamén poden ler a visión da visita que tivo a Asociación Sagres, en http://asociacionsagres.blogspot.com/2010/06/visita-aguino.html
Ou a da Asociación de Nais e Pais do Leliadoura, en http://anpaleliadoura.blogspot.com/2010/06/presentacion-narrativas-digitales....
Grazas a este último colectivo por pasarnos a información desta reunión.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Juan Luis Guerra tamén ten fans na Centenaria

Ribeira, 28 de xuño de 2010. A moza de Ribeira Inés Pena Gago aproveitou a estancia en Galicia o pasado 25 de xuño do cantautor e produtor dominicano Juan Luis Guerra para "roubarlle" un autógrafo e obter unha foto cun dos seus cantantes preferidos. O lugar da foto é Santiago, onde Juan Luis Guerra estivo na súa xira promocional por España e presentou o seu último disco, titulado A Son de Guerra.

Quen é Juan Luis Guerra? Na Wikipedia

En MySpace

A súa páxina oficial


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: unha usuaria de Flickr fotografía e narra unha morte en Barraña en "Morir en domingo"

É un caso de libro de "xornalismo cidadán". Léano, cos comentarios doutros flickeiros, en http://www.flickr.com/photos/21291666@N04/4739938682/in/pool-582112@N22
Por suposto, hai críticas á falta de socorristas nesta época do ano (a maioría comezan a traballar en xullo).

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

O desleixo do Pazo de Goiáns


La lampara misteriosa
Cargado originalmente por Souto..

Agardamos a serie completa. Logo que vimos a de Capítulo 0 temos claro que Pazo Goiáns é unha mina para un fotógrafo...

27.6.10

Historia: cando Porto do Son aínda era Doçon, nun mapa de Galicia de 1672

Subímolo ao Flickr vía Universidade de Sevilla, que contan cunha exposición de mapas de toda España anteriores a 1801. En http://expobus.us.es
Preman na foto e logo na lupa ata coller o tamaño máis grande e poderán velo claramente.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: a próxima fin de semana vai ser de cans

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical