O director da Banda Municipal de Música de Santiago é natural de Ribeira (os seus apelidos, de dous lugares ribeirenses, delátano) aínda que se desenvolveu en Porto do Son, en Xuño.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
O director da Banda Municipal de Música de Santiago é natural de Ribeira (os seus apelidos, de dous lugares ribeirenses, delátano) aínda que se desenvolveu en Porto do Son, en Xuño.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Santiago, 30 de novembro de 2010. O secretario coordinador do Foro 2010 e presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, Manuel Dios Diz, presentou, esta mañá, na sede da Fundación CaixaGalicia en Santiago, as actividades e eventos que acolle o Foro 2010 Compostela, un encontro promovido pola ONG que dirixe e a Fundación Cultura de Paz, e entendido como un contedor de eventos e actividades a nivel mundial que xiran arredor da Cultura da Paz e que conta, ademais, co auspicio das Nacións Unidas e da Unesco entre outras organizacións internacionais. Baixo o lendario refrán de Ghandi, “non hai camiños para a paz, a paz é o camiño”, a organización conta cun ambicioso programa con máis de 150 actividades ás que acudirán grandes persoeiros do panorama político, social e cultural de diversas partes do mundo. Dende o famoso xuíz, Baltasar Garzón, até a presidenta do Parlamento Panafricano, Gertrude Mongella, e pasando por numerosas autoridades gubernamentais de dentro e fóra das nosas fronteiras, pasaran por un encontro sen precedentes en Galicia. Da man do presidente da Comisión Organizadora do Foro 2010 e director da Fundación Cultura de Paz, Federico Mayor Zaragoza, comezouse a traballar, dende o 2008, nun gran proxecto en favor da cultura de paz. Aproveitando o final da Década da Cultura de Paz e a Non Violencia para todos os nenos e nenas do mundo, proclamada pola ONU no 2001, e co gallo do vixésimo quinto aniversario do Seminario Galego de Educación para a Paz, un comité de organización no que participan máis de setenta entidades de todo o Estado e Portugal decidiu celebrar na capital galega entre macro encontro a prol da paz mundial. Así, o Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia acollerá, o tres de decembro, o acto inaugural do Foro 2010 Compostela, que arrancará coa actuación musical da galega Susana Seivane e continuará coa intervención do ex director da UNESCO, Federico Mayor Zaragoza. O acto oficial, de carácter institucional, contará tamén coa presenza do alcalde de Santiago, Xosé Antón Sánchez Bugallo, e o reitor da USC, Juan Casares Long, entre outros. O inicio das actividades correrá a cargo da Xuntanza de Alto Nivel das Nacións Unidas sobre a Alianza de Civilizacións, o 4 de decembro na sede da Fundación Araguaney. Dentro deste congreso, a conferencia “Mayors for peace” contará con edís de varias cidades españolas que forman parte da Rede Internacional de Alcaldes pola paz, - entre eles, o de San Sebastián, Odón Elorza, o de Tolosa, Jokin Bildarratz, ou o de Córdoba, Andrés Ocaña, e que dialogarán acerca do papel das urbes na construción da convivencia e da paz. O acto clausurarase coa intervención do ex-director da UNESCO, Federico Mayor Zaragoza que, coa colaboración do coñecido xuíz, Baltasar Garzón Leal, parlamentarán nunha conferencia sobre os “Camiños da xustiza”. O FORO 2010 tamén acollerá outros congresos como o de Información e Dereitos Humanos, o de Dereito Humano á paz e o de Memoria de guerra, reconciliación e cultura de paz.
Ademais, durante o 10, 11, 12 e 13 de decembro, terá lugar o evento que se configura como o corazón de todo o encontro: O Foro Mundial de Educación, un movemento pola cidadanía planetaria e polo dereito universal á educación que se celebra, por primeira vez na historia, en Europa. Neste contexto, organizaranse máis de 150 actividades autoxestionadas e arredor de 25 experiencias educativas que achegarán ós participantes a un diálogo constante co fin de promover a cultura de paz no mundo. Asimesmo, ó longo de todo o mes de decembro, tamén se desenvolverán outras actividades e culturais paralelas con espazos expositivos de pintura e fotografía por toda a cidade. O Foro 2010 conta, a día de hoxe, con preto de mil inscricións previas de persoas de máis de corenta países diferentes e arredor dun cento de voluntarios colaborarán activamente nos traballos de organización e colaboración durante o tempo que dure o encontro.
Web de referencia:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
A Pobra do Caramiñal, 30 de novembro de 2010. Onte, luns 29 de novembro, a presidenta da asociación Madoan, María José Rivadulla, clausurou as Xornadas de Seguridade Informática e Novas Tecnoloxías que se celebraron dende o xoves 25 de novembro en colaboración cunha empresa informática da localidade.
As Xornadas están cofinanciadas con fondos europeos Feder, polo Ministerio de Industria, Turismo y Comercio no ámbito do Plan Avanza, así como pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.
Estas Xornadas reuniron a empresarios e traballadores da bisbarra que querían coñecer cómo podían relacionarse cos equipos informáticos con total confianza e seguridade, dende elementos de conexión a Internet como o módem ou router ata a realización de compras on-line utilizando calquera dos medios de pago dispoñibles.
Durante a realización das xornadas púidose observar unha necesidade neste campo, pero non só enfocado á protección das empresas, senón tamén á dos usuarios en xeral, posto que Internet é un medio co que se trata diariamente que avanza a unhas velocidades non coñecidas en ningún outro medio de información e interactividade, que precisa dunha actualización constante sobre todo, en materia de seguridade, explicaron os responsables destas xornadas.
A Asociación Madoan e El Muelle Informática acordaron a celebración dunhas novas Xornadas de Seguridade Informática abertas ó público en colaboración coas distintas asociacións de empresarios que estén dispostos a participar da súa realización, durante o primeiro trimestre do ano 2011, previsiblemente.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
EQUIPO | PJ | PG | PP | NP | JF | JC | TF | TC | PUNTOS | |
1 | Club Vigo Voleibol B | 4 | 4 | 0 | 0 | 12 | 3 | 350 | 301 | 8 |
2 | Universidad de Valladolid | 4 | 4 | 0 | 0 | 12 | 4 | 367 | 309 | 8 |
3 | Hipescar Boiro Voleibol | 4 | 3 | 1 | 0 | 11 | 7 | 401 | 370 | 7 |
4 | Aule | 5 | 2 | 3 | 0 | 10 | 10 | 445 | 458 | 7 |
5 | Zalaeta | 5 | 2 | 3 | 0 | 8 | 11 | 432 | 435 | 7 |
6 | CID Jovellanos | 4 | 2 | 2 | 0 | 7 | 9 | 362 | 360 | 6 |
7 | CV Rianxo | 5 | 1 | 4 | 0 | 8 | 13 | 460 | 474 | 6 |
8 | San Sadurniño | 5 | 1 | 4 | 0 | 6 | 13 | 402 | 458 | 6 |
9 | Auria Vella Voleyourense | 4 | 1 | 3 | 0 | 6 | 10 | 322 | 376 | 5 |
EQUIPO | PJ | PG | PP | NP | JF | JC | TF | TC | PUNTOS | |
1 | Proboin Boiro Voleibol | 5 | 5 | 0 | 0 | 15 | 1 | 404 | 310 | 10 |
2 | Voley Arteixo | 5 | 4 | 1 | 0 | 12 | 5 | 406 | 346 | 9 |
3 | Emeve Lab. Nupel B | 4 | 3 | 1 | 0 | 9 | 4 | 309 | 296 | 7 |
4 | Calasancias Coruña B | 4 | 3 | 1 | 0 | 10 | 5 | 328 | 304 | 7 |
5 | Comercial Durán | 4 | 2 | 2 | 0 | 9 | 7 | 374 | 342 | 6 |
6 | Autos Rico UDC A | 5 | 1 | 4 | 0 | 5 | 12 | 348 | 398 | 6 |
7 | San Sadurniño | 3 | 2 | 1 | 0 | 7 | 4 | 239 | 211 | 5 |
8 | CD Conxo | 4 | 1 | 3 | 0 | 3 | 11 | 285 | 324 | 5 |
9 | XAV Cambados | 4 |
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
O Comité de Empresa da planta de reciclaxe de Servia, en Lousame, vén de anunciar a presentación, pola vía penal, dunha denuncia contra o alcalde de Ames, o socialista Carlos Fernández, por vulnerar o dereito á folga. Fernández contratou os servizos de Tragsa para recoller o lixo que se comezaba a acumular nas rúas da vila, argüíndo que a folga convocada polos traballadores/as da planta era ilegal. Afirmación que desmentiu a propia Dirección Xeral de Relacións Laborais, quen aseguraba nun escrito remitido á Mancomunidade, con data de 16 de novembro, que cumpría “con todos os requisitos estabelecidos polo Real decreto-lei 17/1977”.O Comité de Empresa convocaba folga indefinida de recollida de lixo nos concellos de Ames e Carnota, desde o pasado día 8 de novembro, logo de que no primeiro o propio alcalde provocara o aprazamento do pleno no que se votaría unha moción que supuña a asunción do pagamento das débedas acumuladas coa planta e, no segundo, se votase en contra da moción proposta polo Comité.
Esta moción supoñía comprometerse co modelo de xestión de residuos sólidos urbanos de Servia; o apoio ás iniciativas e plans aprobados no seo da Mancomunidade encamiñadas a garantir o pago da débeda contraída con FCC; que os orzamentos de cada Concello para o ano 2011 preveran o pagamento mensual do canon do lixo (co obxecto de non xerar unha nova débeda) e que se demandara da Xunta de Galiza a súa implicación para resolver favorablemente o conflito existente coa recicladora ECOEMBES.
Para os traballadores era imprescindíbel que se asumiran estes puntos para garantir a viabilidade da planta -nomeadamente o pagamento dunha débeda que se achegaba a 2.700.000 € e da que eran responsábeis, na súa maioría, os concellos de Ames, Carnota e Noia- e con iso, o mantemento dos postos de traballo.
Folga ilegal
Tras do inicio efectivo da folga, a partir do día 12 de novembro, o alcalde de Ames afirmou, en diversos medios de comunicación, que a folga convocada era “ilegal” e “política”. O propio Valedor do Pobo abriu unha investigación, de oficio, por non garantirse un servizo público e polos supostos problemas de salubridade derivados.
Respecto das afirmacións do alcalde de Ames, a propia Dirección Xeral de Relacións Laborais desmentía nun escrito remitido á Mancomunidade o día 16 de novembro as acusacións de “ilegalidade”, e afirmaba que a comunicación de folga “cumpre cos requisitos estabelecidos” no referente ao prazo de preaviso, que para os casos que afecten aos servizos públicos débese facer “con alomenos 10 días naturais” de antelación, xa que fora comunicada o 27 de outubro; aos motivos nos que se fundamentaba; data de inicio e composición do comité de folga.
Para o alcalde de Ames esa infundada acusación de ilegalidade viña de que na convocatoria de folga prevíase o inicio o día 8 e, porén, non se fixo efectiva até cinco días despois. A isto Relacións Laborais respostaba que “a convocatoria remitida nos termos nos que se substancia, reúne os requisitos legais polo que non debe considerarse como unha nova folga a falta de servizo levada a cabo o día 13, xa que se trata dunha folga indefinida”.
Respecto da actuación do Valedor do Pobo, lembran que casualmente o alcalde de Ames, Carlos Fernández, gabouse no pleno celebrado o xoves día 18, da súa amizade persoal con el, e que amparándose nas súas actuacións, contratou a Tragsa para recoller o lixo vulnerando o dereito fundamental á folga.
Neste sentido, Paulo Rubido, secretario nacional de CIG-Servizos, asegura que curiosamente non se ten constancia da intervención do Valedor do Pobo en ningún outro conflito laboral e que nin sequera actuou na folga de recollida de lixo de Compostela, que durou moito máis tempo.
Rubido asegura, ademais, que caso de existir algún problema de salubridade sería a consellaría de Sanidade quen tería que adoptar medidas e non o Valedor e que, en todo caso, ese problema non existía porque estaban pactados uns servizos mínimos que prevían a recollida do lixo cada tres días. De feito, o luns 15 fíxose unha primeira recollida e estaba prevista outra para o propio xoves día 18.
Recollida “ilegal”
Porén, e malia estar convocado o pleno no que finalmente o concello de Ames, co seu alcalde incluído, aprobaron a moción proposta polo Comité e un pago extraordinario de medio millón de euros para afrontar a débeda acumulada polo municipio, e de estar previsto que esa noite os servizos mínimos recollerían novamente o lixo, o alcalde, facendo alarde dunha actitude que o secretario nacional de CIG-Servizos cualifica de “prepotente” e “chulesca”, ordenou a recollida “ilegal” contratando a outra empresa.
O propio alcalde, estivo á fronte do operativo de recollida de Tragsa, que provocou importantes problemas de tráfico nas rúas máis céntricas dos núcleos de Ames e controlou o proceso para asegurarse, antes do pleno, de que todo o lixo estaba recollido. Unha actuación que Rubido cualifica de “populismo barato” e que provocou que os camións cheos de lixo pasaran a noite na rotonda de Rois, sen poder acceder á planta de Lousame, porque non fixeran recollida selectiva, malia Fernández afirmar o contrario. “Finalmente tiveron que derivar o lixo a Sogama”.
Obviamente, tras da asunción por parte do concello de Ames dos compromisos económicos coa planta, o Comité de Empresa puxo fin á folga. O mesmo que ocorreu en Carnota, onde ese mesmo día e por requirimento da Xunta de Galiza, o concello foi obrigado a asumir os pagamentos nos prazos previstos pola Mancomunidade.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
A actuación está incluída na anualidade 2011 do Plan de Cooperación cos Concellos 2008-2011 da Deputación da Coruña
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
http://public.bay.livefilestore.com/y1pc7yTaYZiidJf-VOFC07hzfSDZ3fSmsUDo_AxGwYbMrisuGCZwIYqiaj3z7xjcj7NPbHqw716ZlOXRt9CC3OvBQ
Coro do Loreto, da Pobra, un dos grupos musicais que participa na iniciativa.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia